Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Psicoloxía  »  Información da Materia

G2011231 - Psicoloxía dos grupos (Bases sociais da conducta) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 35.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 15.00
  • Horas de Titorías: 1.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
  • Áreas: Psicoloxía Social
  • Centro: Facultade de Psicoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
MIRON REDONDO, MARIA LOURDES.SI
Serrano Martinez, Gonzalo.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo A (A-K)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo B (L-Z)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo P1OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P2OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P3OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P4OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P5OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P6OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P7OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P8OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS14OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS15OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS16OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS17OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS18OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS19OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS20OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS21OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS22OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS23OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS24OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    1. Analizar as distintas aproximacións teóricas que se desenvolveron no ámbito da psicoloxía dos grupos, e valorar as súas implicacións.
    2. Identificar e comprender os procesos subxacentes na formación, desenvolvemento e funcionamento dos grupos humanos, e as súas implicacións na teoría e a práctica da psicoloxía nos seus distintos ámbitos de aplicación.
    3. Manexar os instrumentos e as técnicas de avaliación e intervención grupal.

    Contidos
    Clases expositivas (35 horas):

    BLOQUE I: Natureza e desenvolvemento dos grupos

    Tema 1: Concepto e perspectivas teóricas no estudo dos grupos. Definición de grupo. Tipos de grupos. Condicións de grupalidade.
    Tema 2: Formación e desenvolvemento grupal: Modelos e etapas no desenvolvemento dos grupos. A relación individuo-grupo. Socialización grupal. Avaliación do proceso grupal.
    Tema 3: O entorno grupal: entorno físico, espazo e territorialidade. Entorno persoal e a súa influencia sobre o funcionamento grupal.

    BLOQUE II: Procesos de funcionamento intragrupal

    Tema 4: Estructura grupal: Normas. Roles. Poder e Estatus. Cohesión grupal.
    Tema 5: Liderazgo e Influencia grupal: O papel do grupo nos procesos de influencia. A normalización e a conformidade dende o punto de vista grupal. O liderazgo como proceso de influencia. Características do líder. Liderazgo e situación. Liderazgo e características dos liderados.
    Tema 6: Toma de decisións en grupo: Polarización. Pensamento grupal. O grupo versus o individuo na toma de decisións.
    Tema 7: Rendemento grupal: rendemento real e potencial dun grupo. Facilitación e inhibición social. Folgazanería social.

    BLOQUE III: Comportamento intergrupal

    Tema 8: Conflito e cooperación intergrupal. Condicións para o conflito: metas conflitivas e competición. Estratexias de resolución de conflitos. Condicións para a cooperación intergrupal.

    Clases interactivas (15 horas):

    Sesión 1: Técnicas de iniciación á vida grupal: A etapa de formación do grupo.
    Sesión 2: Técnicas de interacción grupal: Asignación de roles e creación de normas grupais. O Role-playing como técnica de dinamización grupal.
    Sesión 3: Técnicas de avaliación do clima grupal e de identificación de roles grupais.
    Sesión 4: Técnicas de tarefa: Técnicas creativas: O brainstorming.
    Sesión 5: Técnicas de toma de decisións: Técnica do grupo nominal.
    Sesión 6: Técnicas e estratexias de manexo do conflito grupal.
    Sesión 7: Técnicas de avaliación do funcionamento grupal: avaliación do rendemento e satisfacción grupal.




    Bibliografía básica e complementaria
    MANUAIS XERAIS

    BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:

    BLANCO, A.; BECERRA, A. y DE LA CORTE, L. (2005). Psicología de los grupos. Madrid: Pearson Prentice-Hall.
    CANTO ORTIZ, J.M. (1998). Psicología de los grupos. Estructura y procesos. Málaga: Aljibe.
    CANTO ORTIZ, J.M. (2002). Dinámica de grupos. Aspectos técnicos, ámbitos de intervención y fundamentos teóricos. Málaga: Aljibe.
    GIL, F. y ALCOVER, C.M. (Coords.) (2007). Introducción a la psicología de los grupos. Madrid: Pirámide.
    GONZÁLEZ, M.P. (1997). Psicología de los grupos. Teoría y aplicaciones. Madrid: Síntesis.
    MORALES, J.F. y otros (1996). Identidad social: Aproximaciones psicosociales a los grupos y a las relaciones entre grupos. Valencia: Promolibro.
    SHAW, M. (1980). Dinámica de grupo. Psicología de la conducta de los pequeños grupos. Barcelona: Herder.
    TURNER, J.C. (1990). Redescubrir el grupo social. Madrid: Morata.

    BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:

    AYESTARÁN, S. (Ed.) (1996). El grupo como construcción social. Barcelona: Plural.
    BALLENATO PRIETO, G. (2005). Trabajo en equipo. Dinámica y participación en los grupos. Madrid: Pirámide.
    CEMBRANOS, F. y MEDINA, J.A. (2003). Grupos inteligentes. Teoría y práctica del trabajo en equipo. Madrid: Editorial Popular.
    GONZÁLEZ, M.P. (1997). Orientaciones teóricas fundamentales en psicología de los grupos. Barcelona: EUB.
    MYERS, D.G. (2004) (3ª ed.). Exploraciones de la psicología social. Madrid: McGraw-Hill.
    SÁNCHEZ, J.C. (2002). Psicología de los grupos. Teorías, procesos y aplicaciones. Madrid: McGraw-Hill.
    TOUS, J.M. (1993). Comportamiento social y dinámica de grupos. Barcelona: PPU.

    Competencias
    1) Identificar e comprender os diversos posicionamentos teóricos da psicoloxía dos grupos.
    2) Identificar e comprender os procesos que subxacen no proceso de formación, desenvolvemento e funcionamento grupal.
    3) Análise e manexo dos intrumentos de avaliación dos procesos e os resultados da dinámica grupal.
    4) Deseño e manexo das estratexias de intervención na dinámica grupal.

    Metodoloxía da ensinanza
    As clases expositivas (35 horas) servirán para introducir e explicar os temas do programa teórico. Estas explicacións serán completadas con exemplos/casos prácticos dos procesos fundamentais de funcionamento grupal. Os alumnos deben presentar (individual e/o grupalmente) informes da análise destes casos prácticos.

    As clases interactivas (15 horas) servirán para presentar as técnicas de intervención grupal, así como os instrumentos de avaliación da dinámica grupal. Os estudantes deben desenvolver e implementar (en grupo) unha destas técnicas.

    As tutorías (1 hora) están encamiñadas a orientar e supervisar os traballos individuais e grupais dos alumnos acerca dos temas e procesos presentados nas clases expositivas e interactivas.

    Así, as actividades dos estudantes inclúen a preparación de lecturas para a comprensión teórica dos temas, a elaboración e presentación dun informe sobre os exemplos presentados na aula, e a elaboración e presentación dun informe grupal sobre os procesos observados nas clases prácticas. Estas actividades complétanse coas necesarias horas de estudo para preparar a avaliación das competencias adquiridas.


    Sistema de evaluación
    A avaliación da aprendizaxe nas clases expositivas inclúe:
    a) Un exame final no que se pregunta sobre os contidos teóricos e os casos analizados na aula. Este exame supón un 70% da nota final.
    b) Informes sobre algún dos procesos observados nos casos analizados na aula. Suporán un 5% da nota final.

    A avaliación das clases interactivas inclúe:
    a) A elaboración e implementación (en grupo) dunha das técnicas de dinamización grupal do programa. Esta actividade suporá un 20% da nota final.
    b) Asistencia e participación nas dinámicas grupais. Suporá un 5% da nota final.

    Para superar a asignatura será necesario superar tanto a avaliación dos contidos das clases expositivas como os contidos das clases interactivas, acadando, en cada unha delas, polo menos, a metade da nota asignada.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Asistencia a clases expositivas: 35 horas
    Asistencia a clases interactivas: 15 horas
    Asistencia a tutorías individualizadas: 1 hora
    Lectura e análise do material: 20 horas
    Elaboración de informes para as clases expositivas: 15 horas
    Preparación de prácticas grupais: 25 horas
    Elaboración de informes sobre as prácticas grupais: 15 horas
    Preparación de avaliacións: 15 horas.