Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Psicoloxía  »  Información da Materia

G2011321 - Avaliación psicolóxica II (Avaliación e diagnóstico psicolóxico) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 13.50
  • Horas de Titorías: 1.00
  • Total: 38.5

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
  • Áreas: Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
  • Centro: Facultade de Psicoloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
GOMEZ FRAGUELA, JOSE ANTONIO.SI
LOPEZ DURAN, ANA.NON
López Romero, María Laura.NON
Romero Triñanes, Estrella.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo A (A-K)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo B (L-Z)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo P1OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P2OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P3OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P4OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P5OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P6OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P7HorariosClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS14OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS15OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS16OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS17OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS18OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS19OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS20OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS21OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    1. Proporcionar os coñecementos necesarios para seleccionar adecuadamente as técnicas e probas de avaliación psicolóxica dentro do proceso de avaliación.
    2. Presentar as principais orientacións e instrumentos de avaliación no campo da intelixencia.
    3. Presentar as principais orientacións e instrumentos de avaliación no campo da personalidade.
    4. Presentar as peculiaridades do proceso de avaliación orientado á selección e ao deseño e avaliación de programas e intervencións.
    Contidos
    Programa teórico
    Tema 1. Natureza, uso e valor das probas psicolóxicas
    Supostos básicos da avaliación; O contexto da avaliación psicolóxica; Principios éticos da avaliación psicolóxica; Valoración crítica

    Tema 2. Avaliación da personalidade
    As polémicas dentro da avaliación da personalidade; Instrumentos para a avaliación dos atributos da personalidade; a perspectiva interaccional na avaliación da personalidade; valoración crítica

    Tema 3. Avaliación e diagnóstico clínico da personalidade
    Introdución; os instrumentos de avaliación psicopatolóxica clásicos; os sistemas de clasificación; a proposta de Millon para a avaliación dos trastornos de personalidade; valoración crítica

    Tema 4. Avaliación da motivación
    Introdución; a avaliación dos intereses; a avaliación dos valores; as metas persoais e a autoregulación; as atribucións e expectativas; valoración crítica

    Tema 5. A Intelixencia e a súa avaliación
    Qué é a intelixencia e como se avalía; Desenvolvemento histórico; Polémicas vixentes no campo da avaliación da intelixencia; valoración crítica.

    Tema 6. Instrumentos clásicos para a avaliación da Intelixencia
    A avaliación da intelixencia desde a tradición Binet-Terman-Wechsler; As escalas de Kaufman; O enfoque factorial na avaliación da intelixencia; Probas para medir o factor G; Probas para medir aptitudes específicas; Valoración crítica

    Tema 7. Aproximacións contemporáneas na avaliación da intelixencia
    A avaliación cognitiva de Naglieri e Das; A avaliación dinámica da Intelixencia; a teoría triárquica de Sternberg; valoración crítica

    Tema 8. O proceso de avaliación en contextos aplicados
    O proceso de avaliación en distintos contextos; A avaliación orientada á Selección/Clasificación; A avaliación orientada ao deseño dunha intervención; A avaliación de programas e intervencións; Valoración crítica.

    Prácticas:
    A avaliación da personalidade no modelo factorial (16PF-5; Modelo dos 5 grandes)
    A avaliación da personalidade anormal (MMPI II; MCMI-III)
    A avaliación da Intelixencia coas escalas de Wechsler
    A avaliación da Intelixencia desde o enfoque factorial
    A avaliación dos programas de intervención

    Bibliografía básica e complementaria
    Manuais de referencia:
    • Alonso Tapia, J. (2004). Evaluación psicológica : Coordenadas, proceso y garantías. Madrid Madrid: UAM.
    • Fernández Ballesteros, R. (2004). Evaluación psicológica. Conceptos, métodos y estudio de casos. Madrid: Pirámide
    • Moreno Rosset, C. (2003). Evaluación Psicológica. Madrid: Sanz y Torres.

    Referencias complementarias:
    • Aiken, L.R. (2003). Tests psicológicos y evaluación. México. Prentice Hall.
    • Anastasi, A. e Urbina, S. (1998). Tests psicológicos. Mexico: Prentice Hall.
    • Buela, G. e Sierra, J.C. (1997). Manual de evaluación psicológica. Madrid: Siglo XXI.
    • Cohen, R. e Swerdlik, M. (2000). Pruebas y Evaluación psicológica. México: McGraw-Hill
    • Cronbach, L.J. (1998). Fundamentos de los test psicológicos. Madrid: Biblioteca Nueva
    • Fernández Ballesteros, R. (1995). Evaluación de programas. Madrid: Síntesis
    • Kirchner, T., Torres, M. y Forns, M. (2007). Evaluación psicológica: modelos y tecnicas. Barcelona: Paidós
    • Pelechano Barberá, V. (1988). Del Psicodiagnóstico Clásico al Análisis Ecopsicológico. Valencia: Alfaplus.
    • Angera, M. T., Chacon, S. e Blanco, A. (2008). Evaluación de programas sociales y sanitarios. Madrid: Ed. Sintesis
    • Sternberg, R. J., y Detterman, D. K. (Eds.). (2004). ¿Qué es la inteligencia?: Enfoque actual de su naturaleza y definició . Madrid: Pirámide.
    • Sternberg, R. J., & Grigorenko, E. L. (2003). Evaluación dinámica : Naturaleza y medición del potencial de aprendizaje. Barcelona: Paidós.

    Competencias
    Que os estudantes teñan a capacidade para reunir e interpretar datos relevantes relativos ao comportamento humano, para emitir xuízos fundamentados sobre problemas de orde psicolóxica.
    Identificar as características relevantes do comportamento mediante os métodos, técnicas e instrumentos propios da avaliación psicolóxica.
    Elaborar informes psicolóxicos dirixidos aos destinatarios e a outros profesionais
    Específicas
    1. Saber planificar a avaliación de persoas e intervencións en distintos ámbitos de intervención psicolóxica.
    2. Ser capaz de seleccionar e administrar técnicas e instrumentos de avaliación psicolóxica no campo da Intelixencia e a Personalidade
    3. Ser capaz de interpretar e informar sobre os resultados das técnicas e instrumentos de avaliación psicolóxica no campo da Intelixencia e a Personalidade
    4. Ser capaces de avaliar diferenzas, problemas e necesidades dos destinatarios nos diferentes ámbitos de aplicación.
    5. Adquirir coñecementos sobre as peculiaridades do proceso de avaliación orientado á seleción e clasificación de persoas nos distintos contextos de actuación psicolóxica
    6. Adquirir coñecementos sobre as peculiaridades do proceso de avaliación orientado ao deseño e avaliación de programas e intervencións nos distintos contextos de actuación psicolóxica
    7. Respectar os dereitos das persoas e as obrigas deontolóxicas no proceso de avaliación psicolóxica

    Metodoloxía da ensinanza
    A materia teórica será impartida durante o primeiro cuadrimestre ao longo de dúas horas de clase á semana. O tempo aproximado dedicado a cada tema será de tres sesións de clase. Nas clases levarase a cabo a exposición teórica dos temas, así como o debate e a discusión de lecturas relacionadas cos distintos temas. As clases prácticas levaranse a cabo en sesións de hora e media nas que se traballara sobre distintos aspectos prácticos da materia. O traballo na aula deberá complementarse con traballo non presencial para a elaboración de informes sobre os casos de prácticas ou a realización das actividades propostas. Como apoio á materia, estará dispoñible para todos os alumnos unha aula virtual no Campus virtual da USC (http://cv.usc.es) na que se poderán atopar material de apoio relevante para a materia; foros de debate sobre temas relevantes, así como ferramentas de comunicación cos profesores e cos outros alumnos da materia.
    Sistema de evaluación
    A avaliación dos contidos teóricos da materia realizarase a través de probas obxectivas con preguntas de opción múltiple.
    O exame final terá lugar nas datas e no lugar establecidos oficialmente. Esta proba representa hasta un 70% da nota final. Este sistema de avaliación complementarase cun sistema de avaliación continua para o cal se terá en conta a participación nas actividades que se vaian realizando ao longo do curso nas clases teóricas e prácticas, así como na Aula virtual da materia. Este sistema representará como mínimo un 30 % da nota final da materia. Para superar a materia terase que lograr unha nota mínima de 4 (sobre 10) nna proba obxectiva.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Ademais da asistencia ás 24 horas de clases expositivas e as 14 horas de prácticas en grupos reducidos, estímase que o tempo de traballo persoal do/a estudante requerido para superar a materia é de 80 horas.