Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Psicoloxía  »  Información da Materia

G2011327 - Psicoloxía do traballo e das organizacións II (Intervención en Psicoloxía Social) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 28.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 9.50
  • Horas de Titorías: 1.00
  • Total: 38.5

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
  • Áreas: Psicoloxía Social
  • Centro: Facultade de Psicoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Dominguez Rey, Jose Luis.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo A (A-K)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo B (L-Z)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo P1OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P2OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P3OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P4OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P5OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P6OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P7HorariosClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS14OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS15OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS16OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS17OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS18OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS19OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS20OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS21OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    * Adquisición dun repertorio de coñecementos e información sobre os principais procesos implicados na xestión do comportamento organizacional.
    * Adquisición dunha progresiva toma de conciencia da importancia do factor humano na organización.
    * Adquisición dunha serie de coñecementos introductorios sobre os métodos, técnicas, instrumentos, estratexias e procedementos de avaliación e de intervención nas organizacións.
    * Adquisición de hábitos de observación, análise, comprensión e interpretación dos problemas sobre os que terá que intervir para contribuir á súa solución.

    Contidos
    1. O Poder nas organizacións

    * A conceptualización do proceso de poder.
    * Bases e fontes do poder.
    * A xerarquía e a dirección do poder


    2. O Conflito e a xestión do conflito.

    * O conflito organizacional: un marco de referencia.
    * O proceso de conflito e fases.
    * A xestión do conflito.

    3. Socialización e Cultura

    * Introducción: a incorporación nas organizacións.
    * Etapas do proceso de Socialización.
    * Aspectos que configuran a Cultura Organizacional.
    * Funcións e tipos de cultura nas organizacións.


    4. A Estructura Organizacional.

    * Conceptualización da estructura. A estructura formal.
    * As configuracións da estructura.
    * O impacto da estructura no comportamento individual e grupal.


    5. O Cambio Organizacional.

    * O Cambio Organizacional: as forzas promotoras do cambio.
    * As fases do cambio e implicacións.
    * O fenómeno da resistencia.
    * Estratexias do Cambio Organizacional.

    6. A Saúde Laboral.

    * O marco normativo: a Lei de Prevención de Riscos Laborais.
    * Condicións de traballo e factores psicosociais.
    * Xestión da prevención. Identificación das fontes do estrés laboral.



    Bibliografía básica e complementaria
    DAVIS, K. (1999). El Comportamiento Humano en el Trabajo. México: McGraw-Hill.
    FURNHAM, A. (2001). Psicología Organizacional. México: Oxford University Press.
    LUTHANS, F. (2008). Comportamiento Organizacional (11ª ed.). México: McGraw Hill.
    MUCHINSKY, P.M . (2004). Psicología Aplicada al Trabajo. Madrid: Paraninfo-Thompson Learning.
    ROBBINS, S.P. y JUDGE, T.A. (2009). Comportamiento Organizacional (13ª ed.). México: Pearson.
    ROBBINS, S.P. y JUDGE, T.A. (2010). Introducción al Comportamiento Organizativo (10ª ed.). Madrid: Pearson.
    RODRÍGUEZ, A. (1998). Introducción a la Psicología de las Organizaciones. Madrid: Pirámide.
    SALGADO VELO, J.F. (1997). Comportamiento Organizacional. Vigo: Escuela de Negocios Caixavigo.

    Competencias
    * Coñecer e comprender os modelos nos que se fundamenta o funcionamento das organizacións actuais, a xestión do comportamento organizacional e os principios psicosociais subxacentes.
    * Saber aplicar algúns dos principais métodos, técnicas, instrumentos, estratexias e/ou procedementos de avaliación e intervención sobre o comportamento nas organizacións.
    * Promover a saúde e a calidade de vida laboral, a través dos métodos propios da profesión, nos individuos, grupos e organizacións.
    * Proporcionar retroalimentación aos destinatarios, mediante unha axeitada e precisa elaboración de informes (orais e escritos), sobre o proceso e os resultados da avaliación e intervención.
    * Mostrar unha actitude positiva cara ás achegas que dende a Psicoloxía do Traballo e das Organizacións se poden realizar para o logro dunha organización máis saudable.
    * Orientar a súa actuación profesional dende o respecto e consideración dos principios e valores propios do Desenvolvemento Organizacional e do código deontolóxico da profesión.

    Metodoloxía da ensinanza
    A docencia da materia desenvolverase a través de diversos tipos de metodologías docentes. (1) Clases expositivas (a impartir en grupos de 75 estudantes), (2) clases interactivas (a impartir en grupos de 25 estudantes), (3) Conferencias e mesas redondas (para todos os matriculados na materia).

    As clases expositivas están orientadas á capacitación dos estudantes respecto á adquisición dos coñecementos relativos aos tópicos incluídos no programa. As clases interactivas serán de dous tipos: (1) As de carácter "expresivo", orientadas a experimentar e demostrar empíricamente algúns dos procesos ou efectos explicados; e, (2) as de carácter "instrumental", que teñen por obxeto dotar aos estudantes (a un nivel elemental) das competencias de consultoría necesarias para aplicar en situacións reais as habilidades tratadas a nivel teórico. As conferencias e mesas redondas buscan achegar ao estudante á realidade da profesión. Os informes de prácticas que os estudantes teñen que presentar ao longo do semestre, ademais de utilizarse como criterio de avaliación da aprendizaxe de contidos e destrezas instrumentais, permitirannos obter información sobre a adquisición de habilidades de comunicación verbal (oral e escrita) e non verbal.
    Ademais, o/a alumno/a terá a súa disposición, no Campus Virtual da USC, unha e-aula de apoio á docencia presencial.

    Sistema de evaluación
    A avaliación de competencias relacionadas coa adquisición de coñecementos realizarase mediante un examen escrito de tres preguntas sobre o contido do programa teórico. A avaliación da adquisición de habilidades e actitudes realizarase en función do desempeño dos alumnos/as nas tarefas programadas ao longo do semestre, tal e como éstas queden reflectidas nos informes de prácticas. Terase en conta a asistencia, participación e calidade dos informes.

    A calificación final do estudante na materia (máximo de 10,0) resultará do sumatorio da calificación obtida no examen e a calificación obtida nos informes de prácticas. É condición indispensable para o sumatorio, ter superado o examen teórico.

    A táboa de valores e a siguiente:

    * Exame Final: entre 0,0 e 7,0.
    * Informes de prácticas: entre 0,0 e 3,0 puntos.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    Do total de 112,5 horas de traballo previsto para que o estudante poida superar a materia, 42,5 horas destinaranse a actividades de tipo presencial, as restantes 70 horas dedicaranse a actividades non presenciais distribuídas de acordo co seguinte plan de traballo:

    Actividades presenciais:

    * Clases expositivas: 25 horas.
    * Clases interactivas: 10,5 horas.
    * Titorías personalizadas: 1 hora.
    * Exame final: 6 horas.

    Actividades non presenciais:

    * Lecturas previas ás clases interactivas e/ou expositivas: 15 horas.
    * Elaboración de informes de prácticas: 15 horas.
    * Preparación de exames: 40 horas.

    Recomendacións para o estudo da materia
    A asistencia ás clases presenciais facilita a comprensión e asimilación dos contidos da materia; aportando tamén unha grande cantidade de exemplos, referidos a diferentes contextos organizacionais, sobre as aplicacións e implicacións prácticas dos contidos teóricos tratados.
    A asistencia ás clases prácticas resulta esencial para, na medida en que o escaso tempo do que se dispón no lo permita, adestrar habilidades básicas e experimentar con algúns dos modelos, técnicas e conceptos necesarios para poder intervir eficazmente no contexto organizacional.
    Recoméndase non deixar para última hora a elaboración dos informes correspondentes a cada unha das prácticas ou lecturas realizadas, co obxecto de poder entregalas dentro do prazo fixado (que é inamovible). Se o mencionado traballo non se planifica e executa con tempo suficiente, ao final a carga de tarefas asignadas aos alumnos polas diferentes materias que conforman o semestre pode resultar excesiva.
    O/A estudante contará, en todo momento, co apoio e a titorización que necesite, por parte do profesor da materia, para a correcta realización das tarefas que lle sexan encomendadas; tanto en horario de clases como fora delas. Así pois, recoméndase que o/a alumno/a, tanto individualmente como en grupo, utilice de modo frecuente as posibilidades que lle ofrece o horario de titorías do profesor.Para un mellor aproveitamento da docencia impartida nesta materia, sería desexable que os estudantes que se matriculen na mesma cursaran, con anterioridade, as materias dos dous primeiros cursos do Grao; pero, en particular, aquelas relacionadas coa análise psicosocial do comportamento humano.