G2011328 - Neuropsicoloxía (Avaliación e diagnóstico psicolóxico) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 13.50
- Horas de Titorías: 1.00
- Total: 38.5
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Áreas: Psicobioloxía
- Centro: Facultade de Psicoloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia- Comprender a perspectiva da neuropsicoloxía no estudo do comportamento humano, os seus presupostos, a contribución dos seus principais autores, as súas posibilidades e limitacións.
- Coñecer os campos de aplicación científica e profesional da neuropsicoloxia ea súa relación con outras disciplinas psicolóxicas e neurocientíficas.
- Proporcionarlle ao alumno coñecementos que lle permitan identificar os principais trastornos neuropsicolóxicos, etioloxía coñecida e correlatos anatómicos e funcionais.
- Coñecer a un nivel básico as técnicas xerais de avaliación neuropsicolóxica máis comunmente usadas, e os principios da interpretación dos resultados e elaboración de informes.
ContidosPrograma teórico (Profesora Marina Rodríguez Álvarez)
1. Introdución á Neuropsicoloxía: Delimitación conceptual e relación con outras disciplinas afíns. Antecedentes e desenvolvemento da Neuropsicoloxía actual.
2. Principios da función cerebral: Funcións corticais e especialización hemisférica. Implicacións neuropsicolóxicas da patoloxía neurolóxica.
3. Afasias e trastornos relacionados: Definición, tipos e avaliación.
4. Apraxias: Definición, tipos e avaliación.
5. Agnosias: Definición, tipos e avaliación.
6. Amnesias: Definición, tipos e avaliación.
7. Trastornos da atención: Definición, tipos e avaliación.
8. Neuropsicoloxía do lóbulo frontal: Neuroanatomía e organización funcional. Síndromes frontais.
Programa de Prácticas (Profesora Montserrat Corral Varela)
1. Principios da avaliación neuropsicolóxica.
2. Avaliación neuropsicolóxica das afasias.
3. Avaliación neuropsicolóxica das apraxias.
4. Avaliación neuropsicolóxica das agnosias.
5. Avaliación neuropsicolóxica das amnesias.
6. Avaliación neuropsicolóxica dos trastornos de atención.
7. Avaliación neuropsicolóxica de funcións frontais.
8. Elaboración e interpretación de informes neuropsicolóxicos.
9. Casos clínicos.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica
Arnedo, M., Bembibre, J. e Triviño, M. (2013). Neuropsicología: a través de casos clínicos. Madrid: Médica Panamericana.
Junqué, C. e Barroso, J. (Coord.) (2009). Manual de Neuropsicología. Madrid: Síntesis.
Kolb, B. e Whishaw, I.Q. (2006). Neuropsicología humana (5 ª ed.) Madrid: Panamericana Médica.
Bibliografía Complementaria
Gil, R. (2007). Neuropsicología (4 ª ed.) Barcelona: Masson.
Goddglass, H. e Kaplan, E. (2005). Evaluación de la Afasia y Trastornos Relacionados (3 ª ed.) Buenos Aires: Panamericana Médica.
Junqué C., Bruna, O. e Mataró, M. (1998). Traumatismos craneoencefálicos: Un enfoque desde la Neuropsicología y la Logopedia. Barcelona: Masson
Junqué C., Bruna, O. e Mataró, M. (2004). Neuropsicología del lenguaje. Barcelona: Masson
Lezak, M.D., Howieson, D.B, Bigler, E.D. y Tranel, D. (2012). Neuropsychological Assessment. New York: Oxford University Press.
Luria, A.R. (1983). Las funciones corticales superiores del hombre y sus alteraciones por lesiones locales del cerebro. Barcelona : Fontanella.
Maestú Unturbe, F., Ríos Lago, M. e Cabestrero Alonso, R. (2008). Neuroimagen: Técnicas y procesos cognitivos. Barcelona: Elsevier Masson.
Mitrushina, M.N., Boone, K.B., Razani, J. e D’Elia, L.F. (2005) Handbook of normative data for neuropsychological assessment (2ª Ed). New York: Oxford University Press.
Mora, F. e Sanguineti, A.M. (1994). Diccionario de Neurociencias. Madrid: Alianza.
Navarro, J.F. e Espert, R. (1995). Neuropsicología: casos clínicos y pruebas razonadas de autoevaluación. Madrid: Siglo Veintiuno.
Peña- Casanova, J., Gramunt Fombuena, N, e Gich Fullá, J. (2005). Test Neuropsicológicos: Fundamentos para una neuropsicología clínica basada en evidencias. Barcelona: Masson.
Peña-Casanova,J. (2007). Neurología de la Conducta y Neuropsicología. Madrid: Médica Panamericana.
Pérez García, M. (Coord.) (2009). Manual de Neuropsicología Clínica. Madrid: Pirámide.
Rains, G.D. (2004). Principios de Neuropsicología Humana. Mexico: McGrawHill.
Ropper, A.H. e Samuels, M. (2011) Adams y Victor. Principios de Neurología (9ª ed) México: McGraw-Hill Interamericana de España.
Springer, S.P. e Deutsch, G.(2001). Cerebro izquierdo, Cerebro derecho. Barcelona: Ariel.
Strauss, E, Sherman, E.M.J. e Spreen, O. (2006). A compendium of neuropsychological tests. Administration, norms and comentary (3ª Ed.) New York: Oxord University Press.
Tirapu Ustárroz, J., Rios-Lago, M. e Maestú, F. (2008). Manual de Neuropsicología. Barcelona: Viguera Editores.
Young, P.A. e Young , P.H. (2004). Neuroanatomía Clínica Funcional. Barcelona: Masson.
Sitios web de interese:
Portal Neuropsicoloxía: http://www.neuropsycholgycentral.com
División de Neuropsicoloxía Clínica APA: http://www.div40.org/
- Alén dos manuais de referencia se proporcionará bibliografía específica na clase para cada tema. Tamén se proporcionará ó inicio do curso unha selección de libros de divulgación científica sobre o tema.
CompetenciasDas competencias establecidas para o Título de Grao, nesta materia abórdanse as seguintes:
- Coñecer e comprender as funcións, características, contribucións e limitacións dos distintos modelos teóricos da Psicoloxía.
- Identificar as características relevantes do comportamento mediante os métodos, técnicas e instrumentos propios da avaliación psicolóxica.
- Coñecer e comprender os fundamentos biolóxicos da conduta humana e das funcións psicolóxicas.
- Coñecer e comprender os diversos métodos de avaliación e diagnóstico psicolóxico no ámbito da Psicoloxía aplicada.
- Aplicar os principios da psicoloxía no nivel individual, a nivel xeneral, e non especializado.
- Seleccionar e administrar técnicas e instrumentos propios da psicoloxía.
- Transmitir aos destinatarios, de xeito axeitado e preciso, os resultados da avaliación.
- Promover a calidade de vida.
- Elaborar informes psicolóxicos.
- Axustarse ás obrigas deontolóxicas da psicoloxía.
Estas competencias xerais da titulación concrétanse, no ámbito da matéria Neuropsicoloxía en:
Xerais:
- Desenvolver a capacidade de xestionar distintas fontes documentais no ámbito das ciencias da Saúde.
- Adquirir e comprender a terminoloxía neuropsicolóxica máis frecuentemente utilizada.
- Coñecer e comprender as relacións entre as disfuncións cognitivas e conductuais e as alteracións cerebrais.
Específicas:
- Coñecer e comprender a perspectiva da Neuropsicoloxía no estudo do comportamento, as súas posibilidades e limitacións.
- Coñecer os principais trastornos neuropsicolóxicos, a súa etioloxía e caracterización diagnóstica.
- Desenvolver a capacidade de medir e describir variables relacionadas co funcionamento neuropsicolóxico.
- Familiarizarse co proceso de avaliación, corrección, interpretación e diagnóstico neuropsicolóxico.
- Coñecer e saber como aplicar, nun nivel básico, os principais test específicos para a avaliación de trastornos neuropsicolóxicos, con respecto aos principios éticos e deontoloxícos da profesión.
- Saber diseñar unha avaliación neuropsicolóxica adecuada ás características dos destinatarios/as, para niveis de intervención que no requiran dunha cualificación especializada.
- Comprender os principios da interpretación dos resultados da avaliación neuropsicolóxica e aprender a organizar os informes.
- Impulsar o pensamento crítico, promover actitudes positivas en relación á discapacidade, así como a tolerancia e o respecto da diversidade.
Metodoloxía da ensinanza (1) As sesións expositivas, programadas en 24 sesións de 60 minutos, permitirán introducir e explicar os principais temas do programa teórico e estarán ilustradas con presentacións audiovisuais. Co fin de facilitar o seguimento das explicacións, o alumno/a disporá con antelación -a través do Campus Virtual da USC e / ou do servizo de reprografía da Facultade- do material gráfico empregado na clase.
(2)As sesións interactivas, programadas en 9 sesións de 90 minutos, serán impartidas en pequenos grupos no Laboratorio de Neuropsicoloxía, situado na planta -2 do módulo A. Os estudantes deben asistir necesariamente no día e hora que lles corresponde según a asignación feita pola Facultade. Se por algún motivo o alumno/a non pode asistir ás clases no seu grupo, pode facer un intercambio con calquera compañeiro/a. Os cambios poden ser para unha sesión particular ou para todas as sesións do curso.
As sesións interactivas permitirán aproximar aos alumnos/as, a un nivel básico, aos diferentes procedimentos de avaliación, corrección e diagnóstico dos trastornos neuropsicolóxicos. Antes do comenzo das sesións interactivas estará dispoñible a través do Campus Virtual da USC e/ou servizo de reprografía da Facultade, o Caderno de Prácticas cos contidos a ser desenvolvido nas sesións e as actividades a seran realizadas nelas. Nas sesións se solicitará un informe sobre as actividades realizadas a fin de levar a cabo unha avaliación continua dos coñecementos e competencias traballados.
(3) As sesións en grupos reducidos (grupos de titoría), van permitir revisar o seguimento do curso e o grao de cumprimento das actividades previstas con indicacións correctoras da aprendizaxe. Serán dúas sesións, na metade e ao final do cuadrimestre, de 30 minutos de duración cada unha. O horario de cada grupo farase público trás o inicio do curso.
(4) Titorías individuais: As profesoras da materia están dispoñibles nos horarios de tutorías para atender dúbidas e calquera cuestión respecto do desenvolvemento da materia e os seus contidos.. O horario de titorías está publicado na páxina web da Facultade, e na porta do despacho das profesoras responsables.
(5) Traballo autonomo do estudiante: Además da asistencia ás actividades presenciais, o estudiante deberá dedicar un tempo á lectura de materiais complementarios e ao estudo dos contidos. Ao longo do curso se recomendarán lecturas complementarias á bibliografía básica de estudo.
* O material de soporte gráfico utilizado nas clases estará dispoñible para os alumnos/as a través do Campus Virtual da USC, ademais de no servizo de reprografía da Facultade. Tamén se disporá neste soporte os materiales complementarios de estudo que se consideren pertinentes.
Sistema de evaluaciónA avaliación dos coñecementos e competencias adquiridas realízase de acordo cos seguintes criterios:
(1) Valoraráse a participación e o cumprimento das actividades programadas en cada unha das sesións interactivas. A avaliación desta parte pesará un 10% na cualificación final.
(2) Realizaránse dúas avaliacións formativas, unha na metade do curso e outra ao final. Estas probas pesarán ata o 20% na cualificación final (10% cada unha), pero non liberan materia para o exame final. As avaliacións consistirá nunha proba obxectiva de preguntas de elección múltiple e unha pregunta curta.
(3) Realizaráse un exame final, na data oficialmente marcada pola Facultade, do programa teórico e práctico completo. Esta proba pesará ata un 70% na cualificación final e contará cunha segunda oportunidade no mes de xullo, para aquelas persoas que non superasen a materia en xuño.
O exame consistirá nunha proba obxectiva de preguntas de múltiple elección e de preguntas curtas a desenvolver. A puntuación na proba obxectiva terá un máximo de 6 puntos, e as preguntas curtas un máximo de 1 punto. A nota final é o resultado da suma de ambalas dúas partes.
* Para que calquera dos elementos nos que descansa a avaliación sume na cualificación final, debe acadarse un nivel mínimo en cada un deles que represente un 35% da puntuación máxima
* A realización de calquera das probas implica a incorporación ao proceso de avaliación, polo que conlevará unha cualificación final da materia aínda no caso de non concorrer ao exame final.
* Os estudantes que cursasen unha materia equivalente noutra universidade no marco de
programas de intercambio poderán examinarse na "segunda oportunidade" ao abeiro da
Resolución Reitoral de 14 de maio de 2012 (DOG de 28 de maio) pola que se publica a
modificación do Regulamento de intercambios interuniversitarios de estudantes:
Realizarán o exame de xullo nas mesmas condicións que os restantes estudantes, sendo a
súa ponderación na nota final do 100%.
Tempo de estudo e traballo persoalA materia consta de 4,5 créditos, o que corresponde a un total estimado de 112,5 h de traballo do/a estudante, que se estiman repartidas do seguinte xeito:
- Asistencia ás actividades presenciais: 40,5 horas (expositivas: 24 h; interactivas: 13,5 h; titorías en grupos reducidos: 1 h; Avaliación formativa: 2 h)
- Traballo non presencial: 72 horas (preparación previa das clases: aprox.12 h, lectura e estudo de materiais: aproximadamente 60 h).
Recomendacións para o estudo da materiaPara un correcto seguimento desta materia recoméndase:
(1) Ter conseguidos os obxectivos establecidos no plan de estudos para o 1º e 2º curso do Grao, nomeadamente no relativo ás materias máis directamente relacionadas con esta: Fundamentos Biolóxicos da Conduta; Neurociencia Condutual; Neurociencia Cognitiva, Avaliación Psicolóxica I e Psicometría.
(2) Levar ao día as restantes materias de 3º curso, con especial atención tamén a máis vinculada a esta: Avaliación Psicolóxica II.
(3) Seguimento continuado da materia: asistencia regular ás clases expositivas e interactivas; participacón activa nas clases; aproveitamento das tutorías para solucionar dúbidas ou orientar o proceso de aprendizaxe; lectura dos materiais e estudo de contidos conforme se desenvolve o programa. É especialmente recomendable a lectura do Caderno de Prácticas antes de asistir ás sesións interactivas.
Observacións- Idioma: As clases impartiranse en español.
- A coordinadora da materia é a profesora Marina Rodríguez Álvarez. Para os problemas que afectan particularmente as clases interactivas a primeira persoa de contacto é a profesora Montserrat Corral Varela.
- Marina Rodríguez Álvarez: Módulo A, 2 º andar, Despacho N º 74 (marina.rodriguez@ usc.es)
- Montserrat Corral Varela: Módulo A, 2 º andar, Despacho N º 61 (montse.corral@usc.es)