G2011331 - Trastornos do desenvolvemento: Aspectos evolutivos e educativos (Intervención en Psicoloxía da educación e do desenvolvemento) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 35.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 15.00
- Horas de Titorías: 1.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Centro: Facultade de Psicoloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia- Coñecer en que consiste a Intervención Psicopedagóxica e a súa vital importancia no desenvolvemento de nenos de 0 a 6 anos con problemas do desenvolvemento psicolóxico (onde se inclúen os de aprendizaxe).
- Coñecer as principais síndromes e trastornos que afectan aos nenos durante os seus primeiros anos de vida.
- Coñecer as principais pautas de intervención en cada trastorno.
- Saber realizar un programa individualizado de intervención psicopedagóxica en casos de niñ@s con trastornos do desenvolvemento.
ContidosBLOQUE I: MARCO TEÓRICO- CONCEPTUAL.
1. DESENVOLVEMENTO NORMAL-DESENVOLVEMENTO PATOLÓXICO
1.1. Concepto de desenvolvemento. Principios.
1.2. Avaliación no acto do desenvolvemento.
1.3. Erros e perigos no diagnóstico.
2.EVALUACIÓN PSICOLÓXICA DOS TRASTORNOS
2.1. Concepción intelectual.
2.2. Técnicas.
2.3. Proceso de identificación.
2.4. Proceso de avaliación psicopedagóxica.
BLOQUE II: PRINCIPAIS TRASTORNOS DO DESENVOLVEMENTO.
3.ASPECTOS PSICOLÓXICOS E PSICOPATOLÓXICOS
3.1. Concepto de Deficiencia Mental vs. Atraso Mental.
3.2. As causas. A prevalencia.
3.3. Diagnóstico.
3.4. A importancia dos primeiros anos.
4.TRASTORNOS DO DESENVOLVEMENTO DE ORIXE COGNITIVA
4.1. Tipos
4.2. Causas.
4.3. Diagnóstico
4.4. Características físicas e psicolóxicas
4.5. Intervención
5.TRASTORNOS DO DESENVOLVEMENTO MOTOR
5.1. Causas, diagnóstico e tipos.
5.2. Intervención psicolóxica.
5.3. Sistemas alternativos e/ou aumentativos de comunicación.
6.TRASTORNOS XENERALIZADOS DO DESENVOLVEMENTO.
6.1. Trastorno do espectro autista
6.2. Síndrome de Asperger.
6.3. Síndrome de Rett.
6.4. Trastorno desintegrativo infantil.
6.5. Diagnóstico e avaliación.
6.6. Intervención psicolóxica.
BLOQUE III: OUTROS TRASTORNOS DO DESENVOLVEMENTO
7. DESARRASTRO AFECTIVO E SOCIAL NA INFANCIA.
7.1. Teorías sobre desenvolvemento afectivo e social
7.2. Evolución do desenvolvemento afectivo e social.
7.3. Problemas socioemocionales na infancia.
8.TRASTORNOS FÍSICO SOMÁTICOS NA INFANCIA
8.1. Introdución
8.2. Principais trastornos físico somáticos.
8.3. Estratexias de intervención.
9.TRASTORNOS DE DESENVOLVEMENTO SENSORIAIS
9.1. Minusvalidez auditiva
9.1.1. Concepto e tipos
9.1.2. Desenvolvemento comunicativo.
9.1.3. Intervención educativa.
9.2. Minusvalidez visual
9.2.1. Definición, avaliación e diagnóstico.
9.2.2. Desenvolvemento psicolóxico.
9.2.3. Intervención
9.2.4. O neno xordo-cego
10.RETRASO MADURATIVO E DIFICULTADES DE APRENDIZAXE
10.1.Retraso madurativo.
10.2.Las dificultades de aprendizaxe e a súa intervención.
10.2.1. Disgrafía e discalculia.
10.2.2. Intervención psicolóxica
11.LOS PROBLEMAS DE ATENCIÓN. NENOS INQUEDOS- NENOS INESTABLES
11.2.Teorías.
11.3.Diagnóstico e avaliación
11.4.Intervención psicolóxica en nenos con TDAH
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA OBLIGATORIA:
Buceta Cancela, M. J. (coord). (2011). Manual de Atención Temprana. Madrid: Editorial Sintesis.
Buceta Cancela, M. J., Ferreiro Vilasante, M. C., & Nedelcu, D. G. (2010). Como Mellrar la Atención. Vigo: Nova Galicia Edicións.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Bosch, L. (2004). Evaluación Fonológica del Habla infantil. Barcelona: Masson.
Borreguero, M. (2004). El Síndrome de Asperger: excentricidad o discapacidad social. Madrid: Alianza.
Buceta, M. J., y García, M. (2000). Estimulación Temprana en el Niño Sordo. Santiago de Compostela: Nino.
Nedelcu, D. G. (2011). La Población Escolar Gallega con TEA: un análisis empírico integral (Tesis Doctoral). USC.
CompetenciasCOMPETENCIAS XERAIS:
Coñecer os métodos de avaliación, diagnóstico e tratamento psicolóxico.
-Identificar as demandas e necesidades dos destinatarios, definir os obxectivos, elaborar o plan e as técnicas de intervención en función da demanda dos destinatarios.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
- Coñecer a distinta problemática que presentan os suxeitos no seu desenvolvemento evolutivo.
- Coñecer os principais modelos para implementar a avaliación, intervención, utilizando procedementos de diagnóstico axeitados.
- Manexar estratexias e asesoramento dirixidas tanto aos profesores para facilitar a atención á diversidade coma ás familias.
-Planificar, deseñar e implementar programas e intervencións no ámbito educativo e familiar.
Metodoloxía da ensinanza -CLASES EXPOSITIVAS (30 HORAS), obrigatorias para o alumno.
- LECTURA DE TEXTOS (67 horas).
-SEMINARIO DE PRÁCTICAS-na Unidade de Atención Temperá, USC (12 horas).
-REALIZACIÓN DE TRABALLOS (20 horas)- deberán escoller unha Síndrome.
Sistema de evaluaciónExisten dúas formas de avaliación: as probas presenciais (PP) e as probas de avaliación continua.
Na PP avaliaranse os contidos dos temas da materia.
Nestas probas pedirase información sobre distintos aspectos teórico-prácticos da materia.
As PP consistirán nunha proba obxectiva (exame tipo test) de 30 preguntas. Cada pregunta terá tres opcións de resposta das que só unha será correcta. O alumno debe sinalar, unicamente, a resposta que considere correcta. Estas preguntas versarán sobre os contidos obrigatorios que constitúen a materia básica do curso.
A puntuación final na proba obxectiva deberá oscilar entre 0 e 10, e calcularase nas dúas fases seguintes:
(1) Cálculo da puntuación directa (puntuación X)
X = (n.º de acertos x 0,34) - (n.º de erros x 0,16)
Posto que maximizamos a puntuación que damos aos acertos (en relación coa puntuación asignada aos erros), se non se realiza unha corrección, a puntuación máxima que podería obter un alumno sería de 10,20. Esta cualificación debe ser corrixida axustando o seu valor ao máximo admitido, é dicir, a 10. Polo tanto, a nota definitiva será unha puntuación corrixida (Xc). O seu cálculo farase do seguinte modo:
(2) Cálculo da puntuación corrixida (puntuación Xc)
Xc = (X x 10): (10,20)
A cualificación necesaria para a obtención do Apto é 5. Non obstante, aprobarase tamén se se obtén un 4,9. Por debaixo desa nota non será posible aprobar en ningún caso, nin tampouco se poderá aplicar ningún tipo de compensación (p. ex., prácticas), traballos ou calquera outra actividade.
Non é posible subir nota se non se alcanzou o límite mínimo asignado para a obtención do aprobado.
O exame terá un peso do 75%. O outro 25% valoraranse aspectos de claridade expositiva, capacidade de síntese, dominio de conceptos, asistencia a clases, etc.
Tempo de estudo e traballo persoalAs actividades do traballo autónomo inclúen lectura, estudo de documentos que facilitará o profesor e textos necesarios para asimilar os contidos da materia, a realización e elaboración de informe de prácticas e a elaboración do traballo escollido polos alumnos ata un total de 102 horas.
Recomendacións para o estudo da materiaAínda que, loxicamente, cada alumno é libre de establecer o seu propio plan de traballo para a preparación da materia, a continuación indicamos algunhas suxestións co obxecto de que sirvan de orientación xeral para a programación do traballo que o propio alumno vaia levar a cabo. En concreto, e á marxe do que se especifique máis adiante a propósito da presentación dos diferentes temas do programa, existen polo menos tres tipos básicos de actividades que o alumno debería levar a cabo para formarse con éxito nesta materia, a saber, (1) preparación dos contidos de estudo obrigatorio e (2) realización de actividades prácticas. Vexamos brevemente que queremos indicar con cada tipo de actividade.
PREPARACIÓN DOS CONTIDOS DE ESTUDO OBRIGATORIOS
A preparación dos contidos obrigatorios da materia levarase a cabo empregando como materiais de estudo as seguintes referencias:
Buceta Cancela, M. J. (coord). (2011). Manual de Atención Temperá. Madrid: Editorial Sintesis.
Buceta Cancela, M. J., Ferreiro Vilasante, M. C., & Nedelcu, D. G. (2010). Como Mellrar la Atención. Vigo: Nova Galicia Edicións.
A devandita preparación constitúe a actividade esencial que debe levar a cabo o alumno, e sen dúbida a que máis tempo requirirá. Como o seu nome indica, refírese ao estudo diario que debe realizar o alumno cos materiais básicos de estudo. Posto que se trata de alumnos universitarios, non consideramos necesario dar pautas concretas sobre como deba de estudarse (i.e., usar esquemas, repasar, comprender, memorizar, analizar, asimilar, relacionar, integrar, sumariar, contrastar, etc.) pois, á parte de que cada alumno poida preferir estratexias máis ou menos persoais, entendemos que calquera alumno coñece, por tratarse dun alumno universitario, os procedementos necesarios para levar a cabo o estudo de forma efectiva.
REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES PRÁCTICAS.
Á parte da preparación dos contidos fundamentais, como actividade complementaria o alumno poderá levar a cabo actividades prácticas. En concreto, as actividades programadas para esta materia consisten en asistencia ás prácticas na Unidade de Atención Temperá da USC.
ObservaciónsO alumno para poder entender a materia deberá coñecer os principais enfoques teórico da psicoloxía do desenvolvemento así como os procesos evolutivos e as características dos suxeitos sen trastorno nas diferentes idades.