Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Psicoloxía  »  Información da Materia

G2011422 - Psicoloxía da saúde (Intervención en Psicoloxía Clínica e da Saúde) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 26.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 11.50
  • Horas de Titorías: 1.00
  • Total: 38.5

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
  • Áreas: Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
  • Centro: Facultade de Psicoloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Fernandez Rios, Luis.NON
Vazquez Rodriguez, Maria Isabel.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo A (A-K)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo B (L-Z)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo P1OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P2OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P3OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P4OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P5OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P6OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS14OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS15OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS16OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS17OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS18OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Obxectivo xeral:

    Recoñecer a pertinencia da aplicación da psicoloxía ao ámbito dos procesos de saúde-enfermidade, e coñecer e comprender a influencia dos aspectos psicolóxicos na prevención da enfermidade física, no proceso de atención sanitaria e no desenvolvemento, curso clínico e rehabilitación de distintos trastornos de saúde

    Obxectivos específicos:

    -Adquirir os coñecementos básicos sobre os elementos teóricos, históricos e metodolóxicos que definen o campo da Psicoloxía da Saúde, así como sobre os conceptos e modelos centrais en Psicoloxía da Saúde

    - Saber recoñecer cales son as variables e procesos psicolóxicos relacionados coa prevención da enfermidade e co proceso de atención sanitaria, así como saber describir e explicar os aspectos psicosociais implicados na etioloxía, curso clínico e rehabilitación de distintos trastornos de saúde.

    - Ser capaz de avaliar as necesidades e definir os obxectivos da intervención psicolóxica en problemas de saúde física

    - Adquirir os coñecementos teórico-prácticos, a nivel básico, para establecer os obxectivos da intervención e seleccionar as técnicas de intervención en distintos hábitos comportamentais e problemas de saúde física, sobre a base da eficacia, efectividade e eficiencia que presentan.

    -Coñecer a interrelación que existe entre o traballo do psicólogo da saúde e outros profesionais que traballan no campo da saúde física, definindo dende a interdisciplinariedade as achegas e limitacións do psicólogo, e poñendo a énfase na necesidade de integrar os diversos perfís profesionais capaces de complementarse na tripla dimensión biopsicosocial da saúde

    - Coñecer cales son as liñas de investigación máis recentes en Psicoloxía da Saúde

    - Saber cales son e como se accede ás principais fontes documentais en Psicoloxía da Saúde


    Contidos
    I. Introdución á psicoloxía da saúde

    1. Aproximación histórica e delimitación conceptual da Psicoloxía da saúde.
    A irrupción da Psicoloxía no campo da saúde física. O concepto de saúde. Delimitación conceptual da Psicoloxía da Saúde. Obxectivos e ámbitos de aplicación. Fontes documentais


    II. Estrés, comportamento e saúde

    2. Estrés e saúde
    Delimitación conceptual. Condicións xeradoras de estrés. Moderadores da experiencia de estrés. A resposta de estrés. Os efectos do estrés sobre a saúde

    3. Hábitos de alimentación e actividade física e saúde
    Estilo de vida e saúde. Determinantes dos hábitos de alimentación e actividade física. Programas de intervención para a modificación de hábitos de alimentación e actividade física

    4. Hábito tabáquico e saúde
    O tabaco e os seus efectos sobre a saúde. O hábito de fumar: procesos de adquisición e eliminación. Programas de intervención para a eliminación do hábito de fumar


    III. Os aspectos psicolóxicos no proceso de atención sanitaria

    5. Os aspectos psicolóxicos no proceso de atención sanitaria
    A relación profesional sanitario-paciente. A adherencia aos tratamentos médicos: Concepto e modelos. Factores asociados á adhesión terapéutica.


    IV. Os aspectos psicolóxicos en distintos trastornos de saúde

    6. Factores psicolóxicos nos trastornos cardiovasculares
    Hipertensión arterial e infarto de miocardio: consideracións clínicas e epidemiolóxicas. Factores de risco cardiovascular. Consecuencias psicolóxicas do infarto. Obxectivos e estratexias de intervención psicolóxica.

    7. Aspectos psicolóxicos no paciente oncolóxico.
    O cancro: consideracións clínicas e epidemiolóxicas. Factores psicosociais que afectan o inicio e curso do cancro. Obxectivos e estratexias de intervención no paciente oncolóxico

    8. Os factores psicolóxicos na asma bronquial
    A asma bronquial: concepto e epidemioloxía. Os factores psicolóxicos como precipitantes das crises asmáticas. Factores psicolóxicos que inciden na evolución clínica da asma. O impacto psicolóxico da asma nos pacientes. Obxectivos e estratexias de intervención



    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFÍA BÁSICA

    Amigo I, Fernández-Rodríguez C, Pérez M (2009) Manual de Psicología de la Salud. Madrid: Pirámide.

    Gil Roales-Nieto, J. (2004) Psicología de la salud: Aproximación histórica, conceptual y aplicaciones. Madrid: Pirámide



    BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA


    Boyer BA y Paharia MI (2008) Comprensive handbook of Clinical Health Psychology. Hoboken, NJ: Wiley

    Brannon, L.,y Feist, J. (2001). Psicología de la Salud. Madrid: Thompson Paraninfo.

    Camic, P.M., y Knight, S.J. (2004). Clinical handbook of health psychology: A practical guide to effective interventions. Ashland, OH, US: Hogrefe and Huber Publishers.

    Fernández-Abascal, E.G. (2008). Emociones positivas. Madrid: Pirámide.

    Gatchel, RJ., Oordt, MS, (2003). Clinical health psychology and primary care: practical advice and clinical guidance for successful collaboration. Washington: American Psychological Asociation.

    Hunter CL, Goodie JL, Oordt MS y Dobmeyer AC (2009). Integrated behavioural health in primary care. Washington DC: American Psychological Association

    Kaptein AD y Weinman J (2004). Health Psychology. Londres: Blackwell Publishers.

    Morrison, V., y Bennett, P. (2007). Psicología de la salud. Madrid: Pearson.

    Munuera JN, Abad Mateo, MA, Esteban Albert M, Tjerina Arreal (2004) Psicología para ciencias de la salud. Madrid: McGraw Gil

    Raczynski JM y Leviton LC (2004) Handbook of clinical health psychology: Volume 2. Disorders of behaviour and health. Washington :American Psychological Association

    Simón, MA (1999) Manual de Psicología de la Salud: Fundamentos, metodología y aplicaciones. Madrid: Biblioteca Nueva.

    Suls JM , Davidson KW, y Kaplan R (2010) Handbook of health psychology and behavioural medicine. New York: Guilford Press.

    Taylor, S.E. (2007). Health Psychology. New York: McGraw-Hill (sexta ed.).

    Para cada tema darase unha bibliografía específica na se incluirán algúns dos textos da bibliografía xeral así como monografías e artigos especializados

    Competencias
    - Coñecer e comprender os conceptos, modelos e ámbitos de actuación que conforman a disciplina da Psicoloxía da Saúde, e adquirir os coñecementos básicos sobre a influencia das variables e procesos psicolóxicos nos estados de saúde-enfermidade, no proceso de atención sanitaria e na etioloxía, curso clínico e rehabilitación dos trastornos de saúde

    -Coñecer as posibilidades e a eficacia da avaliación e o tratamento psicolóxico no ámbito da Psicoloxía da Saúde

    - Identificar as variables e procesos psicolóxicos implicados na prevención e o tratamento da enfermidade e ser capaz de avaliar as necesidades e definir os obxectivos da intervención psicolóxica no ámbito da Psicoloxía da Saúde

    -Determinar as características relevantes do comportamento dos individuos nos procesos de saúde-enfermidade mediante os métodos, técnicas e instrumentos propios da avaliación psicolóxica

    - Adquirir os coñecementos teórico-prácticos, a nivel básico, para deseñar programas de avaliación e intervención psicolóxica para a prevención, tratamento e rehabilitación en distintos ámbitos de actuación da Psicoloxía da Saúde

    - Saber seleccionar as técnicas de intervención psicolóxica en función das características dos destinatarios, dos obxectivos da intervención e do problema de saúde de que se trate, atendendo aos niveis de eficacia, efectividade e eficiencia que presentan

    -Saber planificar unha busca bibliográfica, seleccionar a información, desenvolver a capacidade de comprender, analizar e sintetizar textos científicos, organizar a información e adquirir habilidades de comunicación oral e escrita usando unha terminoloxía axeitada e rigorosa no ámbito da Psicoloxía da Saúde

    -Coñecer e axustarse ás obrigas deontolóxicas da Psicoloxía


    Metodoloxía da ensinanza
    Sesións expositivas: para introducir e explicar a información máis relevante, así como para clarificar e organizar os contidos do programa, utilizarase a clase maxistral participativa, utilizando os materiais de apoio que sexan pertinentes. Nestas sesións facilitarase bibliografía básica de referencia para traballar cada tema e poderán introducirse distintas actividades.

    Sesións interactivas: para afondar na vertente aplicada dos contidos teóricos deséñanse distintas actividades en grupos reducidos entre as que inclúen a utilización de materiais complementarios como lecturas e vídeos, e o adestramento no deseño de programas de avaliación e intervención para a modificación de distintos hábitos comportamentais relacionados coa saúde.

    Traballo autónomo do alumno: Elaboración dos informes correspondentes ás actividades das sesións expositivas e interactivas, e realización dos traballos propostos en relación cos temas do programa.


    Sistema de evaluación
    -Exame final no que se avaliará o grao de adquisición dos contidos abordados nas sesións expositivas e interactivas e o material bibliográfico indicado. A nota obtida no exame supón o 70% da cualificación final. É imprescindible acadar o 50% da puntuación máxima nesta proba para superar a materia. No caso de non aprobar o exame non se computarán as cualificacións obtidas nos informes e nos traballos realizados.

    -Informes das actividades desenvolvidas nas sesións interactivas e nas clases expositivas e a realización dos traballos propostos. A cualificación obtida supón o 30% da nota final.

    Para superar a materia requírese que a suma das puntuacións ponderadas obtidas no exame final e nos informes de actividades e traballos acade un mínimo de 5 sobre 10.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Horas presenciais expositivas: 26 h.
    Horas presenciais interactivas: 11,5 h.
    Exame final: 1 h.
    Horas de estudo do alumno: 44 h. (estimadas).
    Elaboración de informes e de traballos: 30h. (estimadas)


    Recomendacións para o estudo da materia
    - Estudo da materia conforme se desenvolve o programa.

    - Asistencia regular ás clases teóricas e prácticas.

    - Implicación activa na dinámica de clase.

    - Coñecementos previos recomendados: Psicoloxía da Personalidade, Avaliación Psicolóxica, Tratamento Psicolóxico