Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Psicoloxía  »  Información da Materia

G2011423 - Practicum (Practicum) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 12.00
  • Total: 12.0
  • Horas ECTS
  • Clase Interactiva Seminario: 285.00
  • Total: 285.0

Outros Datos

  • Tipo: Prácticum Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía, Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía, Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía, Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía, Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
  • Áreas: Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos, Psicobioloxía, Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Psicoloxía Social, Psicoloxía Básica, Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
  • Centro: Facultade de Psicoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Álvarez , Antonio Alfonso.NON
ALZATE GARCIA, MONICA.NON
AMENEDO LOSADA, MARIA ELENA.NON
ANDRADE FERNANDEZ, ELENA MARIA.NON
Arce Fernández, Constantino.NON
ARCE FERNANDEZ, RAMON.NON
Becoña Iglesias, Elisardo.NON
BERNAL RIVAS, MARIA DEL MAR.NON
BLANCO RIAL, MANUEL JOSE.NON
BRAÑA TOBIO, Ma TERESA.NON
BUCETA CANCELA, MARIA JOSE CARMEN.NON
CAMPOS GARCIA, ALFREDO.NON
CARRILLO DE LA PEÑA, MARIA TERESA.NON
CASTRO BALSA, MARIA JOSEFA.NON
Castro Bolaño, Maria Cristina.NON
Corral Varela, María Montserrat.NON
CUBA LOPEZ, JOSE.NON
DIAZ FERNANDEZ, FERNANDO.NON
DIAZ FERNANDEZ, OLGA.NON
Doallo Pesado, Sonia.NON
Dominguez Rey, Jose Luis.NON
DURÁN RODRÍGUEZ, MARíA DEL MAR.NON
ESMORIS ARRANZ, FRANCISCO JOSE.NON
FERNANDEZ REY, JOSE.NON
Fernandez Rios, Luis.NON
Ferraces Otero, María José.NON
Fraga Carou, Isabel.NON
GALDO ALVAREZ, SANTIAGO.NON
GOMEZ FERNANDEZ, DOMINGO.NON
GOMEZ FRAGUELA, JOSE ANTONIO.NON
GUTIERREZ GARCIA, EMILIO.NON
IGLESIAS CRIADO, M. DEL MAR.NON
JIMENEZ GARCIA, LUIS MIGUEL.NON
LEIROS LOBEIRAS, LUZ ISABEL.NON
LINDIN NOVO, MONICA.NON
LOPEZ DURAN, ANA.NON
Méndez Paz, Castor.NON
Merino Madrid, Hipolito.NON
MIGUEZ VARELA, MARIA DEL CARMEN.NON
MIRON REDONDO, MARIA LOURDES.NON
NOVO PEREZ, MERCEDES.NON
OTERO LOPEZ, JOSE MANUEL.NON
PARAMO FERNANDEZ, MA FERNANDA.NON
PAZO ALVAREZ, PAULA.NON
PEREZ PEREIRA, MIGUEL.NON
Ponte Fernández, Dolores.NON
REAL DEUS, JOSE EULOGIO.NON
REDONDO LAGO, JAIME MAURO.NON
RIAL BOUBETA, ANTONIO.NON
RIVAS TORRES, ROSA Ma.NON
Rodríguez Álvarez, Marina.NON
RODRIGUEZ CASAL, MAURO LUCIO.NON
Rodríguez Fernández, Manuel Dámaso.NON
RODRIGUEZ GONZALEZ, Ma SOLEDAD.NON
RODRIGUEZ HOLGUIN, SOCORRO.NON
RODRIGUEZ SALGADO, DOLORES.NON
Romero Triñanes, Estrella.NON
Sabucedo Cameselle, Jose Manuel.NON
SALGADO VELO, JESUS FERNANDO.NON
Sampedro Vizcaya, M Jose.NON
SANTIAGO MARIÑO, MARIA JOSE.NON
SENRA RIVERA, CARMEN.NON
SEOANE PESQUEIRA, MARIA GLORIA.NON
Serrano Martinez, Gonzalo.NON
Sobral Fernández, Jorge.NON
Tinajero Vacas, Carolina.NON
TORRES MAROÑO, MARIA DEL CARMEN.NON
VARELA MALLOU, JESUS.NON
VAZQUEZ GONZALEZ, FERNANDO LINO.NON
Vazquez Rodriguez, Maria Isabel.NON
Villar Torres, Paula.NON
Zurrón Ocio, Montserrat.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    A materia "Practicum" engloba as prácticas externas, e prográmase no último semestre da formación de Grao en Psicoloxía, co obxectivo de que, unha vez adquirida unha formación académica suficiente, os e as estudantes entren en contacto coa práctica psicolóxica e, guiados por profesionais expertos, teñan un primeiro achegamento ao exercicio profesional nalgunha das áreas da Psicoloxía.

    Como obxectivos xerais da materia, compre sinalar os seguintes:

    - Poñer o estudante en contacto coa realidade laboral, capacitándoo para o desempeño profesional.
    - Coñecer as funcións do psicólogo no contexto profesional, sexa da área clínica, da educativa, da psicoloxía social e do traballo e/ou da investigación básica en psicoloxía, desde a perspectiva da Psicoloxía como disciplina de ciencias da saúde.


    Entre os obxectivos específicos, a desenvolver nalgunha das áreas de realización do Practicum, compre destacar:

    - Adestrar os/as estudantes na avaliación psicolóxica e psicodiagnóstico.
    - Proporcionar coñecementos da planificación das intervencións.
    - Adestrar os/as estudantes na aplicación de determinadas técnicas terapéuticas.
    - Familiarizarse coa dinámica das relacións profesionais.
    - Adquirir un coñecemento directo do funcionamento e da xestión do comportamento humano nas organizacións.
    - Proporcionar coñecementos das fases de desenvolvemento dunha investigación.
    - Proporcionar coñecementos técnicos/aplicados dos instrumentos e ferramentas utilizadas nas investgacións.
    - Colaborar nalgunha das Unidades do Servizo de Psicoloxía da facultade.

    Contidos
    No Practicum de Psicoloxía ofrécese, a través de convenios con diferentes entidades, publicas e privadas, a posibilidade de realizar prácticas en dispositivos onde o/a psicológo/a pode levar a cabo a súa labor profesional. Nestes dispositivos os psicólogos ocúpanse de atender á saúde e o benestar das persoas, á procura dun desenvolvemento e unhas relacións interindividuais saudables desde ámbitos diversos: actividades deportivas, centros penitenciarios, condutas aditivas, desenvolvemento psicolóxico e proceso educativo, enfermidasdes mentais, maiores, mediación, orientación familiar, recursos humanos e estudos de mercado, servizos sociais e plans comunitarios. Dada esta diversidade, desenvolveranse contidos específicos en función do dispositivo onde se vaian realizar as prácticas.

    Bibliografía básica e complementaria
    A bibliografía de apoio para as actividades prácticas relaciónase nos distintos programas das materias do plan de estudos correspondente.

    - Os titores académicos e profesionais proporcionaranlle ao alumno a bibliografía específica conforme as actividades que se van desenvolver no Centro de prácticas ao que éste vai destinado.

    Competencias
    - Ser quen de desenvolver os comportamentos do rol profesional básico: asistencia, puntualidade, respecto ás normas e usos do Centro, respecto ás normas deontolóxicas, cumprimento das tarefas asignadas, ...
    - Ser quen de desenvolver e por en práctica competencias de carácter transversal propias do exercicio profesional: traballo en equipo, comunicación, empatía, análise e resolución de problemas, ...
    - Ser quen de desenvolver e por en práctica competencias específicas do psicólogo, aplicando para elo os coñecementos adquiridos: identificación de necesidades e problemas, avaliación psicolóxica, identificación de variables relevantes; interpretación das avaliacións; elaboración de informes psicolóxicos, habilidades básicas de intervención psicolóxica...
    Metodoloxía da ensinanza
    Para o cumprimento dos obxectivos e o logro das competencias antes sinalados, o Prácticum desenvolverase de acordo o seguinte procedemento:

    1. A acción formativa estándar, deseñada para a maioría dos alumnos que accedan ao Prácticum, consistirá na realización dunhas "prácticas externas" (nun centro alleo á universidade), baixo a constante supervisión e apoio técnico de dous titores: un académico e outro profesional relacionado co centro de prácticas. Ambos os titores serán os responsables de indicar en cada momento, e conforme un programa previo, o tipo de actividades que o alumno terá que realizar durante as prácticas.

    2. Como modalidade alternativa, ofértase a posibilidade de que algúns dos alumnos inscritos no Prácticum poidan acollerse a algunha das ofertas de "Prácticum interno" que, no seu momento, se detallarán na "oferta do Prácticum" correspondente ao curso académico no que se teña matriculado.

    3. Como complemento ás actividades prácticas (ben sexa no "Prácticum interno" ou "externo"), os estudantes recibirán formación relativa ao Código Deontolóxico do Psicólogo, a través de clases e seminarios (20 horas presenciais), ás que deberán asistir antes do comezo das prácticas e que serán requisito indispensable para poder incorporarse ao centro de prácticas.

    4. No período de prácticas o alumnado non poderá asistir a clases nin realizar exames na Facultade. O/a alumno/a se incorporará ao centro de prácticas seguindo as indicacións do seu titor ou titora academico/a, de quen recibirá a autorización para tomar contacto co centro asignado e a seguinte información/documentación:

    - Credencial do/a alumno/a de prácticas

    - Compromiso de confidencialidade

    - Cuestionario de avaliación do Prácticum

    - Datos de contacto co centro de prácticas e condicións de incorporación

    - Programa de actividades

    5. Ao remate do período do Prácticum, o alumno deberá entregar ao seu titor/a académico unha "Memoria do Prácticum". Como pauta xeral, esta conterá a descrición do centro de prácticas, das actividades realizadas para o desenvolvemento das competencias profesionais e unha valoración persoal do/a estudante. Cada titor ou titora proporcionará directrices concretas para a memoria, en función das características do centro de prácticas ó que acuda o alumnado.

    AVISO: Os/as alumnos que teñan intención de defender o seu TFG en xullo, deben asegurarse de entregar a memoria do Prácticum coincidindo co período de cualificacións de xuño.
    Sistema de evaluación
    A avaliación realizarase conxuntamente entre os/as titores/as académico/a e profesional tendo en conta o grado de adquisición das competencias relativas ao rol profesional, as específicas e as transversais desenvolvidas na súa estancia no centro de destino e na memoria presentada polo/a estudiante. Cada titor/a porporá unha cualificación do estudante. A cualificación definitiva será o resultado da seguinte ponderación: a do titor/a profesional suporá o 70% e a do titor/a académico o 30%


    Tempo de estudo e traballo persoal
    Os 12 créditos ECTS asignados ao Practicum, implican que o estudante ten que dedicar ao mesmo un total de 300 horas de traballo persoal entre as que se inclúen as seguintes tarefas:

    - Asistencia ao curso sobre o Código Deontolóxico da profesión.
    - Asistencia ao centro de prácticas.
    - Preparación do traballo a desenvolver no centro (lecturas, planificación de actividades, deseño de intervencións, etc.).
    - Elaboración da "memoria do Practicum".
    Observacións
    A matrícula no Practicum ten como requisito ter superado alomenos 150 créditos obrigatorios, incluindo a totalidade dos de 1º e 2º curso do Grao.

    Os/as estudantes que estean en situación de cumprir os requisitos no segundo semestre do curso, deben realizar igualmente a preinscrición, asegurándose de marcar no formulario dispoñible ao efecto a seguinte opción: "Aspiro a cumprir os requisitos para matricularme no Prácticum no 2º semestre "

    Recoméndase a os/as estudantes que estean nesta situación que se matriculen no Prácticum no segundo prazo ordinario de matrícula.

    AVISO. Os/as estudantes que estean en situación de cumprir os requisitos no segundo semestre do curso, deben tamén asistir ó curso sobre código deontolóxico

    A Unidade de Xestión o Prácticum asignará as prazas tendo en conta as preferencias dos/as solicitantes e utilizando como criterios de selección o expediente académico e a residencia familiar. Ademais, para a incorporación a algúns centros de prácticas, pódese requirir ter superado algunha(s) materia(s) concreta(s) do plano de estudos, de especial vinculación co tipo de actividade profesional que se desenvolva neles.

    A cada alumno/a se lle asignará un titor ou titora profesional (no centro de prácticas) e un titor ou titora académico/a (na Facultade).

    Para unha información mais detallada sobre o desenvolvemento do Practicum, pódese acudir ao seguinte enlace:

    http://www.usc.es/gl/centros/psicoloxia/pracguia.html