G2011424 - Traballo fin de grao (Traballo de Fin de Grao) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Interactiva Seminario: 136.50
- Horas de Titorías: 455.00
- Total: 591.5
Outros Datos
- Tipo: Traballo Fin de Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía, Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía, Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía, Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía, Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Áreas: Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos, Psicobioloxía, Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Psicoloxía Social, Psicoloxía Básica, Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
- Centro: Facultade de Psicoloxía
- Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
| Nome | Coordinador |
|---|
| Álvarez , Antonio Alfonso. | NON |
| ALZATE GARCIA, MONICA. | NON |
| AMENEDO LOSADA, MARIA ELENA. | NON |
| ANDRADE FERNANDEZ, ELENA MARIA. | NON |
| Arce Fernández, Constantino. | NON |
| ARCE FERNANDEZ, RAMON. | NON |
| Becoña Iglesias, Elisardo. | NON |
| BERNAL RIVAS, MARIA DEL MAR. | NON |
| BLANCO RIAL, MANUEL JOSE. | NON |
| BRAÑA TOBIO, Ma TERESA. | NON |
| BUCETA CANCELA, MARIA JOSE CARMEN. | NON |
| CAMPOS GARCIA, ALFREDO. | NON |
| CARRILLO DE LA PEÑA, MARIA TERESA. | NON |
| CASTRO BALSA, MARIA JOSEFA. | NON |
| Castro Bolaño, Maria Cristina. | NON |
| Corral Varela, María Montserrat. | NON |
| CUBA LOPEZ, JOSE. | NON |
| DIAZ FERNANDEZ, FERNANDO. | NON |
| DIAZ FERNANDEZ, OLGA. | NON |
| Doallo Pesado, Sonia. | NON |
| Dominguez Rey, Jose Luis. | NON |
| DURÁN RODRÍGUEZ, MARíA DEL MAR. | NON |
| ESMORIS ARRANZ, FRANCISCO JOSE. | NON |
| FERNANDEZ REY, JOSE. | NON |
| Fernandez Rios, Luis. | NON |
| Ferraces Otero, María José. | NON |
| Fraga Carou, Isabel. | NON |
| GALDO ALVAREZ, SANTIAGO. | NON |
| GOMEZ FERNANDEZ, DOMINGO. | NON |
| GOMEZ FRAGUELA, JOSE ANTONIO. | NON |
| GUTIERREZ GARCIA, EMILIO. | NON |
| IGLESIAS CRIADO, M. DEL MAR. | NON |
| JIMENEZ GARCIA, LUIS MIGUEL. | NON |
| LEIROS LOBEIRAS, LUZ ISABEL. | NON |
| LINDIN NOVO, MONICA. | NON |
| LOPEZ DURAN, ANA. | NON |
| MARTIN RAJO, MONTSERRAT. | NON |
| Méndez Paz, Castor. | NON |
| Merino Madrid, Hipolito. | NON |
| MIGUEZ VARELA, MARIA DEL CARMEN. | NON |
| MIRON REDONDO, MARIA LOURDES. | NON |
| NOVO PEREZ, MERCEDES. | NON |
| OTERO LOPEZ, JOSE MANUEL. | NON |
| PARAMO FERNANDEZ, MA FERNANDA. | NON |
| PAZO ALVAREZ, PAULA. | NON |
| PEREZ PEREIRA, MIGUEL. | NON |
| Ponte Fernández, Dolores. | NON |
| REAL DEUS, JOSE EULOGIO. | NON |
| REDONDO LAGO, JAIME MAURO. | NON |
| RIAL BOUBETA, ANTONIO. | NON |
| RIVAS TORRES, ROSA Ma. | NON |
| Rodríguez Álvarez, Marina. | NON |
| RODRIGUEZ CASAL, MAURO LUCIO. | NON |
| Rodríguez Fernández, Manuel Dámaso. | NON |
| RODRIGUEZ GONZALEZ, Ma SOLEDAD. | NON |
| RODRIGUEZ HOLGUIN, SOCORRO. | NON |
| RODRIGUEZ SALGADO, DOLORES. | NON |
| Romero Triñanes, Estrella. | NON |
| Sabucedo Cameselle, Jose Manuel. | NON |
| SALGADO VELO, JESUS FERNANDO. | NON |
| Sampedro Vizcaya, M Jose. | NON |
| SANTIAGO MARIÑO, MARIA JOSE. | NON |
| SENRA RIVERA, CARMEN. | NON |
| SEOANE PESQUEIRA, MARIA GLORIA. | NON |
| Serrano Martinez, Gonzalo. | NON |
| Sobral Fernández, Jorge. | NON |
| Tinajero Vacas, Carolina. | NON |
| TORRES MAROÑO, MARIA DEL CARMEN. | NON |
| VALIÑA GARCIA, MARIA DOLORES. | NON |
| VARELA MALLOU, JESUS. | NON |
| VAZQUEZ GONZALEZ, FERNANDO LINO. | NON |
| Vazquez Rodriguez, Maria Isabel. | NON |
| Villar Torres, Paula. | NON |
| Zurrón Ocio, Montserrat. | NON |
Horarios
| Nome | Tipo Grupo | Tipo Docencia | Horario Clase | Horario exames |
|---|
| Grupo CLIS_01 | Ordinario | Clase Interactiva Seminario | NON | NON |
| Grupo TI-ECTS01 | Ordinario | Horas de Titorías | NON | NON |
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaTal e como queda recollido na Memoria do Título de Grao en Psicoloxía pola USC e na resolución reitoral do 18/05/10, o obxectivo xeral da materia "Traballo de Fin de Grao (TFG)", de carácter obrigatorio para todos os estudantes do Grao en Psicoloxía, é que o estudante realice e presente públicamente un traballo no que demostre as competencias adquiridas ao longo dos catro anos de estudos que configuran o devandito Grao. En consonancia co encadre da titulación na rama de Ciencias da Saúde, o traballo estará orientado cara temas específicos de ciencias da saúde ou incorporará esta perspectiva, de atención á saúde e o benestar.
ContidosO contido específico de cada TFG definirase para cada traballo individual, de acordo coa oferta de
traballos/titores que cada curso realizará a Facultade, e deberá pertencer a unha das áreas de investigación e/ou intervención profesional propias da Psicoloxía, coa perspectiva da atención á saúde e o benestar das persoas.
Os/as alumnos/as que desexen realizar o Traballo de Fin de Grao en coordinación co Prácticum, deberán asegurarse de elixir as propostas nas que figure como titor/a do TFG o titor/a academico/a que lles foi asignado no Prácticum.
Bibliografía básica e complementariaA bibliografía básica de apoio para o desenvolvemento do TFG relaciónase nos distintos programas das materias do plan de estudos correspondente.
- Os titores/responsables de cada unha das ofertas de TFG realizadas para un curso académico proporcionaranlle ao alumno a bibliografía específica conforme á modalidade de traballo de que se trate.
CompetenciasCompetencias da titulación ás que contribúe a materia:
- Todas
Competencias específicas da materia:
As competencias xerais da titulación concrétanse, para o TFG, nas seguintes:
- Ser capaz de definir os obxectivos do traballo, identificando o problema a resolver ou o obxectivo de coñecemento a alcanzar.
- Ser capaz de deseñar as tarefas, organizar os pasos a seguir para alcanzar os obxectivos e desenvolver o traballo de acordo co plan definido.
- Saber buscar e seleccionar información relevante ao caso, problema ou obxecto de estudo, a partir de fontes do nivel de libros de texto avanzados, e incorporando algunhas aportacións de textos científicos especializados.
- Facer uso dos coñecementos adquiridos ao longo dos estudos que sexan pertinentes ao obxecto do traballo, e integrar con eles a nova información conseguida.
- Ser capaz de organizar a información da que dispón e presentala de forma clara, sistemática e precisa, para que sexa comprendida por outras persoas.
- Saber identificar as limitaciones e/ou carencias do traballo realizado e propoñer suxerencias de cara ao futuro.
Metodoloxía da ensinanza O TFG supón a realización, por parte do estudante, dun proxecto, memoria ou estudo orixinal, que ten que ser elaborado de maneira individual e autónoma baixo a supervisión dun ou máis titores. No mesmo integraranse e desenvolveranse non soamente as competencias específicas atribuidas á materia en cuestión senon tamén o resto das competencias adquiridas durante o período de docencia do Grao.
A este fin, as modalidades de TFG ás que poden optar os estudantes da facultade de Psicoloxía de Santiago de Compostela serían as seguintes:
1) Traballos de revisión teórica.
2) Elaboración dun proxecto de investigación empírica e/ou desenvolvemento dun estudo piloto.
3) Proxecto de intervención.
A extensión do informe final do TFG, independentemente da modalidade elixida para a realización do mesmo, axustarase a un mínimo de 30 e un máximo de 60 páxinas.
A continuación, faise unha breve descripción dos diferentes tipos ou modalidades de TFG antes mencionados.
1) TRABALLOS DE REVISIÓN TEÓRICA
Unha revisión sistemática na que se resume os resultados dos estudos dispoñibles na literatura científica sobre un tema ou pregunta. Tamén se pode enfocar como unha revisión sistemática para identificar lagoas do coñecemento actual, para examinar ata qué punto a evidencia empírica contradí ou apoia as hipóteses teóricas, ou incluso para axudar na xeneración de novas hipóteses.
2) ELABORACIÓN DUN PROXECTO DE INVESTIGACIÓN EMPÍRICA E/OU DESENVOLVEMENTO DUN ESTUDO PILOTO.
O proxecto de investigación deberá redactarse seguindo as normas de redacción e estilo propias da escritura de artigos de investigación científica. Estas normas están recollidas en distintos recursos que serán facilitados aos estudantes ao longo dos seus estudos de Grao. Ademais, a competencia de redacción dun traballo de investigación debe derivarse da experiencia na lectura continuada deste tipo de traballos, así como da redacción de documentos deste tipo nas distintas asignaturas.
O formato do traballo, así como as formas de citar e referenciar o traballo doutros autores, serán as contempladas nas Normas de Estilo da APA (American Psychological Association).
3) PROXECTO DE INTERVENCIÓN
A forma de redactar un TFG de intervención nun ou en varios suxeitos, grupos, organizacións ou situacións, tense que axustar á metodoloxía habitual deste tipo de artigos científicos. Existen artigos orientativos para a escritura de estudos de casos que se proporcionarán aos estudantes, pero tamén se recomenda a lectura continuada de artigos de intervención co fin de capacitar aos estudantes para a redacción do TFG. Recoméndase seguir as normas de publicación da APA.
O alumnado disporá de dúas oportunidades por curso académico para a presentación e defensa do TFG, que elixirá de entre os tres períodos aprobados en Xunta de Facultade.
A defensa consistirá na presentación pública do traballo diante dun tribunal, mediante unha exposición oral (duración recomendada de 15 minutos) e a resposta ás preguntas e comentarios que o tribunal considere pertinentes.
Para obter unha información mais detallada de todos os aspectos relacionados coa realización, presentación e avaliación do TFG, pódese consultar o seguinte enlace:
http://www.usc.es/gl/centros/psicoloxia/tfgguia.html
Sistema de evaluaciónA avaliación das competencias adquiridas polo/a estudante realizarase tendo en conta diferentes momentos temporais e axentes avaliadores:
- Avaliacións realizadas polos titores:
- Inicial (5% da calificación final).
- De seguimento (15% da calificación final).
- De finalización (30% da calificación final).
- Avaliación realizada polo tribunal (50% da calificación final).
Cada un dos axentes avaliadores disporá dunha serie de instrumentos de avaliación orientados a facilitar e estandarizar o proceso de avaliación de todos os Traballos de Fin de Grao presentados.
A Comisión de Docencia, unha vez esgotada a última oportunidade de defensa, outorgará as cualificacións de Matrícula de Honra que correspondan tendo en conta o expediente académico dos estudantes.
Para obter unha información mais detallada de todos os aspectos relacionados coa realización, presentación e avaliación do TFG, pódese consultar o seguinte enlace:
http://www.usc.es/gl/centros/psicoloxia/tfgguia.html
Tempo de estudo e traballo persoalOs 6 créditos ECTS asignados ao Traballo de Fin de Grao, implican que o estudante ten que dedicar ao mesmo un total de 150 horas de traballo persoal entre as que se inclúen as seguintes tarefas:
- Asistencia ás reunións co/a titor/a.
- Desenvolvemento das diferentes tarefas do TFG, segundo a modalidade que se elixa para a realización do mesmo.
- Planificación, elaboración e redacción do informe final do TFG.
- Presentación e defensa pública, ante un tribunal, do informe final do TFG.
ObservaciónsPara realizar a solicitude de tema e titor/a, o/a alumno/a ten que estar matriculado no TFG. A matrícula ten como requisito ter pendentes como máximo 75 créditos para completar os estudos, incluídos os correspondentes ó TFG, e ter superados 150 créditos obrigatorios, entre eles todos os da primeira metada da Titulación.
Os/as estudantes que estean en situación de cumprir os requisitos no segundo semestre do curso, deben realizar igualmente a solicitude, asegurándose de marcar no formulario dispoñible ao efecto a seguinte opción:
"Aspiro a cumprir os requisitos para matricularme no TFG no 2º semestre".
Recoméndase a os/as estudantes que estean nesta situación que se matriculen no TFG no segundo prazo de matrícula.
Para poder presentar e defender o TFG será requisito ter superado a totalidad dos demais créditos do plan de estudos.
Os/as alumnos/as que desexen realizar o Traballo de Fin de Grao en consonancia co Prácticum, deberán asegurarse de elixir as propostas nas que figure como titor ou titora do TFG o titor/a academico/a que lles foi asignado no Prácticum.
A Comisión de Docencia da Facultade realizará a asignación de propostas, tendo en conta a preferencia manifestada no formulario de elección e tomando como criterios selectivos o expediente académico e a concordancia co Prácticum.