Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Psicoloxía  »  Información da Materia

G2011443 - Rehabilitación psicosocial en trastornos mentales crónicos (Materias optativas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 26.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 13.50
  • Total: 39.5

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
  • Áreas: Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
  • Centro: Facultade de Psicoloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
SANTIAGO MARIÑO, MARIA JOSE.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo P1-P5OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P2-P3OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P4-P6OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo ÚnicoOrdinarioClase ExpositivaSISI

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    1. Coñecer o propósito da rehabilitación psicosocial, o seu alcance en distintos ámbitos, e os seus problemas e limitacións.
    2. Saber identificar deterioraciones, discapacidades, e minusvalías.
    3. Coñecer o proceso de reforma psiquiátrica e a política asistencial actual.
    4. Coñecer as distintas áreas sobre as que se pode intervir en rehabilitación.
    5. Coñecer a nivel básico e xeral os instrumentos máis adecuados para cada área de intervención.
    6. Coñecer a nivel básico e xeral os procedementos adecuados para realizar propostas de intervención.
    7. Coñecer e aplicar a normativa ética propia da profesión e da investigación psicolóxica.
    Contidos
    PROGRAMA TEÓRICO

    TEMA 1. Concepto de cronicidad e características relacionadas. Introdución.
    Cronicidad. Características clínicas. Factores familiares. Factores sociais. Factores culturais. Resumen
    TEMA 2. Reforma psiquiátrica e política asistencial.
    Introdución. Etapas da reforma psiquiátrica en España. Obxectivos da reforma. Estruturas asistenciais. Avaliación da reforma. Resumo.
    TEMA 3. Fundamentos da rehabilitación psicosocial.
    Introdución. Antecedentes históricos. Concepto. Obxectivos. Resumo.
    TEMA 4. Avaliación funcional das intervencións en rehabilitación.
    Introdución. Aspectos diferenciais da avaliación en rehabilitación. Instrumentos de medida. Resumo.
    TEMA 5. Áreas implicadas na rehabilitación dos pacientes con trastornos mentais crónicos. (I).
    Introdución. Identificación das capacidades e deficiencias cognitivas e conductuales dos pacientes. Rehabilitación cognitiva. AVD. Manexo da medicación. Adestramento en HHSS. Resumen
    TEMA 6. Áreas implicadas na rehabilitación dos pacientes con trastornos mentais crónicos. (II).
    Introdución. Papel da familia no proceso de rehabilitación psicosocial. Rehabilitación laboral. Redes comunitarias de apoio. Resumo.


    O programa teórico complementarase con: Lecturas comentadas (artigos ou capítulos de libro), Seccións de vídeo comentadas e Discusión sobre algunhas das controversias actuais en Rehabilitación.

    Todo o material traballado na clase considerase materia de exame.
    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFÍA BÁSICA E COMPLEMENTARIA

    Bibliografía Básica

    Abad, A., Arroyo, JL., Blanco, M. y otros. (2000). Rehabilitación psicosocial y apoyo comunitario de personas con enfermedad mental crónica: programas básicos de intervención. Madrid: Consejería Servicios Sociales Comunidad de Madrid.

    Pastor, A., Blanco, A. y Navarro, D. (Coords.) (2010). Manual de rehabilitación del trastorno mental grave. Madrid: Síntesis.

    Rodríguez, A. (Coord.).(1997). Rehabilitación psicosocial de personas con trastornos mentales crónicos. Madrid: Pirámide.

    Bibliografía Complementaria

    Aldaz, J.A., y Vázquez, C. (Comps.) (1996). Esquizofrenia: fundamentos psicológicos y psiquiátricos de la rehabilitación. Madrid: Siglo XXI.

    Anthony, W., Cohen, M., & Farkas, M. (1994). Psychiatric Rehabilitation. Boston:Center Psychiatric Rehabilitation.

    Arias, P., Camps, C, Cifre, A. y otros (2002). Rehabilitación psicosocial del trastorno mental severo. Situación actual y recomendaciones. Madrid: Asociación Española de Neuropsiquiatría.

    Bedell, J.R. (Ed.) (1993). Psychological assessment and treatment of persons with several mental disorders. New York: Taylor & Francis.

    Bernardo, M. (2004). Que sabemos de la esquizofrenia. Guía para pacientes y familiares. Barcelona: Ars médica.

    Corrigan, P.W., Mueser, K., Bond, G. & Drake, R. (2008). Principles and practice of psychiatric rehabilitation. New York: Guilford Press.

    Fernández, J., Touriño, R., Benítez, N., y Abelleira, C. (Eds.) (2010). Evaluación en Rehabilitación Psicosocial. Valladolid: FEARP.

    Kuipers, E., Leff, J. y Lam, D. (2004). Esquizofrenia. Guía práctica de trabajo con las familias. Barcelona: Ed. Paidós.

    Liberman, R.P. (1993). Rehabilitación integral del enfermo mental crónico. Barcelona: Martínez Roca.

    Pratt,C.W., Gill, K.J., Barrett, N.M., & Roberts, M.M. (2006). Psychiatric Rehabilitation. London: Elsevier.

    Competencias
    1. Coñecer e comprender a natureza da rehabilitación e os seus principios para aplicalos á atención de persoas con problemas de saúde mental de longa duración nunha contorna comunitaria.
    2. Coñecer a realidade asistencial e social que rodea ás persoas con alteracións mentais crónicas.
    3. Coñecer as distintas áreas desde as que se pode intervir en rehabilitación para propiciar un funcionamento autónomo.
    4. Ser capaz de identificar habilidades, déficits e recursos dos usuarios.
    5. Saber seleccionar e administrar os instrumentos máis pertinentes segundo as distintas áreas de avaliación.
    6. Ser capaz de formular propostas para un plan de rehabilitación individualizado.

    Metodoloxía da ensinanza
    - As clases expositivas serven para introducir e guiar o desenvolvemento dos diferentes temas do programa. Preséntanse co apoio dos medios audiovisuais dispoñibles nas aulas.
    As presentacións dos temas realízanse sobre material dispoñible para os estudantes a partir de libros de textos, artigos, esquemas, resumos e apuntes.

    - As clases interactivas complementan os contidos teóricos e consisten na elaboración de comentarios críticos sobre textos, sesisones de debate dos seminarios, vídeos e/ou conferencias de profesionais invitados.
    Sistema de evaluación
    A avaliación levará a cabo tendo en conta as actividades desenvolvidas ao longo do cuadrimestre (informes de casos clínicos, comentarios críticos de lecturas especializadas, informes de sesións de debate), cun peso do 30% da cualificación final, no que se valorarán aspectos como a capacidade expositiva e/ou o dominio da terminología propia da disciplina, e a realización dun exame final que versará sobre todos os contidos traballados no aula cun peso do 70%.
    Para que a puntuación obtida nas actividades compute na cualificación final, o esudiante ten que aprobar o exame teórico.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    A materia consta de 4,5 créditos, o que corresponde a un total estimado de 112,5 h de traballo do/a estudante, que se estiman repartidas do seguinte xeito:

    Asistencia a actividades presenciais (docencia, avaliación): 40,5 h (ver distribución e obxectivos no epígrafe de "metodoloxía da ensinanza").

    Traballo non presencial: 72 h. Este deberá distribuirse na elaboración de informes de prácticas (aprox. 3 h), preparación previa das clases (aprox. 9 h) e a lectura e estudo de materiais (aprox. 60 h).
    Recomendacións para o estudo da materia
    Para o bo aproveitamento da materia o estudante debería ter coñecementos
    de procesos básicos, de psicopatología e de neuropsicología.