Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Psicoloxía  »  Información da Materia

G2011444 - Avaliación e tratamentos psicolóxicos na infancia e adolescencia (Materias optativas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 13.50
  • Horas de Titorías: 1.00
  • Total: 38.5

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
  • Áreas: Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
  • Centro: Facultade de Psicoloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
LOPEZ DURAN, ANA.NON
MARTINEZ PRADEDA, URSULA.NON
MIGUEZ VARELA, MARIA DEL CARMEN.NON
VAZQUEZ GONZALEZ, FERNANDO LINO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo P1OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P2OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P3-P4OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P5HorariosClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P6OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS14OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS15OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo ÚnicoOrdinarioClase ExpositivaSISI

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    CONTEXTUALIZACIÓN

    A materia Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos na Infancia e a Adolescencia está enfocada a adquirir coñecementos teóricos e aplicados básicos que permitan ao alumno adquirir unha serie de competencias (especifícanse nun apartado posterior) para levar a cabo a avaliación e o tratamento dos problemas psicolóxicos máis frecuentes nos nenos e os adolescentes. A materia configúrase de acordo a catro bloques: Introdución á avaliación e o tratamento psicolóxico na infancia e a adolescencia, Avaliación e tratamento psicolóxico dos trastornos internalizantes da infancia e a adolescencia, Avaliación psicolóxica e tratamento psicolóxico dos trastornos externalizantes da infancia e a adolescencia, e Avaliación e tratamento psicolóxico doutros problemas da infancia e a adolescencia.

    OBXECTIVOS
    1. Adquirir coñecementos, actitudes, e habilidades e destrezas sobre a avaliación dos principais problemas psicolóxicos en nenos e adolescentes.

    2. Adquirir coñecementos, actitudes, habilidades, e destrezas sobre o tratamento cognitivo-conductual dos principais problemas psicolóxicos en nenos e adolescentes.

    Contidos
    Bloque I: Introdución á avaliación e o tratamento psicolóxico na infancia e a adolescencia

    Tema 1. Intervención psicolóxica na infancia e a adolescencia
    Tema 2. O proceso terapéutico na infancia e a adolescencia


    Bloque II: Avaliación e tratamento psicolóxico dos trastornos internalizantes da infancia e a adolescencia

    Tema 3. Avaliación e tratamento psicolóxico dos trastornos de ansiedade
    Tema 4. Avaliación e tratamento psicolóxico na depresión

    Bloque III: Avaliación psicolóxica e tratamento psicolóxico dos trastornos externalizantes da infancia e a adolescencia

    Tema 5. Avaliación e tratamento psicolóxico dos problemas de conduta
    Tema 6. Avaliación e tratamento psicolóxico da hiperactividade

    Bloque IV: Avaliación e tratamento psicolóxico doutros problemas da infancia e a adolescencia

    Tema 7. Avaliación e tratamento psicolóxico nos trastornos da eliminación
    Tema 8. Avaliación e tratamento psicolóxico dos trastornos do sono
    Tema 9. Avaliación e tratamento psicolóxico dos trastornos de conduta alimentaria
    Tema 10. Avaliación e tratamento psicolóxico das condutas aditivas



    Bibliografía básica e complementaria
    Nota. Para cada tema proporcionarase nas clases a bibliografía máis axeitada.

    Bibliografía básica
    Caballo, V. y Simón, M. A. (2001). Manual de psicología clínica infantil y del adolescente: Trastornos generales. Madrid: Pirámide.
    Comeche, Mª. I. y Vallejo, M. A. (2011). Manual de terapia de conducta en la infancia. Madrid: Dykinson.
    Méndez, F.X. y Macià, D. (1990). Modificación de conducta con niños y adolescentes. Libro de casos. Madrid: Pirámide.
    Moreno, I. (2002). Terapia de conducta en la infancia: guía de intervención. Madrid: Pirámide.
    Servera, M. (2002). Intervención en los trastornos del comportamiento infantil: una perspectiva conductual de sistemas. Madrid: Pirámide
    Vallejo, M. A. (1998). Manual de terapia de conducta (Vol II). Madrid: Dykinson.

    Bibliografía complementaria
    Bragado, C. (1998). Encopresis. Madrid: Pirámide.
    Bragado, C. (1999). Enuresis infantil. Un problema con solución. Madrid: Pirámide.
    Buela-Casal G. y Sierra, J. (2001). Los trastornos del sueño: evaluación, tratamiento y prevención en la infancia y la adolescencia. Madrid: Pirámide.
    Echeburúa, E. (1998). Trastornos de ansiedad en la infancia (4ª. ed.). Madrid: Pirámide.
    Funes, J. (1996). Drogas y adolescentes. Madrid: Aguilar.
    Gavino, A. (1998). Problemas de alimentación en el niño: Manual práctico para su prevención y tratamiento (2ª. ed.). Madrid: Pirámide.
    Herbert, M. (1987). Los problemas de los niños. Una guía práctica para prevenirlos o tratarlos. Barcelona: Planeta.
    Larroy, C. y Puente, M.L. (1997). El niño desobediente. Estrategias para su control (3ª. ed). Madrid: Pirámide.
    Macià, D. (2002). Problemas cotidianos de la conducta en la infancia. Madrid: Pirámide.
    Macià, D. (2003). Un adolescente en mi vida. Madrid: Pirámide.
    Méndez, F. X. (1998). El niño que no sonríe: estrategias para superar la tristeza y la depresión infantil. Madrid: Pirámide.
    Méndez, F. X. (1999). Miedos y temores en la infancia. Madrid: Pirámide.
    Moreno, I. (1998). Hiperactividad: prevención, evaluación y tratamiento (3ª. ed.). Madrid: Pirámide.


    Competencias
    COMPETENCIAS ESPECÍFICAS

    Coñecemento (coñecer e comprender)
    • Incorporar os modelos condutual e cognitivo-conductual á comprensión do comportamento dos nenos e os adolescentes.
    • Incorporar algunhas das leis básicas que rexen o funcionamento dos distintos procesos psicolóxicos (aprendizaxe, motivación, emoción, etc.) ao tratamento psicolóxico en nenos e adolescentes.
    • Incorporar o coñecemento sobre os procesos e etapas do desenvolvemento psicolóxico ata a adolescencia tardía, en canto á súa normalidade e anormalidade, ao tratamento psicolóxico dos nenos e adolescentes.
    • Incorporar o coñecemento sobre as bases biolóxicas da conduta e das funcións psicolóxicas ao tratamento psicolóxico dos nenos e adolescentes.
    • Incorporar os principios psicosociais que interveñen no comportamento dos individuos ao tratamento psicolóxico dos nenos e adolescentes.
    • Incorporar os métodos e deseños de investigación e as técnicas de análise de datos propia da psicoloxía á análise da eficacia dos tratamentos psicolóxicos nos problemas psicolóxicos dos nenos e adolescentes.
    • Coñecer e comprender as particularidades dos distintos métodos de avaliación, diagnóstico e tratamento psicolóxico en nenos e adolescentes.

    Habilidades e destrezas
    • Identificar as necesidades e demandas dos nenos e adolescentes na esfera persoal, familiar, escolar, etc. e fixar os obxectivos terapéuticos relevantes para cada caso.
    • Identificar as características do comportamento dos nenos e adolescentes mediante a entrevista e outros procedementos da avaliación psicolóxica (observación, cuestionarios, etc.).
    • Desenvolver programas de prevención e promoción da saúde mental en nenos e adolescentes.
    • Seleccionar e aplicar técnicas de diagnóstico, avaliación e tratamento psicolóxico a distintos problemas psicolóxicos dos nenos e adolescentes.
    • Definir os obxectivos terapéuticos, seleccionar as técnicas idóneas en cada caso, planificar e estruturar o curso e desenvolvemento do tratamento, e avaliación dos resultados obtidos.
    • Comunicar de forma apropiada ao neno/adolescente os resultados da súa avaliación, así como aos seus pais ou os seus titores legais.
    • Ler comprensivamente e extraer información relevante de casos clínicos sobre distintos problemas psicolóxicos en nenos e adolescentes, e comunicala por escrito aos clientes, aos seus pais e aos distintos profesionais (psiquiatra, mestre, etc.).
    • Identificar aspectos éticos e deontolóxicos implicados na práctica terapéutica con nenos e adolescentes.

    Metodoloxía da ensinanza
    Sesións expositivas. Realizaranse un total de 24 sesións dunha hora. A súa finalidade será a de introducir os contidos teóricos fundamentais dos temas do programa. Utilizaranse materiais de apoio que sexan pertinentes e estean dispoñibles. Así mesmo, nestas sesións facilitarase a bibliografía básica para traballar cada tema.

    Sesións interactivas. A súa finalidade é realizar distintas actividades aplicadas relacionadas cos temas da materia. Os contidos das sesións traballaranse con análise de casos clínicos e outras actividades prácticas (xogo de roles, análise de textos, informes, vídeos, etc.)

    Sesións titoriais. Realizaranse en pequenos grupos co obxecto de aclarar dúbidas sobre cuestións concretas.

    Traballo non presencial do alumno. Os alumnos deberán dedicar un tempo á lectura dos materiais das clases expositivas e interactivas, así como á preparación das actividades prácticas realizadas nas sesións interactivas.

    Soporte da materia a través das TIC. A maioría dos materiais que se utilicen nas clases estarán a disposición dos alumnos a través do Campus Virtual da USC (nalgúns casos tamén estarán dispoñibles no servizo de reprografía).


    Sistema de evaluación
    Avaliación dos coñecementos. Levarase a cabo cun exame tipo test de 40 preguntas e tres opcións de resposta por pregunta, das cales só unha é a verdadeira. A corrección do exame segue a fórmula [n.º de acertos - (n.º de erros/ 2)].

    Asistencia a clases prácticas (sesión interactivas) e exposición e entrega por escrito de análise de casos clínicos e doutras actividades prácticas. Os alumnos terán que facer en grupo traballos relacionados coa análise de casos clínicos e doutras actividades prácticas.

    A cualificación final será a suma das notas obtidas na avaliación dos coñecementos e na realización de análise de casos clínicos e doutras actividades prácticas, coa seguinte ponderación: 70% avaliación dos coñecementos e 30% casos clínicos e outras actividades prácticas.

    Nota. Os alumnos de intercambio están exentos de asistencia. A avaliación dos contidos teóricos e prácticos farase a través dun exame con preguntas de resposta curta.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Esta materia consta de 4,5 créditos, o que supón un total de 112,5 horas de traballo do alumno, que se distribúen do seguinte xeito:

    - Aproximadamente 39,5 hora a actividades presenciais (docencia e avaliación).
    - Aproximadamente 73 horas de traballo non presencial; 48 horas para a lectura e estudo dos materiais e 25 horas para a preparación de casos clínicos e outras actividades.

    Recomendacións para o estudo da materia
    - Asistir regularmente ás actividades presenciais da materia
    - Participar e implicarse activamente nas clases.
    - Levar ao día a materia e realizar as actividades que se programen.
    - Asistencia a titorías para asesoramento e resolución de dúbidas.

    Observacións
    REQUISITOS PREVIOS

    Recoméndase que o alumno teña coñecementos sobre Psicoloxía do desenvolvemento, Psicopatoloxía xeral e/ou infantil, Avaliación psicolóxica e Técnicas de intervención cognitivo-condutual. Estes coñecementos non son imprescindibles, pero serán de axuda para unha máis doada comprensión da materia.