G2011445 - Avaliación do desenvolvemento (Materias optativas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 13.50
- Horas de Titorías: 1.00
- Total: 38.5
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Centro: Facultade de Psicoloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia• Identificar as características, obxectivos e fases do proceso de avaliación e diagnóstico do desenvolvemento psicolóxico.
• Coñecer e valorar criticamente as propiedades, estrutura, e aplicacións das principais ferramentas existentes para a avaliación e diagnóstico do desenvolvemento psicolóxico nos diferentes períodos evolutivos.
• Planificar as fases dun proceso de diagnóstico concreto e tomar decisións sobre os instrumentos máis axeitados para cada caso.
• Coñecer os instrumentos de diagnóstico existentes adaptados a circunstancias excepcionais.
• Coñecer a estrutura e contidos dun informe de avaliación.
• Saber elaborar un informe do desenvolvemento psicolóxico e interpretar axeitadamente os seus resultados
ContidosTEMA 1: A avaliación do desenvolvemento: principios xerais
1.1 O proceso de avaliación do desenvolvemento. Características específicas, fases e ámbitos
1.2 Principais técnicas e instrumentos de diagnóstico: Entrevista. Observación. Probas estandarizadas.
1.3 Principios éticos que deben guiar o diagnóstico.
TEMA 2: Avaliación do desenvolvemento na primeira infancia.
2.1 Obxectivos e ámbitos da avaliación neste período.
2.2 Avaliación neuroconductual do neonato: escalas e inventarios.
2.3 Técnicas e instrumentos para a avaliación do desenvolvemento psicomotor, cognitivo, da comunicación e a linguaxe, do temperamento, e do desenvolvemento emocional e social.
2.4 Avaliación do medio familiar e as prácticas de crianza.
2.5 A avaliación do desenvolvemento en circunstancias excepcionais.
TEMA 3: Avaliación do desenvolvemento nos anos preescolares.
3.1 Obxectivos e ámbitos da avaliación neste período.
3.2 Técnicas e instrumentos para a avaliación o desenvolvemento psicomotor, cognitivo, lingüístico, comportamental, afectivo e social.
3.3 Avaliación do contexto e dos modelos educativos familiares.
3.4 Avaliación do medio escolar.
3.5 A avaliación do desenvolvemento en circunstancias excepcionais.
TEMA 4: Avaliación do desenvolvemento da idade escolar e a adolescencia.
4.1 Obxectivos e ámbitos da avaliación neste período.
4.2 Técnicas e instrumentos para a avaliación do desenvolvemento psicomotor, cognitivo, da linguaxe, persoal, afectivo e social.
4.3 Avaliación do medio e da adaptabilidade familiar.
4.4 Avaliación do medio escolar.
4.5 A avaliación do desenvolvemento en circunstancias excepcionais.
Bibliografía básica e complementariaBarrio, V. d. (Ed.). (2002). Evaluación psicológica en la infancia y la adolescencia. Madrid: Universidad Nacional de Educación a Distancia.
Buela-Casal, G., & Sierra, J. C. (Eds.). (1998). Manual de evaluación psicológica. Madrid: Siglo XXI de España Editores.
Moreno-Rosset, C. (Ed.). (2005). Evaluación psicológica. Concepto, proceso y aplicación en las áreas del desarrollo y de la inteligencia. Madrid: Sanz y Torres.
Puyuelo, M.; Rondal, J.A. & Wigg, E. (2000). La Evaluación del lenguaje. Barcelona: Masson.
Sattler, J. M. (2008). Assessment of Children: Cognitive Foundations, Fifth Edition. San Diego: Jerome M. Sattler Publisher.
Silva-Moreno, F. (Ed.). (1995). Evaluación psicológica en niños y adolescentes. Madrid: Editorial Síntesis.
Soprano, A. M. (2003). Evaluación de las funciones ejecutivas en el niño. Revista de Neurología, 37(1), 44-50.
CompetenciasXerais:
• Achegamento máis específico ao ámbito de especialización da intervención no desenvolvemento e a educación.
• Iniciación na adquisición de competencias de índole aplicada, desde o respecto aos principios éticos e deontolóxicos da profesión.
• Integración dos coñecementos e destrezas adquiridas ao longo do Grao para achegarse a problemas e cuestións de índole psicolóxica.
• Identificación das necesidades e demandas dos destinatarios; a valoración das súas características relevantes; a selección e administración das técnicas e instrumentos adecuados.
Específicas:
• Coñecemento do proceso de avaliación do desenvolvemento.
• Coñecemento e manexo dos diferentes métodos, técnicas e instrumentos de avaliación do desenvolvemento dos individuos.
• Saber valorar e interpretar os resultados da aplicación de instrumentos de avaliación, identificando o grao de desenvolvemento dos individuos en relación ás súas normas de idade.
• Saber elaborar un informe de avaliación.
Transversais:
• Adquirir hábitos de traballo sistemático e distribuído ao longo do curso.
• Lograr nos alumnos e alumnas unha maior autonomía na organización do traballo de investigación e orientado ao exercicio profesional.
• Desenvolver nos alumnos e alumnas capacidades da traballo en equipo.
• Desenvolver nos alumnos e alumnas capacidades de síntese, organización, elaboración e exposición dos contidos.
Metodoloxía da ensinanza Nas clases teóricas expoñeranse os contidos esenciais do programa que se complementarán coa presentación de DVDs sobre algunhas probas de avaliación.
Nas clases prácticas se familiarizará aos alumnos cos diferentes instrumentos e técnicas de avaliación do desenvolvemento para a súa posterior aplicación. A súa vez, poderán iniciarse na toma de decisións, no análise de resultados e na elaboración de xuízos clínicos a través do estudo de casos prácticos. Preténdese con elo que os alumnos adquiran competencias para manexar axeitadamente os diferentes instrumentos de avaliación do desenvolvemento e elaborar informes coherentes que constitúan unha base para a intervención.
Sistema de evaluaciónO sistema de avaliación descansará en exames teóricos nos que se valorarán os coñecementos adquiridos polos alumnos cun un peso non superior ao 75%. Para a avaliación dos coñecementos adquiridos haberá dúas probas de avaliación formativa ou continua e un exame final. A avaliación complementárase co informe das prácticas realizadas que deben presentar os alumnos, e que terá un peso non superior ao 25% da cualificación total.
Tempo de estudo e traballo persoalTempo de estudo e lectura dos materiais: 44,50.
Realización das prácticas e elaboración do informe corresponden: 30,00.
Total horas de traballo persoal: 74,50
Recomendacións para o estudo da materiaSon necesarios coñecementos previos do desenvolvemento psicolóxico, tanto nun sentido normativo como das dificultades e trastornos que se poden presentar no seu transcurso.
Observacións