Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Psicoloxía  »  Información da Materia

G2011447 - Orientación e intervención psicoeducativa (Materias optativas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 13.50
  • Horas de Titorías: 1.00
  • Total: 38.5

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
  • Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
  • Centro: Facultade de Psicoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Tinajero Vacas, Carolina.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo P1-P2OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P3-P4OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo ÚnicoOrdinarioClase ExpositivaSISI

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Os obxectivos que nos propoñemos lograr atenden adquisición de coñecementos teóricos sobre os contidos que nela se engloban e de habilidades de aprendizaxe e aplicación de ditos coñecementos, así como á adopción de certas disposicións valorativas. En particular, é a nosa intención que os alumnos/as cheguen a:

    • Asimilar as nocións centrais das elaboracións teóricas preponderantes sobre a orientación e intervención psicoeducativa. Sacar á luz as propias concepcións e contrastalas con ditas elaboracións.
    • Iniciarse no emprego de técnicas de avaliación e tratamento psicolóxico no ámbitos de actuación psicoeducativa.
    Familiarizarse con algúns programas de orientación e intervención psicoeducativa con ampla aceptación e respaldo teórico e empírico.
    • Adoptar pautas e criterios de decisión sobre as estratexias de orientación e intervención psicoeducativa.
    • Aplicar estratexias de orientación e intervención educativa adaptándose ás demandas dos destinatarios e ó seu contexto.
    • Tomar conciencia do papel do psicólogo na optimización do desenvolvemento psicolóxico e a promoción da aprendizaxe.
    • Facerse sensible á diferenzas individuais nos procesos de desenvolvemento psicolóxico e aprendizaxe.


    Contidos
    A organización dos contidos articúlase en torno a nueve unidades temáticas. Na primeira introdúcese un análise dos modelos teóricos de orientación e intervención de maior impacto na investigación e práctica psicoeducativa e se revisan as formulacións mais recentes. A continuación, se introduce un recorrido polas diferentes vertentes e ámbitos de aplicación da psicoloxía desde a perspectiva psicoeducativa.

    Os contidos distribúense nas seguintes unidades:

    1. Fundamentos teóricos da orientación e intervención psicoeducativa.
    2. A optimización do desenvolvemento psicolóxico.
    3. O apoio ó proceso de ensinanza-aprendizaxe.
    4. A orientación profesional.
    5. A atención á diversidade.
    6. A avaliación psicoeducativa.
    7. Elaboración de informes psicoeducativos.
    8. Métodos de intervención psicoeducativa.
    9. A orientación e intervención psicolóxica no sistema educativo.

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica

    Álvarez, M. y Bisquerra, R. (2012). Manual de orientación y tutoría. Modelos, áreas, estrategias y recursos. Barcelona: Praxis.
    Arencibia, J.S. (2002). Modelos de orientación e intervención psicopedagógica. Las Palmas: Univ. de Las Palmas de Gran Canaria.
    González-Pienda, J.A., González-Cabanach, R., Núñez, J.C. y Valle, A. (Coords.) (2002). Manual de psicología de la educación. Madrid: Pirámide.
    Grañeras, M. y Parras, A. (2008). Orientación educativa: fundamentos teóricos, modelos institucionales y nuevas perspectivas. Madrid: CIDE.
    Lledó, A.I. (Coord.) (2007). La orientación educativa desde la práctica. Sevilla: Ecoem.
    Sanchiz, M.L. (2009). Modelos de orientación e intervención psicopedagógica. Castellón: Universistat Jaume I.
    Viguer, P. (2004). Optimización evolutiva. Fundamentos del desarrollo óptimo. Madrid: Pirámide.

    Bibliografía complementaria

    Álvarez, L., González-Pienda, J.A., González-Castro, P. e Núñez, J.C. (2007). Prácticas de Psicología de la Educación. Evaluación e Intervención Psicoeducativa. Madrid: Pirámide.
    Ayala, C. e Galve, J.L. (2001). Evaluación e informes psicopedagógicos. Madrid: CEPE.
    Fernández-Gálvez, J.D. (2005). La orientación educativa: claves del éxito profesional. Buscando la magia del mago sin magia. Granada: Grupo Editorial Universitario.
    González-Pienda, J.A., Núñez-Pérez, J.C., Álvarez-Pérez, L. e Soler-Vázquez, E. (Coords.) (2002). Estrategias de aprendizaje: concepto, evaluación e intervención. Madrid: Pirámide.
    López, F. (2008). Necesidades en la infancia y la adolescencia. Madrid: Pirámide.
    Martín, E. e Mauri, T. (2011). Orientación educativa. Atención a la diversidad y educación inclusiva. Barcelona: Graó.
    Martín, E. e Onrubia , J. (2011). Orientación educativa. Procesos de innovación y mejora de la enseñanza. Barcelona: Graó.
    Martín, E. e Solé, I. (2011). Orientación educativa. Modelos y estrategias de intervención. Barcelona: Graó.
    Monereo, C. (Coord.) (2000). Estrategias de aprendizaje. Madrid: Visor.
    Monereo, C. e Solé, I. (Coords.). El asesoramiento psicopedagógico: una perspectiva profesional y constructivista. Madrid: Alianza.
    Olivares, J. Macià, D., Olivares P.J. e Rosa, A.I. (2012). El ejercicio de la psicología aplicada. La profesión de psicólogo. Madrid: Pirámide.
    Pozo, J.I. (2008). Aprendices y maestros. Madrid: Alianza.
    Vaello, J. (2011). Cómo dar clase a los que no quieren. Barcelona: Graó.

    Competencias
    Competencias específicas

    • Coñecer as contribucións e limitacións dos distintos modelos teóricos da Psicoloxía na súa aplicación ó ámbito psicoeducativo
    • Coñecer os principais métodos de avaliación, diagnóstico e tratamento psicolóxico no ámbito psicoeducativo
    • Identificar as demandas dos destinatarios e establecer as metas da orientación e intervención psicoeducativa
    • Identificar as características relevantes do comportamento dos individuos e o seu contexto mediante técnicas e instrumentos psicoeducativos
    • Promover o desenvolvemento psicolóxico saudable e a aprendizaxe no ámbito psicoeducativo
    • Seleccionar e aplicar técnicas e instrumentos de intervención psicoeducativa
    • Deseñar e aplicar programas de intervención psicoeducativa
    • Comunicar os resultados da avaliación psicoeducativa adecuándose ó destinatario
    • Elaborar informes psicoeducativos
    • Axustarse ás obrigas deontolóxicas da psicoloxía

    Competencias transversais

    • Análise e síntese
    • Comunicación
    • Desenvolvemento e mantemento actualizado das destrezas e coñecementos propios da profesión


    Metodoloxía da ensinanza
    A nosa proposta docente inclúe leccións expositivas, seminarios, lecturas complementarias, prácticas, autoavaliacións y titorías en grupo reducido. No apartado “Tempo de estudio e traballo persoal” inclúese información sobre as características de todas estas actividades, así como do tempo estimado de traballo que requiren ó alumno.

    Prevese a realización dunha práctica de campo, condicionada pola obtención de subvención, consistente na visita as instalacións da Asociación A.N.D.R.E.A. Esta entidade, especializada en intervención psicolóxica asistida con asnos, organizaría unha xornada de aproximación á metodoloxía utilizada nos seus programas.

    Os alumnos disporán dos materiais necesarios para seguir o desenvolvemento da materia no Campus Virtual da USC.

    Con referencia as titorías individuais, os alumnos poderán entrevistarse coas profesoras para realizar consultas e recibir orientación sobre os seus traballos de curso, o temario, as prácticas, etc. O horario establecido de atención a alumnos será de máxima dispoñibilidade, salvo en casos excepcionais en que outras actividades académicas o impidan.

    Sistema de evaluación
    A avaliación descansará nun exame e nos informes dos seminarios e as prácticas.

    O exame constará de preguntas de resposta alternativa e preguntas abertas. A contestación de estas últimas, valorarase tendo en conta pertinencia e claridade expositiva.

    Para cada tarefa individual e de grupo proporcionarase un dossier cos materiais necesarios, as instrucións de realización e os criterios de avaliación. Como pauta xeneral, os traballos deben contemplar: a contextualización teórica das tarefas, a descrición da actividade realizada en clase e/ou individualmente e os datos/resultados obtidos, así como un comentario de todo isto, intentando conectar a experiencia cos coñecementos adquiridos.

    A cualificación final do alumno será a media ponderada de las notas obtidas nas distintas actividades. O peso do exame en dito cómputo será o 60%, o dos seminarios o 20% e o dos informes de prácticas o 20% restante.

    Controlarase a asistencia ás actividades que requiran do traballo en clase por parte do alumnado como modo de asegurar a súa contribución aos respectivos informes individuais ou de grupo; non obstante, os estudantes que participen nalgún programa de mobilidade poderán realizar as tarefas programadas en modo non presencial.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    Sesións expositivas
    As profesoras explican os fundamentos teóricos. Os alumnos asimilan a información e toman apuntes, formulan dúbidas, consolidan o aprendido mediante lecturas complementarias.
    Horas de clase: 24
    Horas de traballo persoal do estudante: 24

    Seminarios
    As profesoras presentan obxectivos, orientan, titorizan en clase o traballo. Os alumnos traballan individualmente e en grupo (analizan, integran, comparan distintos documentos/fontes de información), intercambian opinións co resto da clase, presentan por escrito o traballo.
    Horas de clase: 6
    Horas de traballo persoal do estudante: 15

    Prácticas
    As profesoras presentan obxectivos, orientan, titorizan en clase o traballo. Os alumnos ensaian estratexias, aplican, corrixen e interpretan probas de avaliación, analizan casos, realizan informes.
    Horas de clase: 7,5
    Horas de traballo persoal do estudante: 15

    Autoavaliación
    As profesoras orientan. Os alumnos formulan preguntas relevantes sobre los conteidos de cada unidade temática e establecen as súas respostas.
    Horas de clase: 1
    Horas de traballo persoal do estudante: 4

    Titorías en grupo reducido
    As profesoras orientan e revisan o seguimento da materia e a realización de tarefas individuais e de grupo. Os alumnos formulan dúbidas e dificultades.
    Horas de clase: 1
    Horas de traballo persoal do estudante: 1

    Examen
    Horas de traballo persoal do estudante: 15

    TOTAL = 112,5 horas
    Horas de clases teóricas: 24
    Horas de clases interactivas: 13,5
    Horas de titoría en grupo: 1
    Horas de traballo persoal do estudante: 74

    Recomendacións para o estudo da materia
    • Implicación activa na dinámica de clase.
    • Realización puntual de traballos individuais e de grupo.
    • Seguimento continuado da materia.
    • Integración da información manexada nas distintas actividades presenciais e non presenciais.
    • Procura de claridade e organización conceptual dos coñecementos obtidos na materia.