Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Psicoloxía  »  Información da Materia

G2011448 - Introdución á xestión e desenvolvemento de recursos humanos (Materias optativas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 13.50
  • Horas de Titorías: 1.00
  • Total: 38.5

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
  • Áreas: Psicoloxía Social
  • Centro: Facultade de Psicoloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
IGLESIAS CRIADO, M. DEL MAR.SI
SALGADO VELO, JESUS FERNANDO.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo P1-P5-P6OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P2-P3-P4OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo ÚnicoOrdinarioClase ExpositivaSISI

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo da materia é que os alumnos coñezan como se poden xestionar os recursos humanos nas organizacións e como se poden enfrontar as persoas aos problemas e situacións que se lle poden presentar neste ámbito. Todo iso dende unha perspectiva moi xeral dado o carácter introdutorio da materia. Os alumnos deberán distinguir as funcións que ten o departamento de recursos humanos dentro da organizacións e como se xestiona a forza laboral dende este e en consonancia coas estratexias organizacionales. Outro obxectivo importante é que os alumnos se familiaricen con algunhas ferramentas e técnicas necesarias para entender e xestionar o comportamento dentro das organizacións.
    Contidos
    1. INTRODUCIÓN E FUNDAMENTO DA XESTIÓN DE RECURSOS HUMANOS
    1.1. Que é a xestión de Recursos Humanos?
    1.2. Os Recursos Humanos dentro da Organización
    1.3. Esixencias e retos presentes e futuros dos recursos humanos
    1.4. Áreas de intervención en Recursos Humanos

    2. O TRABALLO E O TRABALLADOR
    2.1. O traballo:
    - Análise de postos
    - Xestión do traballo flexible
    2.2. A diversidade dos traballadores
    - ¿Que é a diversidade? e ¿que é a xestión da diversidade?
    - Igualdade de oportunidades

    3. A SELECCIÓN E AVALIACIÓN DE RECURSOS HUMANOS.
    3.1. Principios da selección de persoal
    3.2 Recrutamento
    3.3 O proceso de selección de persoal
    3.4 Os instrumentos de selección de persoal

    4. AVALIACIÓN DO DESEMPEÑO
    4.1 O desempeño laboral
    4.2 Obxectivos da avaliación do desempeño
    4.3 Métodos de avaliación do desempeño
    4.4 Sesgos na avaliación do desempeño

    5. DESENVOLVEMENTO DE PERSOAL
    5.1. Necesidades individuais de desenvolvemento
    5.1. Formación do persoal
    5.2. Desenvolvemento de carreiras

    6. RETRIBUCIÓN E COMPENSACIÓN.
    5.1. Obxectivos da compensación.
    5.2. Avaliación de postos.
    5.6. Problemas da compensación.

    7. A REESTRUTURACIÓN DA PLANTILLA E A REGULACIÓN DO EMPREGO
    7.1 Que é a ruptura laboral
    7.2 Costos e beneficios da ruptura laboral
    7.3 Tipos de ruptura laboral
    7.4 A xestión do despido e da redución de plantilla


    Bibliografía básica e complementaria
    Bonache, J. y Cabrera, A. Dirección Estratégica de Personas. Madrid: Prentice-Hall, 2008.
    Chiavenato, I. Administración de recursos humanos : el capital humano de las organizaciones. México : McGraw-Hill. 2011
    Dessler, G. Administración de Recursos Humanos. Mexico : Pearson, 2009
    Gómez-Mejía y otros: Dirección y Gestión de Recursos Humanos. Madrid: Prentice-Hall, 2008
    Landy, F. J y Conte, J.M. Psicología industrial. México : McGraw Hill. 2005
    Mondy, R.W. Administración de Recursos Humanos. México : Prentice Hall International, 2010
    Spector, P. Psicología Industrial y Organizacional. Investigación y práctica. México: Manual Moderno 2002.

    Competencias
    XENERAIS: Coñecer a importancia que os recursos humanos teñen no conxunto da organización hoxe en día. Coñecer os factores sociais, económicos e sociais que inflúen na xestión de RRHH. Coñecer cales son as diferentes áreas ou ámbitos de intervención da xestión dos recursos humanos (p. ex., selección, formación).
    ESPECÍFICAS: Capacidade para comprender a relación dos recursos humanos con outros ámbitos dentro das organizacións. Capacidade comprender, integrar e establecer as relacións entre as diferentes áreas que abrangue a xestión de RRHH. Coñecer e diferenciar todos aqueles conceptos relacionados coa xestión dos recursos humanos nas organizacións.

    Metodoloxía da ensinanza
    As clases expositivas e prácticas están orientadas á capacitación dos estudantes respecto á adquisición dos coñecementos relativos ós contidos da materia, así como das técnicas e métodos de aplicación. Para iso, o profesor explicará os diferentes temas apoiado en material audiovisual e ferramentas TIC. As clases prácticas serán de varios tipos: (1) Análises de casos e simulacións para poñer en práctica os conceptos aprendidos nas clases expositivas e adquirir as competencias específicas (a nivel elemental) necesarias para superar a materia. (2) Dinámicas de grupo pequeno nas que, ademais de desenvolver as competencias específicas relacionadas directamente cos contidos da materia, os estudantes practicarán as habilidades de comunicación oral.

    As titorías supoñen unha relación directa e presencial, para un asesoramento continuo e a afondamento nos contidos teóricos, prácticos do traballo do estudante, así como atender dúbidas.

    As actividades de avaliación teñen unha dobre cara; dun lado, as actividades de avaliación continua, xunto coas titorías de traballo de curso, permitiranlle ó alumno ter unha retroalimentación constante da súa progresión ó longo do curso, respecto ó seu grado de adquisición de competencias tanto relativas a coñecementos, como a técnicas e actitudes; mentres que, os exames parciais e o final, tratarán de avaliar o nivel dos coñecementos adquiridos polo individuo respecto ós contidos dos temas incluídos no programa da materia.
    Sistema de evaluación
    A asistencia ás clases interactivas e expositivas é obrigatoria

    Exame: O exame final valerá o 70% da cualificación final do alumno. Nel se avaliarán os coñecementos teóricos e prácticos impartidos na materia.

    Avaliación continua: Valerá o 30% da cualificación final. A avaliación desta parte farase en función do desempeño dos alumnos en cada unha das actividades realizadas ó longo da materia (prácticas, traballos, lecturas).

    INDEPENDENTEMENTE DO ANTERIOR, SEMPRE SERÁ NECESARIO OBTER UNHA PUNTUACIÓN MÍNIMA DE 4.5 PUNTOS (SOBRE DEZ) NO EXAME PARA PODER APROBAR A MATERIA.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    Estímase que o alumno precisará de unhas setenta horas de traballo de estudio e persoal, repartido entre estudio persoal, realización de traballos individuais ou en grupos, preparación de presentacións e realización de lecturas.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Os alumnos deberán levar a materia ó día, tanto no que se refire as clases expositivas como prácticas.