Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Psicoloxía  »  Información da Materia

G2011450 - Intervención e prevención en contextos de violencia (Materias optativas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 26.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 11.50
  • Horas de Titorías: 1.00
  • Total: 38.5

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
  • Áreas: Psicoloxía Social
  • Centro: Facultade de Psicoloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
ALZATE GARCIA, MONICA.NON
Sabucedo Cameselle, Jose Manuel.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo P1OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P2OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P3-P6OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P4OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P5HorariosClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS14OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS15OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo ÚnicoOrdinarioClase ExpositivaSISI

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Mostrar os procesos psicosociais básicos que activan as percepcións, actitudes e crenzas que facilitan a expresión de diferentes formas de violencia
    - Expoñer a relevancia da perspectiva psicosocial nas diferentes formas de violencia interpersoal e intergrupal
    -Explicar diferentes estratexias de prevención e intervención nas distintas formas de violencia
    Contidos
    Aproximación conceptual ao problema da violencia
    1.- Os diferente rostros da violencia
    Dimensións persoais, sociais e culturais da violencia. Contextos da Violencia. Niveis de prevención e intervención.
    Violencia interpersoal e en grupo
    2.- Violencia de xénero
    Concepto e tipos. Crenzas sobre a muller e violencia. Programas de Prevención. Niveis de Intervención.
    3.- Situacións de acoso nas aulas e o traballo.
    Modalidades e tipos. Prevención. Intervención en situacións de acoso.
    4.- Violencia en grupo.
    Contextos de violencia en mozos. Grupos, identidades e violencia xuvenil. Programas de intervención social.
    Violencia social e política
    5.- Causas e prevención dos crimes de obediencia.
    Do experimento de Stanford ao cárcere de Abril Graib. O poder da situación. Estratexias fronte ás influencias contextuais.
    6.- Violencia política e terrorismo.
    Conflito e violencia política. Crenzas lexitimadoras da violencia. Prevención e estratexias de negociación. Apoio ás vítimas e reconstrución social.

    Contido para as sesións interactivas-seminarios
    Están planificadas 8 sesións de hora e media de duración cada unha, que se realizará ao longo de 8 semanas.

    1. Causas e rostros da violencia (1 sesión)
    2. Cultura de honra, ideoloxía e intervención en violencia de xénero (2 sesións)
    3. Violencia en grupo (2 sesións)
    4. Medios de comunicación e violencia (1 sesión)
    5. violencia política e terrorismo (2 sesións)

    As sesións interactivas farán uso de material audiovisual, textos, instrumentos de avaliación e programas de prevención e intervención.
    Bibliografía básica e complementaria
    Manual Básico:

    Sabucedo, J.M. y Sanmartín, J. (2007). Los escenarios de la violencia. Barcelona: Ariel

    Material complementario:

    Baron, R.A. y Byrne, D.(2008): Agresión: su naturaleza, causas y control. En R.A. Baron y D. Byrne .Psicología Social , Madrid: Pearson, pp. 445-485


    Arias, A. (2007). Psicología Social de la Agresión. En J.F. Morales, M. Moya E. Gaviria, e I. Cuadrado. Psicología social (3º edición). Madrid: McGraw Hill, pp. 415-440

    Concepción Fernández- Villanueva(ed). (1998). Jóvenes violentos. causas psicosociológicas de la violencia en grupo. Barcelona: Icaria-Antrazyt

    Ruiz-Jarabo, C.(2004). la violencia contra las mujres. Prevención y detección. Madrid: Díaz de Santos

    Competencias
    Xenerais:

    - Que os/as estudantes coñezan as bases teóricas e conceptuais que interveñen no comportamento dos individuos,grupos e organizacións

    - Que os/as estudantes sexan capaces, a nivel básico, de aplicar estratexias e métodos de intervención en diferentes contextos de violencia

    -Que os/as estudantes se axusten aos requirimentos deontolóxicos da nosa disciplina

    Específicas

    - Que os/as estudantes coñezan a relevancia da perspectiva psicosocial na explicación dos distintos rostros da violencia.

    -Que os/as estudantes sexan capaces de identificar diferentes situacións de risco de violencia en distintos contextos

    - Que os/as estudantes sexan capaz, a un nivel básico, de avaliar e deseñar estratexias de prevención e intervención nos diferentes contextos de violencia.

    - Que os/as estudantes orienten a súa actuación profesional polos valores de respecto e igualdade.
    Metodoloxía da ensinanza
    Se combinarán as seguintes metodoloxías:

    Sesións expositivas (26 sesións de 60 minutos). Nelas farase fincapé nos contidos relevantes para cada tema teórico, co apoio de material audiovisual existentes na aula.

    Sesións interactivas-seminarios (8 sesións de 90 minutos cada unha). Estas actividades resaltarán o traballo en grupo para fomentar tanto a discusión sobre a problemática psicosocial como para ampliar o coñecemento que se expón nas sesións teóricas.

    Titorías (2 sesións de 30 minutos cada unha). Nestas sesións comprobarase a compresión das problemáticas formuladas nas sesións anteriores e ampliaranse algúns conceptos e ideas.
    Sistema de evaluación
    Farase unha avaliación continua que supoñerá o 85% da cualificación final. Aquí inclúense os diferentes controis formativos e o exame oficial que se realizarán en data aprobada pola Xunta de Facultade


    Parte interactiva:

    Requírese unha asistencia mínima a 6 das sesións interactivas programadas. A sua evalución, que supoñerá un 10% da cualificación final, farase en función da asistencia ás sesións, o traballo desenvolvido nestas e a avaliación que se fará no exame oficial en data aprobada pola Xunta de Facultade.


    Titorías:

    Require tanto tarabajo individual coma grupal (grupos reducidos), Esto supoñerá un 5% da cualificación final.

    A avaliación dos/as estudantes que estean en programas de intercambio e, por iso, non poidan asistir ás actividades programadas, eximiráselles da asistencia a estas.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    O/a estudante debe dedicar un total de 110 horas, das cales 42 serán presenciais e 67,5 de traballo persoal