Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Psicoloxía  »  Información da Materia

G2011451 - Psicoloxía e xénero (Materias optativas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.75
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Horas de Titorías: 2.25
  • Total: 39.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía, Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
  • Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Psicoloxía Social, Psicoloxía Básica
  • Centro: Facultade de Psicoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
ARCE FERNANDEZ, RAMON.NON
BERNAL RIVAS, MARIA DEL MAR.SI
FACAL MAYO, DAVID.NON
LEIROS LOBEIRAS, LUZ ISABEL.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo P1-P2(2)OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P3-P2(1)OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P4OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo ÚnicoOrdinarioClase ExpositivaSISI

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    1. Cognitivos
    Estudiar e analizar os procesos relacionados coa construcción da identidade de xénero dende a perspectiva da Psicoloxía do Desenvolvemento.
    Estudiar e analizar a problemática do envellecemento dende a perspectiva de xénero.
    Analizar as actitudes sexistas e a violencia de xénero.
    Introducir ao alumno na análise da perspectiva de xénero no eido laboral.
    Aproximar aos alumnos a un coñecemento específico da psicoloxía de xénero, abordando os temas relacionados cos procesos evolutivos, cognitivos, de saude, psicosociais e conductuais dende esta perspectiva.

    2. Procedimentais
    Desenvolver nos alumnos a capacidade de analizar e identificar na infancia e na adolescencia conductas estereotipadas na elección dos amigos en función do xénero.
    Familiarizar ao alumno coas claves necesarias para a intervención psicosocial en violencia familiar.
    Entrenar a capacidad de utilización de ferramentas básicas para a búsqueda de información e análise de textos científicos.

    3. Actitudinais
    Fomentar no alumno a capacidade de analizar críticamente as preferencias de xogos, compañía etc., tipificadas socialmente.
    Fomentar o respecto e a tolerancia pola pluralidade e diferencias.
    Fomentar no alumno, unha actitude crítica respecto ao estudio da violencia de xénero.


    Contidos
    CONTIDOS DAS CLASES EXPOSITIVAS
    1.- Procesos de constitución e desenvolvemento da identidade sexual e de xénero:
    Asignación sexual e de xénero, Identidade sexual e de xénero ao longo do ciclo vital.
    Roles, actitudes e estereotipos de xénero.
    Teorías psicolóxicas sobre a adquisición da identidade sexual e de xénero.

    2. Educación e xénero. Socialización:
    O papel da familia na adquisición e evolución dos roles de xénero.
    Escola: co-educación. O papel dos compañeiros.
    Xénero e orientación profesional.

    3.- Saúde e asimetrías de xénero:
    Saúde e xénero
    Envejecimiento e xénero.
    Estereotipos asociados co xénero nos adultos e anciáns.

    4. Violencia de xénero:
    Tipos de violencia de xénero e as súas consecuencias.
    Principais modelos explicativos.
    Intervención psicolóxica con vítimas.

    5.- Intervención co maltratador:
    Programas de intervención.
    Avaliación do risco.


    6.- A vítima no sistema xudicial:
    O principio de xustiza terapéutica.
    A pericia psicolóxica da vítima.


    CONTIDOS DAS CLASES INTERACTIVAS

    1.- Traballo tutorizado sobre desenvolvemento da identidade de xénero

    2.- Traballo tutorizado sobre Violencia de xénero

    3.- Traballo tutorizado sobre Sistema de Xustiza e Violencia de xénero

    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFÍA BÁSICA Y COMPLEMENTARIA

    Barberá, E. y Martínez Benlloch, I. (Coords.) (2004). Psicología y Género. Madrid: Prentice Hall.

    TEMA 1
    - Amezcua Membrilla, J.A. y Pichardo Martínez, M.C. (2000). Diferencias de género en auto concepto en sujetos adolescentes. Anales de Psicología 16, 2, 207-214.
    - Hidalgo, V., e Palacios, J. (1999). El género y su papel en el desarrollo personal. En J. Palacios, A. Marchesi y C. Coll (Comps.), Desarrollo psicológico y educación. Madrid: Morata.
    TEMA 2
    - Arranz, E. (Coord.) (2004). Familia y desarrollo psicológico. Madrid: Alianza Editorial.
    - Moreno Sánchez, E., Padilla Carmona, T., López Gorriz, I., y Martín Berrido, M. (2001). Proceso social de desarrollo de los roles sexuales: hacia la igualdad hombre-mujer en el sistema educativo. Pedagogía Social - Revista Interuniversitaria 6-7, 145-158.
    - Rodríguez Navarro, H. y García Monge, A. (2009). Asimilación de códigos de género en las actividades del recreo escolar. Revista Interuniversitaria de Formación del Profesorado 64, 59-72
    TEMA 3
    Belsky, J. (2001). Psicología del envejecimiento. Madrid: Paraninfo
    Pérez Ortiz, L. (2006). Envejecimiento y género. En S. Pinazo y M. Sánchez (pp. 71-89). Gerontología. Madrid: Pearson.
    TEMA 4
    Bosch, E., e Ferrer, V.A. (2002). La voz de las invisibles. Las víctimas de un mal amor que mata. Valencia: Cátedra. Colección feminismos
    Corsi, J. (1995). Violencia masculina en la pareja. Una aproximación al diagnóstico y a los modelos de intervención. Buenos Aires: Paidós
    Sastre, G., e Moreno, M. (2002). Resolución de conflictos y aprendizaje emocional. Una perspectiva de género. Barcelona: Gedisa
    TEMA 5
    Arce, R., e Fariña, F. (2007). Programa Galicia de reeducación para maltratadores de género. Anuario de Psicología Jurídica, 16, 41- 64
    Andrés-Pueyo, A., y Echeburúa, E. (2010). Valoración del riesgo de violencia: instrumentos disponibles e indicaciones de aplicación. Psicothema, 22(3), 403-409.
    TEMA 6
    Arce, R., y Fariña, F. (2006). Psicología del testimonio: Evaluación de la credibilidad y de la huella psíquica en el contexto penal. En Consejo General del Poder Judicial (Ed.), Psicología del testimonio y prueba pericial (pp.39-103). Madrid: Consejo General del Poder Judicial
    Fariña, F., Arce, R., y Buela-Casal, G. (Eds.) (2009). Violencia de género: Tratado psicológico y legal. Madrid: Biblioteca Nueva.


    Competencias
    COMPETENCIAS BÁSICAS
    Cognitivas
    - Complementar a formación académica xeral con formación específica no campo das desigualdades de xénero
    - Incorporar unha perspectiva de xénero ao estudo de procesos psicolóxicos básicos de procesos evolutivos e procesos psicosociais.
    - Ensinar ao alumno a identificar as etapas clave na construción de xénero.
    - Estudar a perspectiva psicosocial de xénero.
    - Aprender métodos de avaliación e intervención en violencia doméstica.

    Habilidades e destrezas
    - Realizar prácticas de campo, aplicadas ao estudo do xénero, utilizando métodos de investigación e técnicas específicas para a Psicoloxía
    - Utilizar os coñecementos adquiridos para aplicar a diferentes idades e contextos.
    - Identificar programas de intervención clave para promover a igualdade.
    - Xestionar técnicas de nivel inicial e os instrumentos en psicoloxía.
    - Facer un un plan de acción destinado a vítimas de violencia doméstica
    - Elaborar un plan de acción destinado a agresores.
    - Saber comunicar correctamente os resultados dunha avaliación ou intervención.
    - Ser capaz de elaborar informes psicolóxicos relacionados coas cuestións de xénero.
    - Abordaxe do exer cicio profesional respectando o código de conduta, actitudes profesionais con base nos valores de respecto aos dereitos das persoas e da diversidade de xénero.

    Metodoloxía da ensinanza
    CLASES EXPOSITIVAS.
    Os profesores presentarán os contidos dos temas, indicando os apartados, os obxectivos a acadar e baseándose na literatura básica. Esta información vai orientar o proceso de aprendizaxe do alumno.
    CLASES INTERACTIVAS.
    Os profesores explicarán os contidos do seminario enfocando o obxectivo do traballo supervisando que os alumnos dplanifiquen e implementen as directrices e especificando as medidas.
    Reforzarase nos alumnos habilidades para traballar en grupo, técnicas de discusión grupal e resolución axeitada dos problemas e casos a tratar.
    TRABALLO INDIVIDUAL DO ALUMNO.
    Todos os contidos que conforman a asignatura, sexan expositivos ou interactivos, van acompañados dunha serie de actividades de traballo individual do alumno cuxo obxectivo e afianzar e reforzar o seu proceso de aprendizaxe.

    TUTORÍAS.
    As titoríasplantexanse co fin de resolver dúbidas puntuais relativas aos contidos teóricos e como conductoras dos traballos que se van realizar nos diferentes seminarios. Son un apoio ao traballo, tanto individual coma grupal. Estas titorías pódense realizar, tamén, ao longo de todo o cuatrimestre a través da asignatura virtual.

    DOCENCIA VIRTUAL
    Empregarase como ferramenta de apoio a plataforma virtual da USC. A través dela se colgarán os materiais e avisos dirixidos aos alumnos que permitirán axilizar as tarefas de ensinanza-aprendizaxe, así como realizar titorías individualizadas.


    Sistema de evaluación
    A avaliación serña continuada.
    Os contidos teóricos avaliaranse mediante examen. A calificación obtida suporá o 30% da nota final.
    Os contidos prácticos avaliaranse de forma continuada nas clases interactivas, nas titorías e nos seminarios a través da evolución do traballo, e do resultado final e da sua exposición e defensa pública. As calificacións obtidas neste módulo suporán o 70% da nota final.
    Para aprobar a asignatura e necesario superar ambos módulos, (teórico e práctico).

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Para a consecución dos obxectivos marcados no programa da asignatura, o tempo de adicación estimado e de 112,5 horas que se distribuirían da seguinte maneira
    Para a teoría, 28 horas presenciais e 39,5 de lectura ou estudio individual: 67,5 horas para a teoría.
    Para seminario - laboratorio 6 horas presenciais máis 12 de traballo: 18 horas.
    Para os contidos interactivos: 8 horas presenciais máis 16 horas de traballo: 24 horas.
    Para as titorías 1 hora.
    Avaluación final 2 horas.


    Recomendacións para o estudo da materia
    - Compromiso co grupo de traballo.

    - Implicación activa na dinámica de clase.

    - Realización puntual dos traballos titorizados.

    - Cumplimiento dos prazos estabrecidos

    Observacións
    Asistencia as clases obrigatoria, con penalización se nos de xustifica debidamente.