P3291101 - Comportamento organizacional (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 20.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
- Horas de Titorías: 4.00
- Total: 48.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Áreas: Psicoloxía Social
- Centro: Facultade de Psicoloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaO obxectivo xeral desta materia é que os alumnos/as adquiran os coñecementos básicos sobre o comportamento e as experiencias psicolóxicas dos traballadores, en contextos relacionados co traballo, dende unha perspectiva grupal e organizacional. Todo iso co obxectivo dunha intervención na realidade da empresa, pondo especial énfase na adquisición de habilidades e técnicas de intervención nos procesos psicosociais de incorporación en integración á actividade laboral.
Contidos- Explicación do comportamento de individuos, grupos e organizacións
- Equipos de traballo e grupos laborais
- Compromiso e satisfacción laboral
- Resolución de conflictos: Arbitraxe, Negociación e Medición laboral
- O contrato psicolóxico
Bibliografía básica e complementaria- Bonache, J. y Cabrera, A. (2005), Dirección de personas. Evidencias y perspectivas para el siglo XXI. Madrid: Financial Times- Prentice Hall.
- De Diego, R., y Guillén, C. (2006). Mediación. Proceso, tácticas y técnicas. Madrid: Pirámide.
- Gibson, Ivancevich, Donnelly y Konopaske (2006). Organizaciones: comportamiento, estructura, procesos. México: McGraw Hill.
-Ivancevich, J. (2007). Comportamiento organizacional. México:McGrawHill.
-Kinicki, A. y Kreitner, R. (2003). Comportamiento Organizacional: conceptos, problemas y prácticas. México: McGraw Hill.
- Landy, F. J y Conte, J.M. (2005). Psicología industrial. México : McGraw Hill.
-Luthans, F. (2008). Comportamiento organizacional. México: McGrawHill.
-Munduate, L. y Medina, F. (2005). Gestión del conflicto, negociación y mediación. Madrid: Pirámide
-Newstrom, J. (2007). Comportamiento humano en el trabajo. México: McGrawHill
-Osca, A. (2004). Psicología de las Organizaciones. Madrid: Sanz y Torres
- Rico, R., Alcover de la Hera, C.M. y Tabernero, C. (2010). Efectividad de los equipos de trabajo: Revisión de la última década de investigación (1999-2009). Revista de Psicología del Trabajo y las Organizaciones, 1, 47-72.
- Robbins, S.P. (2009). Comportamiento organizacional. México: Prentice Hall.
-Salgado, J. (1997). Comportamiento organizacional. Vigo: Escuela de Negocios CaixaVigo
- Spector, P. (2002). Psicología Industrial y Organizacional. Investigación y práctica. México: Manual Moderno
-Wagner III, J.A y Hollenbeck, J.R. (2004). Comportamiento organizativo. Consiguiendo la ventaja competitiva.
Competencias-Ser capaz de identificar e comprender a importancia do factor humano no traballo.
-Coñecer e ser capaz de aplicar a un nivel especializado algunhas das principais técnicas de intervención e tratamento psicolóxico sobre o comportamento, individual, grupal e social, no contexto e ámbito de intervención nas organizacións.
-Coñecer e ser capaz de aplicar os modelos nos que se basea o funcionamento das organizacións actuais e a xestión do comportamento organizacional.
-Ser capaz de aplicar algúns dos principais métodos, técnicas, instrumentos estratexias e procedementos de avaliación e de intervención sobre o comportamento nas organizacións.
-Ser capaz de mostrar unha actitude positiva cara ás achegas que desde a materia se poden realizar para o logro dos obxectivos organizacionais e persoais e ser capaz de levalas a cabo ditas achegas.
-Ser capaz de orientar su actuación profesional a partir do respecto e a consideración dos principios e valores propios da materia e do Código Deontolóxico da profesión.
Metodoloxía da ensinanza As clases expositivas(teóricas)consisten en sesións expositivas e/ou demostrativas de contidos. Para profundar e reforzar os contidos expostos contémplanse os seminarios especializados (clases interactivas), que favorecen a adquisición das competencias específicas da materia, así como a aprendizaxe significativa. Ademais, as clases prácticas (interactivas) teñen como finalidade que o alumno adquira as competencias procedimentais e de investigación propias da materia.
As titorías supoñen unha relación directa e presencial, para un asesoramento continuo e o profundamento nos contidos teóricos e prácticos do traballo do estudante, así como atender dúbidas.
As actividades de avaliación teñen unha dobre vertente. Por unha banda, as actividades de avaliación continua que, xunto coas titorías de traballo do curso, lle permitirán ao alumno ter unha retroalimentación constante do seu progreso ao longo do curso, respecto ao seu grao de adquisición de competencias tanto relativas a coñecementos, como a técnicas e actitudes; mentres que, por outro, os exames parciais e o final, tratarán de avaliar o nivel de coñecementos adquirido polo suxeito respecto dos contidos dos temas incluídos no programa da materia.
Sistema de evaluaciónAs clases teóricas avalíanse mediante unha proba teórica, atendendo ao dominio dos coñecementos teóricos e operativos da materia, ademais da asistencia e da participación. Os seminarios teñen a finalidade de profundar nos temas a través da lectura e discusión de artigos e textos especializados, avalíanse mediante os informes, individual ou grupal (traballo en equipo), atendendo á calidade do mesmo (estrutura, orixinalidade, presentación). A cualificación obtida polo alumno no exame final valerá un 70% da cualificación final. A porcentaxe restante corresponderá á cualificación da avaliación continua. Para superar a materia será necesaria unha asistencia mínima ao 80% das actividades docentes presenciais programadas. Manteranse os mesmos criterios de avaliación nas diferentes convocatorias.
Tempo de estudo e traballo persoalLectura e preparación do material: 42
Lectura previa, análise e discusión do material. Informes individuais: 20
Realización do traballo: 40
Total horas de traballo persoal: 102
Recomendacións para o estudo da materiaPara poder obter o máximo aproveitamento nesta materia recoméndase que o alumno xa teña coñecementos previos, adquiridos a través das súas titulacións (p.e., Psicoloxía, Relacións Laborais), no ámbito da Psicoloxía do Traballo e as Organizacións, xa que isto permitiralles uns coñecementos previos que lle axudará na comprender e contextualizar os temas impartidos en Comportamento Organizacional.
Observacións