Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Psicoloxía  »  Información da Materia

P3291103 - Conflito Social e Acción Política (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 20.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Horas de Titorías: 6.00
  • Total: 50.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
  • Áreas: Psicoloxía Social
  • Centro: Facultade de Psicoloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Sabucedo Cameselle, Jose Manuel.NON
Serrano Martinez, Gonzalo.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Que os estudantes saiban contextualizar as cuestións referidas ao conflito social e a acción colectiva dentro dos procesos sociais de cambio social.
    - Que os estudantes adquiran coñecementos a nivel avanzado das teorías e os procesos psicosociais responsables dos conflitos sociais e a acción política.
    - Que os estudantes adquiran coñecementos a nivel avanzado das estratexias de análise e investigación nos conflitos sociais e a acción colectiva.
    - Que os estudantes adquiran os coñecementos necesarios que lle permitan sustentar cientificamente principios e valores como a solución pacífica dos conflitos e o respecto aos dereitos humanos.

    Contidos
    Programa Teórico (clases expositivas).
    Tema 1. Participación política: Modalidades e incidencia.
    Tema 2. Acción política colectiva.
    Tema 3. Conflito social.
    Tema 4. Xestión dos conflitos.
    Tema 5. Procesos de negociación e mediación.

    Programa Práctico (clases interactivas).
    Práctica 1. Análise do framing dunha protesta política.
    Práctica 2. Análise da estratexia de psicoloxización da organización dun movemento.
    Práctica 3. Adestramento en habilidades de xestión de conflitos.
    Práctica 4. Deseño de intervencións en negociación e mediación.

    Bibliografía básica e complementaria
    Sabucedo, J.M., Arce, C., y Rodríguez, M. (1992). Xuventude e política en Galicia. Santiago de Compostela: Servicio de Publicaciones de la Universidad de Santiago de Compostela.
    Fernández, C., y Sabucedo, J.M. (2004). Do descontento á acción. A protesta campesiña en Galicia. Vigo: Edicións Xerais.
    Klandermans, B; Sabucedo, J.M., y Rodríguez, M. (2004). Inclusiveness of identification among farmers in the Netherlands and Spain. European Journal of Social Psychology, 34(3), 279- 295.
    Snow, D., Soule, S. A., & Kriesi, H. (2004). The Blackwell Companion to social movements. Oxford: Blacwell Publishing.
    De Dreu, C., & Gelfand, M. (2008). The Psychology of conflict and conflict management in organizations. New York: LEA.
    Munduate, L. y Medina, F.J. (2005) Gestión del conflicto, negociación y mediación. Madrid. Pirámide.
    Serrano, G. (1996) Elogio de la negociación. Santiago de Compostela: Servicio de Publicaciones de la Universidad de Santiago de Compostela.
    Serrano, G. (2008) Eficacia y mediación familiar. Boletín de Psicologia, 92, 51-63.

    Competencias
    - Coñecer e comprender a incidencia das diferentes formas de acción política e a súa relación co dereito de participación democrática e o conflito.
    - Saber identificar o carácter "construído" do conflito e a protesta.
    - Coñecer e comprender as principais crenzas que lexitiman a acción política.
    - Ser capaz de identificar as emocións e os contextos de mobilización e políticos que facilitan a acción política.
    - Coñecemento dos procesos de conflito, estilos e claves para unha correcta intervención sobre estes.
    - Capacidade para manexar técnicas de negociación e mediación específicas.

    Metodoloxía da ensinanza
    - Coñecer e comprender a incidencia das diferentes formas de acción política e a súa relación co dereito de participación democrática e o conflito.
    - Saber identificar o carácter "construído" do conflito e a protesta.
    - Coñecer e comprender as principais crenzas que lexitiman a acción política.
    - Ser capaz de identificar as emocións e os contextos de mobilización e políticos que facilitan a acción política.
    - Coñecemento dos procesos de conflito, estilos e claves para unha correcta intervención sobre estes.
    - Capacidade para manexar técnicas de negociación e mediación específicas.

    Sistema de evaluación
    A cualificación obtida polo estudante no exame final valerá ata o 65% da cualificación final. A porcentaxe restante corresponderá á cualificación na avaliación continua. Para superar a materia será necesaria unha asistencia mínima ao 80% das actividades docentes presenciais programadas. Manteranse os mesmos criterios de avaliación nas diferentes convocatorias.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Actividades presenciais............................................................Horas
    Sesións expositivas.................................................................. 20
    Seminarios especializados.......................................................... 8
    Clases práticas........................................................................ 16
    Titorías.................................................................................... 2
    Avaliación................................................................................ 2
    Total horas presenciais............................................................ 48

    Traballo persoal do estudante..................................................Horas
    Lectura e preparación do material de apoio................................. 25
    Estudo individual e/ou grupal.................................................... 20
    Preparación de presentaciones orais, debates e similares............ 28
    Titorías.................................................................................... 4
    Avaliación................................................................................25
    Total horas de traballo persoal................................................ 102

    Recomendacións para o estudo da materia
    Ningunha específica.
    Observacións
    Ningunha específica.