P3291104 - Métodos de meta-análise e outras técnicas de investigación aplicada (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 20.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
- Horas de Titorías: 4.00
- Total: 48.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Áreas: Psicoloxía Social
- Centro: Facultade de Psicoloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaAnálise e interpretación de investigacións meta-análises
Aplicación de métodos meta-analíticos na investigación psicolóxica.
Contidos 1. ¿QUÉ É O META-ANÁLISE?
2. DESENVOLVEMENTO DUNHA INVESTIGACIÓN META-ANALÍTICA.
3. MÉTODOS DE LOCALIZACIÓN DE ESTUDOS.
4. TIPOS DE ERROS ARTIFACTUAIS QUE ALTERAN O VALOR DAS
MEDIDAS.
5. O NESGO DE PUBLICACIÓN E OUTROS NESGOS.
6. UNIDADES DE MEDIDA NO META-ANÁLISE: TAMAÑO DO
EFECTO.
7. MÉTODOS DE META-ANALISE PSICOMÉTRICO.
8. INTERVALOS DE CONFIANZA E CREDIBILIDADE.
9. FÓRMULAS DE CONVERSIÓN DE d EN ρ.
10. FÓRMULAS DE ESTIMACIÓN DA FIABILIDADE.
Bibliografía básica e complementariaSalgado, J.F. (2010). Métodos de meta-análisis. Departamento de Psicología Social. Universidad de Santiago.
Hunter, J.E. y Schmidt, F.L. (2004). Methods of Meta-analysis. 2ª ed. Newbury Park, CA: Sage
Competencias-Ser capaz de aplicar o meta-análise e outras técnicas de investigación.
-Ser capaz de analizar e interpretar investigacións e estudos onde se utilicen estas técnicas.
-Ser capaz de levar a cabo unha investigación científica completa seguindo todos os procedementos e técnicas aprendidos na materia.
-Ser capaz de redactar un informe de investigación.
-Ser capaz de utilizar os coñecementos adquiridos para aplicalos ao contexto de referencia.
-Ser capaz de orientar a actuación investigadora respectando e seguindo os principios e regras do método científico.
Metodoloxía da ensinanza As clases expositivas(teóricas)consisten en sesións expositivas e/ou demostrativas de contidos. Para profundar e reforzar os contidos expostos contémplanse os seminarios especializados (clases interactivas), que favorecen a adquisición das competencias específicas da materia, así como a aprendizaxe significativa. Ademais, as clases prácticas (interactivas) teñen como finalidade que o alumno adquira as competencias procedimentais e de investigación propias da materia.
As titorías supoñen unha relación directa e presencial, para un asesoramento continuo e o profundamento nos contidos teóricos e prácticos do traballo do estudante, así como atender dúbidas.
As actividades de avaliación teñen unha dobre vertente. Por unha banda, as actividades de avaliación continua que, xunto coas titorías de traballo do curso, lle permitirán ao alumno ter unha retroalimentación constante do seu progreso ao longo do curso, respecto ao seu grao de adquisición de competencias tanto relativas a coñecementos, como a técnicas e actitudes; mentres que, por outro, os exames parciais e o final, tratarán de avaliar o nivel de coñecementos adquirido polo suxeito respecto dos contidos dos temas incluídos no programa da materia.
Sistema de evaluaciónAs clases teóricas avalíanse mediante unha proba teórica, atendendo ao dominio dos coñecementos teóricos e operativos da materia, ademais da asistencia e da participación. Os seminarios teñen a finalidade de profundar nos temas a través da lectura e discusión de artigos e textos especializados, avalíanse mediante os informes, individual ou grupal (traballo en equipo), atendendo á calidade do mesmo (estrutura, orixinalidade, presentación). A cualificación obtida polo alumno no exame final valerá un 70% da cualificación final. A porcentaxe restante corresponderá á cualificación da avaliación continua. Para superar a materia será necesaria unha asistencia mínima ao 80% das actividades docentes presenciais programadas. Manteranse os mesmos criterios de avaliación nas diferentes convocatorias.
Tempo de estudo e traballo persoalLectura e preparación do material: 42
Lectura previa, análise e discusión do material. Informes individuais: 20
Realización do traballo: 40
Total horas de traballo persoal: 102
Recomendacións para o estudo da materiaSe o alumno non ten ningún coñecemento previo sobre os contidos da materia, recoméndase que ademais de seguir puntualmente as clases lea o material bibliográfico que se presenta no programa.