Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Psicoloxía  »  Información da Materia

P3291201 - Metodoloxía avanzada en Investigación Social (Materias Optativas Vinculadas ao Itinerario Psicoloxía do Traballo e as Organizacións) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 20.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Horas de Titorías: 4.00
  • Total: 48.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía, Departamento Externo
  • Áreas: Metodoloxía das Ciencias do Comportamento, Área Externa para o postgrao oficial
  • Centro: Facultade de Psicoloxía
  • Convocatoria: Anual de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Arce Fernández, Constantino.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    - Capacitar ao alumno/a para a elaboración de diseños de investigación-acción en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións, en Psicoloxía Xurídico-Forense e en Intervención Social.
    - Formar ao alumno/a nas ferramentas estatísticas aplicables á investigación científica en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións, en Psicoloxía Xurídico-Forense e en Intervención Social.
    - Dotar ao alumno/a de capacidades para interpretar e valorar a calidades das investigacións que se producen en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións, en Psicoloxía Xurídico-Forense e en Intervención Social.
    - Saber formular un problema de investigación nos ámbitos da Psicoloxía do Traballo e as Organizacións, en Psicoloxía Xurídico-Forense e en Intervención Social.
    - Saber deseñar e desenvolver unha investigación científica nos ámbitos do Traballo e as Organizacións, da Psicoloxía Xurídico-Forense e da Intervención Social.
    - Ensinar a redactar e defender un informe de investigación.

    Contidos
    Programa Teórico (clases expositivas).
    • Tema 1. Análise factorial exploratorio e confirmatorio.
    • Tema 2. Escalamento Multidimensional
    • Tema 3. Análisie de clusters.
    • Tema 4. Análise de regresión múltiple
    • Tema 5. Análise de regresión loxística.
    • Tema 6. Deseños de investigación e análise de varianza

    Programa Práctico (clases interactivas).
    • Práctica 1. Análise factorial exploratorio e confirmatorio.
    • Práctica 2. Escalamento Multidimensional.
    • Práctica 3. Análise de clusters.
    • Práctica 4. Análise de regresión múltiple.
    • Práctica 5. Análisis de regresión loxística.
    • Práctica 6. Análise de varianza.

    Bibliografía básica e complementaria
    Básica.

    Palmer, A. (2011). Análisis de datos en diseños experimenales. Palma de Mallorca: Ediciones UIB.
    Keppel, G. (1991). Design and analysis. A research handbook. Englewood Cliffs, New Jersey : Prentice-Hall.
    Martínez-Arias, R. (1996). Psicometría: teoría de los tests psicológicos y educativos. Madrid: Síntesis.
    Muñiz, J. (1992). Teoría clásica de los tests. Madrid: Pirámide.
    .Pardo-Merino, A. y Ruiz-Díaz, M.A. (2002). SPSS 11. Guía para el análisis de datos. Madrid: McGraw Hill.
    Arce. C., e Real, E. (2001). Introducción al análisis estadístico con SPSS. Barcelona: PPU

    Complementaria.
    León, O. e Montero, I. (2004). Métodos de investigación en psicología y educación. Madrid: McGraw Hill.
    Winer, B.J. (1962). Statistical principles in experimental design. New York: John Wiley.
    Arce, C. (1994). Técnicas de construcción de escalas psicológicas. Madrid: Síntesis

    Competencias
    - Ser capaz de analizar as características dos datos da investigación e elexir o modelo estatístico máis axeitado.
    - Comprender o funcionamento dos modelos estatísticos avanzados estudiados na materia: análise factorial, análise de clusters, escalamento multidimensional, regresión e análise de varianza.
    - Realizar as análises estatísticas coa axuda do programa PASW Statistics (antigo SPSS).
    - Saber interpretar os resultados das análises estatísticas realizadas e realizar o informe da investigación correspondiente.
    - Ser capaz de diferenciarentre efectos fixos e efectos aleatorios nos deseños de investigación e profesionales aplicados ao contexto da investigación social.
    - Ser capaz de diferenciar entre factores cruzados e factores anidados nos deseños de investigación e profesionales aplicados ao contexto da investigación social.
    - Saber obter as Medias Cuadráticas das fontes de variación, as estimación das componentes da varianza e os termos de error en calquera dos Modelos tipo II e III nos deseños de investigación e profesionales aplicados ao contexto da investigación social.
    - Saber analizar e interpretar os resultados dos Modelos de efectos aleatorios e de efectos mixtos no contexto da investigación e profesional.

    Metodoloxía da ensinanza
    As clases expositivas (teóricas) consisten en sesións expositivas e/ou demostrativas de contidos. Para afondar e reforzar os contidos expostos contémplanse seminarios especializados (clases interactivas), que facorecen a adquisición das competencias específicas da materia, así como a aprendizaxe significativa. Ademáis, as clases prácticas (interactivas) teñen como finalidade que o alumno/a adquira as competencias procedimentais e de investigación propias da materia.

    As titorías supoñen unha relación directa e presencial, para un asesoramento continuo e a profundización nos contidos teóricos e prácticos do traballo do estudiante, así como atender dudas.

    As actividades de avaliación teñen unha dobre vertiente. Por unha banda, as actividades de avaliación continua que, xunto coas titorías de taballo de curso, permitirán ao alumno/a ter unha retroalimentación constante da súa progresión ao longo do curso, respecto ao grao de adquisición de competencias tanto relativas a xoñecementos como a técnicas e actitudes: mentras que, por outra, os exames parciais e final trararán de avaliar o nivel de coñecementos adquirido polo alumno/a respecto aos contidos dos temas incluidos no programa da materia.

    Sistema de evaluación
    As clases teóricas evalúanse mediante unha proba teórica, atendendo ao dominio dos coñecementos teóricos e operativos da materia, ademáis da asistencia e participación. Os seminarios teñen a finalidade de profundizar nos temas a través da lectura e discusión de artigos e textos especializados, evalúanse mediante os informes, indivual ou grupal (traballo em equipo), atendendo á calidade do mesmo (estrutura, orixinalidade, presentación). As clases prácticas son evaluadas seguindo os criterios de asistencia e calidade dos informes. A cualificación obtida polos alumno/a no exame final (e/ou exames parciais) valerá um 65% da cualificación final. A porcentaxe restante corresponderá á cualificación na avaliación continua. Para superar a materia será necesria unha asistencia mínima ao 80% das actividades docentes presenciais programadas. Manteranse os mesmos criterios de avaliación nas diferentes convocatorias.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    (A) Actividades Presenciais

    Sesións expositivas: 20 horas
    Seminarios especializados: 8 horas
    Clases prácticas: 16 horas
    Titorías: 2 horas
    Avaliación: 2 horas
    Total horas presenciais: 48

    (B) Trabàllo persoal do estudiante

    Lectura e preparación de material de apoio: 18 horas
    Lectura previa, análises e discusión do material. Informes individuais e grupais: 21 horas
    Titorías. 10 horas
    Avaliación: 25 horas
    Total horas de traballo persoal: 102

    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase a participación activa na clase de xeito ininterrumpido. O coñecemento que se desenvolve nesta materia é secuencial. As intermitencias na asistencia podem acarrear problemas de seguimento. Tamén se recomenda traer ás clases nunha calculadora manual para facer pequenas comprobacións.

    Observacións
    É aconsellable ter algún tipo de coñecemento básico sobre estatística.