P3291202 - Auditoría de recursos humanos e modelos de excelencia (Materias Optativas Vinculadas ao Itinerario Psicoloxía do Traballo e as Organizacións) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 20.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 46.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Áreas: Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
- Centro: Facultade de Psicoloxía
- Convocatoria: Anual de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia-Coñecer a evolución del concepto de Calidade ao concepto da Excelencia na Xestión.
-Adquirir coñecementos xerais do Modelo EFQM de Excelencia.
-Coñecer a existencia da metodoloxía da Autoavaliación como ferramenta de diagnóstico.
-Coñecer os beneficios que se derivan de implantar unha sistemática de Autoavaliación, enfocada á mellora dos RRHH.
En tempos de cambio e crecente complexidade, as empresas ou organizacións de calquera tipo o sector empresarial, tamaño, estrutura ou madurez en calidade precisan, para ser competitivas nos seus respectivos mercados, prantexar estratexias de mellora capaces de vincular de forma eficaz os principais elementos de xestión: liderado, xestión de persoas e recursos, estratexias, deseño e xestión de procesos, etc. A nivel europeo, o Modelo EFQM de Excelencia Empresarial é un instrumento práctico que axuda ás empresas a conseguilo, medindo en que punto se atopan dentro do camiño cara á excelencia e analizando las diferenzas e lagoas que poden existir dentro de la Organización.
Este Modelo, cuxa aplicación é levada a cabo a través dunha ferramenta clave, a Autoavaliación, é capaz de xerar un exame global e sistemático do sistema de xestión dunha organización descubrindo os seus puntos fortes e áreas de mellora, e permitindo manter actualizados os seus elementos principais a través dun ciclo continuo de innovación, aprendizaxe e mellora para a busca de solucións.
El Modelo EFQM propón que os resultados excelentes con respecto ao rendemento das empresas, aos clientes, ás PERSOAS (RRHH) e á sociedade se logran mediante un liderado que dirixa e impulse a política e estratexia, as persoas da organización, as alianzas e recursos, e os procesos.
Contidos-Programa Teórico (clases expositivas).
•Tema 1. Da calidade á excelencia empresarial.
•Tema 2. O Modelo EFQM da Excelencia como Modelo de Xestión Integral.
•Tema 3. Os nove criterios que conforman o Modelo EFQM de Excelencia.
•Tema 4. Metodoloxía e lóxica de avaliación e puntuación.
•Tema 5. O proceso de autoavaliación e o consenso.
•Tema 6. Alternativas de autoavaliación: Métodos, particularidades e beneficios.
-Programa Práctico (clases interactivas).
•Práctica 1. Exercicio práctico sobre un dos Criterios: As Persoas (RRHH).
Bibliografía básica e complementariaBásica.
Membrano Martínez, J. (1999). La gestión empresarial a través del Modelo EFQM. Madrid: Díaz de Santos
Sánchez, C., y Liquete, J. (2005). Interpretando el Modelo EFQM de Excelencia. Guía para elaborar una memoria. Madrid: Club Gestión de Calidad.
Complementaria.
Morrós, J., y Vidal, I. (1985). Responsabilidad social corporativa. Madrid: FC Editorial.
Pérez, J. A. (2004). Gestión por procesos. Madrid: ESIC.
Aconséllase visitar a seguiente dirección web: http://www.clubexcelencia.org/
Competencias-Ser quen de aplicar o coñecemento para la aplicación do instrumental de auditoría de recursos humanos.
-Ser quen de aplicar o coñecemento de cómo se poden xestionar os procesos de elaboración dunha auditoría de recursos humanos.
-Ser quen de implantar o Modelo de Excelencia na Xestión.
-Ser quen de aplicar o Proceso de Autoavaliación nunha Organización.
-Ser quen de aplicar a Ferramenta de Autoavaliación para identificar áreas de mellora e deseño de plans de acción.
-Sensibilizarse cara á Cultura da Excelencia na Xestión dos procesos.
-Ser quen de transformar as necesidades dos usuarios/clientes en características ou funcionalidades do servizo ou produto
Metodoloxía da ensinanza -Estudo do Modelo EFQM de Excelencia, sobre todo nas súas bases conceptuais, para coñecer o seu alcance e estrutura.
-Estudo de la lóxica e criterios de avaliación e puntuación do grao de excelencia dos axentes facilitadores e resultados.
-Caso práctico de RRHH de avaliación e consenso, seguindo o proceso oficial da EFQM. Participación individual e en equipos.
Sistema de evaluaciónA avaliación das competencias específicas da materia que están máis relacionadas coa adquisición de coñecementos teóricos e prácticos realizarase mediante o exame final e/ou os exames parciais.
A avaliación das competencias tanto específicas como aquelas relacionadas coa titulación farase de modo continuo, en función do desempeño dos alumnos en cada unha das actividades presenciais (prácticas, traballos) e do seu traballo individual.
La cualificación obtida polo alumno no exame final (e/ou exames parciais) valerá ata un 65% da cualificación final do alumno. A porcentaxe restante corresponderá á cualificación na avaliación continua.
Tempo de estudo e traballo persoalActividades presenciais Horas Traballo persoal do estudante Horas
Sesións expositivas 20 Lectura y preparación del material de apoio 25
Sesións interactivas 8 Estudio individual e/ou grupal. 20
Sesións interactivas 16 Preparación de presentacións orais, debates e similares 28
Titorías 2 4
Avaliación 2 25
Total horas presenciais 48 Total horas de traballo persoal 102
Recomendacións para o estudo da materiaAs clases expositivas e prácticas están orientadas á capacitación dos estudantes respecto á adquisición das competencias e coñecementos relativos aos contidos da materia. Para isto o profesor explicará os diferentes temas apoiado no material audiovisual e ferramentas TIC. As clases prácticas serán de varios tipos: (1) Análise de casos e simulacións (p.e., toma de decisións) para poñer en práctica os conceptos aprendidos nas clases expositivas e adquirir as competencias específicas necesarias para superar a materia. (2) Dinámicas de grupo pequeno nas que ademais de desenvolver as competencias específicas relacionadas directamente cos contidos da materia os estudantes practicarán as habilidades de comunicación oral. (3) Realización de experimentos.
As titorías supoñen unha relación directa e presencial, para un asesoramento contínuo e a profundización nos contidos teóricos, prácticos do traballo do estudante, así como atender dúbidas.
As actividades de avaliación teñen unha dobre vertente, por unha banda, as actividades de avaliación continua, xunto coas titorías de traballoo de curso, permitirán ao alumno ter unha retroalimentación constante da súa progresión ao longo do curso, respecto ao seu grao de adquisición de competencias tanto relativas a coñecementos, como a técnicas e actitudes; mentras que, os exames parciais e o final, tratarán de avaliar o nivel de coñecementos adquirido polo suxeito respecto aos contenidos dos temas incluídos no programa da materia.
Ademais, o alumno terá á súa disposición, no Campus Virtual da USC, unha e-aula de apoio á docencia presencial da materia, na que atopará multitude de ferramentas que lle facilitarán diversos tipos alternativos de actividades relacionadas coa docencia, o traballo en grupo ou as titorías personalizadas (grupos de traballo virtual, iutorías on-line, foros de debate, etc.).
ObservaciónsPONENTES: Prof. Dr. Jesús Varela Mallou y Dr. Antonio Rial Boubeta
•Licenciatario Oficial de Formación EFQM
•Licenciatario de Autoavaliación e Implantación del Modelo EFQM en España
•Avaliador dos Esquemas de Recoñecemento CEG/EFQM
•Conta con experiencia na implantación de procesos de Autoavaliación e diagnóstico a través do Modelo EFQM en Organizacións Hospitalarias de Cataluña e Galicia, Centros de Saúde, Colexios Profesionais, etc.
•Impartiu cursos e seminarios sobre Xestión Sanitaria e Marketing de Servizos e goza dunha ampla experiencia en consultaría de Organizacións en diferentes sectores públicos e privados para a realización de estudios de mercado, marketing e opinión
•É Profesor Titular da Área de Metodoloxía das Ciencias do Comportamento da Universidade de Santiago de Compostela, Director da Unidade de Psicoloxía do Consumidor e Usuario (PSICOM-USC) e autor de numerosas publicacións (libros e revistas científicas) sobre Modelización Estatística e Técnicas Multivariantes
•www.usc.es/psicom