P3291203 - Selección e avaliación de recursos humanos (Materias Optativas Vinculadas ao Itinerario Psicoloxía do Traballo e as Organizacións) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 16.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 28.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 46.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Áreas: Psicoloxía Social
- Centro: Facultade de Psicoloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaAo finalizar a materia o alumno debería comprender a importancia que os procesos de selección e avaliación do desempeño teñen dentro da xestión integral dos recursos humanos e para a eficacia organizacional.
ContidosSelección:
- Atracción e recrutamento
- Moelos de Selección de Persoal: Predicción do desempeño individual
- Técnicas psicolóxicas de avaliación de persoas
- Decisión de selección
- Igualdade, discriminación e selección de persoal
Avaliación do desempeño:
- Teorías psicolóxicas do desempeño individual: Desempeño de tarea. Desempeño contextual e condutas prosociais. Condutas contraprodutivas.
- Métodos de avaliación do desempeño individual.
- Aplicacións da avaliación do desempeño individual.
Bibliografía básica e complementaria- Bonache, J. (2006). La evaluación del rendimiento. En J. Bonache y A. (directores), Dirección de personas. Evidencias y perspectivas para el siglo XXI. Madrid: Financial Times- Prentice Hall.
- Cooper, D., Robertson, I. y Tinline, G. (2003). Reclutamiento y selección. Thomson (Colección negocios).
- Gómez Mejía, L.R. (2008). Gestión de Recursos Humanos. Prentice Hall. Capítulo 5.
- Landy, F. J y Conte, J.M. (2005). Psicología industrial. México : McGraw Hill. Capítulo 4: La evaluación de individuos.
- Larson, W.W. (2002). Realizar entrevistas de trabajo. Madrid: Prentice-Hall. Pearson Educación.
- Muchinsky, P.M. (2004). Psicología Aplicada al Trabajo. Madrid: Paraninfo-Thomson Learning. Capítulos 4 y 5.
- Osca, A. (2006). Selección, evaluación y desarrollo de los Recursos Humanos. Madrid: Diaz de Santos. Capítulo
- Salgado J. y Moscoso S. (2005). La entrevista conductual estructurada: Teoría, práctica y rentabilidad económica. Madrid: Pirámide.
- Salgado, J.F. y Moscoso, S. (2008). Selección de personal en la empresa y las administraciones públicas: De la visión tradicional a la visión estratégica. Papeles del Psicólogo, 29, 16-24.
- Salgado, J.F. (2005). Personalidad y deseabilidad social: Implicaciones para la práctica de la psicología del trabajo y las organizaciones. Papeles del Psicólogo, 26, 115-128.
- Spector, P. (2002). Psicología industrial y organizacional. Investigación y práctica. México: Manual Moderno. Capítulo 5: Métodos de evaluación para selección y ubicación.
- Williams, R.S. (2002). Rendimiento del personal. Thomson (Colección negocios).
CompetenciasSer capaz de entender a importancia da selección de persoal para as organizacións e o seu funcionamento. Coñecer e distinguir as diferentes estratexias e visións de selección de persoal. Identificar e describir os procesos de toma de decisión de selección.
Ser capaz de identificar cales son os elementos constituíntes do desempeño laboral individual e as facetas dos devanditos elementos. Entender por que a avaliación do desempeño é importante para as organizacións.
Ser capaz de aplicar algúns dos principais métodos, técnicas, instrumentos, estratexias e procedementos de avaliación e de intervención no desenrolo e avaliación do desempeño.
Ser capaz de mostrar unha actitude positiva cara ás achegas que dende a materia se poden realizar para o logro dos obxectivos organizacionais e persoais.
Metodoloxía da ensinanza As clases expositivas(teóricas)consisten en sesións expositivas e/ou demostrativas de contidos. Para profundar e reforzar os contidos expostos contémplanse os seminarios especializados (clases interactivas), que favorecen a adquisición das competencias específicas da materia, así como a aprendizaxe significativa. Ademais, as clases prácticas (interactivas) teñen como finalidade que o alumno adquira as competencias procedimentais e de investigación propias da materia.
As titorías supoñen unha relación directa e presencial, para un asesoramento continuo e o profundamento nos contidos teóricos e prácticos do traballo do estudante, así como atender dúbidas.
As actividades de avaliación teñen unha dobre vertente. Por unha banda, as actividades de avaliación continua que, xunto coas titorías de traballo do curso, lle permitirán ao alumno ter unha retroalimentación constante do seu progreso ao longo do curso, respecto ao seu grao de adquisición de competencias tanto relativas a coñecementos, como a técnicas e actitudes; mentres que, por outro, os exames parciais e o final, tratarán de avaliar o nivel de coñecementos adquirido polo suxeito respecto dos contidos dos temas incluídos no programa da materia.
Sistema de evaluaciónAs clases teóricas avalíanse mediante unha proba teórica, atendendo ao dominio dos coñecementos teóricos e operativos da materia, ademais da asistencia e da participación. Os seminarios teñen a finalidade de profundar nos temas a través da lectura e discusión de artigos e textos especializados, avalíanse mediante os informes, individual ou grupal (traballo en equipo), atendendo á calidade do mesmo (estrutura, orixinalidade, presentación). A cualificación obtida polo alumno no exame final valerá un 70% da cualificación final. A porcentaxe restante corresponderá á cualificación da avaliación continua. Para superar a materia será necesaria unha asistencia mínima ao 80% das actividades docentes presenciais programadas. Manteranse os mesmos criterios de avaliación nas diferentes convocatorias.
Tempo de estudo e traballo persoalLectura e preparación do material: 42
Lectura previa, análise e discusión do material. Informes individuais: 20
Realización do traballo: 40
Total horas de traballo persoal: 102
Recomendacións para o estudo da materiaSe o alumno non ten ningún coñecemento previo sobre os contidos da materia, recoméndase que ademais de seguir puntualmente as clases lea o material bibliográfico que se presenta no programa.