Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Psicoloxía  »  Información da Materia

P3291205 - Avaliación de riscos psicosociais e saúde ocupacional (Materias Optativas Vinculadas ao Itinerario Psicoloxía do Traballo e as Organizacións) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 20.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 46.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
  • Áreas: Psicoloxía Social
  • Centro: Facultade de Psicoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
MOSCOSO RUIBAL, SILVIA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    - Entender os procesos psicolóxicos e de interacción entre o empregado e o seu ambiente de traballo que inflúen na súa saúde ocupacional.

    - Coñecer os instrumentos de avaliación e prevención dos riscos psicosociais aos que se enfronta o traballador no ambiente laboral.

    Contidos
    A SAÚDE OCUPACIONAL DENDE A PERSPECTIVA PSICOSOCIAL
    • Factores psicosociais dos riscos psicosociais
    • Cara a unha concepción de organización saudable
    • Recursos laborais e demandas retadoras

    BENESTAR LABORAL E PSICOLOXÍA ORGANIZACIONAL POSITIVA
    • Concepto e desenrolo da psicoloxía organizacional positiva
    • Aproximacións teóricas ó benestar dende a psicoloxía organizacional positiva
    • Instrumentos de medida do benestar laboral

    ESTRÉSLABORAL
    • Estrés: concepto e medida
    • Factores de risco
    • Repercusións psicolóxicas, físicas e organizacionais do estrés
    • O tecno-estrés
    • O burnout

    VIOLENCIA LABORAL
    • Concepto e tipos de violencia no traballo
    • Factores de risco da violencia no traballo
    • Consecuencias da violencia no traballo
    • Mobbing ou acoso laboral

    AVALIACIÓN DE RISCOS PSICOSOCIAIS
    • ¿Que é a avaliación de riscos psicosociais?
    • Fundamentos científicos dos métodos de ARP
    • Pasos nun proceso de ARP
    • Métodos de avaliación de riscos psicosociais

    PREVENCIÓN DOS RISCOS PSICOSOCIAIS
    • Concepto
    • Niveis de intervención
    o Prevención primaria
    o Prevención secundaria
    o Prevención terciaria


    Bibliografía básica e complementaria
    - Del Lïbano, M. y Llorens, S. (2012). Adicción al trabajo. Guías de intervención. Madrid: Síntesis
    - Gil. Monte, P. y Moreno, B. (2007). El síndrome de quemarse por el trabajo (burnout) : grupos profesionales de riesgo. Madrid: Pirámide

    - González de Rivera, J.L. (2005). El maltrato psicológico. Madrid: Espasa-Calpe

    - González-Camino, G. y Osca, A. (2004). Estrés y salud laboral. En A.Osca, (Ed.). Psicología de las Organizaciones. Madrid: Sanz y Torres.

    - Institut of Work, Health and Organizations, I-WHO (2004). La organización del trabajo y el estrés. Organización Mundial de la Salud.

    - - LLorens, S, Salanova. M. y Ventura, M. (2011). Tecnoestrés. Guías de intervención. Madrid: Síntesis

    - Martínez Selva, J.M. (2004). Estrés laboral: Guía para empresarios y empleados. Madrid: Pearson Educación.

    - Morán Astorga, C. (2005). Estrés, burnout y mobbing: recursos y estrategias de afrontamiento. Salamanca: Amarú D.L.
    - Moscoso, S. y Alonso, P. (2013). El bienestar laboral.Publicado en Cantera, L., Pallarés, S. y Selva, C. Del Malestar al Bienestar Laboral .VIPAT, Universidad Autónoma de Barcelona.
    - Rodriguez, A.Mª. y Cifre E. (2012). Flow y bienestar subjetivo en el trabajo. Guías de optimización. Madrid: Síntesis.

    - Salanova, M. (2009). Psicología de la Salud Ocupacional. Madrid: Síntesis


    - Salanova,M., Martínez, I y Lloréns (2005). Psicología Organizacional Positiva. En Palací, F. Psicología de la Organización. Pearson Prentice Hall. Madrid.
    - - Seligman, M. (2011). La vida que florece. Barcelona: Edciones B.

    - Tous, J., Carrión, M.A. y López Barón, F. (2008). Promoción de la Salud Ocupacional. Colección Psicosociología de la Salud Ocupacional, 2. AEPA: Mollet del Vallés, Barcelona.

    Competencias
    -Ser capaz de avaliar a influencia das esixencias cognitivas, emocionais, sensoriais e sociais da contorna laboral sobre o traballador.
    -Ser capaz de adaptar a contorna laboral ao traballador co fin de evitar distintos problemas de saúde.
    -Ser capaz de aplicar as principais técnicas de avaliación e intervención psicolóxica ante a aparición de problemas psicosociais no traballo (estrés, violencia, burnout, mobbing,...).

    Metodoloxía da ensinanza
    As clases expositivas(teóricas)consisten en sesións expositivas e/ou demostrativas de contidos. Para profundar e reforzar os contidos expostos contémplanse os seminarios especializados (clases interactivas), que favorecen a adquisición das competencias específicas da materia, así como a aprendizaxe significativa. Ademais, as clases prácticas (interactivas) teñen como finalidade que o alumno adquira as competencias procedimentais e de investigación propias da materia.

    As titorías supoñen unha relación directa e presencial, para un asesoramento continuo e o profundamento nos contidos teóricos e prácticos do traballo do estudante, así como atender dúbidas.

    As actividades de avaliación teñen unha dobre vertente. Por unha banda, as actividades de avaliación continua que, xunto coas titorías de traballo do curso, lle permitirán ao alumno ter unha retroalimentación constante do seu progreso ao longo do curso, respecto ao seu grao de adquisición de competencias tanto relativas a coñecementos, como a técnicas e actitudes; mentres que, por outro, os exames parciais e o final, tratarán de avaliar o nivel de coñecementos adquirido polo suxeito respecto dos contidos dos temas incluídos no programa da materia.





    Sistema de evaluación
    As clases teóricas avalíanse mediante unha proba teórica, atendendo ao dominio dos coñecementos teóricos e operativos da materia, ademais da asistencia e da participación. Os seminarios teñen a finalidade de profundar nos temas a través da lectura e discusión de artigos e textos especializados, avalíanse mediante os informes, individual ou grupal (traballo en equipo), atendendo á calidade do mesmo (estrutura, orixinalidade, presentación). A cualificación obtida polo alumno no exame final valerá un 70% da cualificación final. A porcentaxe restante corresponderá á cualificación da avaliación continua. Para superar a materia será necesaria unha asistencia mínima ao 80% das actividades docentes presenciais programadas. Manteranse os mesmos criterios de avaliación nas diferentes convocatorias.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    Lectura e preparación do material: 42
    Lectura previa, análise e discusión do material. Informes individuais: 20
    Realización do traballo: 40
    Total horas de traballo persoal: 102

    Recomendacións para o estudo da materia
    Se o alumno non ten ningún coñecemento previo sobre os contidos da materia, recoméndase que ademais de seguir puntualmente as clases lea o material bibliográfico que se presenta no programa.