Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Psicoloxía  »  Información da Materia

P3291208 - Intervención en Psicoloxía Xurídica e Forense (Materias Optativas Vinculadas ao Itinerario Xurídico-Forense) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 20.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Horas de Titorías: 4.00
  • Total: 48.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía, Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
  • Áreas: Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos, Psicoloxía Social
  • Centro: Facultade de Psicoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
GOMEZ FRAGUELA, JOSE ANTONIO.NON
NOVO PEREZ, MERCEDES.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    -Que os alumnos adquiran as competencias e habilidades necesarias para o desenvolvemento das funcións de avaliación e intervención psicolóxica no ámbito da Psicoloxía Xurídica e Forense
    - Que saiban orientar a súa actuación profesional a partir do respecto e a consideración dos principios e valores propios da Psicoloxía Xurídica-Forense así como do Código Deontolóxico da profesión

    Contidos
    Programa Teórico (clases expositivas)
    Tema 1. Intervención con Menores en risco e menores infractores. Marco normativo. Avaliación de risco e necesidades. Programas de Intervención.
    Tema 2. Intervención no ámbito penitenciario. Marco normativo.
    Avaliación e instrumentos de medida. Tratamentos e prevención.
    Tema 3. Intervención con vítimas. Avaliación e intervención. Programas de reparación extraxudicial do dano. Mediación.

    Programa Práctico (clases interactivas)
    Práctica 1. Avaliación de risco e necesidades en menores infractores.
    Práctica 2. Programas de suspensión/substitución de condena en violencia de xénero.
    Práctica 3. Programas de mediación penal.

    Bibliografía básica e complementaria
    Básica.
    AAndrews, D. A., y Bonta, J. (2006). The psychology of criminal conduct (4ª ed.). Cincinnati, OH: Anderson Publishing Co.
    Arce, R., Fariña, F., y Vázquez, M. J. (2011). Grado de competencia social y comportamientos antisociales delictivos y no delictivos en menores. Revista Latinoamericana de Psicología, 43(3), 473-486.
    Borum, R., y Verhaagen, D. A. (2006). Assessing and managing violence risk in juveniles. New York: Guilford Press.
    Expósito, F., y de la Peña, S. (2009) (eds.). Psicología Jurídica de la Violencia y de la delincuencia: Actuaciones con Víctimas y Victimarios. Murcia: Servicio de Publicaciones de la Universidad de Murcia.
    Fariña, F., Arce, R., y Buela-Casal, G. (2009). Violencia de género: Tratado psicológico y legal. Madrid: Biblioteca Nueva.
    Fariña, F., Arce, R., Seijo, D., y Novo, M. (2011). Prevención e intervención en violencia de género y familiar. Santiago de Compostela: Nino.
    Garrido Genovés, V., Stangeland, P., y Redondo Illescas, S. (2006). Principios de criminología (3ª ed.). Valencia: Tirant lo Blanch.
    Novo, M., Fariña, F., Seijo, D., y Arce, R. (2012). Assessment of a community rehabilitation program in convicted male intimate-partner violent offenders. International Journal of Clinical and Health Psychology, 12(2), 219-234
    Redondo, S. (2008). Manual para el tratamiento psicológico de los delincuentes. Madrid: Pirámide.
    Rutter, M., Giller, H., y Hagell, A. (2000). La Conducta antisocial de los jóvenes (M. Condor Trans.). Madrid: Cambridge University Press.
    Wexler, D. (2008). Rehabilitating Lawyers. Principles of Therapeutic Jurisprudence for criminal law practice. Durham: Carolina Academic Press.



    Complementaria.
    A bibliografía complementaria será facilitada ao alumno con cada tema.


    Competencias
    - Ser capaz de avaliar as necesidades e deseñar unha intervención específica deste ámbito.
    - Ser capaz de manexar e aplicar as técnicas de intervención específicas deste ámbito.
    - Ser capaz de avaliar unha intervención propia deste contexto.
    - Ser capaz de divulgar e comunicar de xeito eficaz, entre outros, a destinatarios, profesionais, responsables institucionais e poboación xeral, os resultados das diferentes fases do proceso de estudo de necesidades, establecemento de prioridades e intervención.
    - Ser capaz de orientar a actuación profesional e investigadora por valores de igualdade e respecto dos dereitos dos usuarios

    Metodoloxía da ensinanza
    As clases teóricas consisten en sesións expositivas e / ou demostrativas de contidos. Por outro lado, as clases interactivas posibilitan profundizar e reforzar os contidos expostos, favorecendo a adquisición das competencias procedimentais propias da materia. Para iso, lévanse a cabo seminarios, análise de casos e simulacións de informes psicosociais.
    As titorías posibilitan unha relación directa e presencial, para un asesoramento continuo e para profundizar nos contidos teóricos, prácticos do traballo do estudante, así como para atender dúbidas.
    As actividades de avaliación teñen unha dobre vertente, por un lado, as actividades de avaliación continua, xunto ás titorías de traballo de curso, permitirán ao alumno ter unha retroalimentación constante da súa progresión ao longo do curso, con respecto ao seu grao de adquisición de competencias tanto relativas a coñecementos, como a técnicas e actitudes; mentres que o exame tratará de avaliar o nivel de coñecementos adquirido polo suxeito con respecto aos contidos dos temas incluídos no programa da materia.

    Sistema de evaluación
    As clases expositivas avalíanse mediante unha proba teórica, atendendo ao dominio dos coñecementos teóricos e operativos da materia, ademais da asistencia e a participación. As clases interactivas son avaliadas a través dos criterios de asistencia e calidade dos informes, individual ou grupal (traballo en equipo), atendendo á súa estrutura, orixinalidade e presentación. A cualificación obtida polo alumno no exame final (e / ou exames parciais) valerá ata un 65% da cualificación final. A porcentaxe restante corresponderá á cualificación na avaliación continua. Para superar a materia será necesaria unha asistencia mínima ao 80% das actividades docentes presenciais programadas. Manteranse os mesmos criterios de avaliación nas diferentes convocatorias.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Actividades presenciais.............................................................Horas
    Sesións expositivas.....................................................20
    Seminarios especializados.............................................8
    Clases práticas...........................................................16
    Titorías.......................................................................2
    Avaliación....................................................................2

    Traballo persoal do estudante...................................................Horas
    Lectura e preparación do material de apoio....................25
    Lectura previa, análise e discusión do material.
    Informes individuais e grupais.......................................20
    Análise de casos. Elaboración de informes psicosociais.....28
    Titorías........................................................................4
    Avaliación...................................................................25

    Recomendacións para o estudo da materia
    É aconsellable que o alumno adquira os coñecementos e competencias propias das restantes materias que conforman o itinerario de Psicoloxía Xurídica e Forense.