Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Psicoloxía  »  Información da Materia

P3291210 - Psicoloxía xurídica e forense nos ámbitos penal, civil e social (Materias Optativas Vinculadas ao Itinerario Xurídico-Forense) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 16.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 28.00
  • Horas de Titorías: 4.00
  • Total: 48.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
  • Áreas: Psicoloxía Social
  • Centro: Facultade de Psicoloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
ARCE FERNANDEZ, RAMON.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    - Que os alumnos adquiran coñecementos a un nivel avanzado dos métodos, procedementos e técnicas de avaliación e intervención psicolóxica forense nos ámbitos penal, civil e social.
    - Que os alumnos adquiran coñecementos a un nivel avanzado dos requerimentos éticos e deontolóxicos da práctica profesional como psicólogo forense nos ámbitos penal, civil e social.
    - Que os alumnos aprendan a actuar dentro do principio xeral da xustiza terapéutica, evitar a victimación, facilitar a reinserción social, potenciar a mediación na resolución dos problemas, defender o mellor interese do menor e a reparación do dano.
    - Que os estudantes adquiran un compromiso ético que lles permita desenvolver a súa actividade profesional como psicólogo forense nos ámbitos penal, civil e social dende a defensa e prosecución dos dereitos fundamentais e do principio de accesibilidade universal e igualdade entre homes y mulleres, así como dacordo con valores propios dunha cultura de paz.

    Contidos
    - Programa Teórico (clases expositivas).
    Tema 1. Nocións básicas de dereito penal e procesal, civil e social relacionadas cos peritaxes
    forenses.
    Tema 2. Avaliación clíniva v. forense.
    Tema 3. A entrevista forense da testemuña e clínica.
    Tema 4. Avaliación da credibilidade da testemuña.
    Tema 5. A simulación no contexto legal.

    - Programa Práctico (clases interactivas).
    Prática 1. Entrevista de feitos.
    Prática 2. Entrevista clínica forense.
    Prática 3. Análise de contido das entrevistas.
    Prática 4. Redacción e defensa de informes forenses penais, civis e sociais.

    Bibliografía básica e complementaria
    BÁSICA
    Bull, R., Valentine, T., y Williamson, T. (2009). Handbook of psychology of investigative interviewing: Current developments and future directions. Chichester. John Wiley and Sons.
    Fariña, F., Arce, R., y Buela-Casal, G. (2009). Violencia de género: Tratado psicológico y legal. Madrid: Bibloteca Nueva.
    Fariña, F., Arce , R., Seijo, D., y Novo, M. (2011). Prevención e intervención en violencia de género y familiar. Santiago de Compostela: Nino.
    Jiménez, F. (Coord.) (2001). Evaluación psicológica forense (Vol. 1, 2, 3 4). Salamanca: Amarú.
    Raskin, D. C. (Ed.) (1994). Métodos psicológicos en la investigación y pruebas criminales. Bilbao: Desclée de Brouwer.
    Rogers, R. (Ed.) (1997). Clinical assessment of malingering and deception. Nueva York: Guilford Press.
    Sierra, J. C., Jiménez, E., y Buela-Casal, G. (Coords.) (2006). Psicología forense: Manual de técnicas y aplicaciones. Madrid: Biblioteca Nueva.
    Vrij, A. (2008). Detecting lies and deceit: Pitfalls and opportunities. Chischester: John Wiley and Sons.

    COMPLEMENTARIA.
    Arce, R., y Fariña, F. (2006). Psicología del testimonio: Evaluación de la credibilidad y de la huella psíquica en el contexto penal. En Consejo General del Poder Judicial (Ed.), Psicología del testimonio y prueba pericial (pp.39-103). Madrid: Consejo General de Poder Judicial.
    Arce, R., Fariña, F., Carballal, A., y Novo, M. (2006). Evaluación del daño moral en accidentes de tráfico: Desarrollo y validación de un protocolo para la detección de la simulación. Psicothema, 18(2), 278-283.
    Arce, R., Fariña, F., Carballal, A., y Novo, M. (2009). Creación y validación de un protocolo de evaluación forense de las secuelas psicológicas de la violencia de género. Psicothema, 21(2), 241-247.
    Arce, R., y Fariña, F. (2011). Evaluación forense del acoso moral en el trabajo (Mobbing) mediante el Sistema de Evaluación Global. En M. Matos, R. Abrunhosa, y C. Machado (Coords.), Manual de psicología forense: Contextos, práticas e desafíos (pp. 375-398). Braga, Portugal: Psiquilibros Ediçoes
    Arce, R., Pampillón, M. C., y Fariña, F. (2002). Desarrollo y evaluación de un procedimiento empírico para la detección de la simulación de enajenación mental en el contexto legal. Anuario de Psicología, 33(3), 385-408.
    Archer, R. P. (Ed.) (2006). Forensic uses of clinical assessment instruments. Mahwah. NY: LEA.
    Graham, J. R. (2006). MMPI-2: Assessing personality and psychopathology (4ª ed.). Nueva York: Oxford University Press.
    Vilariño, M., Arce, F., y Fariña, F. (2013). Forensic-clinical interview: Reliability and validity for the evaluation of psychological injury. The European Journal of Psychology Applied to legal Context, 5(1), 1-21.

    The European Journal of Psychology Applied to Legal Context, [Documento WWW] disponible en acceso libre en URL www.usc.es/sepjf


    A bibliografía adicional será proporcionada o alumno en cada unidade temática.


    Competencias
    - Ser capaz de planificar e realizar unha avaliación e peritación psicolóxica-forense en casuísticas penal, civil e laboral.
    - Ser capaz de medir e describir variables (i.e., personalidade, intelixencia e outras aptitudes, patoloxía forense) e procesos cognitivos, emocionais, psicobiolóxicos e conductuais aplicables en casuísticas penal, civil e laboral.
    - Saber analizar e interpretar os resultados dunha avaliación en casuísticas penal, civil e laboral.
    - Ser capaz de realizar avaliacións psicolóxicas e interpretar as súas implicacións nos contextos penal, civil e social (avaliación forense vs. avaliación clínica)
    - Ser capaz de realizar avaluacións psicopatolóxicas e interpretar as implicacións propias dos contextos penal, civil e social (psicopatoloxía forense vs. diagnóstico clínico)
    - Ter capacidade para a defensa oral de informes periciais penais, civis y do social, perante a Administración (de Justicia) e outros destinatarios.
    - Saber orientar a prática e investigación en dirección a evitar ou minimizar a iatroxenia (debriefing, victimización secundaria).
    - Ser capaz de orientar a actuación profesional e investigadora por valores de respecto ós usuarios, imparcialidade e objetividade.

    Metodoloxía da ensinanza
    As clases expositivas (teóricas) consisten en sesións expositivas e/ou demostrativas de contidos. Para profundizar e reforzar os contidos expostos contemplanse seminarios especializados (clases interactivas), que favorecen a adquisición das competencias específicas da materia, así como o aprendizaxe significativo. Ademáis, las clases prácticas (interactivas) teñan como finalidade que o alumno adquira as competencias procedimentais e de investigación propias da materia. Para elo lévase a cabo a análise de casos e simulacións de informes periciais nas xurisdiccións penal, civil e social.
    As titorías supoñen unha relación directa e presencial, para o asesoramiento contínuo e a profundización nos contidos teóricos e prácticos do traballo do estudante, así como atender dúbidas.
    As actividades de avaliación teñen unha dobre vertente. Por un lado, as actividades de avaliación continua que, xunto coas titorías de traballo do curso, permitirán ó alumno ter unha retroalimentación constante do seu progreso ao longo do curso, respeto ó seu grao de adquisición de competencias tanto relativas a coñecementos, como a técnicas e actitudes; mentras que, por outro, os exámenes parciais e o final, tratarán de avaliar o nivel de coñecementos adquirido polo alumno respecto ós contidos dos temas incluídos no programa da materia.

    Sistema de evaluación
    As clases teóricas avalíanse mediante una proba teórica, atendendo ó dominio dos coñecementos teóricos e operativos da materia, ademáis da asistencia e a participación. Os seminarios teñen como finalidade profundizar nos temas a través da lectura e discusión de artigos e textos especializados, avaliánse mediante os informes, individual ou grupal (traballo en equipo), atendendo a calidade do mesmo (estructura, originalidade, presentación). As clases prácticas son avaliadas seguindo os criterios de asistencia e de calidade dos informes periciais e psicosociais. A calificación obtida polo alumno no exame final (e/ou exámenes parciais) suporá ata un 65% da calificación final. A porcentaxe restante corresponderá á calificación na avaliación continua. Para superar a materia será necesaria unha asistencia mínima ao 80% das actividades docentes presenciais programadas. Manteranse os mesmos criterios de avaliación nas diferentes convocatorias.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Actividades presenciais............................................................Horas
    Sesións expositivas...................................................16
    Seminarios especializados............................................9
    Clases práticas..........................................................19
    Titorías......................................................................2
    Avaliación...................................................................2

    Traballo persoal do estudante..................................................Horas
    Lectura e preparación do material de apoio....................20
    Lectura previa, análise e discusión do material.
    Informes individuais....................................................20
    Análise de casos. Elaboración de informes
    periciais e psicosociais. Simulación de casos...................33
    Titorías........................................................................4
    Avaliación...................................................................25

    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase que o alumno faga simulacións, adicionais as feitas nas clases, das competencias profesionais (v.gr., entrevista de feitos, entrevista clínica-forense, redacción de casos, defensa de casos) propias do rol de Psicólogo Forense nos Ámbitos Penal, Civil e Social.
    Observacións
    O alumno debe estar en posesión do título de Licenciado/Graduado en Psicoloxía ou con coñecementos de Psicopatoloxía e Avaliación Psicolóxica.