P3291212 - Psicoloxía Social dos Problemas Sociais (Materias Optativas Vinculadas ao Itinerario de Intervención Social) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 11.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 10.00
- Horas de Titorías: 4.00
- Total: 25.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Áreas: Psicoloxía Social
- Centro: Facultade de Psicoloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia-Que o alumno/a coñeza os contextos propios da intervención sociocomunitaria.
-Que o alumno/a saiba xustar a intervención aos requerimientos normativos e deontolóxicos propios da intervención social e comunitaria.
-Que o alumno saiba aplicar as técnicas e procedementos propios da programación comunitaria
ContidosPrograma Teórico (clases expositivas)
Tema 1. Fundamentos teóricos e axiolóxicos da Intervención Psicosocial.
Tema 2. Marco normativo e contextos da intervención social e comunitaria.
Tema 3. Programación e intervención social e comunitaria.
Programa Práctico (clases interactivas)
Práctica 1. Deseño de programas de intervención sociocomunitarios.
Práctica 2. Avaliación de programas de intervención sociocomunitarios.
Bibliografía básica e complementariaBásica.
Blanco, A., y Rodríguez, J. (2007). Intervención psicosocial. Madrid: Pearson Prentice Hall.
Blanco, A., y Valera, S. (2007). Los fundamentos teóricos y axiológicos de la intervención psicosocial. En A. Blanco y J. Rodríguez Marín (Coords.), Intervención psicosocial (pp. 3-44). Madrid: Prentice Hall.
Dalton, J.H., Ellias, M.J., y Wandersman, A. (2001) Community psychology. Linking individuals and communities. Stanford: Wadsworth, Thomson Learning.
Hombrados, M.I, García, M.A., y López, T. (2006). Intervención social y comunitaria. Málaga: Aljibe.
Jaráiz, G. (2009). El tercer sector de acción social en la intervención comunitaria. Revista Española del Tercer Sector, 12, 101-128.
Maya, I., García, M., y Santolaya, F.J. (2007). Estrategias de intervención psicosocial. Casos prácticos. Madrid: Pirámide.
Maya, I. (2010). De la ciencia a la práctica en la intervención comunitaria. La transferencia del conocimiento científico a la actuación profesional. Apuntes de Psicología, 28, 121-141.
Pineault, R. y Daveluy, C. (1989).La planificación sanitaria. Barcelona: Masson.
Sánchez-Vidal, A. (2002). Psicología social aplicada. Barcelona: Paidós
Complementaria.
A bibliografía complementaria facilitaráselle ao alumno/a con cada tema en función das necesidades e demandas específicas de cada un.
Competencias-Ser capaz de deseñar programas de intervención dende o paradigma de investigación-acción nos ámbitos de actuación da Psicoloxía da Intervención Social.
-Ser capaz de avaliar programas de intervención nos ámbitos de actuación da Psicoloxía da Intervención Social.
-Ser capaz de orientar a actuación profesional e investigadora por valores de igualdade e respeto dos dereitos dos usuarios/as.
Metodoloxía da ensinanza As clases teóricas consistirán en sesións expositivas e / ou demostrativas de contidos. Doutra banda, as clases interactivas posibilitan profundar e reforzar os contidos expostos, favorecendo a adquisición das competencias procedimentais propias da materia. Para iso, lévanse a cabo seminarios, análise de casos e simulacións de programas.
As titorías posibilitan unha relación directa e presencial, para un asesoramento continuo e para profundizar nos contidos teóricos, prácticos do traballo do estudante, así como para atender dúbidas.
Sistema de evaluaciónAs actividades de avaliación teñen unha dobre vertente, por un lado, as actividades de avaliación continua, xunto coas titorías de traballo de curso, permitirán ao alumno ter unha retroalimentación constante da súa progresión ao longo do curso, con respecto ao seu grao de adquisición de competencias tanto relativas a coñecementos, como a técnicas e actitudes; mentres que o exame tratará de avaliar o nivel de coñecementos adquirido polo alumno/a con respecto aos contidos dos temas incluídos no programa da materia.
As clases expositivas avalíanse mediante unha proba teórica, atendendo ao dominio dos coñecementos teóricos e operativos da materia, ademais da asistencia e a participación. As clases interactivas son avaliadas a través dos criterios de asistencia e calidade dos informes, individual ou grupal (traballo en equipo), atendendo á súa estrutura, orixinalidade e presentación. A cualificación obtida polo alumno no exame final (e / ou exames parciais) valerá ata un 65% da cualificación final. A porcentaxe restante corresponderá á cualificación na avaliación continua.
Para superar a materia será necesaria unha asistencia mínima ao 80% das actividades docentes presenciais programadas. Manteranse os mesmos criterios de avaliación nas diferentes convocatorias.
Tempo de estudo e traballo persoalActividades presenciais.........................................................Horas
Sesións expositivas.................................................10
Seminarios especializados.........................................2
Clases prácticas.......................................................8
Titorías...................................................................2
Avaliación..............................................................2
Traballo persoal do estudante................................................Horas
Lectura e preparación do material de apoio....................8
Lectura previa, análise e discusión do material.
Informes individuais e grupais.....................................10
Análise de casos. Simulación de programas...................12
Estudo......................................................................14
Recomendacións para o estudo da materiaPara un mellor aproveitamento da materia recoméndase que o alumno revise os conceptos, procedementos e técnicas propios da intervención social e comunitaria adquiridos en materias afíns.