Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Psicoloxía  »  Información da Materia

P3291215 - Intervención social en violencia e crise (Materias Optativas Vinculadas ao Itinerario de Intervención Social) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 20.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 46.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
  • Áreas: Psicoloxía Social
  • Centro: Facultade de Psicoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
ALZATE GARCIA, MONICA.NON
DURÁN RODRÍGUEZ, MARíA DEL MAR.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Que os alumnos adquiran coñecementos a un nivel avanzado dos conceptos xerais e técnicas de intervención psicosocial sobre violencia intrafamiliar, violencia social, desastres e emerxencias.

    - Que os alumnos adquiran coñecementos a un nivel avanzado dos requirimentos éticos e deontolóxicos da práctica profesional como psicólogos implicados en violencia e desastres.


    Contidos
    Programa Teórico (clases expositivas)


    Bloque 1: Violencia social (clases interactivas)

    Tema 1: Os escenarios da violencia social.

    Tema 2: Estratexias de intervención en violencia social: recuperar o pasado e transformar o presente.

    Tema 3: Estratexias de prevención da violencia social e establecemento de culturas de paz.


    Bloque 2: Desastres e emergencias

    Tema 1: Bases conceptuais da intervención en desastres.

    Tema 2: Intervención psicosocial en situacións de emerxencia.

    Tema 3: Catástrofes, traumas e condutas colectivas.

    Tema 4: Reconstrución do tecido social.

    Tema 5: Desastres, vulnerabilidade e sociedade de risco.


    Programa Práctico

    Práctica 1: Modelo de intervención psicosocial en violencia socio-política.

    Práctica 2: Modelo de intervención psicosocial nos desastres, catástrofes e emerxencias.

    Bibliografía básica e complementaria
    Bloque 1:

    Blanco, A. y Rodríguez, J. (2007). Intervención Psicosocial. España: Pearson-Prentice Hall.

    De Rivera, J., Kurrien, R., y Olsen, N. (2007). The Emotional Climate of Nations and Their Culture of Peace. Journal of Social Issues, 63, 255—271.

    Morales, F. & Leal, J.A. (2004). Indicator for a Culture of Peace in Spain. Peace and Conflict: Journal of Peace Psychology. 10 (2), 147-160.

    Nadler, A., Malloy, T.E., y Fisher, J.D. (2008). The social psychology of intergroup reconciliation. New York: Oxford University Press.

    Summerfield, D. (1998). El impacto de la Guerra y de la atrocidad en las poblaciones civiles. En B. L. Castaño, L.E. Jaramillo & D. Summerfield. Violencia política y trabajo psicosocial. Bogotá- Colombia: Corporación Avre.

    United Nations (1999). Declaration and programme of action on a culture of peace. Resolutions adopted by the General Assembly (resolution 53/243). New York

    Bloque 2:

    Corraliza, J. A. (2000). Vida urbana y exclusión social. Intervención Psicosocial, 9, 169-183.

    San Juan, C. (2001). Catástrofes y ayuda de emergencia. Icaria: Antrazyt.



    Competencias
    - Saber identificar aos individuos e grupos de risco en situacións de violencia intrafamiliar, social, catástrofes e emerxencias (nenos, enfermos, anciáns, etc.).

    -Coñecer e ser capaz de aplicar as técnicas específicas de intervención en violencia, emerxencias e catástrofes.

    - Ser capaz de elaborar proxectos de intervención psicosocial en situacións de violencia intrafamiliar, violencia social, catástrofes e emerxencias.

    - Ser capaz de analizar de forma crítica informes de intervención en violencia intrafamiliar, violencia social, situacións de emerxencia e catástrofes.

    Metodoloxía da ensinanza
    As clases expositivas (teóricas) consisten en sesións expositivas e/ou demostrativas de contidos. Para afondar e reforzar os contidos expostos contémplanse os seminarios especializados (clases interactivas), que favorecen a adquisición das competencias específicas da materia, así como a aprendizaxe significativa. Ademais, as clases prácticas (interactivas) teñen como finalidade que o alumno adquira as competencias procedementais e de investigación propias da materia. Para iso lévase a cabo a análise de casos e simulacións de informes periciais na xurisdición penal, civil e social.
    As titorías supoñen unha relación directa e presencial, para un asesoramento contínuo e o afondamento nos contidos teóricos e prácticos do traballo do estudante, así como atender dúbidas.

    As actividades de avaliación teñen unha dobre vertente. Por un lado, as actividades de avaliación continua que, xunto coas titorías de traballo de curso, permitirán ao alumno ter unha retroalimentación constante da súa progresión ao longo do curso, respecto ao seu grao de adquisición de competencias tanto relativas a coñecementos, como a técnicas e actitudes; mentres que, por outro, os exames parciais e o final, tratarán de avaliar o nivel de coñecementos adquirido polo suxeito respecto aos contidos dos temas incluídos no programa da materia.

    Sistema de evaluación
    As clases teóricas avalíanse mediante un traballo, atendendo ao dominio dos coñecementos teóricos e operativos da materia, ademais da asistencia e a participación. Os seminarios teñen a finalidade de afondar nos temas a través da lectura e discusión de artigos e textos especializados, avalíanse mediante os informes, individual ou grupal (traballo en equipo), atendendo á calidade deste (estrutura, orixinalidade, presentación). As clases prácticas son avaliadas seguindo os criterios de asistencia e de calidade dos informes periciais e psicosociais.

    *Para superar a materia será necesaria unha asistencia mínima do 80% ás actividades docentes presenciais programadas.

    * Materanse os mesmos criterios de avaliación nas diferentes convocatorias.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Actividades presenciais............................................................Horas
    Sesións expositivas.................................................................. 20
    Seminarios especializados.......................................................... 8
    Clases práticas........................................................................ 16
    Titorías.................................................................................... 2
    Avaliación................................................................................ 2
    Total horas presenciais............................................................ 48

    Traballo persoal do estudante..................................................Horas
    Lectura e prepraración do material de apoio................................ 25
    Estudo individual e/ou grupal.................................................... 20
    Preparación de presentaciones orais, debates e semellantes........ 28
    Titorías.................................................................................... 4
    Avaliación................................................................................25
    Total horas de traballo persoal................................................ 102


    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase que o alumno siga estritamente as recomendacións e suxestións dos profesores da materia, así como realice a lectura da bibliografía recomendada.
    Observacións
    O aluno debe estar en posesión do título de Licenciado/Graduado en Psicoloxía.