P3321211 - Avaliación dos problemas de comunicación e linguaxe no T.E.A. (Módulo de Intensificación en Avaliación e Diagnóstico) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 1.50
- Total: 1.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 4.50
- Clase Interactiva Seminario: 6.00
- Horas de Titorías: 1.50
- Total: 12.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Centro: Facultade de Psicoloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia• Coñecer e comprender as características clínicas e evolutivas das alteracións da comunicación e a linguaxe presentes nos TEA, e as súas relacións con outros ámbitos do desenvolvemento.
• Coñecer e comprender os principais modelos teóricos para a conceptualización dos TEA, e as súas relacións coas alteracións da comunicación e a linguaxe identificadas.
• Coñecer os obxectivos, estrutura e procedementos de aplicación das principais estratexias e instrumentos para a avaliación da comunicación e a linguaxe nos TEA.
• Saber seleccionar e aplicar algúns dos instrumentos máis representativos para a avaliación da linguaxe e a comunicación en TEA, e interpretar axeitadamente os datos provenientes da devandita avaliación.
Contidos1. Os TEA: Concepto e clasificación. Perspectiva histórica e enfoques actuais
2. Modelos teóricos na conceptualización do Autismo. Relacións co desenvolvemento lingüístico e comunicativo.
3. Alteracións da comunicación prelingüística nos TEA. Principais estratexias e instrumentos de avaliación. Interpretación e valoración.
4. Alteracións do fala e a linguaxe nos TEA: aspectos prosódicos, fonolóxicos, semánticos, morfosintácticos e pragmáticos. Principais estratexias e instrumentos de avaliación. Interpretación e valoración.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica
Baron Cohen, S. (2010). Autismo y Síndrome de Asperger. Madrid: Alianza
Frith, U. (1999). Autismo: hacia una explicación del enigma. Madrid: Alianza
Martos, J. & Perez Juliá, M. (2002). Autismo: un enfoque orientado a la intervención en logopedia. Valencia: Nau Llibres
Narbona, J, Chevrie-Muller, C. (2001). 2ª Edición. El lenguaje del niño. Desarrollo normal, evaluación y trastornos. Madrid: Elsevier
Rivière, A. y Martos, J. (1997). El Tratamiento del Autismo. Nuevas Perspectivas. Madrid: APNA y Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales.
Bibliografía complementaria
Bishop, D. & Leonard L. B., Ed. (2001). Speech and language impairments in children. Causes characteristics, intervention and outcome. Hove, UK, Psychology Press.
Happe, F. (2006). Introducción al autismo. Madrid: Alianza
Rice M & Warren SF (eds. 2004). Developmental language disorders: from phenotypes to etiologies. Mahwah, NJ: Erlbaum; 2004.
Riviere, A. & Martos, J. (2000). El niño pequeño con autismo. Madrid: APNA
Rondal, J.A., Seron, X. (1991). Trastornos del lenguaje 1, 2 y 3. Barcelona: Paidos
Russel, J. (1999). El autismo como trastorno de la función ejecutiva. Madrid: panamericana
Schwartz, R.G. (2009). Handbook of child language disorders. New York: Psychology press.
Competencias• Coñecer, recoñecer e discriminar, de entre outras alteracións, os trastornos da comunicación e a linguaxe asociados aos Trastornos de Espectro Autista.
• Coñecer e aplicar os modelos, técnicas e instrumentos de avaliación empregados nas alteracións da linguaxe e a comunicación asociadas aos TEA
• Realizar a avaliación integral das alteracións da linguaxe e a comunicación nos trastornos do espectro autista
• Redactar un informe de avaliación
• Capacidade de observar e escoitar de forma activa
• Capacidade de análise e síntese
Metodoloxía da ensinanza Proponse unha metodoloxía activa e participativa que combinará clases expositivas, utilizadas para introducir os aspectos básicos do temario, xunto coa presentación e discusión de de materiais audiovisuais que sirvan como elementos exemplificadores dos contidos básicos da materia. As clases interactivas, ademais, considerarán a resolución de supostos prácticos na cal o alumno poderá planificar un proceso de avaliación ou eventualmente aplicar algúns dos instrumentos máis representativos en TEA. Por último, o alumno dedicará parte do tempo de traballo autónomo a realizar unha busca orientada de material de afondamento, conducente á elaboración dun traballo monográfico final sobre algún dos ámbitos e/ou instrumentos de evacuación abordados no temario.
Sistema de evaluaciónRealizarase a partir de:
- Realización de traballos breves que poderán consistir en: Elaboración e presentación de casos prácticos, recensións e comentario de lecturas, busca e confección de fichas técnicas sobre materiais de avaliación ou presentación de artigos de investigación pertinentes e a elección do alumno (40%)
- Presentación dun traballo monográfico final no que o alumno afondará en algun aspecto específico dos temas presentados no temario (60%)