Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Psicoloxía  »  Información da Materia

P3321218 - Intervención nos problemas de comunicación e linguaxe en T.E.A.: propostas informáticas para a intervención (Módulo de Intensificación en Intervención) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Departamento Externo
  • Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Área Externa para o postgrao oficial
  • Centro: Facultade de Psicoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
RESCHES ZLOTNIK, MARIELA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaNONNON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    • Coñecer e comprender os principios xerais da intervención nos TEA, con especial referencia ao ámbito da comunicación e a linguaxe.
    • Coñecer e analizar criticamente os principais modelos teóricos que fundamentan as estratexias e/ou programas de intervención comunmente aplicados nos TEA
    • Coñecer os obxectivos, estrutura e procedementos dos principais programas de intervención aplicados en TEA.
    • Seleccionar, adaptar e implementar algúns dos procedementos e/ou programas máis representativos para o desenvolvemento da linguaxe e a comunicación en TEA.
    • Deseñar, implementar e avaliar un programa de intervención adaptado ás necesidades de cada caso concreto.

    Contidos
    1. Principios xerais de intervención nos TEA.

    2. Principais modelos de intervención: enfoques conductuales, evolutivos e sociopragmáticos.

    3. Programas globais de intervención (ABA; TEACCH; SCERTS). Fundamentos, procedementos e avaliación de resultados.

    4. Procedementos específicos de intervención: intervención en habilidades pragmáticas e mentalistas.

    5. Determinación do perfil lingüístico e comunicativo individualizado e selección de estratexias de intervención apropiadas.

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica

    Martos, J. & Perez Juliá, M. (2002). Autismo: un enfoque orientado a la intervención en logopedia. Valencia: Nau Llibres
    Riviere, A. (2001). Autismo: orientaciones para la intervención educativa. Madrid: Trotta.
    Rivière, A. y Martos, J. (1997). El Tratamiento del Autismo. Nuevas Perspectivas. Madrid: APNA y Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales.
    Salvadó-Salvadó, B; Palau-Baduell, M.; Clofent Torrentó, M.; Montero Camacho, M & Hernández Latorre, M. (2012). Modelos de intervención global en personas con trastornos del espectro autista. Rev. Neurol., 54 (1), 63- 71
    Tamarit J. (2010). Buenas prácticas profesionales en la intervención en personas con TEA. XV Congreso Nacional Profesionales del Autismo. Zaragoza, España.
    Valdez, D. (comp., 2005). Evaluar e intervenir en autismo. Madrid: Machado libros

    Bibliografía complementaria

    Gerber, S. (2003). A developmental perspective on language assessment and intervention for children on the autism spectrum. Topics in language disorders, 23, 72-95.
    Howlin, P. ; Barón Cohen, S. & Hadwin, J. (2006). Enseñar a los niños autistas a comprender a los demás. Guía práctica para educadores. Barcelona: CEAC
    Lovaas, O.I. (2002). Teaching individuals with developmental delays. Basic intervention techniques. Austin: TX: PRO-ED
    Monfort, M. & Monfort, I. (2001). En la mente. Un soporte para el entrenamiento de habilidades pragmáticas en niños. Madrid: Entha
    Prizant, B., Wetherby, A & Rydell, P. (2000). Communication intervention issues for children with ASD. En: A. Wetherby & B. Prizant (eds.) Autism spectrum disorders: a transactional developmental perspective. Baltimore: Paul Brookes
    Sussman, F. (2001). More than words. Helping parents and professionals promote communication and social skills in children with ASD. The Hanen Centre. National Library of Canada
    Sussman, F. (2006). Talkability: People skills for verbal children on the autism spectrum. The Hanen Centre. National Library of Canada

    Competencias
    • Coñecer os principios xerais da intervención nas alteracións da linguaxe e a comunicación nos TEA
    • Coñecer e aplicar os principais modelos e técnicas de intervención nos TEA, con especial referencia ao ámbito da linguaxe e a comunicación.
    • Deseñar, implementar e avaliar intervencións na área da linguaxe e a comunicación en TEA nos ámbitos familiar, escolar e clínico, e en colaboración con outros profesionais.
    • Capacidade de organizar e planificar
    • Resolver problemas en forma activa

    Metodoloxía da ensinanza
    Proponse unha metodoloxía activa e participativa que combinará as clases expositivas xunto coa presentación e discusión de materiais audiovisuais que sirvan como elementos ejemplificadores dos contidos básicos da materia. As clases interactivas, ademais, considerarán o estudo de casos, nos cales se poderá analizar criticamente a intervención realizada ou ben planificar un proceso de intervención aplicando algunhas das estratexias e/ou programas máis utilizados en TEA. Por último, o alumno dedicará parte do tempo de traballo autónomo a realizar unha busca orientada de material de afondamento, conducente á elaboración dun traballo monográfico final sobre algún dos ámbitos e/ou programas de intervención abordados no temario.
    Sistema de evaluación
    Realizarase a partir de:

    - Realización de traballos breves que poderán consistir en: elaboración e presentación de casos prácticos, recensións e comentario de lecturas, busca e confección de fichas técnicas sobre programas de intervención ou presentación de artigos de investigación pertinentes e a elección do alumno (40%)

    - Presentación dun traballo monográfico final no que o alumno afondará nalgún aspecto específico dos temas presentados no temario (60%)