P2151101 - Habilidades terapéuticas do psicóloco xeral sanitario (Módulo Específico) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 10.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Áreas: Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
- Centro: Facultade de Psicoloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO estudante ao finalizar esta materia deberá:
. Saber a relevancia que ten a relación terapéutica no seu traballo clínico e como mellorar esta nos contextos de intervención.
. Ser capaz de poñer en práctica unha boa relación terapéutica cos pacientes nos que vai intervir.
. Coñecer os distintos factores do cliente/paciente, do terapeuta e do contexto que se relacionan con lograr ou non unha boa relación terapéutica e como unha vez detectados mellorar estes.
. Desenvolver axeitadas habilidades clínicas para poñer en práctica unha intervención psicolóxica.
Contidos- Introdución. Habilidades terapéuticas xerais e específicas
- A relación terapéutica.
Factores que inflúen na relación terapéutica efectiva. Factores do cliente, do terapeuta e do contexto.
Identificación e manexo das emocións en psicoterapia e na relación terapéutica.
- Habilidades e estratexias de comunicación.
- Manexo de situacións difíciles
- Estratexias para mellorar a adherencia ao tratamento.
- O traballo con outros profesionais. Elaboración de informes psicolóxicos.
Bibliografía básica e complementariaBurns, G.W. (2003). El empleo de metáforas en psicoterapia. 101 historias curativas. Barcelona: Masson.
Caro, I. (2007). Manual teórico-práctico de psicoterapias cognitivas. Bilbao: Desclée de Brouwer.
Corey, G. (1995) Teoría y práctica de la terapia grupal. Bilbao: Desclée de Brouwer.
Cormier, W.H. y Cormier, L.S. (1996, 2ª ed.). Estrategias de entrevista para terapeutas.
Bilbao: Desclée de Brouwer.
Gavino, A. (2003). Tratamientos psicológicos y trastornos clínicos. Madrid: Pirámide.
Goldstein, W.N. (2001). Iniciación a la psicoterapia. Madrid: Alianza Editorial.
Kanfer, F.H. y Golstein, A.P. (1987). Cómo ayudar al cambio en psicoterapia. Bilbao: Desclée de Brouwer.
Labrador, F. J. (Ed.) (2011). Situaciones difíciles en terapia. Madrid: Pirámide.
Labrador, F. J. y Crespo, M. (Eds.) (2012). Psicología clínica basada en la evidencia. Madrid: Pirámide.
Meichembaum, D. y Turk, D.C. (1991). Cómo facilitar el seguimiento de los tratamientos terapéuticos. Bilbao: Desclée de Brouwer.
Miller, W.R. y Rollnick, S.R. (1999). La entrevista motivacional. Preparar para el
cambio de conductas adictivas. Barcelona: Paidós
Ruiz, M.A. (1998). Habilidades terapéuticas. En Vallejo, M.A. (Ed.), Manual de terapia de conducta, (Vol I, pp. 83-131). Madrid: Dykinson.
Ruiz, M.A. y Villalobos, A. (1994). Habilidades terapéuticas. Madrid: Fundación Universidad-Empresa.
Saldaña, C. (2008). Habilidades y competencias terapéuticas. En F.J. Labrador (Coor.), Técnicas de modificación de conducta (pp. 642-658). Madrid: Pirámide.
Shapiro, D. L. y Smith, S. R. (2011). Malpractice in psychology. Washington, DC: American Psychological Association.
Wachtel, P. L. (2011). Inside the session. What really happens in psychotherapy. Washington, DC: American Psychological Association.
CompetenciasBÁSICAS E XERAIS
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
Coñecer en profundidade os distintos modelos de avaliación e intervención no campo da Psicoloxía Xeral Sanitario, así como as técnicas e procedementos que deles se derivan para a abordaxe dos trastornos do comportamento e os factores psicolóxicos asociados cos problemas de saúde.
Mostrar habilidades de comunicación interpersoal e de manexo das emocións axeitadas para unha interacción efectiva cos pacientes, familiares e coidadores nos procesos de identificación do problema, avaliación, comunicación do diagnóstico e intervención e seguimento psicolóxicos.
Aplicar os fundamentos da bioética e o método de deliberación na práctica profesional, axustándose o seu exercicio como profesional sanitario ao disposto na Lei 44/2003, do 21 de novembro, de ordenación das profesións sanitarias.
TRANSVERSAIS
Saber desenvolver o seu traballo dende a perspectiva da calidade e a mellora continua, coa capacidade autocrítica necesaria para un desempeño profesional responsable.
Saber comunicar e comunicarse con outros profesionais, e dominar as habilidades necesarias para o traballo en equipo e en grupos multidisciplinares.
Saber analizar dende un punto de vista ético os problemas e as súas posibles solucións.
ESPECÍFICAS
Saber proporcionar retroalimentación aos destinatarios de forma axeitada e precisa co fin de implicalos nas distintas fases do proceso de avaliación e intervención psicolóxicas.
Metodoloxía da ensinanza O contido do programa desenvolverase no horario de clases establecido a tal fin, mediante clases maxistrais/expositivas e interactivas co apoio de material audiovisual.
Sistema de evaluación1. A asistencia ás sesións presenciais considérase obrigatoria (mínimo 80%).
2. O contido do programa da materia avaliarase a través dun exame, tipo proba obxectiva e/ou preguntas curtas. As prácticas avaliaranse a través do traballo realizado nestas (informes e/ou participación activa). Tamén se propoñerá a realización dun traballo sobre un tema do programa que deberá ser exposto en clase. A nota final da materia descansará na suma da cualificación obtida no exame do contido teórico (70%), máis a nota de prácticas e o traballo realizado (30%).
Tempo de estudo e traballo persoalO establecido segundo os créditos da materia (3 créditos ECTS)
Recomendacións para o estudo da materia- Asistir regularmente ás actividades presenciais da materia
- Participar e implicarse activamente nas clases.
- Levar ao día a materia e realizar as actividades que se programen.