Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Psicoloxía  »  Información da Materia

P2151105 - Intervención psicolóxica na nenez e na adolescencia (Módulo Específico) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 36.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
  • Áreas: Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
  • Centro: Facultade de Psicoloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Romero Triñanes, Estrella.SI
Villar Torres, Paula.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    1. Proporcionar os coñecementos necesarios para entender como se desenvolven os problemas psicolóxicos na infancia e na adolescencia que se manifestan no ámbito familiar e educativo

    2. Capacitar para a identificación, a delimitación e a análise das alteracións emocionais e comportamentais infanto-xuvenís nos contextos familiar e escolar

    3. Dar a coñecer as consecuencias psicolóxicas en nenos e adolescentes en situación de risco e as posibles estratexias de prevención e intervención a desenvolver en tales circunstancias

    4. Ensinar as habilidades profesionais necesarias para planificar e desenvolver programas de intervención psicolóxica na infancia e na adolescencia, incluindo a valoración das necesidades e obxectivos a considerar, así como dos recursos dispoñibles

    5. Capacitar para levar a cabo unha axeitada avaliación dos efectos dos programas de intervención e realizar o seu seguimento

    Contidos
    Tema 1. Aportacións da perspetiva do desenvolvemento á comprensión dos problemas psicolóxicos na nenez e na adolescencia

    Tema 2. Cuestións conceptuais, consideracións éticas e peculiaridades asociadas á avaliación e intervención psicolóxicas na nenez e adolescencia

    Tema 3. Conceptualización e factores precipitantes/protectores dos problemas psicolóxicos internalizantes en nenos e adolescentes

    Tema 4. Avaliación e intervención sobre os problemas psicolóxicos internalizantes en nenos e adolescentes

    Tema 5. Conceptualización e factores precipitantes/protectoras dos problemas psicolóxicos externalizantes e nenos e adolescentes

    Tema 6. Avaliación e intervención sobre problemas psicolóxicos externalizantes en nenos e adolescentes

    Tema 7. Nenos e adolescentes en situación de risco. Consecuencias para a saúde psicolóxica e estratexias de prevención e intervención

    Bibliografía básica e complementaria
    Barkley, R.A. (2006). Niños hiperactivos: Cómo comprender sus necesidades especiales. Barcelona: Paidós.
    Buendía, J. (2005). Psicopatología en niños y adolescentes: Desarrollos actuales. Madrid: Pirámide

    Cerezo, F. (1999). Conductas agresivas en la edad escolar: Aproximación teórica y metodológica, propuestas de intervención. Madrid: Pirámide

    Ezpeleta, L. (Ed.) (2005). Factores de riesgo en psicopatología del desarrollo. Barcelona: Masson

    Frick, P.J., Barry, C.T. e Kaumphaus, R.W. (2010). Clinical assessment of child and adolescent personality and behavior. Nueva York: Springer

    Kazdin, A. E. e Weisz, J.R. (Eds.)(2003). Evidence-based psychotherapies for children and adolescents. Nueva York: Guilford

    Méndez, F.X. e Maciá, D. (Eds.) (1995). Modificación de conducta en niños y adolescentes. Madrid: Pirámide

    Méndez, F.X., Espada, J.P. e Orgilés, M. (Coord.) (2006). Terapia Psicológica con niños y adolescentes: Estudio de casos clínicos. Madrid: Pirámide

    Moreno, I. (2002). Terapia de conducta en la infancia: Guía de intervención. Madrid: Pirámide

    Romero, E., Villar, P., Luengo, M.A., Gómez-Fraguela, J.A. e Robles, Z. (en prensa). EmPeCemos: Programa para la intervención en problemas de conducta infantiles. Madrid: TEA

    Sells, C.P. (1998). Treating the tough adolescent. A family-based, step-by-step guide. Nueva York: Guilford
    Competencias
    Que o/a estudante, ao finalizar a materia, sexa capaz de:

    • Aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas a circunstancias novas o poco comúns no ámbito da intervención en nenos e adolescentes

    • Recoñecer e integrar os fundamentos psicolóxicos que subxacen aos problemas de saúde mental infanto-xuvenís, así como aos factores sociais e biolóxicos que poidan afectalo

    • Asumir as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuicios en materia de intervención en nenos e adolescentes

    • Planificar, realizar e, no seu caso, supervisar o proceso de avaliación psicolóxica das alteracións do comportamento na infancia e na adolescencia e dos factores psicolóxicos asociados

    • Deseñar, desarrollar e avaliar plans e programas de intervención psicolóxica apropiados para a abordaxe dos distintos problemas internalizantes e externalizantes na infancia e na adolescencia

    • Mostrar habilidades de comunicación interpersonal e de manexo das amocións axeitadas para unha interacción eficaz dos destinatarios da intervención psicolóxica (e.g., nenos ou adolescentes, os seus familiares e os seus profesores)

    • Saber proporcionar retroalimentación a los destinatarios de forma adecuada y precisa con el fin de implicarlos en las distintas fases del proceso de evaluación e intervención psicológicas.

    • Buscar y utilizar información científica actualizada sobre os problemas de saúde mental na infancia e na adolescencia e as aportacións da Psicoloxía para a súa intervención

    Metodoloxía da ensinanza

    En cada clase semanal repartirase o tempo entre a exposición dos contidos teóricos da materia (docencia expositiva) e o debate/discusión ou o traballo práctico do estudio de casos (docencia interactiva de seminario).

    A parte expositiva das clases incorporará, para cada tema, a introducción (especificando os apartados, as lecturas básicas e os obxectivos a acadar) e explicación dos tópicos básicos do programa, así como a abordaxe das cuestións que xurdan entre o alumnado. Ademáis formularánse na aula interrogantes ou problemas concretos para motivar e reforzar o interés do alumnado e provocar a implicación activa dos/as estudantes no tema que está sendo tratado.

    A parte interactiva incluirá actividades diversas, tales como análise reflexiva de casos ou de documentación audiovisual e tarefas de diseño e planificación de intervencións ante problemáticas diferentes no ámbito da saúde mental infanto-xuvenil. Por definición, tales actividades serán de carácter grupal e supoñen a posta en funcionamento e de técnicas de aprendizaxe cooperativa. Ademáis propoñerase un traballo individual para ser realizado fóra da aula. A finalidade desta actividade é que os/as alumnos/as profundicen nas posibles utilidades que a materia ofrece no exercicio da súa profesión. Es importante puntualizar que, si ben esta actividade complementaria ten carácter voluntario, non é traballo libre e a súa elaboración demanda orientación e supervisión docente. Instarase ao estudante a que realice unha breve presentación pública do traballo que permita plantear un debate global con toda a clase na que se intercambiarán preguntas e comentarios relevantes sobre o tópico abordado.

    Como apoio á materia, o alumnado dispondrá dunha aula virtual no Campus Virtual da USC (http://www.usc.es/campusvirtual/)

    Sistema de evaluación
    Na avaliación da materia, tomarase en consideración tanto a valoración do grao de coñecemento adquirido polo alumnado en relación aos contidos da materia, como a valoración continua do proceso de aprendizaxe reflectido na realización das actividades propostas ao largo do curso. O rendimento no exame teórico tendrá un peso do 70% da calificación final do alumno (máximo 7 puntos). O 30% restante da nota obterase a través do traballo realizado polo alumnado en base ás actividades interactivas propostas na aula (20%; máximo 2 puntos) e o traballo voluntario (10%, máximo 1 punto).
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Ademáis das 36 horas expositivas presenciais, estímase que o tempo de traballo persoal do estudantado requerido para superar a materia será de 76,5 horas.



    Recomendacións para o estudo da materia
    Tal e como se organiza a materia, a súa superación implica adquirir a capacidade para entender, diferenciar e relacionar conceptos e ideas. Para conseguilo recoméndase o aproveitamento de todos os recursos metodolóxicos que se pon ao alcance do alumnado, isto é, a asistencia ás clases expositivas acompañada da revisión e estudio diario dos contidos, así como a participación activa nas clases interactivas e a implicación nas actividades complementarias.