Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Psicoloxía  »  Información da Materia

P2151106 - Intervención en Psicoloxía da Saúde (Módulo Específico) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 26.00
  • Clase Interactiva Seminario: 9.00
  • Horas de Titorías: 1.00
  • Total: 36.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
  • Áreas: Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
  • Centro: Facultade de Psicoloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Vazquez Rodriguez, Maria Isabel.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    .Coñecer e saber poñer en práctica un concepto de saúde integral, recoñecendo a influencia dos aspectos psicolóxicos nos estados de saúde-enfermidade, no proceso de atención sanitaria e na prevención, tratamento e rehabilitación en distintos trastornos de saúde.
    . Saber planificar unha sesión de avaliación e saber seleccionar e aplicar as técnicas de avaliación e diagnóstico psicolóxico, así como saber analizar e interpretar os resultados da avaliación, en función das características dos destinatarios, dos obxectivos da intervención e do problema de saúde de que se trate.
    . Saber planificar unha intervención psicolóxica, e saber seleccionar e aplicar as técnicas, en función das características dos destinatarios, dos obxectivos da intervención (prevención, tratamento ou rehabilitación) e do problema de saúde de que se trate, atendendo aos niveis de eficacia, efectividade e eficiencia que presentan.
    . Ser capaz de realizar o seguimento da intervención psicolóxica no ámbito da Psicoloxía da Saúde e saber proporcionar retroalimentación aos destinatarios co fin de implicalos nas distintas fases do proceso de avaliación e tratamento.
    . Coñecer a interrelación que existe entre o traballo do psicólogo da saúde e outros profesionais que traballan no campo da saúde física, definindo dende a interdisciplinariedade as achegas e limitacións do psicólogo, e poñendo a énfase na necesidade de integrar os diversos perfís profesionais capaces de complementarse na tripla dimensión biopsicosocial da saúde.
    . Dispoñer das competencias necesarias para a aprendizaxe autónoma, a posta ao día e a formación continua no ámbito da Psicoloxía da Saúde, que permitan abordar situacións complexas ou pouco coñecidas, así como mellorar e potenciar a práctica clínica.

    Contidos
    Programa

    Tema 1.Intervención psicolóxica e saúde: características e obxectivos.
    Tema 2. Intervención psicolóxica para o control do estrés na prevención e o tratamento da enfermidade.
    Tema 3. A intervención psicolóxica en condutas relacionadas cos procesos de saúde/enfermidade.
    Tema 4. Intervención psicolóxica no proceso de atención sanitaria.
    Tema 5. Intervención psicolóxica en distintos trastornos de saúde: trastornos cardiovasculares,
    cancro, trastornos respiratorios, trastornos gastrointestinais


    Bibliografía básica e complementaria
    Boll, T.J., Frank, R.G., Baum, A., & Wallander, J.L. (2004). Models and perspectives in health psychology. Washington: American Psychological Association.

    Boll, T.J., Raczynsky, J.M., & Leviton, L.C. (2004). Disorders of behaviour and health. Washington: American Psychological Association.

    Boll, T.J., Bennett, S., Perry, N., & Rozensky, R.H. (2002). Handbook of clinical Health Psychology. Volume 1. Medical Disorders and Behavioral Applications. Washington DC APA

    Buceta, J.M., Bueno, A.M., & Mas, B. (2000). Intervención psicológica en trastornos de la salud. Madrid: Dykinson.

    Buceta, J.M., Bueno, A.M., & Mas, B. (2001). Intervención psicológica y Salud: control del estrés y conductas de riesgo. Madrid: Dykinson.

    Camic, P.M., & Knight, S.J. (2004). Clinical handbook of health psychology: A practical guide to effective interventions. Ashland: Hogrefe and Huber Publishers.

    Contrada, R.J. (2011). The handbook of stress science: Biology, psychology and health. New York: Springer Publishing.

    Costa, M., & López, E. (2008). Educación para la salud: Guía práctica para promover estilos de vida saludables. Madrid: Pirámide.

    Crespo, M., & Labrador, F.J. (2003). Estrés. Madrid: Síntesis.

    Cruzado J.A. (2010). Tratamiento psicológico en pacientes con cáncer. Madrid: Síntesis

    Folkman, S. (2011). The Oxford handbook of stress, health, and coping. New York: Oxford University Press

    Gutiérrez, T., Raich, R.M., Sánchez, D., & Deus, J. (2003). Instrumentos de evaluación en Psicología de la Salud. Madrid: Alianza editorial.

    Hunte, C.L., Goodie, J.L., Oordt, M.S., & Dobmeyer AC (2009). Integrated behavioural health in primary care. Washington DC: American Psychological Association.

    Lazarus, R.S. (2000). Estrés y Emoción: Manejo e Implicaciones en Nuestra Salud. Bilbao: Desclée de Brouwer.

    Luecken, L.J., & Gallo, L.C. (2008). Handbook of physiological research methods in health psychology. London: SAGE publications.


    Marks, D.F., Murray, M., Evans, B., Willig, C., Woodall, C., & Sykes, C.M. (2005). Health Psychology: Theory, research and practice. Thousand Oaks, CA: Sage Publications.

    Miles, J., & Gilbert, P. (2005). A handbook of research methods for clinical and health psychology. New York: Oxford University Press.

    Murray, M. (2004). Critical health psychology. New York: Palgrave Macmillan.

    Ogden, J. (2003). Health Psychology: A Text Book. Buckingham: Open University Press.

    Pérez-Álvarez, M, Fernández-Hermida J R, Fernández-Rodríguez C, & Amigo I. (2003) Guía de tratamientos psicológicos eficaces II. Psicología de la Salud. Madrid: Pirámide.

    Remor, E., Arranz, P., & Ulla, S. (2003). El psicólogo en el ámbito hospitalario. Bilbao: Desclée de Brouwer

    Rodríguez-Marín, J., & Neipp-López, M. (2008). Manual de psicología social de la salud. Madrid: Síntesis.

    Rosa-Alcázar, A.I., Olivares-Olivares, P.J., & Olivares, J. (2012). Psicología de la salud en la infancia y adolescencia. Casos prácticos. Madrid: Pirámide.

    Straub, R. (2002). Health psychology: a biopsychosocial approach. New York: Worth Publishers

    Suls, J.M., Davidson, K.W., & Kaplan, R. (2010). Handbook of health psychology and behavioural medicine. New York: Guilford Press.

    Vallejo-Pareja, M.A, & Comeche-Moreno, M.I. (2005). Psicología clínica y de la salud: Avances y perspectivas. Madrid: Minerva Edición.


    Competencias
    Básicas

    -Adquirir as habilidades de aprendizaxe que permitan continuar estudando no ámbito da Psicoloxía da Saúde dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.


    Xerais

    - Adquirir, desenvolver e poñer en práctica un concepto de saúde integral, que contemple os compoñentes biopsicosociais desta, de acordo coas directrices establecidas pola OMS.
    - Coñecer en profundidade os factores psicosociais asociados aos problemas de saúde e enfermidade.
    - Saber planificar, realizar e, no seu caso, supervisar o proceso de avaliación psicolóxica do comportamento humano e dos factores psicolóxicos asociados cos problemas de saúde para establecer a avaliación destes.
    - Saber deseñar, desenvolver e, no seu caso, supervisar e avaliar plans e programas de intervención psicolóxica, en función da avaliación psicolóxica e das variables de tipo individual e social que concorran en cada caso.

    Transversais

    - Coñecer e saber manexar fontes de documentación científica bibliográfica e dixital estandarizadas a nivel internacional no ámbito da Psicoloxía da Saúde
    - Coñecer e saber utiliazar e saber analizar criticamente as fontes de información clínica.

    Específicas

    - Ser capaz de planificar e desenvolver unha sesión de avaliación e intervención, establecendo hipóteses das que deducir enunciados contrastables.
    - Saber seleccionar e aplicar as técnicas e os instrumentos de avaliación máis convintes para cada caso de acordo coas súas características e contexto.
    - Saber analizar e interpretar os resultados dunha avaliación psicolóxica no ámbito da Psicoloxía da Saúde
    - Saber elixir e aplicar as técnicas de intervención psicolóxica máis axeitadas de acordo coa súa finalidade (prevención, rehabilitación, consello, asesoramento... etc.) no ámbito da Psicoloxía da Saúde
    - Saber planificar e desenvolver unha intervención psicolóxica, establecendo obxectivos pertinentes e realistas en función das características do problema e o contexto.
    - Saber realizar o seguimento dunha intervención psicolóxica, de acordo cos fins fixados, para introducir, se fose o caso, cambios nesta durante o seu desenvolvemento.
    - Saber deseñar programas de prevención e de promoción da saúde psicolóxica en función dos factores relevantes (de risco e protección) e os recursos dispoñibles
    - Coñecer o marco de actuación propio do psicólogo xeral sanitario e saber derivar ao profesional especialista correspondente



    Metodoloxía da ensinanza
    -Sesións expositivas: para introducir e explicar a información máis relevante, así como para clarificar e organizar os contidos do programa, utilizarase a clase maxistral participativa, utilizando os materiais de apoio que sexan pertinentes. Nestas sesións facilitarase bibliografía básica de referencia para traballar cada tema e poderán introducirse distintas actividades.

    -Sesións interactivas: para afondar na vertente aplicada dos contidos teóricos deséñanse seminarios e distintas actividades en grupos reducidos, así como o adestramento no deseño de programas de avaliación e intervención, co fin de que o alumno adquira as competencias procedementais e de investigación propias da materia.

    -Traballo autónomo do alumno: Ademais da elaboración dos informes correspondentes ás actividades das sesións expositivas e interactivas, e das horas de estudo que a materia require para unha axeitada asimilación dos contidos desta, o alumno realizará un traballo (ben de forma individual ou ben en grupos reducidos) sobre algún dos trastornos de saúde abordados no programa

    Sistema de evaluación
    -Exame final no que se avaliará o grao de adquisición dos contidos abordados nas sesións expositivas e interactivas e o material bibliográfico indicado. A nota obtida no exame supón o 70% da cualificación final. É imprescindible ter superado o exame para aprobar a materia. No caso de non ter obtido un aprobado nesta proba a cualificación final será a nota obtida no exame sobre 10.

    -Informes das actividades desenvolvidas nas sesións interactivas e das actividades realizadas nas clases expositivas. É imprescindible ter asistido e realizado polo menos o 80% das actividades propostas para aprobar a materia. A cualificación obtida supón o 20% da nota final.

    -Realización e exposición dun traballo sobre un trastorno de saúde. Avaliaranse as competencias de selección, síntese, elaboración e presentación da información, a capacidade para especificar a demanda e obxectivos en diferentes problemas e trastornos de saúde, e a adecuación do deseño da avaliación e o plan de intervención. A cualificación obtida supón o 10% na cualificación final, sempre e cando se aprobase o exame final.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Clases Expositivas 26 h
    Clases interactivas 9 h
    Titorías en grupos reducidos 1 h
    Actividades de Estudo 40 h
    Elaboración de informes e traballos
    (individuais e/ou grupo) 37 h

    Recomendacións para o estudo da materia
    É aconsellable seguir as orientacións en relación coa metodoloxía docente para alcanzar os obxectivos e as competencias

    É conveniente que o alumno saiba ler textos escritos en inglés.