Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Psicoloxía  »  Información da Materia

P2151203 - Avaliación e intervención psicolóxica en alteracións da personalidade (Materias optativas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 16.00
  • Clase Interactiva Seminario: 7.00
  • Horas de Titorías: 1.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
  • Áreas: Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
  • Centro: Facultade de Psicoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
OTERO LOPEZ, JOSE MANUEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Explorar a utilidade do estudo científico da personalidade de cara ó avance no coñecemento da etioloxía e desenvolvemento dos trastornos da personalidade.

    Presentar os fundamentos histórico-conceptuais e de diagnóstico dos trastornos da personalidade.

    Presentar as principais características dos distintos trastornos da personalidade e identificar aqueles trazos máis definitorios dos mesmos.

    Introducir ó alumnado nas distintas técnicas de avaliación dos trastornos da personalidade.

    Promover o coñecemento das distintas modalidades de intervención nos trastornos da personalidade.

    Fomentar a valoración crítica dos recursos psicoterapéuticos existentes na actualidade para a abordaxe dos distintos tipos de trastornos da personalidade.

    Contidos
    Tema 1. A modo de introdución. Personalidade e trastornos da personalidade.

    Tema 2. Unha aproximación histórico-conceptual ós trastornos da personalidade e á súa abordaxe nos sistemas de clasificación contemporáneos.

    Tema 3. Trastornos da personalidade: tipos e características.

    Tema 4. Avaliación e intervención psicolóxica nos trastornos da personalidade.

    Tema 5. Unha síntese necesaria: situación actual e perspectivas de futuro.

    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
    Belloch, A. e Fernández-Álvarez, H. (Coords.) (2010). Tratado de trastornos de la personalidad. Madrid: Síntesis.
    Caballo, V. (Coord.) (2009). Manual de Trastornos de la personalidad: descripción, evaluación y tratamiento. Madrid: Síntesis.
    Millon, T., Grossman, S., Millon, C., Meagher, S. e Ramnath, R. (2006). Trastornos de la personalidad en la vida moderna. Elsevier/Masson.
    Semerari, A. e Dimaggio, G. (Eds.) (2008). Los trastornos de la personalidad. Modelos y tratamiento. Bilbao: Desclée de Brouwer.

    BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
    Beck, A.T. e Freeman A. (1995). Terapia cognitiva de los trastornos de personalidad. Barcelona: Paidós.
    Belloch, A. e Fernández-Alvarez, H. (2002). Trastornos de la personalidad. Madrid: Síntesis.
    First, M.B., Gibbon, M., Spitzer, R.L., Williams, J.B. e Benjamin, L.S. (1999). Entrevista Clínica Estructurada para los Trastornos de la Personalidad del Eje II del DSM-IV-TR. Barcelona: Masson.
    Gunderson, J.G. e Gabbard, G.O. (2002). Psicoterapia en los trastornos de la personalidad. Barcelona: Ars Médica.
    O’Donohue, W., Fowler, K.A. e Lilienfeld, S.O. (2007). Personality Disorders toward the DSM-V. Thousand Oaks: SAGE Publications.
    Roca, M. (Coord.) (2004). Trastornos de personalidad. Barcelona: Ars Médica.
    Rubio, V. e Pérez, A. (Eds.) (2003). Trastornos de la personalidad. Madrid: Elsevier.

    Competencias
    Coñecer os principais trazos histórico-conceptuais e taxonómicos dos trastornos da personalidade.

    Saber identificar os distintos tipos de trastornos da personalidade e recoñecer as características asociadas.

    Coñecer os distintos modelos de avaliación e intervención psicolóxica nos trastornos da personalidade.

    Ser capaz de identificar as características dos distintos trastornos da personalidade a partires da lectura de casos clínicos.

    Metodoloxía da ensinanza
    As clases teóricas abordarán o contido do temario e consistirán na exposición de temas e comentarios de textos específicos. Combinarase a “clase maxistral” con “grupos de discusión”, fomentando a participación activa dos alumnos. Ademais, os alumnos realizarán lecturas de artigos científicos, estudos de caso e traballos individuais e colectivos.
    Sistema de evaluación
    Farase un exame final tipo test dos contidos da materia.
    Avaliaranse, asimesmo, os traballos individuais e grupais e o informe final das prácticas e a participación na aula.
    A calificación obtida no exame teórico equivale ó 50% da nota, mentras que o 50% restante se lle otorga ás restantes actividades (40% á realización e exposición de traballos e informes de prácticas e 10% á participación activa na aula e nos grupos de discusión).

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Estímase nunhas 58 horas.