P2151206 - Intervención en problemas de parella e disfuncións sexuais (Materias optativas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 14.00
- Clase Interactiva Seminario: 10.00
- Horas de Titorías: 1.00
- Total: 25.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Áreas: Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
- Centro: Facultade de Psicoloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia1. Proporcionar os coñecementos necesarios para entender como se xeran os problemas de parella e cal é o seu significado psicosocial
2. Presentar os principais compoñentes dunha vida amorosa sa e as indicacións básicas para fortalecelos
3. Dar a coñecer os procesos de interacción fundamentais no ámbito da parella (comunicación e conflito) e as súas repercusións na relación amorosa
4. Ensinar as habilidades profesionais necesarias para avaliar e intervir psicoloxicamente sobre os problemas no ámbito da parella e as distintas disfuncións sexuais
5. Presentar as particularidades da intervención psicolóxica nun proceso de separación dunha parella
ContidosTema 1. Problemas e disfuncións da vida amorosa: Conceptualización e introdución á súa abordaxe terapéutica.
Tema 2. Etioloxía e factores relacionados cos problemas e disfuncións de parella.
Tema 3. Bases do bo funcionamento da parella.
Tema 4. Procesos de comunicación e conflito na relación de parella.
Tema 5. Avaliación dos problemas de parella e sexuais.
Tema 6. Intervención psicolóxica nos problemas de parella e disfuncións sexuais.
Tema 7. Mediación na separación
Bibliografía básica e complementariaBásica:
Jaén, P. e Garrido, M. (2005). Psicoterapia de parejas. Editorial CCS, Madrid.
Liberman, R.P., Wheeler, E.G., de Visser, L.A., Kuehnel, J.K., y Kuehnel, T. (1987). Manual de terapia de pareja. Un enfoque positivo para ayudar a las relaciones con problemas. Ed.: Desclée de Brouwer, S.A.Bilbao.
Complementaria:
Branden, N. (2000). La psicología del amor romántico. Ed. Paidós. Barcelona.
Cáceres, J. (1996). Manual de terapia de pareja e intervención en familias. Ed.: Fundación Universidad-empresa. Madrid.
De las Heras, J. (2003). Conflictos de pareja. Ed.: Espasa Calpe, S.A. Madrid.
Díaz, J. (2003). Prevención de los conflictos de pareja. Ed.: Desclée de Brouwer, S.A. Bilbao.
Friedlander, M., Escudero, V. e Heatherington, L. (2009). La alianza terapéutica. En la terapia familiar y de pareja. Ed. Paidós. Barcelona.
Jones, E. e Asen, E. (2004). Terapia sistémica de pareja y depresión. Ed. Desclée de Brouwer, S.A. Bilbao.
Labrador, F. (1994). Disfunciones sexuales. Ed.: Fundación Universidad-empresa. Madrid.
McLaren, A. (2010). Impotencia. Una historia cultural. Ed.: PUV.
Muriana, E. e Verbitz, T. (2010). Psicopatología de la vida amorosa. Ed.: Herder. Barcelona.
Sinay, S. (2005). El arte de vivir en pareja. Cómo armonizar las diferencias. RBA libros S.A. Barcelona.
CompetenciasQue o/a estudante, ao finalizar esta materia, sexa capaz de:
• Aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas a circunstancias novas ou pouco comúns no ámbito da parella e/ou as disfuncións sexuais
• Recoñecer e integrar os fundamentos psicolóxicos subxacentes aos problemas e disfuncións da vida amorosa, así como os factores sociais e biolóxicos que poden afectalo
• Asumir as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos en materia da intervención sobre parellas.
• Planificar, realizar e, no seu caso, supervisar o proceso de avaliación psicolóxica do comportamento amoroso e dos factores psicolóxicos asociados cos problemas sexuais e/ou de parella.
• Deseñar, desenvolver e avaliar plans e programas de intervención psicolóxica apropiados para a abordaxe dos distintos problemas e disfuncións sexuais no ámbito da parella
• Mostrar habilidades de comunicación interpersoal e de manexo das emocións axeitadas para unha interacción efectiva coas persoas afectadas por problemas sentimentais e/ou sexuais no proceso de identificación e avaliación do problema, e na intervención e seguimento psicolóxicos.
• Saber proporcionar retroalimentación aos destinatarios de forma axeitada e precisa co fin de implicalos nas distintas fases do proceso de avaliación e intervención psicolóxicas.
• Manexar as dificultades que poden xurdir no proceso de intervención psicolóxica sobre os problemas e disfuncións de parella coa capacidade autocrítica necesaria para un desempeño profesional responsable.
• Buscar e utilizar información científica actualizada sobre problemas de parella/disfuncións sexuais e as achegas da Psicoloxía para a súa intervención.
Metodoloxía da ensinanza En cada clase semanal repartirase o tempo entre a exposición dos contidos teóricos da materia (docencia expositiva) e o debate/discusión ou o traballo práctico de estudo de casos (docencia interactiva de seminario).
A parte expositiva das clases incorporará, para cada tema, a introdución (especificando os apartados, as lecturas básicas e os obxectivos a alcanzar) e explicación dos tópicos básicos do programa, así como o tratamento das cuestións que xurdan entre o alumnado. Ademais, formularanse na aula interrogantes ou problemas concretos para motivar e reforzar o interese do alumnado e provocar a implicación activa dos/as estudantes no tema que está a ser tratado.
A parte interactiva incluirá actividades diversas, tales como análise reflexiva de textos ou de documentación audiovisual e tarefas de deseño e planificación de intervención ante problemáticas diferentes no ámbito das disfuncións de parella. Por definición, tales actividades serán de carácter grupal e supoñen a posta en funcionamento de técnicas de aprendizaxe cooperativa.
Ademais propoñerase un traballo individual para ser realizado fóra da aula. A finalidade desta actividade é que os/ás alumnos/ás afonden nas posibles utilidades que a materia ofrece no exercicio da súa profesión. É importante puntualizar que, se ben esta actividade complementaria ten carácter voluntario, non é un traballo libre e a súa elaboración demanda orientación e supervisión docente. Instarase o estudante a que realice unha breve presentación pública do traballo que permita formular un debate global con toda a clase no que se intercambiarán preguntas e comentarios relevantes sobre o tópico abordado.
Como apoio á materia, o alumnado dispoñerá dunha aula virtual no Campus Virtual da USC (http://www.usc.es/campusvirtual/)
Sistema de evaluaciónNa avaliación da materia, tomarase en consideración tanto a valoración do grao de coñecemento adquirido polo alumnado en relación aos contidos da materia, como a valoración continua do proceso de aprendizaxe reflectida na realización das actividades propostas ao longo do curso. O rendemento no exame teórico terá un peso do 70% da cualificación final do alumno/a (máximo 7 puntos). O 30% restante da nota obterase a través do traballo realizado polo alumnado sobre a base das actividades interactivas propostas na aula (20%; máximo 2 puntos) e o traballo individual voluntario (10%, máximo 1 punto).
Tempo de estudo e traballo persoalAdemais das 24 horas expositivas presenciais, estímase que o tempo de traballo persoal do estudiantado requirido para superar a materia será de 51 horas.
Recomendacións para o estudo da materiaTal como se organiza a materia, a súa superación implica adquirir a capacidade para entender, diferenciar e relacionar conceptos e ideas. Para conseguilo recoméndase o aproveitamento de todos os recursos metodolóxicos que se pon ao alcance do alumnado, isto é a asistencia ás clases expositivas acompañada da revisión e estudo diario dos contidos, así como a participación activa nas clases interactivas e a implicación na actividade complementaria.