P2151211 - Intervención en crise e trauma (Materias optativas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 15.00
- Clase Interactiva Seminario: 8.00
- Horas de Titorías: 1.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Áreas: Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
- Centro: Facultade de Psicoloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia1. Coñecer as aproximacións teóricas que avalan a intervención en crise e o trauma das vítimas
2. Coñecer as diferentes crises ás que poden ter que facer fronte as persoas ao longo do ciclo vital
3. Identificar as repercusións psicolóxicas derivadas dun trauma
4. Identificar as fases de desenvolvemento das crises, os factores persoais e contextuais que inflúen na súa evolución e nas respostas ao trauma
5. Analizar os obxectivos e o rol dos profesionais na intervención en crise
6. Coñecer as técnicas de avaliación axeitadas a cada caso, saber seleccionalas, e interpretar os resultados
7. Aprender a planificar e levar a cabo a intervención psicolóxica axeitada ao caso
8. Saber realizar o seguimento da intervención realizada para introducir, se fose preciso, os cambios necesarios.
9. Obter información especializada sobre o tema, poder interpretala criticamente e saber formular propostas relevantes de investigación.
Contidos1. Aspectos xerais da crise e o trauma.
Definición de trauma. Dano psicolóxico. Lesións psíquicas. Secuelas emocionais. Resposta de crise xeral. Causas do dano psicolóxico. Tipos de vítimas: directas e indirectas. Victimización secundaria.
2. Factores de vulnerabilidade e protección.
Frecuencia do trauma na poboación. Vítimas de risco. Factores de vulnerabilidade e de protección. Personalidades resistentes ao trauma.
3. Tipos de traumas.
Aspectos nucleares do trauma. Tipos específicos de traumas. Catástrofes e accidentes. Terrorismo, secuestros e tortura. Abuso sexual na infancia. Agresións sexuais na adultez. Violencia de xénero. A morte violenta dun fillo. Traumatización vicaria.
4. Características da avaliación da crise e o trauma
Propósitos da avaliación. Avaliación do trauma. Gravidade dos síntomas. Respostas e condutas normativas.
5. Tipos e niveis de intervención
A superación do trauma. A necesidade de tratamento. Principios básicos de tratamento. Criterios clínicos para o uso de fármacos. A relación terapeuta-paciente. Terapia individual ou terapia grupal. A regulación de emocións. A perda de confianza persoal persoal ou interpersoal. Reexperimentación do trauma. Condutas de evitación. Inadaptación á vida cotiá. Escoita activa. Mensaxes corporais. Técnicas non verbais. Recuperación do trauma. O perdón. Indicadores positivos e negativos de recuperación. Prevención de recaídas.
Bibliografía básica e complementaria- Armayones, M. (2007). Técnicas de apoyo psicológico y social en situaciones de crisis. Cómo desarrollar habilidades adecuadas ante situaciones de emergencia. Vigo: Ideaspropias Editorial.
- Egozcue, M.M. (2005). Primeros auxilios psicológicos. México: Paidós.
- Echeburúa, E. (2004). Superar un trauma. El tratamiento de las víctimas de sucesos violentos. Madrid: Pirámide.
- Fernández, A. y Rodríguez, B. (2002). Intervención en crisis. Madrid: Síntesis.
- Fernández-Ballesteros, R. (2002). Y...cuando ocurre lo inevitable. Madrid: Pirámide.
- Fernández-Martos, J.M. y Miralles, F. (2000). Sin lugar para ser humano. Madrid: Publicaciones de la Universidad Pontificia de Comillas.
- Fernández-Millán, J.L. (2006). Apoyo psicológico en situaciones de emergencia. Madrid: Pirámide.
- García, M., Gil, J.M. y Valero, M. (2007). Psicología y desastres: aspectos psicosociales. Castellón de la Plana: Publicacions de la Universitat Jaume I.
- Herman, J. (2004). Trauma y recuperación. Cómo superar las consecuencias de la violencia. Madrid: Espasa Calpe.
- Hillman, J.L. (2002). Crisis Intervention and Trauma. New aporoaches to evidence-based practice. New York: Kluwer Academic/Plenum Publishers.
- Robles, J.I. y Medina, J.l. (2002). Intervención psicológica en las catástrofes. Madrid: Síntesis.
- Sabouraud-Séguin, A. (2003). Cómo superar un trauma psicológico. Madrid: Síntesis.
- Slaikeu, K. (2004). Intervención en crisis: manual para la práctica e investigación. México: El Manual Moderno.
- Wainrib, B.R. y Bloch, E.L. (2001). Intervención en crisis y respuesta al trauma. Bilbao: Desclée de Brouwer.
- Waisbrot, D., Wikinski, M., Rolfo, C., Slucki, D. y Toporosi, S. (2003). Clínica psicoanalítica ante las catástrofes sociales. La experiencia argentina. Buenos Aires: Paidós.
CompetenciasO estudante deberá lograr as seguintes competencias específicas:
- lograr unha relación empática coas persoas afectadas por situacións críticas así como establecer relacións de cooperación con outros profesionais da intervención en crise
- axudar á vítima da crise e/ou á súa familia a explorar e analizar as súas dificultades, problemas e necesidades
- formular obxectivos de intervención en función do caso concreto e en colaboración coa persoa en crise, a súa parella e a súa familia
- seleccionar e implementar as estratexias de intervención adecuadas de acordo coas necesidades do suxeito en crise, a súa parella e a súa familia
- reflexionar criticamente acerca do proceso da intervención e levar a cabo os axustes pertinentes
- planificar a finalización do proceso terapéutico identificando as estratexias que posibiliten o mantemento do cambio
- avaliar axeitadamente os resultados das intervencións en crise e trauma.
Metodoloxía da ensinanza - Método expositivo/Clase maxistral
As clases expositivas serven para introducir e guiar o desenvolvemento dos diferentes contidos do programa. Preséntanse co apoio dos medios audiovisuais dispoñibles na aula. As presentacións dos aspectos teóricos do programa realízanse sobre material dispoñible para os estudantes a partir de libros de texto, artigos, esquemas, resumos e apuntamentos.
- Estudo de casos
Deseño, elaboración e/ou discusión de programas de intervención para diferentes casos de persoas en situación de crise e trauma.
- Elaboración de traballos, informes, memorias
Os traballos ou informes complementan os contidos teóricos e realízanse a partir de textos ou vídeos presentados ao estudante. Realizaranse individualmente ou en grupos reducidos.
Sistema de evaluaciónExame: proba obxectiva ou de resposta curta. Ponderación mínima: 30. Ponderación máxima: 70
Presentación de traballos e proxectos. Ponderación mínima: 10. Ponderación máxima: 40
Informes/Memorias de prácticas. Ponderación mínima: 10. Ponderación máxima: 40
Tempo de estudo e traballo persoalAsistencia a actividades presenciais: 24h. (clases maxistrais: 15 h., clases interactivas de seminario: 8 h., titorías en grupos reducidos: 1h.).
Traballo non presencial: 51 h. Este deberá distribuírse entre actividades de estudo (18 h.), preparación de seminarios (14 h.), elaboración de traballos e informes (19 h.).
Recomendacións para o estudo da materiaO alumno/a debería contar, para un bo aproveitamento desta materia, con coñecementos básicos de Psicopatoloxía e Tratamentos psicolóxicos.