Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Psicoloxía  »  Información da Materia

P2151212 - Intervención psicolóxica na enfermidade física crónica (Materias optativas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 17.00
  • Clase Interactiva Seminario: 6.00
  • Horas de Titorías: 1.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
  • Áreas: Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
  • Centro: Facultade de Psicoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Castro Bolaño, Maria Cristina.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Coñecer e saber poñer en práctica un concepto de saúde integral, recoñecendo a influencia dos aspectos psicolóxicos na prevención, o tratamento e a rehabilitación na enfermidade física crónica e na atención ao paciente terminal.

    Saber planificar unha sesión de avaliación e saber seleccionar e aplicar as técnicas de avaliación e diagnóstico psicolóxico, así como saber analizar e interpretar os resultados da avaliación en función das características dos destinatarios, dos obxectivos da intervención e do problema de saúde de que se trate.

    Saber planificar unha intervención psicolóxica e saber seleccionar e aplicar as técnicas en función das características dos destinatarios, dos obxectivos da intervención (prevención, tratamento ou rehabilitación) e do problema de saúde de que se trate, atendendo aos niveis de eficacia, efectividade e eficiencia que presentan.

    Ser capaz de realizar o seguimento da intervención psicolóxica no ámbito da intervención na enfermidade física crónica e saber proporcionar retroalimentación aos destinatarios co fin de implicalos nas distintas fases do proceso de avaliación e tratamento.

    Coñecer a interrelación que existe entre o traballo do psicólogo da saúde e outros profesionais que traballan na atención ao paciente crónico, definindo dende a interdisciplinariedade as achegas e limitacións do psicólogo e poñendo a énfase na necesidade de integrar os diversos perfís profesionais capaces de complementarse na tripla dimensión biopsicosocial da saúde.

    Dispoñer das competencias necesarias para a aprendizaxe autónoma, a posta ao día e a formación continuada no ámbito da intervención psicolóxica na enfermidade física crónica, que lle permita abordar situacións complexas ou pouco coñecidas, así como mellorar e potenciar a práctica clínica

    Contidos
    Bloque I. Acerca da dor e a enfermidade física crónica


    Tema 1. Influencias psicolóxicas na dor crónica

    Tema 2. Abordaxe do paciente con dor crónica: A importancia da intervención psicolóxica

    Tema 3. Programas de tratamento específicos para distintos tipos de dor crónica



    Bloque II. A intervención psicolóxica no ámbito dos coidados paliativos


    Tema 4. Sobre o proceso de morrer e os moribundos: aspectos introdutorios

    Tema 5. Sufrimento e final da vida: distintas propostas de intervención psicolóxica

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografia básica

    Arranz, P., Barbero, J.J., Barreto, P. y Bayés, R. (2003). Intervención emocional en cuidados paliativos. Modelos y protocolos. Madrid: Ariel Ciencias Médicas.

    Bayés, R. (2001). Psicología del sufrimiento y de la muerte. Barcelona: Martínez-Roca.
    Esteve,R. y Ramirez, C. (2003). El desafío del dolor crónico. Málaga: Ediciones Ajilbe.

    Kübler-Ross, E. 1993). Sobre la muerte y los moribundos (5ª ed.). Barcelona: Grijalbo, Barcelona.

    Otero-López, J.M., Castro, C. y Saldaña, C. (1996). Directrices psicológicas en el abordaje del paciente con dolor crónico I. Evaluación. En A. López-Guerrero (Ed.), El dolor. Un enfoque multidisciplinar (pp. 275-358). Santiago de Compostela: Servicio de Publicaciones de la Universidad de Santiago de Compostela

    Otero-López, J.M., Castro, C. y Saldaña, C. (1996). Directrices psicológicas en el abordaje del paciente con dolor crónico II Tratamiento. En A. López-Guerrero (Ed.), El dolor. Un enfoque multidisciplinar (pp. 359-398). Santiago de Compostela: Servicio de Publicaciones de la Universidad de Santiago de Compostela

    Vallejo, M.A. y Comeche, M.I. (1994). Evaluación y tratamiento psicológico del dolor crónico. Madrid: Fundación Universidad-Empresa.


    Bibliografía complementaria

    Astudillo, W., Mendinueta, C. y Astudillo, E. (2008). Cuidados del enfermo en el final de la vida y atención a su familia. Aula Magna.

    Barreto, P y Cancio, H. (2003). Una herramienta básica de los profesionales de la salud: el counselling. En, E. Remor, S. Ulla y P. Arranz (coords.), El Psicólogo en el ámbito hospitalario (pp. 93-119). Bilbao: DDB

    Blanchard, E.B. y Andrasik, F. (1989). Tratamiento del dolor de cabeza crónico. Barcelona: Martinez Roca

    Die Trill, M. y López Imedio, E. (2000). Aspectos psicológicos en cuidados paliativos. La comunicación con el enfermo y la familia. Madrid: ADES


    Miró, J. (2003). Dolor crónico: Procedimientos de evaluación e intervención psicológica. Bilbao: DDB

    Neimeyer R.A. (1997). Métodos de Evaluación de la Ansiedad ante la muerte. Barcelona: Paidos

    Philips, H.C. (1991). El tratamiento psicológico del dolor crónico. Madrid: Pirámide

    Watson, M. y cols. (2007). Manual Oxford de Cuidados Paliativos. Madrid. Aula Médica


    Competencias
    Competencias básicas:

    Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo

    Adquirir, desenvolver e poñer en práctica un concepto de saúde integral, que contemple os compoñentes biopsicosociales desta, de acuerdo coas directrices establecidas pola OMS

    Coñecer en profundidade os factores psicosociais asociados aos problemas de saúde e enfermidade

    Planificar, realizar e, no seu caso, supervisar o proceso de avaliación psicolóxica do comportamento humano e dos factores psicolóxicos asociados cos problemas de saúde para establecer a avaliación destes

    Deseñar, desenvolver e, no seu caso, supervisar e avaliar plans e programas de intervención psicolóxica, en función da avaliación psicolóxica e das variables de tipo individual e social que concorren en cada caso

    Competencias específicas:

    Potenciar unha visión crítica acerca do proceso de avaliación e tratamento psicolóxico da enfermidade física crónica

    Coñecer en profundidade cales son os factores psicosociais asociados a distintas problemáticas de enfermidade física crónica

    Aprender a planificar axeitadamente procesos evaluativos en pacientes con distintas doenzas crónicas e en situación terminal

    Adquirir as destrezas necesarias para chegar a deseñar programas de intervención psicolóxica axustados ás características de pacientes que presentan tanto dor crónica coma enfermidades terminais

    Metodoloxía da ensinanza

    Exposición en clase dos contidos teóricos do temario, así como a posta en práctica, guiada polo profesor, de distintos aspectos sobre os que é conveniente que o alumno afonde dende a experiencia. Con este tipo de procedemento combinado trátase de que o alumno chegue a adquirir unha maior comprensión dos distintos procedementos evaluativos e interventivos aplicados ao ámbito da dor crónica e da enfermidade terminal.

    Utilización dunha metodoloxía orientada á acción -role-playing- co obxectivo de incitar ao alumno a implicarse no proceso terapéutico e comprobar por si mesmo que e como levar a cabo o traballo terapéutico. Ademais, dende esta óptica preténdese potenciar unha visión aberta e crítica do quefacer terapéutico, destacando posibles vantaxes e limitacións de distintas propostas.

    A análise de estudos de caso e a realización de traballos individuais e grupales que é necesario expoñer en clase, constitúen tamén aspectos importantes para esta materia.


    Sistema de evaluación

    Realizarase un único exame escrito (tipo test) dos contidos teóricos e prácticos da materia. A puntuación obtida na proba tipo test representará o 60% da nota final.

    O 40% da nota distribuirase en relación ás seguintes actividades: Informe de sesións prácticas: 20%, realización de traballos e estudos de caso: 15% e participación activa en clase: 5%.

    Tempo de estudo e traballo persoal

    Ademais das horas presenciais correspondentes á parte teórica e práctica da materia, a estimación global de horas de traballo persoal é de 90 horas
    Recomendacións para o estudo da materia
    Utilizar bibliografía relevante ao campo de estudo da enfermidade física crónica

    Coñecemento de técnicas de avaliación e tratamento psicolóxico