Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Psicoloxía  »  Información da Materia

P2151214 - Intervención neuropsicolóxica (Materias optativas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 16.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 8.00
  • Horas de Titorías: 1.00
  • Total: 25.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
  • Áreas: Psicobioloxía
  • Centro: Facultade de Psicoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
RODRIGUEZ SALGADO, DOLORES.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    - Proporcionar ao alumno coñecementos sobre os fundamentos teóricos e empíricos da intervención en Neuropsicoloxía.
    - Dar a coñecer ao alumno as principais estratexias de intervención e rehabilitación neuropsicolóxica.
    - Proporcionar coñecementos que permitan ao alumno ser capaz de deseñar, desenvolver e avaliar programas de rehabilitación neuropsicolóxica, en función do diagnóstico e das variables de tipo individual e social que concorran en cada caso
    - Proporcionar coñecementos que permitan ao alumno ser capaz de identificar as implicacións éticas da súa actuación profesional e axustarse ás obrigas deontolóxicas da Psicoloxía no ámbito sanitario, mostrando un compromiso ético e profesional cos valores de igualdade de oportunidades e respecto á diversidade.

    Contidos
    Programa teórico:
    1. Fundamentos da intervención neuropsicolóxica. Principios da rehabilitación neuropsicolóxica: plasticidade cerebral, obxectivos e variables modeladoras da recuperación. Estratexias de intervención neuropsicolóxica.
    2. Técnicas de rehabilitación neuropsicolóxica. Aspectos a ter en conta para planificar, aplicar e avaliar un programa de rehabilitación.
    3. Intervención e rehabilitación das funcións cognitivas: atención-concentración, memoria, linguaxe, funcións executivas, praxias, gnosias e conciencia dos déficits.
    4. Rehabilitación neuropsicolóxica na práctica clínica: ámbitos de aplicación, intervención coas familias, aspectos éticos e legais.



    Programa de Prácticas:
    1. Estratexias e instrumentos para a intervención neuropsicolóxica.
    2. Programas e técnicas de rehabilitación neuropsicolóxica.
    3. Análise de casos clínicos I.
    4. Análise de casos clínicos II.

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica:

    Bruna Rabbasa, O., Roig Fusté, J. M., Puyuelo Sanclemente, M., Junqué Plaja, C. & Ruano Hernández, A. (2011). Rehabilitación Neuropsicológica: Intervención y práctica clínica. Barcelona: Elsevier.
    Muñoz, J.M. & Tirapu, J (2001). Rehabilitación neuropsicológica. Madrid: Síntesis.
    Muñoz Marrón, E. (2006). Estimulación cognitiva y rehabilitación neuropsicológica. Barcelona: UOC.
    Prigatano, G.P. (1999). Principles of Neuropsychological Rehabilitation. New York: Oxford
    University Press.
    Sohlberg, M. M. & Mateer, C. A. (2001). Cognitive Rehabilitation: An integrative neuropsychological approach. New York: Guilford Press.


    Bibliografía complementaria:

    Arnedo, M., Bembibre, J. & Triviño, M. (2013). Neuropsicología: a través de casos clínicos. Madrid: Médica Panamericana.
    Arango Laprilla, J.C. (2006). Rehabilitación Neuropsicológica. México: Manual Moderno.
    Attix, D.K. & Welsh-Bohmer, K.A. (2006). Geriatric neuropsychology: assessment and
    intervention. New York: Guildord Press.
    Champion, A.J. (2006). Neuropsychological Rehabilitation: A resource for group-based education and intervention. England: John Wiley & Sons.
    Clare, L. & Woods, R. T. (2001). Cognitive rehabilitation in dementia. Sussex: Psychology Press.
    De Noreña, D., Ríos-Lago, M., Bombín-González, I., Sánchez-Cubillo, I., García-Molina, A. & Tirapu-Ustárroz, J. (2010). Efectividad de la rehabilitación neuropsicológica en el daño cerebral adquirido (I): atención, velocidad de procesamiento, memoria y lenguaje. Revista de Neurología, 51: 687-98.
    De Noreña, D, Sánchez-Cubillo, I, García-Molina, A, Tirapu-Ustárroz, J., Bombín-González, I. & Ríos-Lago, M. (2010) Efectividad de la rehabilitación neuropsicológica en el daño cerebral adquirido (II): Funciones Ejecutivas, Modificación de conducta y psicoterapia, y uso de nuevas tecnologías. Revista de Neurología, 51: 733-744
    Gil, R. (2007). Neuropsicología (4ªEd). Barcelona: Masson.
    Johnstone, B & Stonnington, H. (2009). Rehabilitation of neuropsychological disorders: A practical guide for rehabilitation professionals. New York: Psychology Press.
    Junqué, C. & Barroso, J. (Coord.) (2009). Manual de Neuropsicología. Madrid: Síntesis.
    Kolb, B. & Whishaw, I.Q. (2006). Neuropsicología Humana (5ªEd). Madrid: Médica Panamericana.
    Lezak, M.D., Howieson, D.B & Loring, D.W. (2004). Neuropsychological Assessment (4ª Ed). New York: Oxford University Press.
    Navarro, J.F. & Espert, R. (1995). Neuropsicología: casos clínicos y pruebas razonadas de autoevaluación. Madrid: Siglo Veintiuno.
    Pérez M. (2009). Manual de Neuropsicología Clínica. Madrid: Pirámide
    Rains, G.D. (2003). Principios de Neuropsicología Humana. Mexico: McGrawHill.
    Tirapu, J., Ríos, M, & Maeztu, F. (2009). Manual de Neuropsicología. Barcelona: Viguera.
    Wilson, B. A., Herbert, C.M. & Shial, A. (2003). Behavioural approaches in neuropsychological rehabilitation: optimising rehabilitation procedures. New York: Psychology Press.


    Outros recursos con información de interese sobre Intervención Neuropsicolóxica:
    Portal de Neuropsicoloxía: http://www.neuropsychologycentral.com
    División de Neuropsicoloxía Clínica da APA: http://www.div40.org/
    Revistas especializadas en Rehabilitación Neuropsicolóxica:
    Neuropsychological Rehabilitation: http://taylorandfrancis.metapress.com
    Neurorehabilitation: http://www.iospress.nl



    Competencias
    Das competencias establecidas para o Título de Máster, nesta materia se abordan as seguintes:

    Básicas:
    CB7: Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos mais amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudio.
    CB8: Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
    CB9: Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.

    Xerais:
    CG5: Coñecer en profundidade os factores biolóxicos e psicosociais asociados aos problemas de saúde e enfermidade, especialmente os relacionados coa saúde mental.
    CG9: Saber identificar as implicacións éticas da súa actuación profesional e axustarse ás obrigas deontolóxicas da Psicoloxía no ámbito sanitario, mostrando un compromiso ético e profesional cos valores de igualdade de oportunidades, respecto á diversidade e resolución pacífica dos conflitos.

    Específicas:
    CE5. Saber elixir e aplicar as técnicas de intervención psicolóxica mais adecuadas de acordo coa súa finalidade (prevención, tratamento, rehabilitación, consello, asesoramento, etc.).
    CE6. Saber planificar e desenvolver unha intervención psicolóxica, establecendo obxectivos pertinentes e realistas en función das características do problema e o contexto.
    CE7. Saber realizar o seguimento dunha intervención, de acordo cos obxectivos fixados, para introducir, se fose o caso, cambios na mesma durante o seu desenvolvemento.

    Transversais:
    CT1: Saber obter, analizar e sintetizar información especializada
    CT2: Mostrar capacidade de razoamento e argumentación sobre problemas complexos
    CT8: Saber resolver problemas mediante a aplicación integrada de coñecementos
    CT9. Saber analizar dende o punto de vista ético os problemas e as súas posibles solucións

    Metodoloxía da ensinanza
    As sesións expositivas, de dúas horas de duración, consistirán na exposición por parte do profesor dos temas recollidos nos contidos do programa teórico. Co fin de facilitar o seu seguimento, o estudante disporá con antelación -a través do Campus Virtual da USC e/ou do servizo de reprografía da Facultade- de material de apoio audiovisual utilizado na aula.

    As sesións interactivas, de dúas horas de duración, impartiranse en consonancia ao desenvolvemento de contidos nas sesións expositivas. Nas sesións interactivas o alumno irá elaborando un informe en relación cos contidos que se traten, integrándoos cos contidos teóricos, para o desenvolvemento das competencias e destrezas traballadas.

    *As sesións impartiranse no Laboratorio de Neuropsicoloxía, situado na planta -2 do Módulo A.

    Titorías individuais: a profesora da materia estará dispoñible en horario de titorías para atender dúbidas e calquera cuestión relacionada co desenvolvemento da materia e os seus contidos. O horario de titorías está exposto na páxina web da Facultade, e na porta do seu despacho (nº 78, módulo A).

    Traballo autónomo do estudante: Ademais da asistencia ás actividades presenciais, o estudante deberá adicar un tempo á lectura de materiais complementarios e ao estudo dos contidos.

    Sistema de evaluación
    A avaliación dos coñecementos e das competencias adquiridas se realizará atendendo aos seguintes criterios:
    1.-Valorarase a asistencia ás clases e participación nelas, así como o cumprimento das actividades programadas en cada unha das sesións. A avaliación desta parte pesará un 30% na cualificación final.
    2.- Realizarase un exame final, na data prevista oficialmente, do programa teórico e de prácticas completo. Este exame terá un peso do 70% na cualificación final. O exame consistirá nunha proba obxectiva de preguntas de elección múltiple, e preguntas cortas para desenvolver.

    *Para que calquera dos elementos nos que descansa a avaliación sumen na cualificación final débese alcanzar un nivel mínimo en cada uno deles, que represente un 35% da puntuación máxima.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    A materia consta de 3 créditos, que se corresponden cun total estimado de 75 horas de traballo do estudante, que se reparten en:
    - Asistencia a actividades presenciais: 26 horas (Expositivas: 16 h; Interactivas: 8 h; Titorías: 2 h)
    - Traballo non presencial: 49 horas (Actividades de lectura e estudio de materiais: aprox. 39 h; elaboración de informes: aprox. 10 h.)

    Recomendacións para o estudo da materia
    -Asistir regularmente ás clases expositivas e interactivas.
    -Participar e implicarse activamente na dinámica das clases e na realización das actividades programadas.
    -Preguntar para resolver dúbidas.
    -Completar as notas de clase coas lecturas recomendadas dos materiais.
    -Estudar os contidos a medida que se vai desenvolvendo o programa.
    -Utilizar as titorías para a resolución de dúbidas e/ou orientación no proceso de aprendizaxe.


    Observacións
    No desenvolvemento da materia se considerará que o/a alumno/a ten formación a nivel de grao en materias sobre as bases biolóxicas da conduta (Fundamentos Biolóxicos da Conduta; Neurociencia Condutual; Neurociencia Cognitiva), en Neuropsicoloxía, así como en materias de intervención en Psicoloxía Clínica e da Saúde. Ademais, que a nivel de posgrao, estará familiarizado con aspectos xerais da intervención en Psicoloxía Sanitaria e a Neuropsicoloxía Aplicada.