Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Psicoloxía  »  Información da Materia

P2151215 - Psicofarmacoloxía (Materias optativas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 15.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 9.00
  • Horas de Titorías: 1.00
  • Total: 25.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
  • Áreas: Psicobioloxía
  • Centro: Facultade de Psicoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
LOSADA VAZQUEZ, MARIA CONCEPCION.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O estudante, ao finalizar esta materia, deberá:
    • Coñecer as bases neuroquímicas das accións dos fármacos sobre a conduta adictiva

    • Ser capaz de identificar os principais grupos de psicofármacos indicados no tratamento das adiccións, coñecer os seus mecanismos de acción, as súas accións farmacolóxicas principais e os seus usos terapéuticos

    • Coñecer as principais estratexias terapéuticas empregadas nos problemas derivados do consumo de sustancias, os seus obxectivos, a súa posta en práctica, o seguimento terapéutico e a avaliación dos seus resultados

    • Coñecer os mecanismos farmacolóxicos aplicables aos diferentes tipos de dor, os principios activos empregados, os obxectivos do tratamento, a súa posta en práctica, o seguimento terapéutico requirido e a avaliación dos seus resultados

    • Saber identificar os problemas de saúde xerais que poidan requirir de intervención psicofarmacológica tanto no medio hospitalario como en atención ambulatoria.

    • Coñecer as familias farmacolóxicas empregadas, os obxectivos do tratamento, a súa posta en práctica, o seguimento terapéutico requirido e a avaliación dos seus resultados.

    • Ser capaz de manexar as fontes de información e documentación sobre psicofármacos para facer posible a actualización dos coñecementos adquiridos.


    Contidos
    Mecanismos de acción das sustancias adictivas e mecanismos farmacolóxicos aplicables. Tipos de farmacos na terapéutica da dependencia. Estratexias terapéuticas. Fisiopatoloxía dos procesos dolorosos e mecanismos farmacolóxicos aplicables. Tipos de farmacos na terapéutica da dor. Estratexias terapéuticas. Psicofarmacoloxía na atencion hospitalaria xeral. Psicofarmacoloxía na atención ambulatoria xeral. Psicofármacos na atención a urxencias e emerxencias.
    Bibliografía básica e complementaria
    • STAHL, S.M. (2010): PSICOFARMACOLOGÍA ESENCIAL DE STAHL. BASES NEUROCIENTÍFICAS Y APLICACIONES PRÁCTICAS
    • MADRID. AULA MEDICA
    • SILBERSTEIN, S.D.; MARMURA, M.J.; STAHL, S.M. (AS.ED.) (2010): NEUROFARMACOLOGÍA ESENCIAL. GUIA DE PRESCRIPCIÓN
    • MADRID. AULA MEDICA
    • STAHL, S.M. (2009): PSICOFARMACOLOGÍA ESENCIAL.
    • BARCELONA, ARIEL
    • SALAZAR VALLEJO, M. ;PERALTA RODRIGO, C; PASTOR RUIZ J. (2009): TRATADO DE PSICOFARMACOLOGÍA : BASES Y APLICACIÓN CLÍNICAEDICIÓN 2ª ED .MADRID: MÉDICA PANAMERICANA, COP. 2009 ´
    • FERNÁNDEZ TERUEL, A. (2008): FARMACOLOGÍA DE LA CONDUCTA. DE LOS PSICOFÁRMACOS A LAS TERAPIAS PSICOLÓGICAS. BARCELONA. UNIVERSITAT AUTONOMA DE BARCELONA. SERVEI DE PUBLICACIONS
    • LÓPEZ-MUÑOZ, F.; ÁLAMO GONZÁLEZ, C. (2007): HISTORIA DE LA PSICOFARMACOLOGÍA. MADRID : MÉDICA PANAMERICANA,

    Facilitarase a bibliografía temática específica ao longo do curso
    Competencias
    BÁSICAS
    CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. X
    CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. X
    CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo. X
    XENERAIS
    CG1: Adquirir, desenvolver e pór en práctica un concepto de saúde integral, que contemple os compoñentes biopsicosociales da mesma, de acordo coas directrices establecidas pola OMS. X
    CG2. Coñecer en profundidade a natureza psicolóxica do comportamento humano, así como os factores sociais e biolóxicos que poden afectalo. X
    CG5. Coñecer en profundidade os factores biolóxicos e psicosociais asociados aos problemas de saúde e enfermidade, especialmente os relacionados coa saúde mental. X
    CG6: Coñecer en profundidade os distintos modelos de avaliación e intervención no campo da Psicoloxía Xeral Sanitaria , así como as técnicas e procedementos que deles se derivan para a abordaxe dos trastornos do comportamento e os factores psicolóxicos asociados cos problemas de saúde. X
    3.2. COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
    CT1 - Saber outilizar as tecnoloxías da información e a comunicación no desempeño profesional. X
    CT2 - Saber manexar fontes de documentación científica bibliográfica e dixital estandarizadas a nivel internacional. X
    CT3 - Saber analizar críticamente e utilizar as fontes de información clínica. X
    CT4: Saber formular hipótese de traballo en investigación e recoller e valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas, aplicando o método científico. X
    ESPECÍFICAS
    CE5 - Saber elixir e aplicar as técnicas de intervención psicolóxica máis adecuadas de acordo coa súa finalidade (prevención, rehabilitación, consello, asesoramento… etc.). X
    CE7 - Saber realizar o seguimento dunha intervención psicolóxica, de acordo cos fins fixados, para introducir, se fose o caso, cambios na mesma durante o seu desenvolvemento. X
    CE8 - Saber proporcionar retroalimentación aos destinatarios de forma adecuada e precisa co fin de implicalos nas distintas fases do proceso de avaliación e intervención psicolóxicas. X
    CE11 - Coñecer o marco de actuación propio do psicólogo xeral sanitario e saber derivar ao profesional especialista correspondente. X
    CE12. Coñecer as obrigacións e responsabilidades do persoal sanitario relativas á confidencialidade da información e da protección de datos persoais dos pacientes. X
    CE15. Realizar actividades de promoción e de educación para a saúde psicolóxica individual e comunitaria. X

    Metodoloxía da ensinanza
    Método Expositivo / Clase Maxistral
    Resolución de Exercicios e Problemas
    Estudo de Casos

    Actividades formativas:
    Clases Expositivas/Maxistrais
    Clases interactivas de prácticas de laboratorio
    Actividades de Estudo

    Sistema de evaluación
    Exame Escrito (proba obxectiva, proba de resposta curta e/ou proba de desenvolvemento)

    Avaliación continua da actividade presencial e da Memoria de Prácticas. Completar o programa de prácticas (de asistencia obrigatoria) é requisito indispensable para poder realizar o exame teórico.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Clases Expositivas/Maxistrais 15 horas
    Clases interactivas de prácticas de laboratorio 9 horas
    Actividades de Estudo 51 horas

    Observacións
    Os alumnos deben cursar a materia optativa de Introdución á Psicofarmacoloxía no Grao.
    A materia impartirase en lingua galega