O Prácticum é unha materia obrigatoria de 12 créditos que engloba as prácticas externas e se sitúa no último semestre do Grao. Ofrécense a través de convenios con diferentes entidades que amparan a oferta de prazas e centros e servizos de atención psicolóxica. Tamén inclúe esta materia, formación relativa ao Código Deontolóxico do Psicólogo.
≈ As datas incluídas e detalles da oferta corresponden ao curso 2012-2013 ≈
|
Para realizar o Prácticum o/a alumno/a ten que preinscribirs e matricularse na materia. A matrícula ten como requisito haber superado alomenos150 créditos obrigatorios, incluindo a totalidade dos de 1º e 2º curso do Grao. Os/as estudantes que estean en situación de cumprir os requisitos no primeiro semestre do curso, deben realizar igualmente a preinscrición, asegurándose de marcar no formulario dispoñible ao efecto a seguinte opción: "Aspiro a cumprir os requisitos para matricularme no Prácticum no 2º semestre " Recoméndase a os/as estudantes que estean nesta situación que se matriculen no Prácticum no segundo prazo ordinario de matrícula. ⇒AVISO. Os/as estudantes que estean en situación de cumprir os requisitos no primeiro semestre do curso, deben tamén asistir ó curso sobre código deontolóxico (ver punto 6). |
|
A Unidade de Xestión o Prácticum asignará as prazas tendo en conta as preferencias dos/as solicitantes e utilizando como criterios de selección o expediente académico e a residencia familiar. Ademais, para a incorporación a algúns centros de prácticas, pódese requirir ter superado algunha(s) materia(s) concreta(s) do plano de estudos, de especial vinculación co tipo de actividade profesional que se desenvolva neles. A cada alumno/a se lle asignará un titor ou titora profesional (no centro de prácticas) e un titor ou titora académico/a (na Facultade). |
ASIGNACIÓN DEFINITIVA DE PRAZAS - curso 2012-2013
| A superación da avaliación correspondente a este curso é requisito imprescindible para a incorporación ao centro de prácticas. |
|
No período de prácticas o alumnado non poderá asistir a clases nin realizar exames na Facultade. O/a alumno/a se incorporará ao centro de prácticas seguindo as indicacións do seu titor ou titora academico/a, de quen recibirá a autorización para tomar contacto co centro asignado e a seguinte información/documentación: - Credencial do/a alumno/a de prácticas - Compromiso de confidencialidade - Cuestionario de avaliación do Prácticum - Datos de contacto co centro de prácticas e condicións de incorporación - Programa de actividades |
| Os/as estudantes cubrirán e entregarán no decanato, unha vez finalizada a súa estancia, o cuestionario de avaliación do Prácticum. Os datos deste cuestionario utilizaranse para realizar un informe anual de satisfacción que se publicará en la página web del Prácticum. |
|
Os/as alumnos elaborarán unha memoria do Prácticum que entregarán ao seu titor/a académico/a. Como pauta xeral, esta conterá a descrición do centro de prácticas, das actividades realizadas para o desenvolvemento das competencias profesionais e unha valoración persoal do/a estudante. Cada titor ou titora proporcionará directrices concretas para a memoria, en función das características do centro de prácticas ó que acuda o alumnado. Ofrécese un modelo de memoria, elaborado pola Unidade de Xestión do Prácticum en coordinación co Servizo de Normalización Lingüística da USC. ⇒AVISO. Os/as alumnos que teñan intención de defender o seu TFG en xullo, deben asegurarse de entregar a memoria do Prácticum coindindo co período de cualificacións de xuño. |
Anexos: ligazóns a Europsy e descarga de documentos:
| Sitio Web | Dirección URL |
| Páxina de inicio de Europsy | http://www.europsy.cop.es/index.php |
| Guía para o Portafolio en Psicoloxía Clínica | http://www.europsy.cop.es/formularios/Guia-Europsy-Clinica.doc |
| Guía para o portafolio en Psicoloxía Educativa | http://www.europsy.cop.es/formularios/Guia-Europsy-Educacion.doc |
| Guía para o portafolio en Psicoloxía do traballo, as organizacións e recursos humanos | http://www.europsy.cop.es/formularios/Guia-Europsy-WOC.doc |
| Na cualificación final considerarase a valoración do/a titor/a profesional e a memoria do Prácticum, cun peso do 60% e 40% respectivamente. |