
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Admisión ao grao | ||
| Admisión para continuación dende univ. españolas | 01/07/2013 | 06/09/2013 |
| Admisión para continuación dende univ. estranxeiras | Solicitude na unidade de xestión correspondente. Dende o 1 de xullo | 31/07/2013 |
| 6ª convocatoria CIUG | 16/10/2013 | 18/10/2013 |
| Matrícula de continuación para alumnos USC | 28/01/2014 | 07/02/2014 |
| Matrícula de continuación para alumnos univ. españolas | Prazo de matrícula notificado individualmente ao alumno | |
| Matrícula de continuación para alumnos univ. estranxeiras | Matrícula en la unidad de gestión correspondiente hasta el 31 de Julio | |
| Listaxe de admitidos en continuación de estudos para alumnos de universidades españolas | 02/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Grao en Psicoloxía
Rama de coñecemento: Ciencias da Saúde
Centro onde se imparte:
Facultade de Psicoloxía
Rúa Xosé María Suárez Núñez, s/n. Campus sur.
15782
Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: Decreto 385/2009 do 27 agosto (DOG 16/09/09)
Data de publicación no BOE: 5 de marzo de 2010
Data da última acreditación: 13/05/2009
Responsable do título:
Coordinador do título: Tinajero Vacas, Carolina
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:Non
A formación, a un nivel xeral e non especializado, de profesionais cos coñecementos científicos necesarios para analizar, comprender, e explicar o comportamento humano, e coas destrezas e habilidades básicas para avaliar e intervir sobre o comportamento no ámbito individual e social ao longo do ciclo vital, co fin de promover e mellorar a saúde e a calidade de vida. Todo iso desde o compromiso cos principios éticos e deontolóxicos da profesión de psicólogo.
O Grao proporciona, pois, as competencias profesionais básicas do psicólogo, agás nos campos en que titulacións oficiais de nivel superior establezan competencias específicas ou especialidades reguladas.
Posuir e comprender os coñecementos que definen e articulan a Psicoloxía como disciplina científica, incluíndo as súas teorías, métodos e áreas de aplicación, nun nivel que se apoia en libros de texto avanzados e inclúe algúns coñecementos procedentes da vangarda deste campo de estudo.
Capacitación para o desempeño profesional como psicólogos a un nivel xeral e non especializado, así como para incorporarse a estudos de máster que lles proporcionen unha formación avanzada dirixida á especialización académica, profesional ou investigadora no terreo da Psicoloxía.
Capacidade para reunir e interpretar datos relevantes relativos ao comportamento humano, individual e social, e ao contexto no que se produce, para emitir xuízos fundamentados sobre problemas de orde psicolóxica.
Capacidade para transmitir información, ideas, problemas e solucións sobre cuestións relativas ao comportamento humano, a un público tanto especializado como non especializado.
Capacidade para continuar a súa formación e aprendizaxe no ámbito da Psicoloxía cun alto grao de autonomía.
Capacidade para abordar a súa actividade profesional e formativa desde o respecto ao Código Deontolóxico do psicólogo, que inclúe os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e deseño para todos e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
Coñecementos e comprensión de:
- As funcións, características, contribucións e limitacións dos distintos modelos teóricos da Psicoloxía.
- As leis básicas dos distintos procesos psicolóxicos.
- Os procesos e etapas principais do desenvolvemento psicolóxico ao longo do ciclo vital nos seus aspectos de normalidade e anormalidade.
- Os fundamentos biolóxicos da conduta humana e das funcións psicolóxicas.
- Os principios psicosociais que interveñen no comportamento dos individuos e no funcionamento dos grupos e das organizacións.
- Os métodos e deseños de investigación e as técnicas de análise de datos propios da Psicoloxía.
- Os distintos métodos de avaliación, diagnóstico e tratamento psicolóxico en diferentes ámbitos aplicados da Psicoloxía clínica e da saúde, social, educativa.
Habilidades e destrezas para aplicar estes coñecementos na solución de problemas de comportamento que afectan á calidade de vida e á saúde das persoas, a través da:
- Identificación das necesidades e demandas dos destinatarios para establecer os obxectivos e metas de la intervención psicolóxica
- Identificación das características relevantes do comportamento de individuos, grupos, organizacións e contextos, mediante os métodos e instrumentos propios da avaliación psicolóxica
- Selección e administración das técnicas e instrumentos propios e específicos da Psicoloxía
- Definición dos obxectivos, elaboración do plan de intervención e aplicación das técnicas de intervención en función das necesidades e demandas dos destinatarios, e avaliar os seus resultados.
- Transmisión aos destinatarios, de forma axeitada e precisa, dos resultados da avaliación e da intervención; elaboración de informes psicolóxicos dirixidos aos destinatarios e a outros profesionais.
Todo isto asumindo como principios básicos da súa actuación:
- A promoción da saúde e a calidade de vida a través dos métodos e procedementos propios da psicoloxía.
- O axuste ás obrigas deontolóxicas da Psicoloxía.
Os grandes campos consolidados de exercicio profesional, separadamente doutros novos campos emerxentes,
son:
- Psicología clínica e da saúde
- Psicología da educación
- Psicología do traballo e das organizacións
- Psicología da intervención social
Actualmente, existe un bo número de ámbitos de traballo que requiren a titulación universitaria en Psicología e que están regulados en diversas normas legislativas e reglamentarias: sistema de saúde, sistema educativo, institucións penitenciarias, sistema de benestar social, etc.
Créditos totais: 240.00
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Recoñecemento actividades transversais:Os estudantes poderán obter ata un máximo de 12 créditos polo recoñecemento das actividades contempladas no artigo 12.8 do RD 1393/2007 e das competencias transv
Adaptacións: A adaptación da anterior titulación está regulada polas resolucións reitoriais:
Resolución de adaptación ao Grao en Psicoloxía [pdf - 1004 kb][Actualizado: 21/9/10]
Número de prazas de novo ingreso: 150
Demanda do ano anterior: 7.668 nota de corte en preinscrición curso 2012-2013
Perfil de ingreso: É recomendábel que o/a estudante posúa as seguintes características persoais e académicas:
- Coñecementos en Bioloxía e Estatística de nivel de Bacharelato
- Interese por aspectos relacionados coa saúde e a calidade de vida
- Compromiso social
- Compromiso ético
- Curiosidade científica
- Habilidade para as relacións interpersoais
- Constancia e responsabilidade no traballo
- Capacidade de traballo en equipo
- Capacidade de análise
- Capacidade de resolución de problemas e toma de decisións
- Competencia en expresión oral e escrita
- Competencias lingüísticas en galego e castelán
- Competencia lingüística en inglés, polo menos suficiente para a lectura de textos
- Competencia en ferramentas informáticas básicas
Criterios de acceso e admisión: Os xerais para as titulacións de grao.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
3.- A permanencia estará supeditada á superación do 50% dos créditos matriculados nos tres primeiros anos de estudos consecutivos ou alternos
Información sobre o curso ponte: Non se contempla.
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Para iniciar estudos en titulacións de grao con límite de prazas, os alumnos de Galicia que rematan o ensino medio deben realizar Probas de Acceso, organizadas por unha comisión mixta entre a Xunta de Galicia e as tres universidades galegas. Tales probas convócanse e realízanse nos meses de xuño e setembro. Podes consultar o calendario para este proceso na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con:
• A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación.
• A supresión gradual da impartición da docencia.
• Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster: De acordo cos obxectivos establecidos para esta materia, de carácter obrigatorio. os estudantes de Grao deberán realizar e presentar un traballo no que demostren as competencias adquiridas ao longo dos catro anos de estudos; a Facultade fará cada curso unha oferta traballos/titores. O traballo poderase desenvolver, entre outras opcións, en relación coa actividade realizada no Prácticum.
Prácticas en empresas: Engloba as prácticas externas, e prográmase no último cuadrimestre, co obxectivo de que, unha vez adquirida unha formación académica suficiente, os e as estudantes entren en contacto coa práctica psicolóxica e, guiados por profesionais, tomen contacto co exercicio profesional da Psicoloxía. No marco desta materia, os estudantes recibirán formación relativa ao Código Deontolóxico do Psicólogo
Plan de Acción Titorial:
A USC ten un programa de alumnos titores para as titulacións de grao, de forma que alumnos de últimos cursos, logo dunha formación que lles facilita a Universidade, realizan tarefas de orientación aos alumnos que inician os estudos.
Información programa alumnos titores:
Programa alumnos titores
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012.
Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao).
Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón:
Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións.
O texto completo da norma pode consultarse en:
Normativa de avaliación
Resultados:
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G2011000 | Nivelación de Bioloxía | 6.00 | OP | 1º | NI/NM |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G2011101 | Historia da Psicoloxía | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G2011105 | Motivación, emoción e condicionamento | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 | G2011221 | Percepción e atención | 4.50 | OB | 1SG | 2º | G2011222 | Psicoloxía da memoria | 4.50 | OB | 1SG | 2º | G2011223 | Aprendizaxe | 4.50 | OB | 1SG | 2º | G2011227 | Psicoloxía do pensamento | 4.50 | OB | 2SG | 2º | G2011228 | Psicoloxía da linguaxe | 4.50 | OB | 2SG | 2º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G2011103 | Fundamentos biolóxicos da conduta | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 | G2011106 | Neurociencia condutual | 6.00 | FB | 2SG | 1º | OFERTA.1 | G2011224 | Neurociencia cognitiva | 4.50 | OB | 1SG | 2º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G2011108 | Psicoloxía social | 6.00 | FB | 2SG | 1º | OFERTA.1 | G2011226 | Psicoloxía da interación social | 6.00 | OB | 1SG | 2º | G2011231 | Psicoloxía dos grupos | 6.00 | OB | 2SG | 2º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G2011104 | Psicoloxía do desenvolvemento e da educación | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 | G2011109 | Psicoloxía do desenvolvemento I | 6.00 | FB | 2SG | 1º | OFERTA.1 | G2011230 | Psicoloxía do desenvolvemento II | 6.00 | OB | 2SG | 2º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G2011102 | Análise de datos en Psicoloxía | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 | G2011107 | Deseños de Investigación en Psicoloxía | 6.00 | FB | 2SG | 1º | OFERTA.1 | G2011229 | Análise multivariante | 4.50 | OB | 2SG | 2º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G2011110 | Psicoloxía da personalidade | 6.00 | FB | 2SG | 1º | OFERTA.1 | G2011323 | Psicopatoloxía I | 4.50 | OB | 1SG | 3º | G2011329 | Psicopatoloxía II | 4.50 | OB | 2SG | 3º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G2011225 | Psicometría | 6.00 | OB | 1SG | 2º | G2011232 | Avaliación psicolóxica I | 4.50 | OB | 2SG | 2º | G2011321 | Avaliación psicolóxica II | 4.50 | OB | 1SG | 3º | G2011328 | Neuropsicoloxía | 4.50 | OB | 2SG | 3º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G2011324 | Tratamentos psicolóxicos I | 6.00 | OB | 1SG | 3º | G2011330 | Tratamentos Psicolóxicos II | 6.00 | OB | 2SG | 3º | G2011422 | Psicoloxía da saúde | 4.50 | OB | 1SG | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G2011322 | Psicoloxía da educación | 6.00 | OB | 1SG | 3º | G2011325 | Dificultades no desenvolvemento e a aprendizaxe | 4.50 | OB | 1SG | 3º | G2011331 | Trastornos do desenvolvemento: Aspectos evolutivos e educativos | 6.00 | OB | 2SG | 3º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G2011326 | Psicoloxía do traballo e das organizacións I | 4.50 | OB | 1SG | 3º | G2011327 | Psicoloxía do traballo e das organizacións II | 4.50 | OB | 2SG | 3º | G2011332 | Psicoloxía da intervención social e comunitaria I | 4.50 | OB | 2SG | 3º | G2011421 | Psicoloxía da intervención social e comunitaria II | 4.50 | OB | 1SG | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G2011423 | Practicum | 12.00 | OB | 2SG | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G2011424 | Traballo fin de grao | 6.00 | OB | TFGM | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G2011441 | Introdución a farmacoloxía do comportamento | 4.50 | OP | 2SG | 4º | G2011442 | Psicoloxía preventiva | 4.50 | OP | 2SG | 4º | G2011443 | Rehabilitación psicosocial en trastornos mentales crónicos | 4.50 | OP | 1SG | 4º | G2011444 | Avaliación e tratamentos psicolóxicos na infancia e adolescencia | 4.50 | OP | 1SG | 4º | G2011445 | Avaliación do desenvolvemento | 4.50 | OP | 1SG | 4º | G2011446 | Orientación e intervención familiar | 4.50 | OP | 1SG | 4º | G2011447 | Orientación e intervención psicoeducativa | 4.50 | OP | 2SG | 4º | G2011448 | Introdución á xestión e desenvolvemento de recursos humanos | 4.50 | OP | 1SG | 4º | G2011449 | Psicoloxía social da comunicación | 4.50 | OP | 2SG | 4º | G2011450 | Intervención e prevención en contextos de violencia | 4.50 | OP | 1SG | 4º | G2011451 | Psicoloxía e xénero | 4.50 | OP | 2SG | 4º | G2011452 | Psicoloxía da actividade física e do deporte | 4.50 | OP | 1SG | 4º |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable