
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Matrícula vacantes | 12/09/2013 | 04/10/2013 |
| Matrícula de continuación no máster | 03/09/2013 | 06/09/2013 |
| Admisión no máster de alumnos con estudos estranxeiros | 09/07/2013 | 31/07/2013 |
| Listaxe de admitidos en mestrado | 06/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en estudos de máster | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Máster Universitario en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións, Psicoloxía Xurídica-Forense e Intervención Social
Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas e Ciencias da Saúde
Centro onde se imparte:
Facultade de Psicoloxía
Rúa Xosé María Suárez Núñez, s/n. Campus sur.
15782
Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: 150/2010 do 16 de setembro (DOG do 23/09/2010)
Data de publicación no BOE: 28/02/2011
Data da última acreditación:
Responsable do título:
Coordinador do título: ARCE FERNANDEZ, RAMON
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:
NonListaxe de profesores da titulación
- Que os alumnos adquiran coñecementos a un nivel avanzado dos métodos, procedementos e técnicas de avaliación e intervención psicolóxica nos ámbitos da Psicoloxía do Traballo e as Organizacións, Psicoloxía Xurídica-Forense, e Intervención social.
- Que os alumnos adquiran coñecementos a un nivel avanzado dos requirimentos éticos e deontolóxicos da práctica profesional nestes campos de especialización.
- Que os alumnos adquiran unha formación investigadora de excelencia que permita avances no coñecemento propio da Psicoloxía de Traballo e as Organizacións, da Psicoloxía Xurídica-Forense e Intervención Social, contribuíndo deste xeito á excelencia universitaria e á competitividade no Sistema Europeo de Educación Superior.
- Que os estudantes posúan as habilidades necesarias para desenvolver unha aprendizaxe autodirixida nas áreas de estudo do máster.
- Que os estudantes adquiran un compromiso ético que lles permita desenvolver a súa actividade profesional e investigadora desde a defensa e prosecución dos dereitos fundamentais e do principio de accesibilidade universal e igualdade entre homes e mulleres, así como de acordo cos valores propios dunha cultura de paz.
COMPETENCIAS XERAIS
- Que adquiran os coñecementos, a un nivel avanzado, que definen a Psicoloxía do Traballo e das Organizacións, a Psicoloxía Xurídica-Forense e a Intervención Social, incluíndo as súas teorías, métodos e subáreas de aplicación.
- Que os alumnos adquiran as competencias e habilidades necesarias para o desenvolvemento das funcións de avaliación e intervención psicolóxica no ámbito do traballo e as organizacións, xurídico-forense e da Intervención social.
- Que estean capacitados para tomar decisións dun modo crítico sobre a aplicación e interpretación dos resultados derivados dos procedementos de avaliación e intervención psicolóxica social e forense, así sobre a conduta humana laboral.
- Que estean capacitados para resolver problemas en contextos novos e interdisciplinares relacionados coa Psicoloxía do Traballo e das Organizacións, coa Psicoloxía Xurídica-Forense e a Intervención Social.
- Que os alumnos adquiran habilidades e manexen técnicas para a investigación-avanzada nos campos da Psicoloxía do Traballo e as Organizacións, da Psicoloxía Xurídica-Forense e a Intervención Social.
- Que mostren interese pola aprendizaxe autónoma e continuada, así como pola actualización dos seus coñecementos nos ámbitos da Psicoloxía do Traballo e as Organizacións, da Psicoloxía Xurídica-Forense, e da Intervención Social.
- Que saiban orientar a súa actuación profesional a partir do respecto e a consideración dos principios e valores propios da Psicoloxía Xurídica-Forense e Psicoloxía do Traballo e das Organizacións, e da Intervención Social, así como do Código Deontolóxico da profesión.
- Que saiba orientar a súa actuación investigadora e profesional a partir do respecto e promoción dos dereitos fundamentais e dos valores propios dunha cultura de paz.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
- Ser capaz de elaborar proxectos de intervención nos diversos ámbitos da Psicoloxía do Traballo e as Organizacións.
- Ser capaz de elaborar deseños de investigación-acción nos diversos ámbitos da Psicoloxía Xurídica e Forense.
- Ser capaz de relacionar os contidos teóricos coa práctica profesional do psicólogo do traballo e das organizacións, do psicólogo xurídico- forense, e do psicólogo da intervención social.
- Coñecer e interpretar a un nivel avanzado os métodos de medición e avaliación que se utilizan nos contextos organizacional, forense e na intervención social.
- Ser capaz de establecer as metas da actuación psicolóxica nos contextos organizacional, forense e na intervención social.
- Coñecer valorar e interpretar a relación entre as características de diferenzas individuais (personalidade, habilidades, destrezas) e o desempeño (individual e grupal), así como establecer a súa influencia sobre a efectividade organizacional.
- Coñecer a un nivel avanzado as diferentes técnicas e ferramentas necesarias para poder entender, medir e/ou solucionar situacións e problemas laborais como conflitos, toma de decisións, satisfacción laboral, clima organizacional, etc.).
- Ser capaz de realizar avaliación psicolóxica, social e forense nos niveis individual, grupal e comunitario, discriminándoa da avaliación e diagnóstico clínico.
- Coñecer e entender diferentes procesos que se producen no ámbito das organizacións e a súa importancia (motivación, comunicación, liderado, etc.).
- Ser capaz de resolver problemas psicolóxicos forenses en contextos complexos.
- Saber redactar e elaborar informes periciais en todos os ámbitos de intervención na Sala de Xustiza (penal, civil, laboral, menores, etc.).
- Saber realizar informes técnicos, recomendacións de intervención ou informes sobre o momento da investigación ou programa de intervención.
- Saber levar a cabo avaliacións de risco, reincidencia, de prognóstico de rehabilitación e reinserción social, e permisos penais.
- Manexar recursos de negociación e mediación para a resolución de conflitos e problemas psicojurídicos.
- Ser capaz de deseñar e implementar estratexias de intervención psicolóxica nas organizacións e no contexto social e xurídico-forense.
- Ser capaz de divulgar e comunicar de forma eficaz, entre outros, a destinatarios, profesionais, responsables institucionais e poboación xeral, os resultados das diferentes fases do proceso de avaliación e intervención.
- Coñecer e asumir as limitacións da avaliación e actuación en Psicoloxía Forense, Psicoloxía das Organizacións e Psicoloxía da Intervención Social, axustándose aos requirimentos deontolóxicos e os estándares internacionais ( APA, SIOP, EFPA)
- Orientar a actuación profesional por valores de respecto, igualdade imparcialidade e obxectividade.
- Saber detectar grupos vulnerables ou que mostren risco de exclusión social derivado de problemas sociais específicos.
- Ser capaz de desenvolver habilidades sociais (comunicación, credibilidade, confianza, etc…) para levar a cabo o seu desempeño profesional no ámbito da intervención social.
- Coñecer o funcionamento de procesos psicolóxicos básicos (comparación social, identidade social, estereotipia, etc.) que subxacen a distintos problemas que afectan aos cidadáns, individual, familiar ou colectivamente.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DE INVESTIGACIÓN
- Saber manexar fontes documentais especializadas para a procura de información.
- Ser capaz de interpretar e valorar a calidade das investigacións que se producen na Psicoloxía do Traballo e as Organizacións, na Psicoloxía Xurídica-Forense e na Intervención Social.
- Saber formular un problema de investigación nos ámbitos da Psicoloxía do Traballo e as Organizacións, da Psicoloxía Xurídica-Forense e da Intervención Social.
- Saber deseñar e desenvolver unha investigación científica nos ámbitos da Traballo e as Organizacións, da Psicoloxía Xurídica-Forense e da Intervención Social.
- Saber redactar e defender un informe de investigación.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
1. Habilidade de comunicación escrita e oral.
2. Capacidade para o traballo en equipo e a colaboración con outros profesionais.
3. Capacidade para a aprendizaxe autónoma.
4. Habilidade para as relacións interpersoais, respectando as normas básicas de convivencia, os dereitos fundamentais e os valores democráticos.
5. Mostrar interese pola aprendizaxe continuada e pola actualización dos seus coñecementos.
6. Capacidade de análise e síntese. Saber analizar, sintetizar e resumir a información recibida.
7. Capacidade de resolución de problemas e toma de decisións.
8. Adaptarse a novas situacións. Transferencia e uso flexible do coñecemento.
9. Capacidade crítica. Ter capacidade para valorar e discutir o propio traballo.
10. Compromiso ético.
1.- Psicólogo do Traballo e das Organizacións, Psicólogo Industrial, Psicólogo do Persoal, Director de Persoal, Técnico de Selección de Persoal, Técnico de Formación.
2.- Psicólogo Xurídico, Psicólogo Forense, Técnico/Psicólogo de Institucións Penais, Técnico/Psicólogo dos Equipos de Avaliación de Incapacidades,
3.- Técnico/Psicólogo dos Equipos Psicosociais dos Xulgados, Especialista/Psicólogo dos Equipos Técnicos de Menores, Técnico/Psicólogo das Clínicas Médico-Forenses, Especialista/Psicólogo en Atención a Vítimas. Psicólogo da Intervención Social.
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Adaptacións: Non se contemplan
Número de prazas de novo ingreso: 20
Demanda do ano anterior:
Perfil de ingreso: Non se contempla
Criterios de acceso e admisión:
Non se propoñen titulacións de preferencia. No seu defecto ponderaranse os méritos:
Os méritos específicos dos apartados 1, 2 e 3 do apartado Criterios de selección, cando proceda, ponderaranse multiplicando por tres (3) os que se relacionen coa titulación do nivel 1. de acceso (Psicoloxía), por dous (2) coas titulacións do nivel 2. de acceso e por 1 (1) coas titulacións dos niveis 3. e 4.
Ver seguidamente a táboa de titulacións por niveis:
1) Licenciados e graduados en Psicoloxía
2) Titulados en Ciencias Empresariais, Educación Social, Graduado Social, Relacións Laborais, Traballo Social, Administración e Dirección de Empresas, Ciencias do Traballo, Xestión e Administración Pública, Ciencias Políticas e da Administración, Criminoloxía, Dereito, Investigación e Técnicas de Mercado, Pedagoxía, Psicopedagoxía e Socioloxía 3) Resto de titulacións de Ciencias Sociais e Xurídicas
4) Titulacións de Ciencias da Saúde
Criterios de selección:
1 Expediente académico: 60%
2 Experiencia profesional: 15%
3 Experiencia investigadora: 15%
4 Outros (idiomas, outras titulacións afíns, etc.): 5%
Consultar a información actualizada en cada convocatoria anual de matrícula
Acceso:
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con: • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación. • A supresión gradual da impartición da docencia. • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster:
Plan de Acción Titorial:
Prácticas en empresas:
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012. Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao). Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón: Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións. O texto completo da norma pode consultarse en: Normativa de avaliación
Resultados:
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3291101 | Comportamento organizacional | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3291102 | Psicoloxía criminal e penitenciaria | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3291103 | Conflito Social e Acción Política | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3291104 | Métodos de meta-análise e outras técnicas de investigación aplicada | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3291201 | Metodoloxía avanzada en Investigación Social | 6.00 | OP | ANG | 1 | OFERTA.1 | P3291202 | Auditoría de recursos humanos e modelos de excelencia | 6.00 | OP | ANG | 1 | OFERTA.1 | P3291203 | Selección e avaliación de recursos humanos | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3291204 | Formación, desenvolvementoe xestión da diversidade en las organizacións | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OF/MR | P3291205 | Avaliación de riscos psicosociais e saúde ocupacional | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3291206 | Análise de postos, valoración e flexibilidade laboral | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OF/MR | P3291207 | Prácticas externas en organizacións | 12.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3291201 | Metodoloxía avanzada en Investigación Social | 6.00 | OP | ANG | 1 | OFERTA.1 | P3291208 | Intervención en Psicoloxía Xurídica e Forense | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3291209 | Psicoloxía xurídica e forense do menor e a familia | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3291210 | Psicoloxía xurídica e forense nos ámbitos penal, civil e social | 6.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3291211 | Prácticas externas jurídico-forenses | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3291201 | Metodoloxía avanzada en Investigación Social | 6.00 | OP | ANG | 1 | OFERTA.1 | P3291212 | Psicoloxía Social dos Problemas Sociais | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3291213 | Estratexias e técnicas de intervención e comunicación social | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OF/MR | P3291214 | Intervención social e xénero | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3291215 | Intervención social en violencia e crise | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3291105 | Traballo Fin de Máster | 12.00 | OB | TFGM | 1 | OFERTA.1 |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable