
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Admisión e matrícula provisoria no máster | 12/09/2013 | 04/10/2013 |
| Matrícula de continuación no máster | 03/09/2013 | 06/09/2013 |
| Admisión no máster de alumnos con estudos estranxeiros | 09/07/2013 | 31/07/2013 |
| Listaxe de admitidos en mestrado | 06/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en estudos de máster | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Máster Universitario en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías
Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas
Centro onde se imparte:
Facultade de Psicoloxía
Rúa Xosé María Suárez Núñez, s/n. Campus sur.
15782
Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: 12/02/2013
Data de publicación no BOE: null
Data da última acreditación: null
Responsable do título:
Coordinador do título: PEREZ PEREIRA, MIGUEL
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:
SiListaxe de profesores da titulación
Os obxectivos xerais do título son os seguintes:
1.- Contribuír, desde unha perspectiva interdisciplinar, á actualización do coñecemento dos graduados en Logopedia, Mestre de Infantil e Primaria, Psicoloxía, Pedagoxía, Psicopedagoxía e Terapia Ocupacional, e todos aqueles relacionados ou interesados nos trastornos da linguaxe e a comunicación.
2.- Proporcionar coñecemento acerca das peculiaridades do traballo profesional neste ámbito, prestando especial atención á influencia que o contexto social e evolutivo teñen no tratamento deste tipo de problemas.
3.- Proporcionar coñecemento e formación práctica sobre as estratexias, programas e técnicas de intervención propias deste ámbito de traballo.
4.- Iniciar aos graduados no campo da investigación, proporcionándolles as técnicas e coñecementos específicos para a realización dun traballo de investigación.
COMPETENCIAS XERAIS
1.- Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
2.- Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
3.- Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
4.- Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
Acceso, selección e xestión das fontes de información relevantes para a práctica profesional.
1.- Capacidade de adaptarse aos cambios e de observar e de escoitar de forma activa.
2.- Capacidade de análise e síntese.
3.- Capacidade de organizar e planificar.
4.- Capacidade para motivarse e procurar a calidade na actuación profesional.
5.- Coñecer e manexar as novas tecnoloxías da comunicación e da información.
6.- Resolver problemas de forma efectiva.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
1.- Coñecer e integrar as bases anatómicas e neuropsicolóxicas dos problemas da linguaxe e a comunicación.
2.- Coñecer a clasificación, a terminoloxía e a descrición dos trastornos da linguaxe e a comunicación.
3.- Coñecer, recoñecer e discriminar entre a variedade das alteracións e realizar a avaliación dos trastornos específicos do desenvolvemento da linguaxe, trastorno específico da linguaxe, atrasos da linguaxe, trastornos fonéticos e fonolóxicos; os trastornos da comunicación e a linguaxe asociados a déficit auditivos e visuais, o déficit de atención, os trastornos do espectro autista, os trastornos específicos da linguaxe escrita; as dificultades de lectura; os trastornos da fluidez do fala; as disartrias; as disfonías; as alteracións da linguaxe no envellecemento e os trastornos dexenerativos; as alteracións da linguaxe e a comunicación en enfermidades mentais; o mutismo selectivo e as inhibicións da linguaxe.
4.- Coñecer os fundamentos do proceso de avaliación e diagnóstico.
5.- Coñecer e aplicar os modelos, técnicas e instrumentos de avaliación empregados nas alteracións específicas da linguaxe e a comunicación.
6.- Realizar unha avaliación tras a intervención e redactar un informe sobre a mesma.
7.- Coñecer as funcións da Intervención na área da linguaxe e a comunicación: prevención, educación, reeducación, rehabilitación e tratamento.
8.- Coñecer e aplicar os modelos e as técnicas de intervención.
9.- Coñecer as características diferenciais da intervención na linguaxe e a comunicación nos ámbitos familiar, escolar, clínico e asistencial.
10.- Saber deseñar, programar e avaliar a actuación na área da linguaxe e a comunicación.
11.- Adquirir ou desenvolver os recursos persoais para a intervención: habilidades sociais e comunicativas, habilidades profesionais, avaliación da propia actuación profesional, técnicas de observación, técnicas de dinamización ou toma de decisións.
12.- Realizar a selección, avaliación e aplicación de recursos das tecnoloxías da información e a comunicación na prevención e intervención sobre as dificultades de aprendizaxe relacionadas co desenvolvemento da linguaxe e a comunicación
13.- Ser capaz de elaborar un informe científico que implique definir un problema de investigación, as hipóteses e variables asociadas, así como definir o deseño, a mostra e o seu modo de selección, as ferramentas de recollida de datos e a súa consecuente análise e discusión.
Con este máster os titulados estarán capacitados para desempeñar labores de prevención, diagnóstico e tratamento dos trastornos da linguaxe e a comunicación nos ámbitos da saúde, a educación ou os servizos sociais: hospitais, centros de saúde, centros de Logopedia, colexios, centros de educación especial, equipos psicopedagóxicos, servizos de orientación, centros xeriátricos, etc.
Esta proposta de título abre a posibilidade de realizar labores de investigación, pois tras cursar o grao e algún posgrao oficial poderase ter acceso ao doutoramento e, polo tanto, a presentar a tese
doutoral.
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Adaptacións: Non se contemplan
Número de prazas de novo ingreso: 12
Demanda do ano anterior:
Perfil de ingreso: Non se contempla
Criterios de acceso e admisión:
Titulacións de acceso:
-Título de grao en Logopedia, ou equivalente
-Título de grao en Psicoloía, ou equivalente
-Título de grao en Mestre, ou equivalente
-Título de grao en Terapia Ocupacional, ou equivalente
- Licenciado en Psicopedagoxía, ou equivalente
- Outras titulacións poderán ser tidas en consideración, tras petición formal da persoa interesada. As solicitudes neste sentido serán estudadas e resoltas pola Comisión de Selección do Máster.
Os criterios de acceso e admisión deberán consultarse en cada convocatoria anual de matrícula para ter a información actualizada de cada curso académico.
Acceso:
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con: • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación. • A supresión gradual da impartición da docencia. • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster:
Plan de Acción Titorial:
Prácticas en empresas:
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012. Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao). Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón: Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións. O texto completo da norma pode consultarse en: Normativa de avaliación
Resultados:
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3321106 | Avances na evaluación da comunicación e a primeira linguaxe | 1.50 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3321107 | Avaliación dos procesos cognitivo-lingüísticos implicados na aprendizaxe lecto-escritor | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3321209 | Aspectos básicos para a avaliación e o diagnóstico das alteracións da voz | 4.50 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3321210 | Avaliación e diagnóstico dos problemas da linguaxe e a voz en patoloxías específicas | 6.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3321211 | Avaliación dos problemas de comunicación e linguaxe no T.E.A. | 1.50 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3321212 | Avaliación dos transtornos da linguaxe e audición desde a práctica clínica | 1.50 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3321214 | Propostas de avaliación e diagnóstico das dificultades na aprendizaxe da lectura e escritura. O caso da dislexia | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3321215 | Avaliación da lectura en xordos | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3321108 | Intervención nas alteracións da linguaxe, fala, audición e voz: da teoría á práctica clínica | 4.50 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3321109 | Prevención das dificultades lecto-escritoras no ámbito educativo | 3.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3321217 | A intervención en transtornos específicos (disfonía, disartria, presbiacusias) e derivados da parálisis cerebral, esquizofrenia, discapacidade intelectual, envellecemento e demencia | 12.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3321218 | Intervención nos problemas de comunicación e linguaxe en T.E.A.: propostas informáticas para a intervención | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3321220 | Intervención nas alteracións da aprendizaxe da lecto-escritura e aportacións das TIC | 9.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3321221 | Intervención na competencia lectora dos xordos. Cara a unha educación inclusiva. | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3321222 | O papel do contexto familiar no tratamento das alteracións da comunicación e a linguaxe | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3321104 | Prácticum | 9.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3321105 | Traballo Fin de Máster | 12.00 | OB | TFGM | 1 | OFERTA.1 |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable