
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Matrícula vacantes | 12/09/2013 | 04/10/2013 |
| Admisión no máster de alumnos con estudos estranxeiros | 09/07/2013 | 31/07/2013 |
| Listaxe de admitidos en mestrado | 06/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en estudos de máster | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
Rama de coñecemento: Ciencias da Saúde
Centro onde se imparte:
Facultade de Psicoloxía
Rúa Xosé María Suárez Núñez, s/n. Campus sur.
15782
Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
Data de publicación no BOE:
Data da última acreditación:
Responsable do título:
Coordinador do título: SENRA RIVERA, CARMEN
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:
NonListaxe de profesores da titulación
Información adicional (memoria provisoria, plan de estudos enviado a verificación)
1. Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
2. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
3. Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
4. Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións -e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan- a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
5. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
COMPETENCIAS XERAIS:
1. Adquirir, desenvolver e poñer en práctica un concepto de saúde integral, que contemple os compoñentes biopsicosociais da mesma, de acordo coas directrices establecidas pola OMS.
2. Coñecer en profundidade a natureza psicolóxica dos trastornos mentais e comportamentais, así como dos factores psicolóxicos asociados aos problemas de saúde/enfermidade.
3. Coñecer en profundidade os distintos modelos de avaliación, diagnóstico, intervención e tratamento no campo da Psicoloxía Clínica e da Saúde, así como as técnicas e procedementos que deles se derivan para a abordaxe dos trastornos psicolóxicos, a promoción da saúde, e os factores psicolóxicos implicados nos procesos de saúde e enfermidade.
4. Planificar, desenvolver e, no seu caso, supervisar o proceso de avaliación psicolóxica dos diferentes tipos de trastornos psicolóxicos e neuropsicolóxicos, así como dos factores psicolóxicos implicados nos procesos de saúde e enfermidade, nos diferentes contextos, para establecer, como resultado desa avaliación, o diagnóstico correcto.
5. Deseñar, desenvolver, supervisar e no seu caso avaliar plans e programas de intervención e tratamento psicolóxico, en función do diagnóstico e das variables de tipo individual e social que concorran en cada caso, e de acordo co obxectivo da intervención (prevención, tratamento, rehabilitación,...).
6. Mostrar habilidades de comunicación interpersoal e de manexo das emocións adecuadas para unha interacción terapeuta/paciente efectiva, nos procesos de identificación do problema, avaliación, comunicación do diagnóstico e intervención e seguimento.
7. Saber identificar e formular problemas de investigación no contexto do seu exercicio profesional, e contribuír á súa abordaxe de acordo cos métodos, técnicas e procedementos de investigación propios da Psicoloxía.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
1. Saber aplicar as principais teorías sobre a etioloxía dos trastornos psicolóxicos na conceptualización dun caso clínico concreto.
2. Ser capaz de planificar e desenvolver unha sesión de avaliación e diagnóstico, establecendo hipótese das que deducir enunciados contrastables.
3. Saber seleccionar e aplicar as técnicas e os instrumentos de avaliación máis convenientes para cada caso de acordo coas súas características e contexto.
4. Saber analizar e interpretar os resultados dunha avaliación psicolóxica.
5. Saber elixir e aplicar as técnicas de intervención psicolóxica máis adecuadas de acordo coa súa finalidade (prevención, tratamento,rehabilitación, consello, asesoramento, etc.).
6. Saber planificar e desenvolver unha intervención psicolóxica, establecendo obxectivos pertinentes e realistas en función das características do problema e o contexto.
7. Saber realizar o seguimento dunha intervención, de acordo cos obxectivos fixados, para introducir, si fose o caso, cambios na mesma durante o seu desenvolvemento.
8. Saber proporcionar retroalimentación aos destinatarios de forma adecuada e precisa co fin de implicalos nas distintas fases do proceso de avaliación, intervención e tratamento.
9. Saber deseñar programas de prevención e de promoción da saúde psicolóxica en función dos factores relevantes (de risco e protección) e os recursos dispoñibles.
10. Saber elaborar informes psicolóxicos con diferentes propósitos e atendendo a distintas audiencias.
11. Coñecer o marco de actuación propio do psicólogo xeral sanitario e saber derivar, si fose o caso, ao profesional especialista correspondente.
12. Saber interpretar de forma crítica as teorías, os métodos e os resultados das investigacións nos ámbitos da Psicoloxía Clínica e da Saúde e a Psicobioloxía.
13. Saber identificar e formular problemas de investigación e participar no deseño e desenvolvemento de proxectos de investigación no ámbito da Psicoloxía Clínica e da Saúde e a Psicobioloxía
No deseño do plan de estudos tívose en conta a estrutura e o perfil profesional da proposta de máster para o ámbito da Psicoloxía Clínica e da Saúde deseñada polas Facultades de Psicoloxía. Tamén se contemplou, á espera de directrices ministeriais que dean acceso á profesión regulada de psicólogo xeral sanitario, o perfil profesional que establece a Disposición Adicional Sétima da Lei 33/2011, de 4 outubro, Xeral de Saúde.
A Universidade de Santiago de Compostela (USC) é a única do Sistema Universitario Galego (SUG) que oferece formación para obter o nivel de Grao en Psicoloxía. A este particular débese engadir a preferencia maioritaria que viñeron manifestando os estudantes deste título pola rama de Psicoloxía Clínica e da Saúde. Durante os máis de trinta anos de vixencia da Licenciatura en Psicoloxía na USC, a opción especializada de Psicoloxía Clínica e da Saúde foi persistentemente a máis demandada, alcanzando, aproximadamente, un 65% dos estudantes. Cabe supor que esta demanda se manterá na estrutura formativa actual e que se trasladara ao nivel de máster, tendo en conta que a formación especializada non se obtén no nivel de grao senón que debe adquirirse no segundo ciclo.
Ademais, a pertinencia deste Máster susténtase no panorama actual da regulación do exercicio da Psicoloxía no ámbito sanitario, á cal se axusta a presente proposta.
Xunto aos argumentos expostos, baseados no interese académico, a análise da demanda, e a normativa vigente, existen consideracións de carácter científico que avalan a pertinencia deste Máster. O Departamento de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía, no marco de liñas de investigación consolidadas que viñeron recibindo financiamento sostido, ofertou formación postgraduada de especialización no ámbito clínico e da saúde de xeito permanente desde 1986. Trátase de liñas que contan con relevancia profesional e social, como son os programas de prevención e actuación sobre trastornos da conduta alimentaria, adicións; problemas de conduta na adolescencia; prevención e tratamento da depresión; calidade de vida en enfermidade física crónica, e avellentamento normal e patolóxico, entre outros. Esta bagaxe científica permitirá que a formación avanzada que se ofereza aos futuros profesionais conte co máximo nivel de actualización respecto dos avances derivados da investigación.
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Adaptacións: Non se contemplan
Número de prazas de novo ingreso: 30
Demanda do ano anterior: Non procede
Perfil de ingreso: Non se contempla
Criterios de acceso e admisión:
Licenciatura ou Grao en Psicoloxía
Para acceder ao máster, o alumno/a deberá acreditar 90 créditos ECTS de formación
especificamente sanitaria
Información actualizada en cada convocatoria de matrícula
Acceso:
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con: • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación. • A supresión gradual da impartición da docencia. • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster: Ao Traballo de Fin de Máster (TFM) asígnaselle unha extensión de 7,5 créditos. Realízase no 1º cuadrimestre do segundo curso e deféndese ao finalizar o mesmo.
O obxectivo xeral do TFM é iniciar ao alumno na investigación científica, facilitándolle a adquisición de destrezas, técnicas, coñecementos e capacidade de análise e crítica para desenvolver a súa futura Tese de Doutoramento nalgún dos campos da Psicoloxía Clínica, da Saúde ou a Psicobioloxía. A concreción deste obxectivo xeral plásmase nas competencias que o estudante deberá adquirir a través desta materia.
O contido do TFM estará relacionado con calquera das temáticas tratadas nas materias do Máster ou coas liñas de investigación do profesorado. O traballo poderá incluír unha parte empírica ou experimental, o deseño dun protocolo ou proposta de intervención, a análise de casos (avaliacións, informes psicolóxicos).
O estudante deberá realizar e presentar un traballo no que demostre as competencias adquiridas ao longo dos estudos. Incluirá, tarefas de procura e revisión bibliográfica, análise crítica, sistematización e integración de información, elaboración de deseño orixinal de investigación, redacción e presentación oral e escrita.
Plan de Acción Titorial: O desenvolvemento das materias se complementa con titorías individualizadas (presenciais e a través de internet) nas que os membros do equipo docente orientan e supervisan o traballo dos alumnos. Polo que respecta á coordinación do Traballo de Fin de Máster, realizarase unha reunión dos profesores titores ao comezo do período de desenvolvemento da materias
Ao longo do Máster, desenvólvese un proceso continuo de supervisión, orientación e guía por parte do profesorado. Este sistema de titoría, con especial énfase na supervisión das prácticas externas e do Traballo de Fin de Máster, potencia a implicación e motivación do estudante no seu programa formativo.
Prácticas en empresas: As prácticas externas obrigatorias supoñen 30 créditos organizados en dúas materias: O Practicum I, de 12 créditos, realizarase no 2ºcuadrimestre do primeiro curso, tras finalizar a docencia das materias optativas, e ten como obxectivo o contacto con dispositivos profesionais de saúde mental de carácter básico. O Practicum II, de 18 créditos realizarase no segundo curso (1ºcuadrimestre) e consistirá na práctica supervisada en dispositivos de carácter básico ou específico, de acordo cos intereses formativos de cada estudante. Para a realización destas materias deberá haberse superado o 80% dos créditos do primeiro cuadrimestre.
As prácticas externas teñen como obxectivo fundamental que os estudantes poñan en práctica os coñecementos adquiridos sobre avaliación, diagnóstico e intervención e desenvolvan as habilidades e destrezas propias do exercicio profesional, baixo a supervisión dun psicólogo cualificado.
A titulación de Psicoloxía conta cun número importante de convenios de colaboración asinados, non só coa administración pública (Servizo Galego de Saúde e varias Consellerías) senón tamén cun amplo número de dispositivos que teñen acreditación como establecementos sanitarios o que avala a súa competencia para exercer a titoría e unha supervisión acorde cunhas prácticas de calidade.
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012. Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao). Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón: Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións. O texto completo da norma pode consultarse en: Normativa de avaliación
Resultados:
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P2151111 | Fundamentos científicos e profesionais da psicoloxía sanitaria | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P2151101 | Habilidades terapéuticas do psicóloco xeral sanitario | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P2151102 | Estado de ánimo: avaliación e intervención psicolóxica | 4.50 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P2151103 | Ansiedade: avaliación e intervención psicolóxica | 4.50 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P2151104 | Avaliación e intervención psicolóxica en adicións | 4.50 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P2151105 | Intervención psicolóxica na nenez e na adolescencia | 4.50 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P2151106 | Intervención en Psicoloxía da Saúde | 4.50 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P2151107 | Neuropsicoloxía aplicada | 4.50 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P2151108 | Practicum I | 12.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P2151109 | Practicum II | 18.00 | OB | 1SG | 2 | NI/NM | P2151110 | Traballo Fin de Máster | 12.00 | OB | TFGM | 2 | NI/NM |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable