Rúa Xosé María Suárez Núñez, s/n. Campus sur.
15782 Santiago de Compostela
A formación, a un nivel xeral e non especializado, de profesionais cos coñecementos científicos necesarios para analizar, comprender, e explicar o comportamento humano, e coas destrezas e habilidades básicas para avaliar e intervir sobre o comportamento no ámbito individual e social ao longo do ciclo vital, co fin de promover e mellorar a saúde e a calidade de vida. Todo iso desde o compromiso cos principios éticos e deontolóxicos da profesión de psicólogo.
O Grao proporciona, pois, as competencias profesionais básicas do psicólogo, agás nos campos en que titulacións oficiais de nivel superior establezan competencias específicas ou especialidades reguladas.
Posuir e comprender os coñecementos que definen e articulan a Psicoloxía como disciplina científica, incluíndo as súas teorías, métodos e áreas de aplicación, nun nivel que se apoia en libros de texto avanzados e inclúe algúns coñecementos procedentes da vangarda deste campo de estudo.
Capacitación para o desempeño profesional como psicólogos a un nivel xeral e non especializado, así como para incorporarse a estudos de máster que lles proporcionen unha formación avanzada dirixida á especialización académica, profesional ou investigadora no terreo da Psicoloxía.
Capacidade para reunir e interpretar datos relevantes relativos ao comportamento humano, individual e social, e ao contexto no que se produce, para emitir xuízos fundamentados sobre problemas de orde psicolóxica.
Capacidade para transmitir información, ideas, problemas e solucións sobre cuestións relativas ao comportamento humano, a un público tanto especializado como non especializado.
Capacidade para continuar a súa formación e aprendizaxe no ámbito da Psicoloxía cun alto grao de autonomía.
Capacidade para abordar a súa actividade profesional e formativa desde o respecto ao Código Deontolóxico do psicólogo, que inclúe os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e deseño para todos e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
Coñecementos e comprensión de:
- As funcións, características, contribucións e limitacións dos distintos modelos teóricos da Psicoloxía.
- As leis básicas dos distintos procesos psicolóxicos.
- Os procesos e etapas principais do desenvolvemento psicolóxico ao longo do ciclo vital nos seus aspectos de normalidade e anormalidade.
- Os fundamentos biolóxicos da conduta humana e das funcións psicolóxicas.
- Os principios psicosocíais que interveñen no comportamento dos individuos e no funcionamento dos grupos e das organizacións.
- Os métodos e deseños de investigación e as técnicas de análises de datos propios da Psicoloxía.
- Os distintos métodos de avaliación, diagnóstico e tratamento psicolóxico en diferentes ámbitos aplicados da Psicoloxía clínica e da saúde, social, educativa.
Habilidades e destrezas para aplicar estes coñecementos na solución de problemas de comportamento que afectan á calidade de vida e á saúde das persoas, a través da:
- Identificación das necesidades e demandas dos destinatarios para establecer os obxectivos e metas de la intervención psicolóxica
- Identificación das características relevantes do comportamento de individuos, grupos, organizacións e contextos, mediante os métodos e instrumentos propios da avaliación psicolóxica
- Selección e administración das técnicas e instrumentos propios e específicos da Psicoloxía
- Definición dos obxectivos, elaboración do plan de intervención e aplicación das técnicas de intervención
en función das necesidades e demandas dos destinatarios, e avaliar os seus resultados.
- Transmisión aos destinatarios, de forma axeitada e precisa, dos resultados da avaliación. e da intervención; elaboración informes psicolóxicos dirixidos aos destinatarios e a outros profesionais.
Todo isto asumindo como principios básicos da súa actuación:
- A promoción da saúde e a calidade de vida a través dos métodos e procedementos propios da psicoloxía.
- O axuste ás obrigas deontolóxicas da Psicoloxía.
Os xerais para as titulacións de grao.
Ciencias da Saúde e Ciencias Sociais.
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Docencia | G2011000 | Nivelación de Bioloxía | .00 | OP | 1SG | NI/NM | G2011101 | Historia da Psicoloxía | 6.00 | FB | 1SG | OFERTA.1 | G2011105 | Motivación, emoción e condicionamento | 6.00 | FB | 1SG | OFERTA.1 | G2011103 | Fundamentos biolóxicos da conduta | 6.00 | FB | 1SG | OFERTA.1 | G2011106 | Neurociencia condutual | 6.00 | FB | 2SG | OFERTA.1 | G2011108 | Psicoloxía social | 6.00 | FB | 2SG | OFERTA.1 | G2011104 | Psicoloxía do desenvolvemento e da educación | 6.00 | FB | 1SG | OFERTA.1 | G2011109 | Psicoloxía do desenvolvemento I | 6.00 | FB | 2SG | OFERTA.1 | G2011102 | Análise de datos en Psicoloxía | 6.00 | FB | 1SG | OFERTA.1 | G2011107 | Deseños de Investigación en Psicoloxía | 6.00 | FB | 2SG | OFERTA.1 | G2011110 | Psicoloxía da personalidade | 6.00 | FB | 2SG | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Docencia | G2011221 | Percepción e atención | 4.50 | OB | 1SG | NI/NM | G2011222 | Psicoloxía da memoria | 4.50 | OB | 1SG | NI/NM | G2011223 | Aprendizaxe | 4.50 | OB | 1SG | NI/NM | G2011227 | Psicoloxía do pensamento | 4.50 | OB | 2SG | NI/NM | G2011228 | Psicoloxía da linguaxe | 4.50 | OB | 2SG | NI/NM | G2011224 | Neurociencia cognitiva | 4.50 | OB | 1SG | NI/NM | G2011226 | Psicoloxía da interación social | 6.00 | OB | 1SG | NI/NM | G2011231 | Psicoloxía dos grupos | 6.00 | OB | 2SG | NI/NM | G2011230 | Psicoloxía do desenvolvemento II | 6.00 | OB | 2SG | NI/NM | G2011229 | Análise multivariante | 4.50 | OB | 2SG | NI/NM | G2011225 | Psicometría | 6.00 | OB | 1SG | NI/NM | G2011232 | Avaliación psicolóxica I | 4.50 | OB | 2SG | NI/NM |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Docencia | G2011323 | Psicopatoloxía I | 4.50 | OB | 1SG | NI/NM | G2011329 | Psicopatoloxía II | 4.50 | OB | 2SG | NI/NM | G2011321 | Avaliación psicolóxica II | 4.50 | OB | 1SG | NI/NM | G2011328 | Neuropsicoloxía | 4.50 | OB | 2SG | NI/NM | G2011324 | Tratamentos psicolóxicos I | 6.00 | OB | 1SG | NI/NM | G2011330 | Tratamentos Psicolóxicos II | 6.00 | OB | 2SG | NI/NM | G2011322 | Psicoloxía da educación | 6.00 | OB | 1SG | NI/NM | G2011325 | Dificultades no desenvolvemento e a aprendizaxe | 4.50 | OB | 1SG | NI/NM | G2011331 | Trastornos do desenvolvemento: Aspetos evolutivos e educativos | 6.00 | OB | 2SG | NI/NM | G2011326 | Psicoloxía do traballo e das organizacións I | 4.50 | OB | 1SG | NI/NM | G2011327 | Psicoloxía do traballo e das organizacións II | 4.50 | OB | 2SG | NI/NM | G2011332 | Psicoloxía da intervención social e comunitaria I | 4.50 | OB | 2SG | NI/NM |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Docencia | G2011422 | Psicoloxía da saúde | 4.50 | OB | 1SG | NI/NM | G2011421 | Psicoloxía da intervención social e comunitaria II | 4.50 | OB | 1SG | NI/NM | G2011423 | Practicum | 12.00 | OB | 2SG | NI/NM | G2011424 | Traballo fin de grao | 6.00 | OB | 2SG | NI/NM | G2011441 | Introdución a farmacoloxía do comportamento | 4.50 | OP | 1SG | NI/NM | G2011442 | Psicoloxía preventiva | 4.50 | OP | 1SG | NI/NM | G2011443 | Rehabilitación psicosocial en trastornos mentales crónicos | 4.50 | OP | 1SG | NI/NM | G2011444 | Avaliación e tratamentos psicolóxicos na infancia e adolescencia | 4.50 | OP | 1SG | NI/NM | G2011445 | Avaliación do desenvolvemento | 4.50 | OP | 1SG | NI/NM | G2011446 | Orientación e intervención familiar | 4.50 | OP | 1SG | NI/NM | G2011447 | Orientación e intervención psicoeducativa | 4.50 | OP | 2SG | NI/NM | G2011448 | Introdución á xestión e desenvolvemento de recursos humanos | 4.50 | OP | 2SG | NI/NM | G2011449 | Psicoloxía social da comunicación | 4.50 | OP | 2SG | NI/NM | G2011450 | Intervención e prevención en contextos de violencia | 4.50 | OP | 2SG | NI/NM | G2011451 | Psicoloxía de xénero | 4.50 | OP | 2SG | NI/NM | G2011452 | Psicoloxía da actividade física e do deporte | 4.50 | OP | 2SG | NI/NM |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable