Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Química  »  Información da Materia

P1033218 - Métodos Difractométricos (Técnicas Instrumentais) - Curso 2011/2012

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 2.00
  • Total: 2.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 6.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 8.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 16.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Química Inorgánica
  • Áreas: Química Inorgánica
  • Centro: Facultade de Química
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
CASTIÑEIRAS CAMPOS, ALFONSO.SI
Macías Luaces, Alejandro Alberto.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo principal é dar aos alumnos unha perspectiva xeral e actual do tema e das súas posibles liñas de desenvolvemento no futuro. Particularmente, trátase de afondar en aspectos fundamentais da cristalografía de raios X, con especial énfase nos métodos difractométricos aplicados ao estudio de pequenas moléculas.
    Contidos
    1. Nocións básicas de cristalografía.
    1.1. Simetría.
    1.2. Celas unidade.
    1.3. Sistemas cristalinos.
    1.4. Grupos espaciais
    1.5. Coordenadas cristalográficas
    2. Difracción de raios X.
    2.1. Elección dun cristal para difracción de raios X de monocristal
    2.2. Técnicas de cristalización.
    2.3. Difracción de raios X por monocristais.
    2.3.1. O fenómeno da difracción.
    2.3.2. Correccións dos datos das reflexións obtidos no difractómetro.
    2.3.3. Información obtida dos diagramas de difracción.
    2.3.4. Ausencias sistemáticas. Determinación do grupo espacial do cristal.
    2.4. Resolución de estruturas cristalinas por difracción de raios X.
    2.4.1. O problema das fases e a súa resolución.
    2.4.2. Métodos directos.
    2.4.3. Método do átomo pesado. A función de Patterson.
    2.4.4. O refinamento da estrutura.
    2.4.5. Busca de todos os átomos. Densidade electrónica residual.
    2.4.6. Refinamento isotrópico e anisotrópico.
    2.4.7. Os átomos de hidróxeno.
    2.5. Análise da estrutura resolta. Revisión dos resultados obtidos e obtención de táboas.
    3.0 Outros métodos difractométricos.

    Bibliografía básica e complementaria
    Básica:
    Donald E. Sands, “Introducción a la cristalografia”. Ed. Reverté, 1988.
    Clegg, William, “Crystal structure determination”, Oxford University Press, 1998

    Complementaria
    http://imaisd.usc.es/riaidt/raiosx/index.asp
    M.D. Ruiz Cruz, “Cristalografia elemental (para químicos)”. Ed. Ágora, Málaga, 2002
    C. Hammond, “The basics of crystallography and difracction”. Oxford University Press, 1997
    L. V. AZÁROFF, M. J. BUERGER, the powder meted in x-ray crystallography, mcgraw-hill: Nueva York, 1958.
    M. M. WOOLFSON, An Introduction to X-Ray Crystallography, Cambridge University Press: Cambridge, 1979.
    M. J. BUERGER, Crystal-Structure analysis, Robert E. Krieger Publishing: Huntington, 1980.
    J. P. GLUSKER, K. N. TREBLOOD, Crystal Structure Analysis. A Primer, 2nd ed., Oxford University Press: Oxford, 1985.
    T. HAND (ed.), International Tables for Crystallography. Brief Teaching Edition of Volume A. Space- Group Symmetry, Riedel: Dordrecht, 1985.
    C-I. BRÄNDEN, J. TOSE, Introduction to Protein Structures, Garland: Nueva York, 1991
    G. H. STOUT, L. H. JENSEN, X-Ray Structure Determination, 2nd ed., John Wiley & Sons: Nueva York, 1989.
    G. GIACOVAZZO, H. L. MONACO, D. VITERBO, F. SCORDARI, G. GILLI, G. ZANOTTI, M. CATTI, Fundamentals of Crystallography, Oxford University Press: Oxford, 1994.
    J. P. GLUSKER, M. LEWIS, M. ROSSI, Crystal Structure Analysis for Chemists and Biologist, VCH: Weinheim, 1994.
    R. A. YOUNG (ed.), The Rietveld Method, Oxford University Press: Oxford, 1996.
    W. CLEGG, A. J. BLAKE, R. O. GOULD, P. MAIN, Crystal Structure Analysis. Principles and Practice, Oxford University Press: Oxford, 2001.

    Competencias
    Coñecer os principios básicos da cristalografía.
    Coñecer os principios básicos da utilización dos métodos difractométricos para a caracterización de compostos sólidos.
    Aprender a manexar os rudimentos da determinación da estrutura cristalina dun composto sólido por difracción de raios X de monocristal a partir dos datos experimentais obtidos nun difractómetro.
    Aprender a avaliar, de xeito práctico mediante a análise de distintos parámetros, a calidade dos datos obtidos na determinación da estrutura cristalina dun composto.

    Metodoloxía da ensinanza
    Materia de 2 créditos ECTS. Para o desenvolvemento do programa teórico dedicaranse un total de 7 sesións dunha hora cada unha (clases expositivas), que se complementarán con apoio especifico de docencia virtual e 5 horas de clases interactivas con ordenador na aula de informática, nas que cada alumno, cos medios informáticos axeitados e co asesoramento dos profesores, aplicará os coñecementos adquiridos a sistemas reais utilizando os programas cristalográficos instalados para tal efecto nos ordenadores das aulas. A aprendizaxe complétase coa resolución, por parte do alumno nun exercicio individual, dunha estrutura cristalina problema. Estas dúas últimas actividades utilízanse como sistema de autoavaliación. Para a resolución de dúbidas e unha análise final dos resultado obtidos no caso práctico proposto organízanse 2 titorías en grupo moi reducido ou individualizadas.
    Sistema de evaluación
    Baséase nunha avaliación continuada de cada alumno mediante o seu traballo nas sesións prácticas e a nota do exercicio práctico individual proposto ao final destas.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Actividade Horas Presenciais Traballo Persoal TOTAL
    Clases expositivas 7 10,5 17,5
    Clases interactivas
    con ordenador 5 7,5 12,5
    Caso práctico: resolución
    dunha estrutura cristalina 0 14 14
    Titorías 2 4 6
    TOTAL 14 36 50

    Recomendacións para o estudo da materia
    Repasar, axudándose dos textos recomendados e dos contidos da Aula Virtual, os coñecementos teóricos expostos polo profesor nas clases de teoría.
    Repasar e completar os exercicios problema traballados nas clases interactivas na aula de informática.
    Aproveitar as titorías establecidas para consultar as dúbidas que vaian xurdindo na resolución do caso práctico proposto.