Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Química  »  Información da Materia

P1091211 - Materiais de baixa dimensionalidade e nanoestructurados (Optativo) - Curso 2012/2013

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Física da Materia Condensada
  • Áreas: Física da Materia Condensada
  • Centro: Facultade de Física
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
VAZQUEZ RAMALLO, MANUEL.SI
VIDAL COSTA, FELIX.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Introdución á física dos materiais que presentan efectos de baixa dimensionalidade debido á competición entre lonxitudes características. Presentaranse tanto unha introdución dos conceptos xerais como varios casos concretos representativos, por exemplo as películas delgadas e os superconductores nanoestructurados. Salientaranse os aspectos experimentais da síntese e caracterización dos materiais e da análise das súas propiedades.
    Contidos
    1.- PROPIEDADES DOS MATERIAIS CON DIMENSIONALIDADE REDUCIDA.

    Competición de lonxitudes (efectos de talla finita, lonxitudes de coherencia). Efectos sobre as propiedades de transporte, magnéticas e térmicas. Aplicación aos supercondutores. Outras aplicacións.

    2.- TÉCNICAS DE SÍNTESES E CARACTERIZACIÓN DE PELÍCULAS DELGADAS E OUTROS MATERIAIS NANOESTRUCTURADOS.

    Crecemento de películas delgadas por pulverización catódica. Outras técnicas de crecemento de películas delgadas. Litografías óptica e electrónica, e gravado iónico. Técnicas de caracterización por microscopías electrónica e de forza atómica, e difración de raios x. Aplicación aos supercondutores. Outras aplicacións.
    Bibliografía básica e complementaria
    Básica:
    -E.L. Wolf, Nanophysics and Nanotechnology, Wiley (2006).
    -M. Ohring, The Materials Science of Thin Films, Academic Press (2002).
    -E. Meyer, Scanning Probe Microscopy, Springer (2003).
    -M. Tinkham, Introduction to Superconductivity, McGraw-Hill (1996).
    -Y. Murayama, Mesoscopic systems, Wiley (2001).

    Complementaria:
    -C.G. Stefanita, From Bulk to Nano, Springer (2008).
    -A. Cornet, J.P. Deville, Physique et Ingénierie des Surfaces, EDP Sciences (1998).
    -R. Behrisch, W. Eckstein, Sputtering by Particle Bombardment, Springer (2007).
    -D. Depla, S. Mahieu, Reactive Sputtering Deposition, Springer (2008).
    -L. Reimer, Scanning Electron Microscopy: Physics of Image Formation and Microanalysis, Springer (1998).
    -J. Goldstein et al., Scanning Electron Microscopy and X-Ray Microanalysis, Springer (2003).
    -J.H. Davies, The Physics of Low-Dimensional Semiconductors, Cambridge University Press (1998).
    Competencias
    Coñecer as técnicas experimentais básicas de síntese e caracterización de películas delgadas e outros materiais con dimensionalidade reducida e as súas principais propiedades.
    Metodoloxía da ensinanza
    Clases maxistrais, de problemas, e de laboratorio. Os alumnos realizarán traballos prácticos e escritos, e presentacións orais. Buscarase que a distribución das horas a dedicar a cada actividade formativa sexa aproximadamente como segue:

    -Traballo presencial do alumno: Clases expositivas, e presentación e explicación dos temas: 12 horas. Clases prácticas: 3 horas. Prácticas: 10 horas. Tutorías de traballos de curso: 4 horas. Actividades de avaliación: 1 hora.

    -Traballo persoal do alumno: Estudo autónomo individual ou en grupo: 15 horas. Deseño, preparación e elaboración dos traballos prácticos: 25 horas. Lecturas recomendadas: 2 horas. Preparación de presentacións orais: 3 horas.

    É obrigatorio o uso da plataforma de campus virtual da USC.
    Sistema de evaluación
    A nota final resultará da avaliación continua dos alumnos, que se fundamentará na realización por parte dos mesmos de varios traballos escritos, algúns deles relacionados cos traballos prácticos, e breves presentacións orais. Esta avaliación poderá así mesmo ser modulada, ata un máximo dun 25%, pola valoración por parte do profesor da participación activa do alumno nas actividades presenciais. É imprescindible a realización da parte experimental e a súa memoria. É obrigatorio o uso da plataforma de campus virtual da USC.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    De acordo coa seguinte distribución:

    -Traballo presencial do alumno:
    Clases expositivas. Presentación e explicación dos temas: 12 horas.
    Clases prácticas: 3 horas.
    Prácticas: 10 horas.
    Tutorías de traballos de curso: 4 horas.
    Actividades de avaliación: 1 hora.

    -Traballo persoal do alumno:
    Estudo autónomo individual ou en grupo: 15 horas.
    Deseño, preparación e elaboración dos traballos prácticos: 25 horas.
    Lecturas recomendadas: 2 horas.
    Preparación de presentacións orais: 3 horas.
    Recomendacións para o estudo da materia
    É moi recomendable asistir ao maior número posible de clases presenciais e usar a bibliografía. É obrigatorio o uso da plataforma de campus virtual da USC.