Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Química  »  Información da Materia

G1041101 - Física I (Formación Básica Transversal) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 23.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 16.00
  • Clase Interactiva Seminario: 11.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 52.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Física da Materia Condensada
  • Áreas: Física da Materia Condensada
  • Centro: Facultade de Química
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
GARCIA SANCHEZ, MANUEL.NON
GONZALEZ ALEMANY, MANUEL MARIA.NON
RODRIGUEZ GONZALEZ, JULIO RAMON.NON
TORRON CASAL, CAROLINA.SI
VEIRA SUAREZ, JOSE ANTONIO.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE02OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_04OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_05OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_06OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_07OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_08 HorariosClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_04OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_05OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_06HorariosClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS14OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS15OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS16OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Esta materia proporciona algúns dos coñecementos de Física clásica xeral imprescindibles para a comprensión da fundamentación de moitas das leis e fenómenos da natureza.

    Contextualización coas materias continuación directa da presente: A materia de Física II debería continuar os obxectivos xerais expresados no párrafo anterior, para que así o alumno conte cunha bagaxe conceptual suficiente (polo que respecta á Física clásica) como para abordar as materias dos demais módulos.

    Contextualización dos requisitos previos: Como indica a memoria do grao, non se pide ningunha formación previa específica ao alumnado (basta con cumplir os criterios xerais de acceso á Universidade) se ben é recomendado ter cursado materias de física. A experiencia demostrou que ter realizado materias de física o ano anterior á Universidade é conveniente, ainda que non indispensable para o aproveitamento e superación da presente materia

    Contidos
    ---TEMA 1. INTRODUCIÓN: SISTEMAS DE MEDIDA E OPERACIÓNS CON VECTORES
    -1. Sentido do tema (Introdución)
    Neste tema analízanse os aspectos básicos dos sistemas de unidades (SI), da análise dimensional para as magnitudes físicas, da expresión numérica das devanditas magnitudes e das cifras significativas. Finalmente, estúdanse as distintas operacións con vectores, tendo en conta o carácter vectorial de moitas magnitudes físicas.
    -2. Epígrafes do tema.
    Unidades. O sistema internacional de unidades. Conversión de unidades. Dimensións das magnitudes físicas. Notación científica. Cifras significativas e ordes de magnitude. Compoñentes cartesianas dun vector; suma e diferenza de vectores; produto escalar e vectorial.

    ---TEMA 2. MECÁNICA DUNHA PARTÍCULA.
    -1. Sentido do tema (Introdución)
    Explícanse os fundamentos da Física newtoniana, e aplícanse á cinemática e á dinámica dunha partícula. Introdúcese o teorema traballo-enerxía. Estúdase así mesmo o caso particular das forzas gravitatorias.
    -2. Epígrafes do tema. (Capítulos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7 do P. Tipler e G. Mosca)
    O movemento nunha dimensión. Movemento en dúas e tres dimensións. Leis de Newton. Aplicacións das leis de Newton. Traballo e enerxía. Conservación da enerxía.

    ---TEMA 3. MECÁNICA DE VARIAS PARTÍCULAS.
    -1. Sentido do tema (Introdución)
    Estúdase a mecánica dos corpos formados por varias partículas, tanto en xeral como particularizando aos importantes casos dos sólidos ríxidos, das forzas gravitatorias e dos fluídos.
    -2. Epígrafes do tema. (Capítulos: 8, 9, 10, 11, 12, 13 do P. Tipler e G. Mosca)
    Sistemas de partículas e conservación do momento lineal. Rotación. Conservación do momento angular. Gravidade. Fluídos.

    ---TEMA 4. OSCILACIÓNS E ONDAS.
    -1. Sentido do tema (Introdución)
    Estúdanse as características principais dos movementos periódicos en xeral. Analizaranse especialmente o oscilador harmónico simple, o péndulo simple e as características xerais do movemento ondulatorio.
    -2. Epígrafes do tema. (Capítulos: 14 e 15 do P. Tipler e G. Mosca)
    Oscilacións. Movemento ondulatorio.


    ---PROGRAMA DE LABORATORIO.
    Ao inicio das experiencias faranse breves introducións ás técnicas básicas de laboratorio e de tratamento de datos involucradas nelas.
    Práctica 1. Determinación da constante elástica dun resorte. Aplicación para a determinación da densidade de sólidos e líquidos
    Práctica 2. Medida da aceleración da gravidade mediante o péndulo de Kater
    Práctica 3. Leis de Newton
    Práctica 4. Determinación de densidades de sólidos e líquidos por picnometría e viscosidades
    Práctica 5. Conservación da enerxía mecánica
    Práctica 6. Momento de inercia

    Bibliografía básica e complementaria
    --BIBLIOGRAFÍA BÁSICA (manual de referencia).
    Tipler, Paul Allen; Mosca, Gene, "Física para a Ciencia e a Tecnoloxía", en dous volumes, 5ª ou 6ª edición, Editorial Reverté, 2006.

    --O alumno poderá consultar se así o desexa a seguinte BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
    Un libro equivalente ao manual de referencia é:
    Young, Hugh D.; Freedman, Roger A., "Sears Zemansky Física Universitaria", en dous volumes, edición 12, Editorial Pearson - Addison-Wesley, 2009.
    Pódese ver tamén:
    Rex, Andrew; Wolfson, Richard, "Fundamentos de Física", Editorial Pearson Educación S.A., 2011.

    --A guía docente da materia e os guións e o resto de material para as actividades de laboratorio estarán dispoñibles públicamente no campus virtual da USC e nas páxinas web da Facultade de Química da USC, nas datas en que aos xestores dos ordenadores deses servidores lles sexa posible (o acceso para estudantes ao campus virtual da USC require matricularse previamente na materia). Tamén poderánse atopar no sitio web http://lbts.usc.es/wikidocente.

    Competencias
    --1. COMPETENCIAS XERAIS.
    - Manexar algúns dos conceptos, métodos e resultados básicos da Física.
    - Planificar a resolución de cuestións e problemas e analizar de forma crítica os resultados obtidos.
    - Realizar algunhas medidas experimentais básicas nun laboratorio de Física e de reflectir os resultados obtidos e a súa análise de forma correcta e ordenada en cadernos e memorias de laboratorio.
    - Reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados en problemas científicos, tecnolóxicos ou doutros ámbitos que requiran o uso de coñecementos da Química.
    - Aplicar tanto os coñecementos teórico-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na definición e formulación de problemas e na procura das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
    - Estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica.

    --2. COMPETENCIAS ESPECÍFICAS.
    - Manexar os conceptos, métodos e resultados básicos do estudo dos sistemas de medidas e unidades, da mecánica da partícula, da mecánica dos corpos formados por varias partículas, dos movementos periódicos, e das ondas.
    - Explicar de xeito comprensible fenómenos e procesos relacionados con aspectos básicos da Física.
    - Dispor de coñecementos e habilidades experimentais útiles para realizar medicións nun laboratorio de Física.
    - Estimar a incerteza do valor experimental dunha magnitude e a súa marxe de fiabilidade logo dun proceso de medida directa ou indirecta da mesma.
    - Resolución de problemas cualitativos e cuantitativos segundo modelos previamente desenvolvidos.
    - Recoñecer e analizar novos problemas e planear estratexias para solucionalos.
    - Capacidade para relacionar a Física con outras disciplinas.

    --3. COMPETENCIAS TRANSVERSAIS.
    - Capacidade para traballar en grupo tanto na resolución como na discusión de problemas.

    Metodoloxía da ensinanza
    --CLASES EXPOSITIVAS EN GRUPO GRANDE. (23 horas)
    Lección impartida polo profesor que pode ter formatos diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia...). O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos pero, en xeral, os estudantes non necesitan manexalos en clase. Habitualmente estas clases seguirán os contidos do Manual de referencia proposto. A asistencia a estas clases é moi importante para seguir a asignatura e poder aproveitar as clases interactivas (ver seguinte párrafo), aínda que non é obligatoria (ver detalles completos no apartado adicado ao sistema de avaliación).

    --CLASES INTERACTIVAS EN GRUPO REDUCIDO (SEMINARIOS). (11 + 8 horas)
    Clase teórico/práctica na que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, problemas, exercicios... O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos pero, en xeral, os estudantes non os manexarán en clase.
    Estas clases incluirán tamén actividades que impliquen a participación directa do estudante, como saídas ao encerado ou realización individual de exercicios, e entregas de traballos realizados tanto na propia clase como en horas non presenciales, que contribuirán á avaliación contínua do estudante.
    As horas correspondentes a estas clases interactivas increméntanse 8 horas provenientes de clases prácticas de laboratorio. Estas clases, “seminarios de laboratorio” impartiranse en horario de tarde e seguirán a mesma estrutura que as dos grupos da mañá.
    En xeral a asistencia a estas clases SI é obligatoria (ver detalles completos no apartado adicado ao sistema de avaliación).

    --TITORÍAS DE ENCERADO EN GRUPO MOI REDUCIDO. (2 horas)
    Titorías programadas polo profesor e coordinadas polo Centro. Propóñense actividades como a aclaración de dúbidas, problemas, exercicios, lecturas ou outras tarefas propostas. Estas clases poderán incluir tamén actividades que impliquen a participación directa do estudante (saídas ao encerado, etc.), e entregas de traballos realizados na propia clase encargados polo profesor, que contribuirán á avaliación contínua do estudante.
    En xeral, a asistencia a estas clases SI é obrigatoria (ver detalles completos no apartado adicado ao sistema de avaliación).

    --CLASES PRÁCTICAS DE LABORATORIO. (8 horas)
    Inclúense aquí clases que terán lugar nun laboratorio de prácticas, e nas que se adquiren as habilidades propias dun laboratorio de Física e consolida os coñecementos adquiridos no resto das clases. Consistirán en dúas sesións de prácticas, de 4 horas cada unha, en horario de tarde. Para estas actividades, o alumno disporá de guións e outros materiais complementarios (por exemplo programas informáticos de axuda). O alumno deberá acudir a cada sesión de prácticas tendo consultado atentamente estes guións e materiais. Os alumnos empregarán os postos instrumentais de acordo coas dispoñibilidades de tempo e espazo. Cada alumno recollerá por escrito o desenvolvemento das actividades, cálculos e resultados que procedan, que presentará de xeito individual o mesmo día ou sesión seguinte, e serán avaliados contribuíndo á avaliación contínua do estudante. De acordo coa normativa xeral establecida para todo o grado, a obtención dunha cualificación de non apto na devandita avaliación implica a imposibilidade de aprobar a materia na convocatoria corrente. As cualificacións de apto, ou superior, na devandita cualificación, serán conservadas para posibles convocatorias sucesivas por dous anos (ver apartado de avaliación).
    En xeral, a asistencia a estas clases SI é obrigatoria (ver detalles completos no apartado adicado ao sistema de avaliación). En particular, a non asistencia impedirá a cualificación de apto nas actividades correspondentes, o que á súa vez impedirá a cualificación de apto na materia (excepto para repetidores que xa obtivesen unha cualificación de apto nesas actividades en algún dos dous cursos anteriores, ver detalles no apartado de avaliación).


    Sistema de evaluación
    ---1. Para o non contemplado nos presentes criterios seguiranse as normativas de carácter xeral establecidas para o grao de Química da USC, dispoñibles públicamente por exemplo no documento (en castelán) "Grado en Química: Sistema tutorial. Criterios generales de evaluación de las asignaturas" (aprobado pola Comisión Académica do Grao de Química), e as establecidas para a USC na "Normativa sobre permanencia nas titulacións de Grao e Máster" (dispoñible públicamente). Isto é de aplicabilidade tamén no tocante á posibilidade de obter unha cualificación de "non presentado".

    ---2. OPORTUNIDADE ORDINARIA (alumnos non repetidores de cursos anteriores):

    --2.1. No referente ás consecuencias das faltas de asistencia e de participación activa do alumnado sobre a súa avaliación e os seus dereitos a realizar o exame final, serán de aplicación os criterios xerais expresados na documentación mencionada no punto 1. De especial importancia é que o acceso ao exame final está condicionado á asistencia polo menos ao 80% das clases interactivas, 50% das titorías e a realización da totalidade das actividades de laboratorio, verificadas segundo o sistema oficial de control de asistencias. Organizaranse as debidas recuperacións, de acordo cos profesores, sempre que as inasistencias sexan debidamente xustificadas.


    -2.2. Asignarase unha cualificación, en escalas de 0 a 10, aos seguintes items, determinando as notas parciais que se indican:
    nota a = Cuestionarios e traballo escrito e/ou oral correspondente ás clases de tutorías.
    nota b = Problemas e traballo escrito e/ou oral correspondente ás clases de seminario.
    nota c = Traballo correspondente ás clases de laboratorio.
    nota d = Exame Final - Parte de teoría e problemas.
    nota e = Exame Final - Parte de laboratorio.

    -2.3. A nota da avaliación contínua resultará da ponderación seguinte:
    15%(nota a) + 60%(nota b) + 25%(nota c)

    -2.4. A nota do exame final resultará da seguinte ponderación:
    90%(nota d) + 10%(nota e)

    -2.5. Se a nota correspondente ao laboratorio, nota c, é inferior a 5 o alumno figurará en acta como suspenso cunha cualificación que, como máximo, será de 4.

    -2.6. Sen prexuízo do expresado no punto anterior, a cualificación definitiva do alumno será a maior entre a nota do exame final (apdo. 2.4) e a que resulte de ponderar a nota do exame final cun peso do 70% coa nota da avaliación contínua (items a, b, c) cun peso do 30%.

    ---3. OPORTUNIDADE EXTRAORDINARIA DE RECUPERACIÓN (alumnos non repetidores de cursos anteriores):

    -3.1. A avaliación dos alumnos na oportunidade extraordinaria de recuperación seguirá os mesmos criterios que na ordinaria agás en que se conservarán as notas a, b, c da oportunidade ordinaria inmediatamente anterior.

    ---4. ALUMNOS REPETIDORES DE CURSOS ANTERIORES:

    -4.1. Aos alumnos repetidores que teñan obtido unha nota c superior ou igual a 5 nunha edición previa, conservaráselles esa cualificación durante un máximo de dous cursos académicos. Polo tanto, non terán que realizar novamente as actividades de laboratorio, pero asistirán ás restantes clases interactivas (seminarios e titorías) en igualdade de condicións que os restantes alumnos para non perder o dereito a examinarse da materia.

    -4.2. Os alumnos repetidores que na edición previa teñan obtido unha nota c (laboratorio) inferior a 5 pero unha cualificación superior ou igual a 5 na teoria (a nota calculada segundo o apartado 2.6, considerando unha nota c de 5) estarán exentos de asistir ás clases interactivas, excepto as actividades de laboratorio, conservándoselles durante un máximo de dous cursos académicos as notas a, b, d, e.

    -4.3. Os restantes alumnos repetidores terán as mesmas normas de asistencia e o mesmo sistema de avaliación que os alumnos matriculados por primeira vez na materia.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    --TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
    -Clases expositivas en grupo grande: 23 horas
    -Clases interactivas en grupo reducido (Seminarios): 11 + 8 horas
    -Titorías en grupo moi reducido: 2 horas
    -Prácticas de laboratorio: 8 horas
    -Total horas traballo presencial no aula ou no laboratorio: 52 horas

    --TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO
    -Estudo autónomo individual ou en grupo: 55 horas
    -Resolución de exercicios, ou outros traballos: 25 horas
    -Preparación de presentacións orais, escritas, elaboración de exercicios propostos. Actividades en biblioteca ou similar: 8 horas
    -Preparación das actividades de laboratorio e traballos asociados: 10 horas
    -Total horas traballo persoal do alumno: 98 horas

    (TOTAL HORAS TRABALLO: 150)


    Recomendacións para o estudo da materia
    --RECOMENDACIÓNS PARA O ESTUDO DA MATERIA.
    - É moi importante asistir ás clases expositivas.
    - É importante manter o estudo da materia "ao día".
    - Unha vez finalizada a lectura dun tema no manual de referencia, é útil facer un resumo dos puntos importantes, identificando as ecuacións básicas que se deben recordar e asegurándose de coñecer tanto o seu significado como as condicións nas que se poden aplicar.
    - A resolución de problemas é fundamental para a aprendizaxe desta materia. Pode resultar de axuda o seguir estes pasos: (1) Facer unha lista e un esquema gráfico con toda a información relevante que proporciona o enunciado. (2) Facer unha lista coas cantidades que se deban calcular. (3) Identificar as ecuacións a utilizar na resolución do problema e aplicalas correctamente.
    - É imprescindible a preparación das actividades antes da entrada no laboratorio. En primeiro lugar, débense repasar os conceptos teóricos importantes en cada actividade e, a continuación, é necesario ler con atención os guións, intentando entender os obxectivos e o desenvolvemento da actividade. Calquera dúbida que puidese xurdir deberá ser consultada co profesor.

    --RECOMENDACIÓNS DE CARA Á AVALIACIÓN.
    O alumno debe repasar os conceptos teóricos introducidos nos distintos temas utilizando o manual de referencia e os resumos. O grao de acerto na resolución dos exercicios propostos proporciona unha medida da preparación do alumno para afrontar o exame final da materia. Aqueles alumnos que atopen dificultades importantes á hora de traballar as actividades propostas poden acudir nas horas de titoría do profesor, para analizar o problema e resolver esas dificultades. É moi importante á hora de preparar o exame resolver algúns dos exercicios que figuran ao final de cada un dos capítulos do manual de referencia.

    --RECOMENDACIÓNS DE CARA Á RECUPERACIÓN.
    O profesor analizará con aqueles alumnos que non superen con éxito e así o desexen o proceso de avaliación e as dificultades atopadas na aprendizaxe dos contidos da materia.


    Observacións
    [[Profesor coordinador curso 2013-14: Carolina Torrón Casal]