G1041103 - Química Xeral I (Química Xeral) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 23.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 16.00
- Clase Interactiva Seminario: 11.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 52.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Química Inorgánica
- Áreas: Química Inorgánica
- Centro: Facultade de Química
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaIntroducir os conceptos básicos sobre a estrutura electrónica dos átomos e relacionar as propiedades periódicas coa estrutura.
Entender o concepto de enlace químico e os distintos modelos que o describen.
Discutir as propiedades das moléculas e as interaccións intermoleculares sobre a base da súa estrutura.
ContidosContidos:
Lección 1. Sustancias Químicas
Clasificación da materia. Elementos e Compostos Químicos. Tipos de sustancias químicos. Concepto de mol. Constitución das sustancias químicas: cálculo da composición centesimal, determinación de fórmulas. Estados de oxidación. Nomenclatura e fórmulas das sustancias químicas.
2 horas
Lección 2. Os Electróns nos Atomos.
A radiación electromagnética. Os espectros atómicos. A teoría cuántica. O modelo de Bohr para o átomo de hidróxeno. Bases da mecánica cuántica. Principios da mecánica de ondas. Funcións de onda do átomo de hidróxeno. Orbitais atómicos. Representación das funcións orbitais no átomo de hidróxeno. O spin do electrón. Un cuarto número cuántico. Átomos multielectrónicos. Configuracións electrónicas. Configuración electrónica e Táboa Periódica.
6 horas
Lección 3. A Táboa Periódica e as Propiedades Periódicas.
Consideracións históricas. O tamaño de átomos e ións. Enerxía de ionización. Afinidade electrónica.
3 horas
Lección 4. O Enlace Químico: Conceptos Básicos
Símbolos e estruturas de Lewis. Introdución ó enlace covalente. Polaridade. Electronegatividade. A forma das moléculas. Teoría da repulsión dos pares electrónicos da capa de valencia (TRPECV). Propiedades do enlace covalente.
2 horas
Lección 5. Introdución ao Modelo de Enlace de Valencia
Principios básicos. Hibridación dos orbitais atómicos. Diferentes tipos de orbitais híbridos. Exemplos representativos. Moléculas con enlaces múltiples.
2 horas
Lección 6. O Modelo Orbital Molecular.
Concepto de orbital molecular. Construción de orbitais moleculares. Método CLOA. Orbitais moleculares para moléculas diatómicas homonucleares. Orde de enlace. Introdución a moléculas diatómicas heteronucleares. Introdución ó enlace nos metais. Teoría de bandas. Semicondutores e illantes.
5 horas
Lección 7. O Enlace Iónico.
Aspectos estruturais. Aspectos termodinámicos. Enerxía de rede. Ciclo de Born-Haber. Carácter iónico-covalente do enlace.
2 horas
Lección 8. Forzas Intermoleculares.
Forzas intermoleculares e estados de agregación. Interaccións ión-dipolo, dipolo-dipolo. Interaccións de Van der Wals. Enlace de hidróxeno.
1 horas
Programa de prácticas:
Práctica 1. Laboratorio Químico: Seguridade, Material de laboratorio e Técnicas básicas.
Práctica 2. Separación dos compoñentes dunha mestura
Práctica 3. Precipitación e filtración
Práctica 4. Purificación por Recristalización
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica.
Petrucci, R.H., Harwood, W.S. e Herring, F.G.: Química General, 10ª ed.; Prentice Hall, 2011
Bibliografía complementaria.
Atkins, P. e Jones, L.: Principios de Química, 3ª ed.; Ed. Médica Panamericana, 2006
Chang, R: Química, 9ª ed.; McGraw-Hill, 2007
Gillespie, R.J., Humphreys, D.A., Baird, N.C. e Robinson, E.A.:Química; Reverté, 1990
Kotz, J.C. e Treichel, P.M.: Química y reactividad química, 5ª ed.; Thomson, 2003
Masterton, W.L. e Hurley, C.N.: Química. Principios y reacciones, 4ª ed.; Paraninfo Cengage Learning, 2003
Whitten, K.W., Davis, R.E. e Peck, M.L.: Química General, 5ª ed.; McGraw-Hill, 1998
CompetenciasCompetencias xerais:
Coñecer a nomenclatura e formulación dos elementos e os compostos químicos
Coñecer os conceptos e métodos básicos e os resultados más importantes da Química, tendo certa perspectiva histórica do seu desenvolvemento
Competencias xerais:
Coñecer a nomenclatura e formulación dos elementos e os compostos químicos.
Coñecer os conceptos, métodos básicos e resultados máis importantes da Química, tendo certa perspectiva histórica do seu desenvolvemento.
Comunicación escrita e oral de coñecementos, procedementos, resultados e ideas xerais en Química.
Capacidade de aprendizaxe autónomo, con organización de tempo e recursos, sobre novos coñecementos e técnicas de calquera disciplina científica ou tecnolóxica
Competencias específicas:
Comprender o concepto de orbital atómico e relacionar os valores dos números cuánticos coas propiedades e enerxías de ditos orbitais.
Escribir as configuracións electrónicas dos átomos.
Debuxar a estructura de Lewis de moléculas e ions. Predicir a súa xeometría e o seu carácter polar ou apolar.
Describir a estructura dunha molécula poliatómica en termos de orbitais híbridos.
Utilizar a teoría de orbitais moleculares para describir o enlace en moléculas diatómicas.
Coñecer e manexar o material de laboratorio.
Coñecer as normas básicas de seguridade no laboratorio.
Competencias transversais:
Comprender temas químicos de carácter xeral.
Utilizar bibliografía e ferramentas de búsqueda de recursos bibliográficos xerais de Química.
Ler textos científicos de carácter químico xeral, tanto na lingua propia como noutras, particularmente en inglés.
Aprendizaxe de traballo en grupo interdisciplinar, tanto sobre aspectos teóricos como prácticos.
Metodoloxía da ensinanza Durante o desenvolvemento dos temas do programa da materia, incluiranse problemas de tipo práctico a medida que se introduzan novos conceptos e ecuacións, con obxecto de manexar os aspectos cuantitativos. Ó final de cada tema propoñerase unha colección de problemas para resolver nos seminarios, coa participación dos alumnos.
A) Clases expositivas en grupo grande: Lección impartida polo profesor que pode ter formatos diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia …). Estas clases seguirán os contidos do manual de referencia proposto na Guía Docente da materia. A asistencia a estas clases non é obrigatoria.
B) Clases interactivas en grupo reducido: Clase teórico/práctica na que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, problemas, exercicios… O alumno participa activamente nestas clases de distintas formas: entrega de exercicios ao profesor, resolución de exercicios na aula, etc. Poderán incluirse pequenas probas individuais. A asistencia a estas clases é obrigatoria.
C) Clases prácticas de laboratorio: Nelas o alumno adquire as habilidades propias dun laboratorio de Química e consolida os coñecementos adquiridos nas clases de teoría. Para estas prácticas, o alumno disporá dun manual de prácticas de laboratorio, que incluirá consideracións xerais sobre o traballo no laboratorio, así como un guión de cada unha das prácticas a realizar, que constará dunha breve presentación dos fundamentos, a metodoloxía a seguir e a indicación dos cálculos a realizar e resultados a presentar.
O alumno deberá acudir a cada sesión de prácticas tendo lido atentamente o contido deste manual. Ao comezar cada sesión de prácticas, nunha aula, os alumnos responderán a unhas cuestións previas que o profesor terá en conta para a nota de prácticas. Tras unha explicación do profesor, o alumno realizará individualmente, ou en grupos de dous, os experimentos e cálculos necesarios para a consecución dos obxectivos da práctica, recollendo no diario de laboratorio o desenvolvemento da práctica e os cálculos e resultados que procedan. Os diarios de laboratorio serán avaliados polo profesor.
A asistencia a estas clases é obrigatoria. As faltas deberán ser xustificadas documentalmente, aceptándose razóns de exame e de saúde, así como aqueles casos contemplados na normativa universitaria vixente. A práctica non realizada recuperarase de acordo co profesor e dentro do horario previsto para a materia.
D) Titorías de pizarra en grupo moi reducido: Nas 2 titorías programadas ademáis da aclaración de dúbidas sobre os contidos teóricos e prácticos, propoñeranse actividades como a resolución de problemas integrados. O profesor poderá esixir ós alumnos a entrega de exercicios previa á celebración da tutoría. A asistencia a estas clases é obrigatoria.
O alumno non será evaluado se non asistira polo menos ó 80% do conxunto das clases presenciais de carácter obrigatorio: seminarios, tutorías e prácticas. É obrigatoria a asistencia polo menos a unha das tutorías programadas. As prácticas de laboratorio non realizadas tentarán recuperarse de acordo co profesor e dentro do horario previsto para a materia. O profesor controlará a asistencia a todas as actividades de carácter obrigatorio. As ausencias deberán estar debidamente documentadas.
Sistema de evaluación1. O alumno non será evaluado se non asistira polo menos ó 80% do conxunto das clases presenciais de carácter obrigatorio: seminarios, tutorías e prácticas. É obrigatoria a asistencia polo menos a unha das tutorías programadas. As prácticas de laboratorio non realizadas tentarán recuperarse de acordo co profesor e dentro do horario previsto para a materia. O profesor controlará a asistencia a todas as actividades de carácter obrigatorio. As ausencias deberán estar debidamente documentadas.
2. A avaliación constará de dúas aportacións:
2.1. Avaliación continua, que poderá constar á súa vez de:
• Exercicios entregados ao profesor (Ex_entr)
• Exercicios realizados nos seminarios (Ex_sem)
• Traballo nas tutorías (Tit)
• Prácticas laboratorio (PLab)
2.1.1. Para a avaliación das prácticas de laboratorio, valoraranse:
• Test previo
• Organización e pulcritude no laboratorio
• Execución da práctica
• Test final
2.2. Exame final (EF)
O exame constará de dous partes. A primeira consistirá nun conxunto de problemas relacionados cos contidos do curso. A segunda parte conterá unha serie de cuestións relativas ás prácticas de laboratorio. Ambas as partes terán na cualificación deste exame o peso porcentual seguinte:
• Contidos teóricos 85%
• Contidos prácticos-laboratorio 15%
3. A avaliación apoiarase principalmente na realización dunha proba final escrita e común para todos os alumnos. Para superar a asignatura o alumno deberá acadar a calificación de apto nas prácticas de laboratorio.
Cada subapartado do apartado 2 contabilizará para a nota final do alumno na proporción:
• Ex_entr, Ex_sem (20%), Tit (5%) , PLab (15%) (N1)
• EF 60% (N2)
Así, a cualificación de cada alumno obterase de aplicar a fórmula:
N = máx.(N1 x 0.4 + N2 x 0.6, N2)
Os alumnos repetidores terán o mesmo réxime de asistencia ás clases que os que cursan a materia por primeira vez, coas salvidades seguintes: Aos estudantes repetidores que aprobaran as prácticas de laboratorio conservaráselles a cualificación obtida durante un máximo de dous cursos académicos. Polo tanto, non terán que realizar novamente as prácticas de laboratorio, pero asistirán ás restantes clases interactivas (seminarios e titorías) en igualdade de condicións que os restantes alumnos para non perder o dereito a examinarse da materia.
Os alumnos repetidores que non obtiveran a cualificación de apto nas prácticas de laboratorio, pero superaran a parte correspondente aos contidos teóricos da materia, deberán realizar novamente as prácticas de laboratorio, e conservaráselles durante un máximo de dous cursos académicos a nota do exame e a correspondente aos apartados restantes da avaliación continua (seminarios e titorías).
Tempo de estudo e traballo persoalTraballo presencial na aula
Clases de pizarra para grupo grande 23 horas
Titorías en grupo reducido sen ordenador/laboratorio 11 horas
Titorías en grupo reducido con ordenador/laboratorio 16 horas
Titorías en grupos moi reducidos ou individualizadas 2 horas
Total horas traballo presencial na aula 52 horas
Traballo persoal do alumno
Estudio autónomo, individual ou en grupo 46 horas
Resolución de ejercicios, ou outros traballos 31 horas
Escritura de exercicios, conclusións e outros traballos
/Actividades en biblioteca o similar 10 horas
Preparación dol traballo de laboratorio e elaboración
da memoria das prácticas 11 horas
Total horas traballo persoal do alumno 98 horas
Recomendacións para o estudo da materiaAconséllase a asistencia ás clases e o seguimento das explicacións, coa utilización do libro de texto recomendado e coa realización dos exercicios, traballos e prácticas propostos
ObservaciónsO texto que aparece na bibliografia básica, utilizarase nas materias Química xeral I, II, III e IV