Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Química  »  Información da Materia

G1041104 - Química Xeral II (Química Xeral) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 23.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 16.00
  • Clase Interactiva Seminario: 11.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 52.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Química Física
  • Áreas: Química Física
  • Centro: Facultade de Química
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Crugeiras Martinez, Juan.SI
Rios Rodriguez, Ana Maria.NON
Rios Rodriguez, M.ª del Carmen.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE02OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_04OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_05OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_06OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_07HorariosClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_08HorariosClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_04OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_05HorariosClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_06HorariosClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS14OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS15OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS16OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    • Comprender os principios da termodinámica e as súas aplicacións en Química.
    • Coñecer as características dos diferentes estados da materia e as teorías empregadas para describilos.
    • Coñecer a cinética do cambio químico, incluíndo a catálisis e os mecanismos de reacción.
    • Comprender os aspectos cualitativos e cuantitativos dos problemas químicos.
    • Interpretar os datos procedentes de observacións e medidas no laboratorio.

    Contidos
    • Tema 1. Medida das Propiedades da Materia
    Medida das propiedades da materia: unidades SI. Incerteza nas medidas científicas. Cifras significativas.
    • Tema 2. As Reaccións Químicas
    As reaccións químicas e a ecuación química. A ecuación química e a estequiometría. As reaccións químicas en disolución. Determinación do reactivo limitante. Outros aspectos básicos da estequiometria da reacción.
    • Tema 3. Gases
    Propiedades dos gases: presión do gas. As leis elementais dos gases. Combinación das leis dos gases: ecuación dos gases ideais e ecuación xeral dos gases. Aplicacións da ecuación dos gases ideais. Os gases nas reaccións químicas. Mesturas de gases. Gases non ideais (reais).
    • Tema 4. Termoquímica
    Termos básicos en termoquímica. Calor. Calores de reacción e calorimetría. Traballo. O primeiro principio da termodinámica. Calores de reacción: DU e DH. Determinación indirecta de DH: lei de Hess. Entalpías de formación estándar.
    • Tema 5. Líquidos e Sólidos
    Algunhas propiedades dos líquidos. Vaporización dos líquidos. Presión de vapor. Algunhas propiedades dos sólidos. Diagramas de fase.
    • Tema 6. As Disolucións e as súas Propiedades Físicas
    Tipos de disolucións: termos utilizados. Concentración dunha disolución. Forzas intermoleculares e procesos de disolución. Formación da disolución e equilibrio. Solubilidad dos gases. Presión de vapor das disolucións. Presión osmótica. Descenso do punto de conxelación e elevación do punto de ebulición das disolucións de non electrolitos. Disolucións de electrolitos.
    • Tema 7. Cinética Química
    A velocidade dunha reacción química. Medidas de velocidades de reacción. Dependencia das velocidades de reacción coa concentración. Ecuación de velocidade. Reacción de orde cero. Reaccións de primeira orde. Reaccións de segunda orde. Modelos teóricos da cinética química. Dependencia das velocidades de reacción coa temperatura. Mecanismos de reacción. Catálisis.

    Programa de prácticas:
    • Práctica 1. Técnicas Básicas no Laboratorio.
    • Práctica 2. Densidade: Determinación do Contido en Azucre de Refrescos Comerciais.
    • Práctica 3. Gases: Relación Volume-Temperatura dun Gas.
    • Práctica 4. Termoquímica: Determinación da Variación de Entalpía para a Descomposición do H2O2.


    Bibliografía básica e complementaria
    Básica (manual de referencia):
    • R. H. Petrucci, F. G. Herring, J. D. Madura, C. Bissonnette, Química Xeral, 10ª ed.; Pearson Educación, 2011.
    Complementaria:
    • L. Gonick, C. Criddle, The Cartoon Guide to Chemistry, Harper Resource, 2005, Capítulos 4-8. Este libro presenta unha exposición simple e amena de moitos dos contidos da materia.
    • A. Sánchez Coronilla, Resolución de Problemas de Química, Secretariado de Publicaciones de la Universidad de Sevilla, 2008. Libro recomendable para aqueles alumnos con dificultades para realizar cálculos estequiométricos.

    Competencias
    Competencias xerais:
    • Manexar os conceptos, métodos e resultados básicos da Termodinámica e a Cinética Químicas.
    • Capacidade para planificar a resolución de problemas numéricos e analizar de forma crítica os resultados obtidos.
    • Capacidade de realizar medidas experimentais de forma precisa e reflectir os resultados obtidos e a súa análise de forma ordenada nun caderno de laboratorio.

    Competencias específicas:
    • Poder resolver calquera problema básico relativo á determinación das fórmulas empíricas e moleculares dos compostos. Saber expresar a composición das substancias químicas e das súas mesturas nas unidades estándares establecidas. Saber resolver problemas cuantitativos sinxelos relativos aos procesos químicos, tanto no equilibrio como desde un punto de vista cinético.
    • Dispor duns coñecementos básicos, pero suficientemente amplos, que permitan a adquisición dunha maneira efectiva de coñecementos máis específicos dentro de cada unha das áreas da Química (analítica, biolóxica, física, inorgánica e orgánica).
    • Poder explicar de maneira comprensible fenómenos e procesos relacionados con aspectos básicos da Química.
    • Dispor de coñecementos e habilidades experimentais suficientes para utilizar correcta e seguramente os produtos e o material máis habitual nun laboratorio químico sendo consciente das súas características máis importantes incluíndo perigo e posibles riscos.
    • Ter a destreza de adquirir habilidades experimentais que lle leven a asimilar outras máis complexas.

    Competencias transversais:
    • Capacidade para traballar en grupo tanto na resolución como na discusión de problemas.

    Metodoloxía da ensinanza
    A) Clases expositivas en grupo grande: Lección impartida polo profesor que pode ter formatos diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia …). Estas clases seguirán os contidos do manual de referencia proposto na Guía Docente da materia. A asistencia a estas clases non é obrigatoria.
    B) Clases interactivas en grupo reducido: Clase teórico/práctica na que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, problemas, exercicios… O alumno participa activamente nestas clases de distintas formas: entrega de exercicios ao profesor, resolución de exercicios na aula, etc. Inclúense as probas de avaliación se as houbera. A asistencia a estas clases é obrigatoria.
    C) Clases prácticas de laboratorio: Nelas o alumno adquire as habilidades propias dun laboratorio de química e consolida os coñecementos adquiridos nas clases de teoría. O traballo persoal do alumno nesta actividade é moito máis reducido. Para estas prácticas, o alumno disporá dun manual de prácticas de laboratorio, que incluirá consideracións xerais sobre o traballo no laboratorio, así como un guión de cada unha das prácticas a realizar, que constará dunha breve presentación dos fundamentos, a metodoloxía a seguir e a indicación dos cálculos a realizar e resultados a presentar. O alumno deberá acudir a cada sesión de prácticas lendo atentamente o contido deste manual. Ao comezar cada sesión de prácticas, nunha aula, os alumnos responden durante 5 ou 10 minutos a unhas cuestións previas que o profesor cualifica e ten en conta para a nota de prácticas. Tras unha explicación do profesor, o alumno realizará individualmente, ou en grupos de dous, as experiencias e cálculos necesarios para a consecución dos obxectivos da práctica, recollendo no diario de laboratorio o desenvolvemento da práctica e os cálculos e resultados que procedan. Os diarios de laboratorio serán avaliados polo profesor.
    A asistencia a estas clases é obrigatoria. As faltas deberán ser xustificadas documentalmente, aceptándose razóns de exame e de saúde, así como aqueles casos contemplados na normativa universitaria vixente. A práctica non realizada recuperarase de acordo co profesor e dentro do horario previsto para a materia.
    D) Tutorías de pizarra en grupo moi reducido: Os alumnos asisten a 2 tutorías programadas polo profesor e coordinadas polo Centro. Nelas propoñense actividades como a resolución de problemas integrados e a aclaración de dúbidas sobre os contidos teóricos e prácticos. O profesor esixirá aos alumnos a entrega de exercicios previa á celebración da tutoría. Estas entregas virán recollidas no calendario de actividades que van realizar os alumnos ao longo do cuadrimestre (ver Guía Docente da materia). A asistencia a estas clases é obrigatoria.

    Esta materia dispón dun Aula Virtual na que o alumno poderá atopar a guía docente e material complementario útil para o estudio da materia (transparencias, enlaces web, etc.).



    Sistema de evaluación
    1. A avaliación desta materia farase mediante avaliación continua e a realización dun exame final, estando condicionado o acceso ao exame á asistencia a polo menos 8 seminarios, a unha titorías e á totalidade das prácticas. As prácticas de laboratorio non realizadas recuperaranse de acordo co profesor e dentro do horario previsto para a materia, sempre que a inasistencia sexa debidamente xustificada. O profesor controlará a asistencia a todas as actividades de carácter obrigatorio de acordo co sistema de control de asistencias oficial da Facultade de Química. As ausencias deberán estar debidamente documentadas.

    2. A avaliación consistirá en dúas partes:
    2.1. Avaliación continua (40 %), que poderá constar á súa vez de:
    • Traballo nos seminarios (20 %)
    • Traballo nas titorías (5 %)
    • Prácticas laboratorio (15 %)
    2.2. Exame final (60 %)

    3. Para a avaliación das prácticas de laboratorio, os ítems a avaliar serán os seguintes:
    • Test previo
    • Organización e pulcritude no laboratorio
    • Execución da práctica
    • Cuestións finais
    Os estudantes deberán acadar a cualificación de apto nas prácticas de laboratorio para superar a materia.

    4. O exame constará de dous partes. A primeira consistirá nun conxunto de problemas relacionados cos contidos do curso. A segunda parte conterá unha serie de cuestións relativas ás prácticas de laboratorio. Ambas as partes terán na cualificación deste exame o peso porcentual seguinte:
    • Contidos teóricos 85%
    • Contidos prácticos-laboratorio 15%

    5. A nota final será o resultado de aplicar a fórmula:

    Nota final = máximo(0,4 × N1+ 0,6 × N2, N2)

    onde:
    N1 = nota numérica da avaliación continua
    N2 = nota numérica do exame final

    6. Aos estudantes repetidores da materia que teñan aprobadas as prácticas de laboratorio, conservaráselles a cualificación obtida durante un máximo de dous cursos académicos. Polo tanto, non terán que realizar novamente as prácticas, pero deberán asistir a alomenos o 80% das clases interactivas restantes para non perder o dereito a presentarse ao exame da materia.

    7. Os estudantes repetidores que non acadasen unha nota de apto nas prácticas de laboratorio, pero si superasen a parte correspondente aos contidos teóricos, deberán asistir unicamente ás prácticas de laboratorio. A estes estudantes conservaráselles durante un máximo de dous anos a nota do exame e a do resto dos apartados da avaliación continua.

    8. Os restantes estudantes repetidores terán o mesmo réxime de asistencia ás clases interactivas e mesmo sistema de avaliación que os alumnos matriculados por primeira vez.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    Traballo presencial na aula
    • Clases expositivas en grupo grande (23 horas)
    • Clases interactivas en grupo reducido (Seminarios) (11 horas)
    • Prácticas de laboratorio (16 horas)
    • Tutorías en grupo moi reducido (2 horas)
    • Total horas traballo presencial na aula ou no laboratorio (52 horas)


    Traballo persoal do alumno
    • Estudo autónomo, individual ou en grupo (46 horas)
    • Resolución de exercicios, ou outros traballos (30 horas)
    • Preparación de presentacións orais, escritas, elaboración de exercicios propostos, actividades en biblioteca ou similar (10 horas)
    • Preparación do traballo de laboratorio (12 horas)
    • Total horas traballo persoal do alumno (98 horas)

    Recomendacións para o estudo da materia
    • É aconsellable asistir ás clases expositivas.
    • É importante manter o estudo da materia “ao día”.
    • Unha vez finalizada a lectura dun tema no manual de referencia, é útil facer un resumo dos puntos importantes, identificando as ecuacións básicas que se deben lembrar e asegurándose de coñecer tanto o seu significado como as condicións nas que se poden aplicar.
    • A resolución de problemas é fundamental para a aprendizaxe desta materia. Pode resultar de axuda o seguir estes pasos: (1) Facer unha lista con toda a información relevante que proporciona o enunciado. (2) Facer unha lista coas cantidades que se deban calcular. (3) Identificar as ecuacións a utilizar na resolución do problema e aplicalas correctamente.
    • É imprescindible a preparación das prácticas antes da entrada no laboratorio. En primeiro lugar, débense repasar os conceptos teóricos importantes en cada experimento e, a continuación, é necesario ler con atención o guión da práctica, tentando entender os obxectivos e o desenvolvemento do experimento proposto. Calquera dúbida que puidese xurdir deberá ser consultada co profesor.