G1041106 - Bioloxía (Formación Básica Transversal) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 26.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 8.00
- Clase Interactiva Seminario: 8.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 44.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Centro: Facultade de Química
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaNesta materia proporciónase unha explicación sinxela dos aspectos funcionais das células e dánselle ao alumno unhas nocións básicas de xenética. Con isto preténdese que os alumnos do grao de Química adquiran unha base que lles permita entender con maior facilidade aqueles aspectos da súa carreira máis relacionados cos seres vivos.
ContidosContidos teóricos
Tema1- Introdución á célula: Unidade e diversidade das células. As células baixo o microscopio. A célula procarionte. A célula eucarionte. Organismos modelo.
Tema 2- Compoñentes químicos das células- Enlaces químicos. As moléculas das células. As macromoléculas das células.
Tema3- Membranas biolóxicas: A bicapa Lipídica. Proteínas de membrana. Principios do transporte de membrana. As proteínas transportadoras e as súas funcións. Canles iónicos e potencial de membrana.
Tema 4- Citoesqueleto: Filamentos intermedios. Microtúbulos. Filamentos de actina.
Tema 5- DNA e cromosomas: Núcleo celular. Estrutura e función do DNA. Estrutura dos cromosomas eucariontes.
Tema 6- Replicación, reparación e recombinación do DNA: Replicación do DNA. Reparación do DNA. Recombinación do DNA.
Tema 7- Do DNA ás proteínas: Do DNA ao RNA. Do RNA ás proteínas. O RNA e as orixes da vida.
Tema 8- Evolución de xenes e xenomas: Xeración da variación xenética. Reconstrución da árbore xenética da vida. Investigación do xenoma humano.
Tema 9- Control do ciclo celular e morte celular: Xeneralidades. Sistema de control do ciclo celular. Apoptosis.
Tema 10- División celular: Descrición xeral da fase M. Mitosis. Citocinesis.
Tema 11- Xenética, meiosis, e bases moleculares da herdanza: Beneficios da reprodución sexual. Meiosis. Mendel e as leis da herdanza. A xenética como ferramenta de experimentación.
Tema 12- Como obteñen enerxía as células a partir do alimento: Descomposición de azucres e graxas. Almacenamento e utilización do alimento.
Tema 13- Xeración de enerxía en mitocondrias e cloroplastos: As mitocondrias e a fosforilación oxidativa. Cadeas de transporte de electróns e bombeo de protones. Cloroplastos e fotosíntesis.
Contidos Prácticos
PRACTICA 1: Biomoléculas en 3D- Mediante o uso do programa "Swiss-PdbViewer DeepView" construiremos fragmentos de proteínas ás que dotaremos de características de hélice alfa, ou ben de cadea beta. Ao rotalas no espazo observaremos as diferenzas que existen entre ambos os tipos de estruturas. Exploraranse tamén as diferentes formas de representación de proteínas: cartoons, trazas do C-alfa, ou engadindo volume molecular. Mediante estas representacións determinaremos a importancia que ten a estrutura primaria dunha proteína sobre a sua forma final, así como sobre a distribución superficial de cargas.
PRACTICA 2: Células Procariotas- Nesta práctica introducirase ao alumno no manexo de bacterias no laboratorio. Farase unha sementa en placa con obxecto de illar colonias bacterianas e realizaremos unha lisis da bacteria onde observaremos a liberación do DNA genómico bacteriano que finalmente analizaremos mediante unha electroforesis en xel de agarosa.
PRACTICA 3: Microscopio e mitosis- Esta práctica ten dúas finalidades: i) aprender o manexo do microscopio óptico composto mediante o uso de preparacións comerciais para microscopía, e ii) confeccionar preparacións temporais de tecidos vexetais nos que se atopen células en división, así como a súa observación e interpretación ao microscopio. Nesta práctica utilizaranse raíces de bulbos de cebola postas a brotar en auga con 4 ó 5 días de antelación para observar as distintas fases mitóticas.
Bibliografía básica e complementariaManual de referencia:
Alberts, Introdución á Bioloxía Celular, 2ª/3ª ed., Editorial Panamericana 2006, 2011.
Bibliografía Complentaria:
McKee e McKee, Bioquímica.A base Molecular da vida, 3ª ed., McGraw-Hill-Interamericana, 2003.
Lodish, Bioloxía Celular e Molecular, Ed. Panamericana 2006.
Alberts e outros, Bioloxía Molecular da Célula. Ed Omega,4ª ed., 2004.
Curso en USC Virtual
CompetenciasPreténdese que o alumno adquira as seguintes competencias específicas:
- Capacidade para relacionar a Química con outras disciplinas.
- Coñecemento e comprensión dos principios básicos da Bioloxía Molecular e Celular e a Xenética.
- Comprensión da interrelación entre a Química e as ciencias da vida.
- Dispor de coñecementos e habilidades experimentais suficientes para utilizar correcta e de forma segura os produtos e o material máis habitual nun laboratorio de bioloxía.
Entre as competencias xerais preténdese:
- Que sexan capaces de estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos novos coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica
Como competencia transversal:
- Adquisición de competencias informacionales
Metodoloxía da ensinanza - Clases presenciais con proxeccións de computador e curso en rede da USC Virtual, incluíndo resumos, as figuras e animacións de clase e material adicional en rede.
- Seminarios a grupos reducidos onde se resolverán problemas ou cuestións relacionados coa materia e/ou se exporán traballos realizados polos alumnos. Como parte do traballo non presencial, realizarán un curso de competencias informacionales.
- Tutorias en grupos moi reducidos onde se resolverán as posibles dúbidas expostas polos alumnos.
- Prácticas de laboratorio, onde se porá en contacto con técnicas e instrumentos relacionados coa bioloxía.
Sistema de evaluación1. O alumno deberá non será avaliado sen atender polo menos o 80% dos seminarios en clase obrigatorias, tutoriais e práctico. As ausencias deben ser documentadas. A falta inxustificada a unha ou máis prácticas implica o suspenso da materia.
2. A avaliación consistirá de dúas partes:
2.1) Avaliación continua (AC), que á súa vez Consiste de:
i. Os exercicios presentados ao profesor e participación(Ej_entr = 20%)
ii. Traballo en tutoriais (Tut = 5%)
iii. Prácticas de Laboratorio (Pract = 15%)
2,2) Exame Final (EF = 60%)
Nota Final= Máximo (Nota EF, 0,6xNota EF+0,4xNota AC)
3. Para a avaliación das prácticas de laboratorio, valorarase:
• Organización e limpeza no laboratorio
• Implantación de prácticas
• Memoria
4. O exame final incluirá unha primeira parte relacionada cos aspectos teóricos do tema e unha segunda parte relativa ás prácticas de laboratorio, que terán o peso porcentual seguinte:
• 90% de contido teórico
• contido práctico-laboratorio de 10%
5. Os alumnos que non superen a materia na oportunidade ordinaria (xaneiro) poderán presentarse á oportunidade de recuperación (xullo). A nota da avaliación continua manterase coa excepción daqueles alumnos que suspendan as prácticas: estes deberán entregar unha nova memoria, e realizar un exame de prácticas para poder recuperalas.
6. Aqueles alumnos que suspendan só unha parte da materia, manteráselles a nota da parte aprobada (teoría ou prácticas) durante os 2 cursos seguintes. O resto dos repetidores, terán un réxime de asistencias as clases e un sistema de avaliación igual ao dos alumnos que se matriculan por primeira vez.
Tempo de estudo e traballo persoalHoras presenciais:
26 horas teóricas
8 horas seminarios en grupos reducidos
2 horas tutorías en grupos moi reducidos
8 horas de prácticas de laboratorio
Horas non presenciais:
54 horas de dedicación á preparación da materia teórica
32 horas dedicadas a escritura de exercicios, conclusións e outros traballos
10 horas preparación de presentacións e elaboración de exercicios
10 horas de preparación de prácticas e elaboración da memoria
Recomendacións para o estudo da materiaAsistencia ás actividades propostas, levar a materia ao día e utilizar as tutorías para resolver as dúbidas.