G1041107 - Física II (Formación Básica Transversal) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 23.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 16.00
- Clase Interactiva Seminario: 11.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 52.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Física de Partículas, Física de Partículas
- Áreas: Física Atómica, Molecular e Nuclear, Física Teórica
- Centro: Facultade de Química
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaEsta materia proporciona algúns dos coñecementos de electricidade e magnetismo imprescindibles para a comprensión da fundamentación de moitas das leis e fenómenos da química. Xunto coa Física I debería achegar ao alumno unha bagaxe conceptual suficiente (polo que respecta á Física clásica) como para abordar as materias dos demais módulos.
ContidosTemario:
Tema 1. Campo eléctrico I.
Tema 2. Campo eléctrico II.
Tema 3. Potencial eléctrico
Tema 4. Enerxía Electrostática e Capacidade
Tema 5. Corrente Eléctrica e Circuítos de Corrente Continua
Tema 6. Campo Magnético
Tema 7. Fontes de Campo Magnético
Tema 8. Indución Magnética
Tema 9. Circuítos de Corrente Alterna
Tema 10. Ecuacións de Maxwell e Radiación.
Programa de prácticas:
Práctica 1 Circuítos de corrente continua.
Práctica 2 Circuítos de corrente alterna.
Práctica 3 Condensador plano.
Práctica 4 Curva de carga dun condensador.
Práctica 5 Medida de resistencias pequenas.
Práctica 6 Campo magnético xerado por condutor lineal.
Práctica 7 Momento magnético.
Práctica 8 Bobina de Helmholz.
Práctica 9 Balanza electrodinámica.
Bibliografía básica e complementariaManual de referencia
Tipler, Paul Allen; Mosca, Gene, "Física para a Ciencia e a Tecnoloxía", Volume 2, 5ª edición, Editorial Reverté, 2006.
Complementaria
Young, Hugh D.; Freedman, Roger A., Sears Zemansky, "Física Universitaria", en dous volumes, edición 12, Editorial Pearson -Addison-Wesley, 2009.
CompetenciasCompetencias xerais.
- Manexar algúns dos conceptos, métodos e resultados básicos da Física.
- Planificar a resolución de cuestións e problemas e analizar de forma crítica os resultados obtidos.
- Realizar algunhas medidas experimentais básicas nun laboratorio de Física e reflectir os resultados obtidos e a súa análise de forma correcta e ordenada en cadernos e memorias de laboratorio.
- Reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados en problemas científicos, tecnolóxicos ou doutros ámbitos que requiran o uso de coñecementos da Física.
- Aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos coma a capacidade de análise e de abstracción na definición e formulación de problemas e na busca das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
- Estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos novos coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica.
Competencias específicas.
- Manexar os conceptos, métodos e resultados básicos do estudo dos sistemas de medidas e unidades, da forza eléctrica e magnética, do comportamento de partículas e correntes en presenza dos campos electromagnéticos.
- Explicar de xeito comprensible fenómenos e procesos relacionados con aspectos básicos da Física.
- Dispoñer de coñecementos e habilidades experimentais útiles para realizar medicións nun laboratorio de Física.
- Considerar a incerteza do valor experimental dunha magnitude e a súa marxe de fiabilidade despois dun proceso de medida directa ou indirecta desta.
- Resolución de problemas cualitativos e cuantitativos segundo modelos previamente desenvolvidos.
- Recoñecer e analizar novos problemas e planear estratexias para solucionalos.
- Capacidade para relacionar os conceptos desta materia con fenómenos da química.
Competencias transversais.
- Capacidade para traballar en grupo tanto na resolución coma na discusión de problemas.
Metodoloxía da ensinanza Distinguimos entre
A) Clases expositivas en grupo grande: Lección impartida polo profesor que pode ter formatos diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia...). O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos pero, en xeral, os estudantes non necesitan manexalos en clase. Habitualmente estas clases seguirán os contidos do Manual de referencia proposto nesta Guía Docente.
B) Clases interactivas en grupo reducido: Clase teórico/práctica na que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, problemas, exercicios... O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos pero, en xeral, os estudantes non os manexarán en clase. Inclúense as probas de avaliación se as houber. Cada clase os alumnos terán que entregar resolto un problema seleccionado polo profesor. Invitaráselles a resolver problemas na lousa. Estes problemas influirán directamente na avaliación do alumno. Os problemas a entregar nas clases de seminarios enfocaranse á aplicación da teoría (mentres que os correspondentes ás titorías van encamiñados sobre todo ao repaso da teoría). A asistencia a estas clases é obrigatoria.
C) Clases prácticas de laboratorio: Inclúense aquí as clases que teñen lugar nun laboratorio de prácticas. Nelas o alumno adquire as habilidades propias dun laboratorio de Física e consolida os coñecementos adquiridos nas clases de teoría. Para estas prácticas, o alumno dispoñerá dun guión de cada unha das prácticas a realizar. O alumno deberá acudir a cada sesión de prácticas despois de ler atentamente o contido deste guión. Tras unha explicación do profesor, o alumno realizará individualmente, ou en grupos de dous, as experiencias e cálculos necesarios para a consecución dos obxectivos da práctica, recollendo no diario de laboratorio o desenvolvemento da práctica e os cálculos e resultados que procedan, que serán avaliados. A entrega dunha memoria final é un requisito adicional para a avaliación e o prazo de presentación máximo será a data correspondente ao exame oficial da convocatoria correspondente. A asistencia a estas clases é obrigatoria.
D) Titorías de encerado en grupo moi reducido: Titorías programadas polo profesor e coordinadas polo Centro. Propóñense actividades como a aclaración de dúbidas sobre teoría ou as prácticas, problemas, exercicios, lecturas ou outras tarefas propostas. Antes de cada clase os alumnos deberán entregar resolto un cuestionario que poñerá a proba os seus coñecementos, e será obxecto de discusión na clase. Este cuestionario, así como o resto do traballo do alumno correspondente a clases de titorías, contribuirá á cualificación final. A asistencia a estas clases é obrigatoria.
Sistema de evaluación- O alumno recibirá unha cualificación se asistiu ao 80% das clases de presenza obrigatoria: seminarios, titorías e prácticas. As ausencias deben xustificarse.
- Na cualificación teranse en conta os traballos realizados en seminarios, titorías e prácticas, así como o exame final.
- A nota final será sobre 10 puntos, sendo 5 o aprobado, e será a maior das dúas seguintes:
a) Cualificación con avaliación continua. O exame final contará un 60% e os traballos de seminarios, titorías e prácticas un 40%. A división detallada dos 10 puntos é a seguinte:
* 2,0 puntos polos traballos de seminarios e titorías.
* 2,0 puntos polos traballos de prácticas de laboratorio.
* 5,0 puntos da parte de teoría e problemas do exame final.
* 1,0 punto sobre cuestións de prácticas do exame final.
b) Cualificación co exame final soamente.
* 8,5 puntos da parte de teoría e problemas do exame final.
* 1,5 puntos sobre cuestións de prácticas do exame final.
Tempo de estudo e traballo persoalPreséntase a continuación a estimación de horas de estudo e traballo persoal.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
Clases expositivas en grupo grande, 23 horas
Clases interactivas en grupo reducido (Seminarios), 11 horas
Titorías en grupo moi reducido, 2 horas
Prácticas de laboratorio, 15 horas
Total horas traballo presencial na aula ou no laboratorio, 51 horas
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO
Estudo autónomo individual ou en grupo, 55 horas
Resolución de exercicios ou outros traballos, 25 horas
Preparación exercicios propostos, 9 horas
Preparación memoria das prácticas, 10 horas
Total horas traballo persoal do alumno, 99 horas
Recomendacións para o estudo da materia· É importante manter o estudo da materia "ao día".
· Unha vez finalizada a lectura dun tema no manual de referencia, é útil facer un resumo dos puntos importantes, identificando as ecuacións básicas que se deben recordar e asegurándose de coñecer tanto o seu significado coma as condicións nas que se poden aplicar.
· A resolución de problemas é fundamental para a aprendizaxe desta materia. Pode resultar de axuda seguir estes pasos:
(1) Facer unha lista e un esquema gráfico con toda a información relevante que proporciona o enunciado.
(2) Facer unha lista coas cantidades que se deban calcular.
(3) Identificar as ecuacións a utilizar na resolución do problema e aplicalas correctamente.
· É imprescindible a preparación das prácticas antes da entrada no laboratorio. En primeiro lugar, débense repasar os conceptos teóricos importantes en cada experimento e, a continuación, é necesario ler con atención o guión da práctica, intentando entender os obxectivos e o desenvolvemento do experimento proposto. Calquera dúbida que puidese xurdir deberá ser consultada co profesor.